lunes, 26 de noviembre de 2007

Nantón 0 - Malpica 0



CD Nantón: Ernesto; Diego, (Marcos, m. 80), Pichel, Sito, Félix, Carlos, (Iban, m. 65), Avenida, (Adrián, m. 73), M. Cruceiro, Luís, (Amado, m. 82), Serra, Javi Peón.
SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego, Alfredo, (Javi, m. 46) Iago, (Avelino, m.16) Marco, Lema, Quique, (Coki, m. 80), Rodri, Manuel, Elías.

Tarde moi fría no campo das Fontiñas na que o equipo vistitante tiña unha gran oportunidade para consolidarse na parte alta da clasificación trala derrota do Camariñas e o empate do Baio.
O partido estivo moi igualado na primeira metade na que as ocasións se sucederon en ambas porterias aínda que foi o cadro de Esmorís o que dominou máis a pesar do temperán contratempo que supuxo a lesión de Iago ó cuarto de hora de partido. O conxunto local chegaba con perigo gracias á rapidez dos seus puntas, pero non acertaba a definir. O Malpica chegaba ben pola esquerda cas incursións de Elías que fixo unha boa primeira metade creando perigo. O máis destacado foi un bo remate de cabeza de Rodri que se foi fora por moi pouco. Pouco despois, tras outro centro de Elías, Rodri peinaba un balón que Lema non chegou a rematar por moi pouco. A última ocasión da primeira parte foi unha falta ó borde da área que Manuel mandou lixeiramente alta. Na última xogada do primeiro período resultou lesionado o central malpicán Alfredo, tras un despexe.
Na segunda parte, as lesión fixeron recuar ó Malpica e o Nantón fíxose co control total do encontro. Chegaban con perigo e creaban ocasións a balón parado como a falta directa de Serra que petou no longueiro. Xa antes, Manolo do Cruceiro enviara fora incomprensiblemente un balón peinado por un compañeiro á saída dunha falta. Por se fora pouco, no minuto 74, Diego foi expulsado por doble amarela tras cortar unha xogada coa man. Os últimos 20 minutos foron un monólogo local aínda que o conxunto visitante tivo dúas ocasións en dous contragolpes que Manuel e Lema a punto estiveron de aproveitar.
O final, reparto de puntos nun partido no que o árbitro resultou ser bastante caseiro, xa que nunca dubidaba cando había algunha xogada complicada.
Tal e como transcorreu o encontro, o punto colleitado polo Malpica non é malo e permítelle manterse na quinta posición da táboa.

viernes, 23 de noviembre de 2007

Video promocional da S.C.D. Malpica

Ahí vai un video marca da casa. Esperamos que vos guste e convenza, se xa non o estades.

Detalle de Leo


Leo, futbolista do Cee e pichichi da liga con 10 tantos, foi o protagonista na duodécima xornada de liga o darlle a victoria a domicilio diante do Castriz o seu equipo, o cal segue como líder da liga da costa. Dende esta páxina queremos facer incapé e agradecer o detalle que o futbolista tivo con Alfredo Suárez, e desexarlle moita sorte na actual tempada.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Malpica 2 - Corme 0

SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego, Alfredo II, Iago, Marco, Charli, (m.31 Quique), Lema, (m. 61 Charro), Sassano, (m. 80 Koke), Manu Pardo, Elías.
Corme CF: Suso; (m. 81 Abel), Adolfo, Diego, Tupa, Cordobés, Felipe, Martín, (m.69 Rafa Valiña), Juan, Yago, Brais, Alejandro.
Goleadores: 1-0, min. 41: Quique, lanza un centro chut dende a banda dereita, pega no poste e entra na portería dun sorprendido Suso. 2-0, min. 92: Charro, recibe un pase en profundidade, e, rozando o fora de xogo, bate por baixo a Rafa Baliña.

Tarde de choiva nunha Pedra Queimada onde o conxunto local quería demostrar que o da xornada pasada só fora un desliz. A pesar do tempo, a asistencia foi boa xa que se rozaron os 150 afeccionados.
A climatoloxía marcou moito a primeira parte na que o fútbol foi máis ben escaso. Ademais da choiva, o forte vento dificultaba moito a circulación de balón. Aínda así, producíronse varias ocasión en ambas porterias. O Corme dispuxo de varias oportunidades moi claras, unha tras unha indecisión de Alfredo que tardou moito en despexar e o dianteiro do Corme botóuselle enriba rexeitando cara á portería e case sorprendendo a Toni que respondeu moi ben. Minutos máis tarde, Juan case consegue bater a Toni dende lonxe aproveitando o vento a favor. A única ocasión salientable do Malpica foi tras un roubo no medio de Rodri que tras desfacerse do defensa mandou o pase da morte que Charli rematou alto. Corría o min. 30 cando o propio Charli caía lesionado nunha carreira pola banda, este sería sustituído por Kike nun cambio que á postre resultaría importante no desenvolvemento do encontro. Cando parecía que o partido iba chegar ó descanso co empate no marcador, produciuse o que seguramente sería o golazo da xornada. Kike, que estaba pegado a banda dereita, desfixose do seu marcador cunha bonita finta e sen pensalo mandou un centro chut que se colou pola escadra contraria sen que o porteiro puidese facer nada. O Malpica conseguía poñerse por diante e ir ós vestuarios con vantaxe no marcador.
Na segunda metade a choiva calmou pero o fútbol seguíu sen aparecer. O Corme só creaba perigo a balón parado e o conxunto de Esmorís trataba de matar o partido e agardar a que pasasen os minutos. Apunto estivo de sentenciar o Charro nunha bonita xogada individual na que se desfixo do seu marcador cun cambio de ritmo e que cruzou en exceso ante a saída de Suso. Xa antes Rodri estivera a punto de marcar nun rexeite do porteiro cormelán tras unha falta botada por Manuel, nesta xogada o porteiro resultaría mancado téndose que retirar máis tarde e sendo sustituído na portería por Rafa Baliña. Cando o partido xa estaba rematando, o Charro aproveitou un pase en profundidade para marcar o segundo tanto que celebrou de maneira emotiva ensinando unha camiseta apoiando ó seu compañeiro na dianteira Alfredo Suárez, o árbitro non entendeu este xesto e sacoulle o segundo cartón amarelo, ésta foi a nota negativa do encontro xunto coa lesión de Charli.
Cabe destacar o debut do xuvenil Elías, que disputou os 90 min. realizando unha boa actuación.

Alfredo é noticia










Ademáis das mostras de apoio que está a recibir por parte de varios equipos da costa, a lesión do ariete malpicán tamén está sendo seguida de cerca polo DeporSport.

sábado, 17 de noviembre de 2007

Fotos Malpica-Xallas

Mergullando por internet atopamos estas fotos pertencentes o partido contra o Xallas da tempada 95/96.