miércoles, 9 de abril de 2008

Buño 2 - Malpica 3

Buño SD: Añón; Lolo, Óscar, Diego, Carlos, Ramiro, Neucha, Víctor, (Mario,71’), Richard, (Juan Antelo, 46’), Emilio, Dourado, (Jorge, 45’).
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Iago, Andrés, (Quique, 63’), Cheo, Rancaño, Charro, (Marco, 88’), Rodri, Lema, (Manuel, 70’).
Goleadores: 0-1; min. 9: Rancaño, de forte volea.1-1; min. 39:Richard tras pase de Victor. 1-2; min. 66:Charro tras un rexeite de Añón. 2-2; min. 68: Juan tras driblar a Toni. 2-3; min. 92: Rodri á saída dun corner.

Todo ou nada. Así chegaba o Malpica ó campo de Xaviña para xogarse a vida ante un xa descendido Buño, e que pretendía dar unha última alegría ós seu afeccionados facendo baixar ó eterno rival.
O Malpica comezou ben e atacando forte, quizas grazas ó empuxe dunhas gradas repletas dos seus siareiros, así, antes de que se cumplira o minuto 10 de encontro, Rancaño recolleu un rexeite na frontal, acomodou o balón con peito e empalmou unha forte volea que coa axuda do vento despistou a Añón e colouse na portería. O cadro de Esmorís conseguira poñerse por diante para ter tranquilidade. O resto da primeira metade converteuse nun monólogo malpicán, con contínuas chegadas, pero algunhas veces o desacerto dos dianteiros, e outras veces a gran actuació de Añón, fixeron que non se ampliara o marcador. Isto ademais, axudado polo árbitro, que fixo un partido desastroso e na primeira metade non pitou dous claros penaltis a Charro e a Rodri. Con isto, o Buño comezaba a despertar. A falta de 5 minutos para o final, Victor aproveitou un gran despiste do Malpica para internarse pola banda esquerda e ceder o pase da morte a Richard que solo tivo que empurrar. A primeira metade rematou co empate a un gol.
Na segunda metade, os xogadores malpicáns eran conscientes de que o Esteirana ía gañando polo que a victoria era obrigatoria para manter a categoría.
Os visitantes comezaron moi ben atacando e levando moito perigo, así, no minuto 66 Rodri recibiu un gran pase á espalda da defensa e o seu remate foi detido por Añón, que non puido chapar o balón e Charro empurrou o rexeite. Pero pouco durou a alegría porque tan só 2 minutos despois, o Buño volveu a empatar por medio de Juan tras outra boa xogada de Victor.
Os últimos 20 minutos foron agónicos cun Malpica volcado para conseguir o gol que lle dera a permanencia. Aínda que había ocasións claras, ninguén era quen de materializalas.
Xa no desconto, cando non había esperanza, Charro e Manuel sacaron rápido un córner e Rodri no segundo pau cabeceou o balón que se colou entre as pernas de Añón. Un gol épico que desatou o delirio de todos os xogadores e afeccionados malpicáns.
Púxose así fin a esta tempada tan rara e na que se conseguiu ó final evitar un hipotético descenso do Dumbría.
Agora, a loitar pola Copa.

viernes, 4 de abril de 2008

Falecemento do presidente do Sporting Zas

Dende esta páxina a S.C.D. Malpica, xogadores, directivos e demáis integrantes queremos manifestar o noso máis sincero pésame, os familiares de Oscar Álvarez Gonzalez e a familia do equipo zaense nestes momentos tan difíciles. Moito ánimo.

martes, 1 de abril de 2008

Malpica 1 - Carnota 0

SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Alfredo II, (Iago, 88’), Andrés, (Quique, 63’), Cheo, (Elías,65’), Rancaño, Charro, Rodri, Martuxa.
UD Carnota: Luís; Nico, Jorge, Pedro, Martín, Ubaldo, Sergio, Pablo, Casti, Paco, Óscar, (Fernando, 75’)
Goleadores: 1-0, min. 4, Charro de penalti.

Chegaba o Malpica a súa penúltima final pola salvación despois da victoria por 5-0 ante o Nantón nun partido sen historia. Era necesario vencer para seguir mantendo as opción de permanencia e incluso chegar a depender de si mesmos se o Esteirana pinchaba.
O partido non puido comezar mellor, xa que no primeiro minuto, Rodri xa dispuxo da primeira ocasión que Luís enviou a córner. Tan só 3 minutos despois, Pedro cometía un inocente pero clarísimo penalti ó empurrar a Charro dentro da área. O dianteiro malpicán trasnformou o penalti levando a tranquilidade ó cadro local. Durante a primeira parte o equipo de Esmorís dispuxo de varias ocasións para aumentar a vantaxa pero non soupo materializar ningunha. Pola contra, o Carnota, xa salvado, parecía írselle a vida no encontro protestando todas as accións e tentando que o xogo non estivese parado en ningún momento.
No segundo tempo o Malpica baixou un pouco o nivel e dedicouse a conter o resultado sen moitos problemas e crear perigo ó contraataque. Aínda así, o marcador non se movería en ningún momento.
A tarde saíu redonda xa que o Esteirana non conseguíu pasar do empate na casa contra o Porteño. Así, neste momento é o equipo muradán o que ocupa postos de descenso mentres que o Malpica depende de si mesmo para lograr a permanencia. Todo depende de que consigan unha victoria no campo do Buño, último clasificado e xa descendido. Todo un derbi rexional levado ó extremo no que pese a que os oleiros non se xogan nada, tentaran facer o posible para que o Malpica non manteña a categoría.

lunes, 10 de marzo de 2008

Corme 2 - Malpica 2

Corme CF: Susiño; Adolfo, Jóse, (Rodrigo, 74’), Rafa Valiña, Cordobés, Felipe, Martín, (Manoliño,74’), Lente, Iago, Brais, Alejandro.
SCD Malpica: Toni; Brais, Diego,Víctor, Marco, (Coki, 87’), Andrés, Lema, (Quique, 67’), Rancaño, Rodri, Martuxa Elías, (Charro).

Goles: 1-0, min 2. Brais de forte disparo. 1-1 min. 43, Rodri bate a Suso por baixo. 2-1, min.64 Charro cruza ante Suso. 2-2 Rafa Baliña remata en fora de xogo un barullo na área.

O Malpica chegaba a Corme ca imperiosa necesidade de gañar senón quería dilapidar as poucas oportunidades que ten para salvarse. O partido non podía comezar peor, xa que o conxunto de Esmorís volveu a saír dormido e encaixou o primeiro gol nos primeiros minutos tras un bo contragolpe cormelán. Aínda así, o Malpica non se descompuxo e xogou unha boa primeira metade e creou perigo a balón parado. Así, ó filo do descanso, Rodri aproveitou unha indecisión local para establecer o empate. Na segunda metade o cadro visitante saliu polo partido e a entrada de Charro, por Elías lesionado, aportou frescura ó ataque. Foi o propio Charro o que poría por diante ó Malpica tras un bo pase de Martuxa. A partir de aí, o Corme foise arriba á desesperada deixando moitos hocos que o Malpica non soupo aproveitar, unhas veces por eles mesmos, e outras pola actuación dun árbitro lamentable.
Non tivera ningunha acción destacada durante o encontro, pero todas as dubidosas pitaba a favor dos da casa. No último tramo de encontro xa foi máis descarado, non pitando unha clara falta de Cordobés a Charro cando este ía só cara a portería. Ademais, prolongou o encontro 5 minutos cando durante o partido paraba o reloxo cada vez que había unha interrupción, e para rematar a faena, NO GOL DO EMPATE DO CORME, HABÍA TRES XOGADORES EN FORA DE XOGO INCLUÍDO RAFA BALIÑA, O AUTOR DO GOL.
Un auténtico escándalo.
Quedan tres partidos e a salvación está a un punto, hai que seguir loitando.

jueves, 6 de marzo de 2008

Malpica 2 - Monte Louro 5

SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego,Víctor, Alfredo II, (Avelino, 68’), Marco, Andrés, Cheo, (Coki, 90’), Rancaño, Rodri, Charro, (Lema, 79’), Martuxa.
UD Monte Louro: Juan Carlos; Rico, (Riki, 66’), Chema, Gael, Tono, Pulpo, Eloy, Edu, (César, 48’), Piti, (Carlos, 89’), Cexo, Antonio; (Pedro, 35’).

Goleadores: 0-1; min. 3: Piti, a centro de Eloy. 1-1; min. 32: Charro de penalti. 2-1; min. 47: Sassano, recibe una gran pase de Cheo entre a defensa e marca ante a saída de Juan Carlos. 2-2; min. 71: Pulpo, remata coa coronilla un saque de falta dun compañeiro, ante a indecisión de defensa e porteiro locales. 2-3; min. 78, Cexo nunha contra, aproveita outra grave indecisión dos defensores locales. 2-4; min. 85: Riki recibe o pase da morte tras unha internada de Cexo, e bate a Toni por baixo. 2-5; Tras un rexeite de Toni, Cexo marca dende uns 30 metros.

A primeira das cinco finais que lle quedan ó Malpica para evitar o descenso non puido ser máis nefasta. O partido xa comezou mal, ós tres minutos o conxunto visitante xa se adiantara por medio de Piti. Pero o cadro de Esmorís non se descompuxo e dominou toda a primeira parte gozando de boas ocasións. O empate chegou á media hora tras un penalti transformado por Charro. Na segunda metado o Malpica seguiu atacando e conseguiu remontar tras unha gran xogada de Cheo que deixou a Rodri só diante de Juan Carlos para que definira con tranquilidade.
O conxunto local déralle a volta ó encontro, pero incomprensiblemente, e grazas tamén á pésima actuación do árbitro, o Monte Louro volveu a remontar marcando 4 goles nunha moi mala tarde da defensa e o porteiro malpicáns.
Hai que seguir loitando para conseguir a permanencia que aínda que está máis dificil, non é imposible xa que hai equipo para saír do pozo.

lunes, 25 de febrero de 2008

Esteirana 3 - Malpica 2

SD Esteirana: Luki; Chispi, Pablo, Picho, (Maceiras, 76’), Adelino, Roque, Martín, (Jano, 46’), Pepe, (Yago, 46’), Quique, (Aitor, 82’), Mingos, Alberto.
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego,Víctor, Alfredo II, (Fariña, 49’), Marco, Cheo, Rancaño, Rodri, (Charro, 69’), Martuxa, Lema.
Goleadores: 01, min. 41: Martuxa cruza o balón tras un saque de banda. 1-1, min. 52: Alberto, aproveita unha indecisión do central Fariña, e fusila ao meta malpicán Toni a placer. 2-1, min 71. Kike rouballe o balón a Avelina, posiblemente en falta, e cruza ante Toni. 3-1, min.81: Alberto empalma unha bolea que se cola coma un obús pola escadra esquerda de Toni. 3-2, min. 89: Charro tras unha gran xogada de Cheo.

Atopábase o Malpica ante a súa primeira gran final pola permanencia no campo de A Salina. Pretendía deixar a un rival xa descartado e acortar distancias cos equipos que estaban por encima.
O partido empezou cunha fase de incertidume na que se vía que os dous equipos tiñan moito medo debido á trascendencia do partido. Pero o conxunto visitante pronto se fixo co control do encontro e comezou a dominar o encontro aínda que sen moita chegada. Tuvo que ser cando xa o primeiro tempo agonizaba, cando o Malpica conseguiu adiantarse. Cheo metiu un potente saque de banda dentro da área que a defensa non puido despexar ben e caeulle a Martuxa no segundo pau que cruzou o balón perfectamente.
O conxunto de Esmorís foi así con vantaxa ó descanso. Pero incomprensiblemente o cadro visitante tirou o encontro ó lixo na segunda parte. O Esteirana non tardou en empatar tras un fallo de Fariña, que substiruíra ó lesionado Alfredo. Pero, cuestión do destino, o Malpica volveu a disfrutar dunha nova oportunidade; unha cabalgada de medio campo de Cheo acabou en penalti e expulsión do porteiro local. Todo se poñía de cara, pero Rodri errou a pena máxima que detuvo Adelino, defensa central que se puxera de porteiro. A nova ocasión desperdiciada polo Malpica espoleou ó Esteirana que 20 minutos despois de empatar, atopouse con outro erro defensivo. Avelino perdía o balón ante Kike, aínda que este cometeu falta sobre o lateral malpicán, e este encarou a Toni e cruzou o balón perfectamente. O conxunto de Esmorís tentou empatar pero non tivo ocasións claras. Ante o desconcerto visitante, o Esteirana aproveitou para dar a puntiña tras un balón largo que lle caeu a Alberto, pichichi dos xuveniles, que empalmou unha espectacular volea que se colou pola escadra de Toni. O Charro conseguiu acortar distancias no último minuto tras un xogadón de Cheo, o mellor do Malpica, pola banda dereita.