lunes, 26 de septiembre de 2011

LIGA DA COSTA 4ª XORNADA: SCD MALPICA 4 - O PINDO 1

SCD MALPICA: Suso (Víctor Martínez min.46), Víctor, Marcos Amado (Miguel Avelino min.59; Manu Pardo min.63), Dani Varela, Iago, Rancaño, Neucha, Cheo (Alfredo min.59), Pablo, Andrés (Nando min.59), Dani.

O PINDO CF: Garrido, Conexo (José min.56), Herminio, Álex (Diego min.79), Juan, Manolito (Casais min.49), Hugo, Lolo (Gonzalo min.60), Carlos (Pablo min.57), Leis, Nano.

Árbitro: Óscar López. Ben no primeiro tempo, onde apenas tivo complicacións, pero no segundo acto tivo algúns erros de apreciación á hora de sinalalos fóras de xogo, sendo moi riguroso cos malpicáns e permisivo cos visitantes. Indicou dúas penas máximas, unha para cada equipo: acertou a prol do Malpica tras ser derrubado Alfredo na recta final do encontro; pero errou ao indicar unha man de Víctor, pois estaba completamente pegada ao corpo. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde soleada e con moita calor, especialmente no primeiro tempo. Gran entrada na Pedra Queimada, cuns 175 espectadores. O gardameta local Suso foi sutituido no descanso por precaucación, xa que arrastraba problemas musculares. O malpicán Miguel Avelino sufriu un pinchazo nun abductor nada máis incorporarse ao partido. Tamén o local Víctor tivo que abandonar momentaneamente o terreo de xogo na segunda metade por un corte de dixestión.

Goles: 1-0 (min.13): Gran pase en profundidade de Rancaño cara Cheo que entra pola banda dereita e bate a Garrido no man a man. 2-0 (min.40): Neucha recibe na posición de extremo esquerdo, controla e envía cara Pablo que marca dende o punto de penalti. 3-0 (min.42): Intercambiánse os papeis Pablo e Neucha, pois é o primeiro o que asiste a Neucha que marca coa dereita. 4-0 (min.48): Gran xogada individual de Pablo que se interna na área, desfaise de varios rivais (inclusive o gardameta) e marca a pracer. 4-1 (min.79): Penalti moi dubidoso por presuntas mans de Víctor que transforma Hugo de tiro raso.

Crónica: A SCD Malpica recibía na Pedra Queimada a O Pindo, conxunto que ainda non sumara ningún punto (conta cun partido menos) coa intención de lograla primeira victoria do curso como local para seguir na zona alta da clasificación. Como é (lamentablemente) habitual neste inico de liga, o conxunto costeiro afrontaba o encontro con varias baixas: Marco, por molestias musculares; Charro, con esguince de nocello; Charlie, sancionado; e Óscar Moscoso. No primeiro tempo só houbo un equipo sobre o terreo de xogo, pois o Malpica monopolizou a posesión do balón, mentres que O Pindo non disparou entre os tres paos durante os primeiros 45 minutos. Os malpicáns recuperaban moi rápido o esférico froito da boa presión de tódalas líñas, moveron o balón con criterio ante a pasividade visitante, e chegaron con perigo á meta de Garrido constantemente, pero tardaron en exceso en materializalas moitas oportunidades que tiveron (de feito ata o minuto 40 o resultado era de 1-0). De entre as ocasións que desperdiciaron, destacaron as seguintes: un cabezazo de Neucha tras un saque de esquina botado por Cheo que Garrido desvía cunha espectacular estirada; un remate de Neucha libre de marca no segundo pao que sae alto tras un novo centro de Cheo dende a banda dereita; un man a man de Pablo que detén Garrido; un disparo dende longa distancia de Rancaño que rexeita o longueiro, o rexeite cáelle nos pés a Neucha que a porta valeira envía fóra; etc. Pola súa parte, O Pindo amosou moitas dificultades para sacalo balón controlado e concedeu moitas facilidades defensivas, e apenas se acercou a área local.

No segundo tempo, o conxunto adestrado por Manuel Agilda saiu coa mesma intensidade que no primeiro acto, e xa nada máis sacar de centro contou cunha nova ocasión de gol nos pés de Pablo tras unha internada de Dani pola banda dereita. Pouco despois sentenciaban o encontro co 4-0 logrado por Pablo. Sen embargo, a medida que pasaban os minutos o ritmo foi decaendo, cun Malpica con menos ambición e que non tivo continuidade no xogo, o que provocou que O Pindo se acercase con perigo sobre a meta defendida por Víctor Martínez, aproveitándose das perdas de balón locais en zonas perigosas. A pesar deste feito, a SCD contou con novas ocasións claras para marcar: un man a man de Pablo que desaproveita por entreterse demasiado; unha nova oportunidade de Neucha que se marcha fóra; unha vaselina de Alfredo dende o pico dereito da área que sae alto por pouco; e un penalti que Garrido lle detivo ao propio Neucha. Os visitantes chegaron con perigo en varias accións, pero Víctor Martínez amosouse moi seguro, inclusive realizando unha gran parada desviando un tiro a bocaxarro de Leis.

En resumo, gran partido o que desenvolveu o Malpica durante os primeiros 55-60 minutos, dominando por completo e sen pasar apuros atrás, e só a falta de puntería e a gran tarde de Garrido (o mellor, sen dúbida, dos visitantes) impediron que o resultado fose de auténtico escándalo. Sen embargo, non deberon de relaxarse na segunda parte, pois na última fase do encontro baixaron moi a intensidade, "dándolle vida" a O Pindo. Con este triunfo a SCD logra os primeiros puntos da tempada como local, encadenando dúas victorias consecutivas. O seguinte partido será en Baio ante un dos equipos chamados a estar arriba na clasificación.

martes, 20 de septiembre de 2011

lunes, 19 de septiembre de 2011

LIGA DA COSTA 3ª XORNADA: CORCUBIÓN 1 - SCD MALPICA 3

UD CORCUBIÓN: Cristian, Pablo (Sebas min.63), Sergio Manín, Conguito, Papi, Alán, Edu, Camacho (Balucho min.86), Mario, David Lourido, Jhony.

SCD MALPICA: Suso, David (Miguel Avelino min.46), Eme (Casais min.46), Víctor, Iago, Nando (Rancaño min.46), Neucha (Cheo min.46), Dani, Pablo, Andrés, Alfredo.

Árbitro: Goyeneche García. Estivo bastante irregular, alternando decións valentes e correctas con erros bastante evidentes. Acertou ao sinalar dous penaltis a favor do Malpica, pero enganouse cando na primeira metade anulou un gol ao local David Lourido por un fóra de xogo inexistente. Ademais expulsou ao adestrador do Corcubión por protestar na recta final do encontro.

Incidencias: Tarde soleada cunha temperatura agradable. Menos de cen espectadores no Novo Cubaleiro. Non houbo lesións de gravidade.

Goles: 1-0 (min.5): Saque de esquina botado por Alán, o coiro pasa entre Andrés e Eme, rebota no peito de Víctor volvendo a rebotar esta vez na cabeza de David Lourido antes de entrar na portería do Malpica. 1-1 (min.43): Pablo realiza unha xogada individual pola banda esquerda, penetra na área sendo derrubado por Sergio Manín; o propio Pablo anota a pena máxima. 1-2 (min.47): Cheo centra dende a posición de extremo dereito, marcando Alfredo dende o corazón da área. 1-3 (min.88): Falta bastante lonxana que bota o Malpica cara a posición de Cheo no punto de penalti, cando este se dispón a controla é derrubado por Sergio Manín. Pablo transforma o penalti.

Crónica: Viaxaba a SCD Malpica ata Corcubión para enfrontarse a un equipo recén ascendido, despois de de perder a semana anterior no seu estreo na Pedra Queimada ante o Castriz. O adestrador malpicán, Manuel Agilda, acumulaba numerosas baixas, algo que está sendo habitual no comezo ligueiro: Charro, que sigue recuperándo dun esguince de nocello; Daniel Varela, por motivos persoais; Marco; Marcos Amado, sancionado; Charlie, sancionado; e Óscar Moscoso, operado hai uns días do menisco. Durante a primeira metade o Corcubión foi superior a un Malpica que non se meteu no encontro en ningún momento deste período, e a pesar de que o gol local foi unha auténtica "carambola", os malpicáns tiveron sorte de non encaixar máis goles (de feito o colexiado invalidou un a David Lourido conseguido de forma legal). A SCD mostrouse con pouca ambición, deixando facer ao equipo local que sen facer nada espectacular creaba perigo, pasou moitos apuros defensivos e en ataque apenas logrou chegar con claridade á meta defendida por Cristian. As mellores oportunidades foron do Corcubión, pero unhas veces a falta de puntería e outras as intervencións de Suso evitaron que o resultado fose maior. Cando semellaba que se chegaría o descanso co 1-0, un penalti claro cometido sobre Pablo fixo que o empate subise ao marcador.

Mostra da mala actuación do Malpica foi que o adestrador realizou os catro cambios no intermedio. Se na primeira parte o Corcubión foi mellor, no segundo acto os visitantes xogaron con moita máis intensidade, pasando a ter as mellores oportunidades para marcar, pero non estiveron atinados nos metros finais. O Corcubión xa non chegaba con claridade á líña de tres cuartos, e so creaba perigo a balón parado, algo que as reducidas dimensións do Novo Cubaleiro favorece, pero de novo Suso aportou moita seguridade nos balóns colgados. Pola contra, os malpicáns xeraban moitas accións de perigo, tanto en xogadas colectivas como a balón parado, pero non lograron sentenciar ata practicamente o minuto 90. Alfredo estivo especialmente activo nesta parte, pero faltoulle un pouco de fortuna para aumentala súa conta goleadora, sendo as mellores ocasións as seguintes: unha falta dende o borde da área que Cristian desvía nunha gran intervención; unha nova acción de Alfredo que se planta ante Cristian pero tira demasiado cruzado; unha falta botada polo propio Alfredo que sae lambendo o longueiro; un disparo de Dani dende o borde da área que rexeita o pau esquerdo; etc. O Corcubión tivo unha última oportunidade para marcar nos pés de Mario, pero o seu disparo con pouco ángulo foi atallado por Suso.

Foi un encontro onde a SCD Malpica amosou dúas facianas ben distintas, cunha mala primeira parte e unha segunda onde foi superior, pero onde tardou en exceso en sentenciar. Debe o equipo malpicán afrontalos partidos con maior ambición e intensidade, pois está máis que demostrado que cando baixan o "pistón" convertense nun equipo moi vulnerable. O vindeiro domingo a SCD recibe na Pedra Queimada a O Pindo.

viernes, 16 de septiembre de 2011

AXENDA PARA O FIN DE SEMANA

Este fin de semana comeza a liga de cadetes, polo que os tres equipos federados da SCD Malpica están xa en plena competición oficial. Os partidos son os seguintes:

- AFECCIONADOS:

Corcubión - SCD Malpica, sábado 17 de setembro ás 17:00 horas, no Novo Cubaleiro (Corcubión).

- XUVENÍS:

SCD Malpica - Corme, sábado 17 de setembro ás 17:00 horas, na Pedra Queimada.

- CADETES:

SCD Malpica - Camariñas, sábado 17 de setembro ás 12:00 horas, na Pedra Queimada.

martes, 13 de septiembre de 2011

lunes, 12 de septiembre de 2011

LOITO

Acabamos de coñecela triste noticia do falecemento de Claudina Carracedo, nai de Ramón Esmorís, un dos símbolos da SCD Malpica (pasou pola entidade tanto como xogador, sendo o máximo goleador da historia do clube en afeccionados, como de adestrador, do primeiro equipo e das categorías inferiores; actualmente dirixe ao Buño).

Dende a directiva do Malpica e en representación de tódolos socios, queremos darlle a Esmorís e á súa familia todo o noso afecto e o máis sentido pésame.

RESULTADOS DA 2ª XORNADA DA LIGA DA COSTA

Club do Mar 3 - Corcubión 0

Fisterra 0 - Nantón 1

Camariñas 1 - Buño 2

Sofán 1 - Baio 2

SCD Malpica 1 - Castriz 3

Dumbría "B" 5 - San Lorenzo 3

Zas 1 - Muros 3

Esteirana 2 - Mazaricos 1

Corme - O Pindo (aplazado)

LIGA DA COSTA 2ª XORNADA: SCD MALPICA 1 - CASTRIZ 3

SCD MALPICA: Suso, David (Casais min.82), Marcos Amado, Víctor, Iago (Marco min.82), Rancaño, Neucha, Cheo (Nando min.65), Pablo, Andrés (Dani min.70), Alfredo.

SD CASTRIZ: Herrera, Prego (Sergio min.85), Álex, Pose (Miguel min.87), Toniño, Alberto, Mauri, Sebas, Iván, Martín (Pablo min.71), Rubén (Jonathan min.90).

Árbitro: Del Río Amor. Moi mal na tarde de onte. Apenas sinalou faltas e deixou sen castigar algunha entrada dura, sobre todo do equipo visitante (de feito, non sacou ningún cartón amarelo en todo o encontro). Concedeu o segundo gol do Castriz a pesar do fóra de xogo de Iván. O local Marcos Amado foi expulsado na recta final do encontro por cartón vermello directo tras protestar.

Incidencias: Partido disputado na Pedra Queimada, nunha tarde con temperatura agradable pero cun vento moderado que tivo influencia no xogo (especialmente na primeira metade). Boa entrada, con 125 espectadores. Non houbo lesionados de gravidade.

Goles: 1-0 (min.59): Gran xogada individual de Pablo que tras desfacerse de varios defensas na parte dereita da área, envía un pase raso cara Alfredo que empurra o balón no segundo pao. 1-1 (min.65): Falta na frontal da área que bota Iván, marcando de tiro raso por fóra da barreira. 1-2 (min.70): Balón en longo cara Iván que arranca en fóra de xogo, plántase ante Suso e marca no man a man. 1-3 (min.77): Grave erro do malpicán Iago que perde o esférico ante Sebas á altura de tres cuartos de campo, éste encara a Suso, tira cruzado, o balón peta no pao e o rexeite cae nos pés de Pablo que anota a pracer.

Crónica: Despois da goleada conseguida na primeira xornada en Natón (1-6), a SCD Malpica disputaba o seu primeiro encontro como local nesta Liga da Costa 2011/2012. O rival era o Castriz, un equipo complicado (foi finalista na pasada Copa da Costa) e que nos últimos anos está logrando resultados positivos en Malpica (suma xa catro tempadas consecutivas sen coñecela derrota). Os locais contaban con numerosas baixas: Óscar Moscoso, mancado de longa duración; Manu Pardo, por cuestións persoais; Dani, por temas laborais; Charlie, sancionado; e Charro, con esguince de nocello. Na primeira metade, o Malpica atopouse con vento en contra, o que dificultaba a tarefa; non obstante, comezaron ben o encontro, tomando a iniciativa e tratando de circulalo balón con esférico. Pero pouco a pouco impúxose o fútbol do Castriz, máis directo, o que beneficiaba aos seus intereses pois contan con xogadores de máis envergadura, poñendo en dificultades os locais que tiveron moitas dificultades para superala presión visitante. A pesar de que era o equipo xalleiro o que tíña unha maior presencia ofensiva, foi o Malpica o que contou coas mellores ocasións de gol, destacando tres claras: un disparo de Andrés dende o borde da área tras un rexeite que se marchou rozando o pao esquerdo; un man a man de Alfredo, pero que dispara demasiado alto; e outro man a man de Pablo que se planta só ante un descolocado Herrera, pero faise un pequeno lio e non logra culminar.

No segundo tempo, os homes adestrados por Manuel Agilda saíron ao terreo de xogo con máis intensidade, e pesar de que o vento xa non soplaba tan forte como nos primeiros 45 minutos, subiron líñas, pasando a desenvolver un fútbol máis combinativo e con máis profundidade. Froito delo foron as dúas ocasións das que dispuxeron antes de adiantarse no marcador: un cabezazo de Neucha tras un saque de esquina executado por Alfredo que sae moi preto do pao dereito; e un disparo do propio Neucha dende o pico esquerdo da área que sae alto. O Malpica logrou o máis complicado, adiantarse no marcador, pero unha serie de erros propios e arbitral, provocaron que o Castriz lle dera a volta ao marcador en apenas dez minutos, cando apenas lograra chegar a área local con perigo. O Malpica tentou empatar, contando Alfredo cunha boa oportunidade mediante un tiro raso que se marchou demasiado cruzado. O terceiro gol visitante preto do minuto 80, froito doutro erro individual, e a posterior expulsión de Marcos Amado, fixeron imposible calquera atisbo de remontada.

Partido un tanto extraño da SCD Malpica, onde tras unha primeira metade bastante discreta (onde a pesar de todo contaron con ocasións claras), logrou na segunda poñerse por diante do marcador, pero un cúmulo de accións desgraciadas provocaron a vitoria do Castriz. Esta derrota debe de servir de estímulo, aprender dos erros cometidos e darse de conta de que a igualdade vai sela nota predominante nesta tempada. O vindeiro partido da SCD será en Corcubión.

sábado, 10 de septiembre de 2011

PREVIA

Segunda xornada da Liga da Costa para o Malpica:

- Domingo día 11 de setembro: SCD Malpica - Castriz, ás 17:00 horas na Pedra Queimada.

viernes, 9 de septiembre de 2011

PRENSA

O diario Depor Sport publicou o pasado martes unha entrevista co técnico dos modestos da SCD Malpica, Manuel Agilda. Aquí se pode ler.

martes, 6 de septiembre de 2011

I TORNEO DE FÚTBOL VETERANOS CONCELLO DE MALPICA


O pasado fin de semana disputouse no campo de Xaviña (Buño) o I Torneo de Fútbol Veteranos Concello de Malpica onde participaron un total de catro equipos do Concello. O equipo de Malpica quedou na cuarta posición.

- Os resultados foron os seguintes:

Semifinais: Buño 1 - Malpica 0.
Leiloio 1 - Cerqueda 0.

3º/4º posto: Malpica 1 - Cerqueda 2.

Final: Buño 2 - Leiloio.

Tendes a crónica e fotos no blog dos veteranos.

lunes, 5 de septiembre de 2011

RESULTADOS DA 1ª XORNADA DA LIGA DA COSTA

O Pindo 0 - Sofán 2

Corcubión 1 - Corme 1

Mazaricos 0 - Fisterra 1

San Lorenzo 0 - Esteirana 3

Muros 1 - Dumbría "B" 2

Buño 1 - Zas 3

Nantón 1 - SCD Malpica 6

Baio 1 - Camariñas 3

Castriz 0 - Club do Mar 4

LIGA DA COSTA 1ª XORNADA: NANTÓN 1 - SCD MALPICA 6

CD NANTÓN: Martín, Diego (Pedro min.76), Cristian (Iván min.56), Félix, Sito, Carlos Vidal, Fabio, Isidro, Luís, Manolo Cruceiro (Lareu min.67), Martín Suárez (Eloy min.76).

SCD MALPICA: Suso, David, Marcos Amado, Víctor, Iago, Rancaño (Manu Pardo min.66), Neucha (Nando min.58), Cheo (Dani min.62), Pablo, Andrés (Dani Varela min.59), Alfredo.

Incidencias: Partido disputado no campo de Fontiñas, nunha tarde con nubes e claros e cunha temperatura moi agradable. Uns 75 espectadores seguiron o encontro. Non houbo lesionados de gravidade.

Árbitro: Torreiro Ramos. A pesar de que o partido apenas tivo xogadas polémicas, tivo dous graves erros que perxudicaron ao Malpica: no min.16 non indicou unha clara falta de Cristian a Cheo cando este se internaba na área (queda a dúbida de se estaba dentro ou non, pero era cartón vermello por selo último home); e no min.61 non indica fóra de xogo de Luís na acción do gol local. Non houbo expulsados.

Goles: 0-1 (min.1): Cando non pasara nin un minuto de xogo, Rancaño envía un pase en profundidade cara Pablo, Félix cede cara o seu porteiro que despexa pero rebota en Pablo entrando o esférico na portería. 0-2 (min.35): Cheo recibe na posición de extremo dereito, plántase diante de Martín e anota polo primeiro pao. 0-3 (min.45+5): Gran xogada combinativa do Malpica que saca o balón xogado dende atrás, e que culmina cunha internada de Neucha pola banda esquerda, realiza o "pase da morte" cara Pablo que recorta a un rival e bate a Martín dende o borde da área pequena. 0-4 (min.48): Alfredo saca un córner dende a banda dereita que remata Neucha cun gran cabezazo á altura do punto de penalti. 1-4 (min.61): Pase en profundidade cara Luís que anota ante Suso no man a man. 1-5 (min.63): Saque de banda de Marcos Amado cara Alfredo, que controla e tira dende tres cuartos unha espectacular semivolea que se cola pola escadra esquerda. 1-6 (min.75): Pablo envía un pase cruzado dende a banda dereita cara Alfredo que se adianta ao seu par e ao gardameta, anotando a porta baleira.

Crónica: Debutaba a SCD Malpica na Liga da Costa 2011/2012, e facíao visitando ao Nantón, un equipo rescén ascendido pero moi perigoso (hai que recordar que eliminou aos malpicáns nos oitavos de final da pasada Copa da Costa e que gañou a Liga da 3ª Autonómica perdendo tan só un encontro). Para o debut ligueiro, Manuel Agilda contaba con numerosas baixas: Marco, con problemas musculares; Óscar Moscoso, que deberá pasar polo quirófano para operarse do menisco; Miguel Avelino, recuperándose dun esguince de nocello; Charro, cun esguince grave de nocello; e Charlie, sancionado. As cousas comezaron de cara para o Malpica, pois en apenas 48 segundos púxose por diante no marcador, algo que non pasara en ningún dos dous partidos de Copa, onde os malpicáns non lograron marcar nin un gol. O encontro transcorreu como era de esperar, cun Nantón xogando un fútbol directo, mandando balóns en longo (ás veces con pouco sentido), e cun Malpica que saiu coa lección aprendida, pois non deixou sorprenderse e apenas pasou apuros durante os primeiros 45 minutos. Por outra banda, cando lograban a posesión do esférico trataron de aproveitala velocidade dos seus atacantes, ainda que ás veces pecaron de precipitación. Aparte dos goles, os visitantes tiveron unha gran oportunidade nos pés de Neucha que disparou ao longueiro tras un barullo na área. O Nantón só tivo unha oportunidade de gol nesta parte e foi a balón parado tras recoller Luís o seu propio disparo que rexeitara a barreira, pero o potente disparo foi desviado por Suso.

O segundo tempo comezou de maneira similar ao primeiro, co Malpica anotando moi pronto o que sentenciaba o choque. Sen embargo, os locais sairon cun pouco máis de mordente en ataque, e Luís estivo cerca de marcar nun man a man que salvou Suso; pero a partir do quinto gol non volveron a crear perigo. A SCD continuou con transicións rápidas buscando aos seus xogadores ofensivos, creando accións de ataque tanto polas bandas como polo centro, desbordando aos defensas do Nantón que se viron sempre superados no un contra un. O equipo costeiro tivo oportunidades para marcar ainda máis goles, como foron as seguintes: un disparo de Rancaño que foi fóra por pouco; unha xogada individual de Dani pola banda dereita pero o seu centro non atopa rematador; e un disparo de Nando que se marchou alto tras un centro de Dani. Nos derradeiros 15 minutos a contenda decaeu notablemente, cos dous conxuntos agardando a que o colexiado pitase o final.

Bo estreno da SCD Malpica, pois non era nada sinxelo o encontro, mais se temos en conta que o estado do terreo de xogo non era o mellor, pero os malpicáns adaptáronse ben, deixando boas sensacións e cuns atacantes que se amosaron moi inspirados na tarde de onte. Despois desta vitoria, o Malpica colócase como o primeiro líder da Liga. O próximo encontro será na Pedra Queimada ante o Castriz, actual finalista da Copa da Costa.

domingo, 4 de septiembre de 2011

XUVENÍS: SCD MALPICA 0 - CAMARIÑAS 0

Os xuvenís da SCD Malpica debutaron onte na Liga da Costa 2011/2012 cun empate sin goles ante o Camariñas. Os rapaces adestrados por Piña tiveron varias oportunidades claras de gol pero non estiveron atinados nos metros finais.

sábado, 3 de septiembre de 2011

PREVIA

Comeza a tempada 2011/2012 para o equipo dos modestos da SCD Malpica, que participa na Liga da Costa (este ano denominada 2ª Autonómica Grupo 3). Os xogadores adestrados por Manuel Agilda debutan mañá como visitantes:

- Domingo día 4 de setembro: Nantón - SCD Malpica, ás 18:30 horas en Fontiñas (Nantón).

Moita sorte aos malpicáns na nova tempada!

viernes, 2 de septiembre de 2011

XUVENÍS: PREVIA

Os xuvenís da SCD Malpica comezan a tempada 2011/2012:

- Sábado día 4 de setembro, ás 17:00 horas: SCD Malpica - Camariñas, na Pedra Queimada.

Lembramos que a entrada é gratuita.

PRENSA

O diario Depor Sport publica unha pequena previa da Liga da Costa 2011/2012 que comeza este fin de semana. Aquí se pode ler.

jueves, 1 de septiembre de 2011

XUVENÍS: RESUMO PRETEMPORADA

Os xuvenís da SCD Malpica comezan este sábado 3 de setembro a súa andaina na Liga da Costa 2011/2012, polo que é hora de facer un pequeno resumo de cómo lle foron aos homes de Piña nesta pretemporada:

- Sábado 13 de agosto: Atlético Arteixo 1 - SCD Malpica 3. Os goles foron obra de Pereira, Víctor e Miguel Ángel.

- Sábado 20 de agosto: SCD Malpica 7 - Laxe 0. Os goles locais foron anotados por Juni (2), Martín, Almeida, Pepís, Víctor e Camilo.

- Venres 26 de agosto: SCD Malpica 2 - Cabana 2. Os tantos malpicáns foron obra de Adra (de penalti) e Camilo.

Moita sorte aos xuvenís nesta tempada!!