lunes, 28 de noviembre de 2011

LIGA DA COSTA 13ª XORNADA: SCD MALPICA 2 - DUMBRÍA "B" 2

SCD MALPICA: Suso, Víctor, Marcos Amado (David Álvarez min.75), Iago, Marco (Casais min.46), Rancaño, Neucha, Cheo, Pablo (Miguel Avelino min.90), Charro, Andrés (Manu Pardo min.75).

CF DUMBRÍA "B": Anxo, Samuel, Ramiro, David Carreira, Sergio Cives (Fernando min.67), José Manuel, Riki (Esteban min.54), Jesús, Toni, Pablo Lestón, Alberto.

Árbitro: Gómez Otero. Regular. Tivo diversos erros de apreciación ao longo de todo o encontro, perxudicando indistintamente aos dous conxuntos. Expulsou ao malpicán Cheo no minuto 31 tras empurrar a un contrario despois de recibir un insulto grave.

Incidencias: Boa entrada na Pedra Queimada, cunhas 150 persoas no campo, nunha tarde despexada e temperatura agradable. O local Marcos Amado abandonou o terreo de xogo debido a unha torcedura dos dedos dunha man. Debutou David Baña como novo adestrador da SCD Malpica.

Goles: 0-1 (min.5): Saque de falta dende a banda dereita que remata David Carreira no segundo pao. 1-1 (min.20): Pablo recolle un rexeite dentro da área e anota ante Anxo ante a pasividade da defensa visitante. 1-2 (min.66): Transición rápida do Dumbría "B", Toni recibe en líña de tres cuartos, enviando un pase en porofundidade cara Alberto que marca no man a man con Suso. 2-2 (min.67): Casais centra dende a banda dereita, Samuel intenta despexar de cabeza pero introduce o balón na súa propia portería.

viernes, 25 de noviembre de 2011

AXENDA PARA O FIN DE SEMANA

Nova xornada ligueira para os diversos equipos da SCD Malpica. Tódolos encontros terán lugar mañá sábado 26 de novembro:

- AFECCIONADOS: SCD Malpica - Dumbría "B", ás 16:15 horas na Pedra Queimada.

- XUVENÍS: SCD Malpica - Zas, ás 12:30 horas na Pedra Queimada.

- CADETES: Fisterra - SCD Malpica, ás 10:30 horas no Ara Solis.

martes, 22 de noviembre de 2011

DAVID BAÑA NOVO ADESTRADOR DA SCD MALPICA.

Tras unha reunión que mativo esta tarde-noite a directiva da SCD Malpica, podemos confirmar que o novo adestrador dos modestos do conxunto malpicán é David Baña.

David Baña ten 39 anos de idade, xogando en equipos como o Baio, Ural, Larín ou Suevos. Xa como adestrador (conta co nivel 2 do título) comezou no Oseiro para pasar posteriormente ao Arteixo, onde levou as categorías inferiores e ao equipo "B". Despois estivo dous anos no Victoria xuvenil na Liga Galega, tendo a súa última experiencia no Sofán, onde dirixiu ao primeiro equipo durante tres tempadas (dende o 2008 ao 2011) rematando a tempada pasada na 3ª posición da táboa clasificatoria da Liga da Costa.

Dende este blog dexamoslle a Baña a mellor das sortes na súa etapa ao fronte da SCD Malpica.

lunes, 21 de noviembre de 2011

COMUNICADO: MANUEL AGILDA DEIXA DE SER O ADESTRADOR DOS AFECCIONADOS DA SCD MALPICA.

Despois dunha reunión que mantiveron esta tarde representantes da directiva da SCD Malpica con Manuel Agilda, este mesmo trasladounos a súa intención de deixar o seu posto de forma irrevocable. Finalmente, a directiva aceptou os seus motivos e a súa decisión respetando os motivos que nos espuxo.

Dende a directiva da SCD Malpica queremos agradecerlle a Manuel Agilda a súa labor ao frente dos modestos nestes tres anos e medio e a súa calidade como persoa, desexandolle moita sorte no futuro, tanto no persoal como no mundo do fútbol.

LIGA DA COSTA 12ª XORNADA: ESTEIRANA 1 - SCD MALPICA 1

SCDR ESTEIRANA: Beni, Maxi (Chispi min.74), Simón, Dani, Suizo, Uru (Andel min.72), Adelino, Eloy, Roberto Pladur, Adrián (Iago min.77), Álex (Isma min.88).

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Marco (Marcos Amado min.78), Nando (Manu Pardo min.65), Neucha, Cheo, Alfredo (Charro min.53), Andrés (Daniel Varela min.88), Rancaño.

Árbitro: Mella Fernández. Estivo mal na tarde de onte. Durante a primeira metade indicou moitos fóras de xogo, algúns deles moi dubidosos, ademais de amosar numerosos cartóns amarelos pouco xustificados. Na segunda parte, non sinalou dúas penas máximas que foron reclamadas polos malpicáns: unha obstrucción sobre Alfredo cando o dianteiro ía presionalo gardameta local, e un derrubo de Maxi a Cheo cando éste penetraba na área. O xogador da Esteirana Suizo foi expulsado na recta final do encontro por dobre amarela.

Incidencias: Tarde despexada e cunha temperatura agradable no Xosé Luís Vara. Unhas 125 persoas presenciaron o encontro. O dianteiro malpicán Alfredo tivo que abandonalo terreo de xogo tras apoiar mal e sentir un forte dor no xeonllo dereito; está á espera de que lle fagan as pertinentes probas para coñecelo alcance exacto da lesión.

viernes, 18 de noviembre de 2011

AXENDA PARA O FIN DE SEMANA

- AFECCIONADOS: Esteirana - SCD Malpica, domingo 20 de novembro ás 16:15 horas.

- XUVENÍS: Corme - SCD Malpica, sábado 19 ás 16:15 horas.

- CADETES: SCD Malpica - Esteirana, sábado 19 ás 16:00 horas na Pedra Queimada.