martes, 3 de marzo de 2009

Partido Carnota - Malpica

Moito se está a falar do sucedido no partido Carnota - Malpica do pasado domingo. Persoalmente quero condenar todo xénero de violencia co colexiado, como supoño a maioria da xente. O que si me gustaría é narrar algúns acontecementos que se produciron no partido e que parece se lle escapan a todo o mundo que estivo alí.
Sobre o minuto cinco de partido o noso lateral Amado faille unha falta o numero 9 do Carnota. Estando os dous tirados no chan Amado recibe unha agresión "que todo mundo viu" menos o árbitro. Un erro teno calquera. Antes de pitar o primeiro penalti o xogador do carnota dille o árbitro "mira las manos", faille caso e pita. O noso central Iago dime que non é penalti. Bueno esa era dudosa.
Xa na segunda parte antes de entrar o campo falo con él, ou polo menos intentoo e dígolle que ten que entender a nosa situación e que temos que protestar algúnha da suas decisións. Él dime que non hai nada que protestar que el pita o que ve. Vale, lóxico.
Xa no campo chega a expulsión de Charli, moi rigurosa vendo o acontecido anteriormente. Que se lle vai facer equivocouse outra vez.
Empata o Carnota nunha boa xogada, nada que dicir.
Chegado este momento logo dun balón en largo o noso favor un defensa e o poteiro carnotán chocan ante a presencia de Charro. O defensa queda tendido no chan polo golpe e o porteiro levantase, e co puño en alto insulta deliberadamente a Charro. Ben é sabido que esto é expulsión, pois o arbitro xa para lucirse sacoulle amarela. Posteriormente aclarado quedou entre o porteiro, o defensa e Charro, que este último nin empuxou nin nada parecido o defensa.
Despois desta xogada o noso entrenador estaba cabreado lóxicamente. Tra-las protestas pertinentes o colexiado achegouse e dixolle moi amablemente - ¡Metase en el banquillo, que ahi no puede estar!- e ata que se sentou non marchou de alí despois de amonestalo. Curiosamente Cambeiro estaba tamen situado da mesma forma e nin palabra.
Quero deixar claro que non teño nada en contra de nadie do Carnota porque non hai razón para elo xa que en todo momento eles miraron polo seu que era o que tiñan que facer e pídolle desculpas se os ofendo en algo que non lle pareza ben, pero solo conto o que pasou.
Chegaría entón o momento clave, penalti o favor do Carnota. Claro. Pero claro tamén é o fora de xogo que estamos a protestar, que todo o mundo pensa que protestamos o penalti. Entón expulsou a Busto, penso que de forma correcta, pero incompresiblemente, Marco que era o único que lle protestou cun pouco de educación (o resto non o fixemos) é expulsado. Senon todos casi todos os xogadores carnotáns admitiron que o fora de xogo era claro e algún incluso se lle escapou unha risa e a palabra "atraco".
Xa con oito xogadores varias faltas non pitadas e os gestos do arbitro cara nos cunha prepotencia e descaro que non logrei entender puxeron os nervios a flor de pel.
É curioso que antes do partido lle dixese esta frase a Amado -Haber se non a arma-.
Pero se nos fixamos vemos que este mesmo "árbitro" dirixiu o Fisterra - Malpica disputado en Corcubión. Oin por ahí que eles se queixaran do árbitro, pero ben é certo que equivocarse en saques de banda ou nalgunha falta non é o mesmo que equivocarse anulando un gol por fora de xogo inexistente e non pitar un penalti clarísimo (todo isto cun Delegado Federativo na grada que admitiu os erros do colexiado).
Quero deixar claro que con esto non intento xustificar a agresion o colexiado e tamen dicir que nin sei como foi (estaba nos vestiarios) nin sei o que pasou despois xa que o campo abandoneino en coche particular.
Gustaríame pedir disculpas pola parte que me toca xa que tras doce anos mais ou menos que levo xogando e vendo o Malpica nunca se produciu ningúnha acción deste tipo e da que seguro nos avergoñamos todos. Pero tamén me gustaría reflexionar e pedirlle a algún colexiado (algún bo tamén hai) un pouco máis de humildade, porque o fútbol é un xogo no cal intentamos divertirnos e pasar unha boa tarde, que gañes ou perdas a veces é o de menos pero que cheges a casa e te sintas "jodido" porque un señor che falta o respeto e ti non poidas dicir nin esta boca é miña, pois é triste.

Alfredo Suárez