lunes, 14 de enero de 2008

Castriz 2 - Malpica 0

SD Castriz: Juan; Alejandro, Torreira, (m. 90 Martín), Roberto, Toniño, Jota, Luís, (m.85, Javier), Koeman, Mauri, (m.92, Moreno), David Brenlla, (m. 69, Bruno), Sebas, (m. 87, Prego).
SCD Malpica: Toni; Avelino, Javi, Diego, Alfredo II, Quique (m. 58, Dani), Charro, Lema, Rodri, Manuel, Martuxa.
Goles: 1 - o, Min. 35. Toniño remata no segundo pau unha falta botada por Jota. 2 - 0, Min. 75 Sebas tras un córner.


O Malpica presentábase no campo do terceiro clasificado, do que estaba a un punto, coa intención de situarse por encima na clasificación. As condicións non axudaban moito xa que fixo unha tarde moi fría e con choiba en algúns instantes do partido. Isto fixo que o partido non fose moi vistoso e que as ocasións chegaran todas en balóns largos ou xogadas de estratexia.
O cadro de Esmorís comezou dominando cunha gran presión coa intención de levarse o partido dende o primeiro momento. Así, ós catro minutos, o Charro roubou un balón froito da gran presión colectiva e o rexeite colleuno Martuxa que no man a man con Juan chegou un pouco forzado e non puido superalo. O Malpica seguiu bastante ordenado e exercendo unha boa presión, mentres, o conxunto local só chegaba a área de Toni mediante pelotazos, como unha xogada na que Alfredo esbarou, e o meta visitante tivo que facer unha gran intervención no man a man co dianteiro do Castriz. No minuto 18, Lema recibe só dentro da área un bo centro de Avelino e cabecea alto cando tiña todo a favor. Tan só un minuto despois, Rodri foi derribado na área pero o árbitro, moi caseiro, non sinalou nada. O Castriz só podía crear perigo en xogadas de estratexia, e así foi como chegou o primeiro gol. Jota botou unha falta lateral ó segundo pau, e Toniño, ante a pasividade da defensa malpicán, fusila a Toni nun bo remate. Remataba así a primeira parte cun resultado totalmente inxusto.
A segunda metade foi un calco da primeira. O cadro visitante levou o peso do encontro pero non foi quen de definir ante a meta local. Na reanudación o Malica chegou a dispoñer de tres oportunidades claras de gol que non foi quen de resolver. Ós cinco minutos, Manuel recolle un rexeite e manda unha volea dende 40 metros que pega no longueiro, nese mesmo rexeite, o Charro só e ca porteria valeira, manda o balón alto. Dez minutos despois, o Charro prolonga un bo balón para Rodri e o seu tiro e despexado a córner por Juan. Como pasara no primeiro tempo, tras perdoar o Malpica, golpeou o Castriz. Xa tivera algunha ocasión debido ós espazos deixados atrás polo empuxe visitante. No minuto 75, un córner botado por Torreiro ó segundo pau foi rematado por Sebas tras unha mala saída de Toni. Tralo segundo gol, o Malpica baixou os brazos e non puido facer máis. Foi un día destes nos que non che sae nada, e no que o adestrador Ramón Esmorís dixo: "Nestes partidos quédanche cara de tonto, fas todo por gañar e perdes".
Para a semana o Malpica recibe ó Muros na Pedra Queimada onde espera retomar a xeira do triunfo.

0 comentarios:

Publicar un comentario