sábado, 28 de agosto de 2010
RESULTADO AMIGABLE
Hoxe a SCD Malpica disputou o seu derradeiro partido amigable da pretemporada. No Trofeo Festas do Mar 2010 venceu ó Club do Mar de Caión nos penaltis. O resultado tra-los 90 minutos foi de 1-1; o gol malpicán anotouno Cheo dun gran disparo que se colou pola escadra esquerda do gardameta visitante despois dunha fenomenal xogada individual.
martes, 24 de agosto de 2010
PARTIDO AMIGABLE
O vindeiro fin de semana terá lugar unha nova edición do "Trofeo Festas do Mar". Este ano o convidado será o Club do Mar (de Caión).
- Sábado 28 de agosto, na Pedra Queimada, ás 19:00 horas : SCD Malpica - Club do Mar.
- Sábado 28 de agosto, na Pedra Queimada, ás 19:00 horas : SCD Malpica - Club do Mar.
lunes, 23 de agosto de 2010
sábado, 21 de agosto de 2010
RESULTADO AMIGABLE
A SCD Malpica venceu por 4 goles a 2 ó Laxe no amigable xogado esta tarde na Pedra Queimada. Os goles locais foron obra de Neucha (3) e David Blanco.
jueves, 19 de agosto de 2010
PARTIDOS AMIGABLES
Este fin de semana a SCD Malpica ten programados dous novos encontros de preparación:
- Sábado 21 de agosto, ás 18:30 horas: SCD Malpica - Laxe (na Pedra Queimada).
- Domingo 22 de agosto, ás 18:30 horas: Corme - SCD Malpica (no Cairo).
- Sábado 21 de agosto, ás 18:30 horas: SCD Malpica - Laxe (na Pedra Queimada).
- Domingo 22 de agosto, ás 18:30 horas: Corme - SCD Malpica (no Cairo).
RESULTADO AMIGABLE
O partido entre a SCD Malpica e o San Lorenzo disputado na Pedra Queimada saldouse con vitoria dos visitantes por 1 - 2. O gol malpicán foi obra de Cheo despois dun gran pase en longo de Andrés.
martes, 17 de agosto de 2010
PARTIDO AMIGABLE
Mañá mércores 18 de agosto o equipo de modestos da SCD Malpica disputa un novo partido de preparación. O rival será o San Lorenzo, e o encontro está programado para ás 21:00 horas na Pedra Queimada.
sábado, 14 de agosto de 2010
RESULTADO AMIGABLE
Cabana 1 - SCD Malpica 3. Os goles malpicáns foron anotados por Ismael e Rancaño (2).
martes, 10 de agosto de 2010
PARTIDO AMIGABLE
O próximo sábado 14 de agosto a SCD Malpica xogará fronte ó Cabana SD (conxunto da 3ª Rexional) un novo partido amigable. O encontro será no campo As Redondas (Cabana) ás 19:00 horas.
domingo, 8 de agosto de 2010
RESULTADOS AMIGABLES
A SCD Malpica ven de disputar tres encontros este fin de semana, nos que se deron os seguintes resultados:
- SCD MALPICA 1 - SILVA 2. O gol local foi obra de Neucha.
- Trofeo da Olería (partidos de 45 minutos):
CERQUEDA 0 - SCD MALPICA 4. Goles de Casais, David Blanco e Miguel Dourado (2).
BUÑO 1 - SCD MALPICA 1. O gol do Buño anotouno Martuxa e o dos malpicáns Neucha de penalti.
Cabe sinalar que a SCD foi a vencedora final deste triangular.

viernes, 6 de agosto de 2010
CALENDARIO
Xa está elaborado o calendario para a tempada 2010-2011 da Liga da Costa. Na primeira xornada, a SCD Malpica xogará contra a UD Carnota na Pedra Queimada.
Pódese velo calendario completo no seguinte enlace: http://futgal.es/index.php?sec=resultados&delP=1&categoriaP=1645&grupoP=53221&jornadaP=&c1=1#
Pódese velo calendario completo no seguinte enlace: http://futgal.es/index.php?sec=resultados&delP=1&categoriaP=1645&grupoP=53221&jornadaP=&c1=1#
PARTIDO AMIGABLE
Na tarde de onte confirmouse un novo partio amigable para a SCD Malpica, que será o primeiro que despute na presente tempada 2010/2011, pois está programado para o sábado 7 de agosto ás 19:00 horas na Pedra Queimada. O rival será o Silva, da Segunda Rexional (grupo da Coruña).
miércoles, 4 de agosto de 2010
ALTAS E BAIXAS
Hai unha nova baixa na primeira plantilla da SCD Malpica:
- Braix Sanluis, lateral dereito, non continuará este ano no equipo por motivos académicos.
- Braix Sanluis, lateral dereito, non continuará este ano no equipo por motivos académicos.
PARTIDO AMIGABLE
O vindeiro domingo día 8 de agosto desputaráse como cada verán por estas datas o Trofeo Mostra da Olería en Buño nesa vila. Nesta edición, os equipos participantes son os seguintes: SCD Malpica, Buño (recén ascendido á Liga da Costa) e Cerqueda (3ª Rexional). Os encontros durarán 45 minutos. O comezo está previsto para ás 18:00 horas.
lunes, 2 de agosto de 2010
ALTAS E BAIXAS
Hoxe tivo lugar a presentación da SCD Malpica na Pedra Queimada, na que se confirmaron catro fichaxes para o equipo dos modestos:
- O gardameta Suso, procedente do Arteixo, e vello coñecido da afección, pois é todo un clásico do equipo malpicán.
- O defensa David Castro, procente do Bergantiños xuvenil.
- Daniel Viña, zagueiro que ven do Bergantiños xuvenil da Liga Nacional.
- Diego, outro defensa que procede dos xuvenís do Malpica.
Mañá día 3 de agosto comezan os adestramentos, á espera de que poida chegar algunha fichaxe máis para compensala plantilla.