lunes, 21 de abril de 2008

Copa da Costa: Ronda Previa ( Volta)

Malpica 1 - Fisterra 0

SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Marco, (Víctor, 78’), Iago, Andrés, Lema, (Medros, 65’), Manu Pardo, Charro, Sassano, Fran-Martuxa.
Fisterra SD: Rafa; Urchi, Jesús, Chula, Roco, Xusto, Roa, (Marco, 75’), Rodrigo, (José 79’), Manuel, Rivas, (Tolo, 86’), Borja, (Bebeto, 64’).
Goleadores: 1-0; min. 92: Diego, de falta directa.

O Malpica afrontaba o partido de volta con certa tranquilidade grazas ó bo resultado colleitado na ida. O 3-2 que conseguiu no Ara Solís, posibilitaba que o conxunto local só necesitara un gol para conseguir a clasificación.
O Fisterra veu a Malpica a manter o empate, dende os primeiros minutos adicáronse a perder todo o tempo que lles foi posible e en ningún momento mostraron interese de xogar, só a ansia dos xogadores de Esmorís posibilitaba algunha contra dos visitantes. Aínda así, o partido non foi nada vistoso e as ocasións producíronse en xogadas illadas. Charro, o mellor xogador nos primeiros 45 minutos, provocou dúas claras ocasións de gol. Na primeira, cedeu a Rodri tras regatear a dous defensas, e o dianteiro uruguaio disparou ó corpo de Rafa. Quince minutos despois, na mellor xogada dos locais, unha combinación entre Diego, Martuxa e Charro rematou cun man a man do dianteiro que non soupo resolver.
Na segunda metade, as forzas dos malpicáns frouxearon un pouco e o Fisterra veuse arriba impulsado tamén pola rigurosa expulsión de Manuel. Disfrutaron así os visitantes da mellor ocasion para lograr a sentencia nun bo contraataque que Rivas non soupo resolver só ante Toni. A entrada de Medros dou un pouco máis de mobilidade ó equipo local que chegaba con máis forza que xogo pero non dispoñía de oportunidades claras. Cando xa o partido estaba no tempo de desconto, Rodri provocou unha falta na frontal da área. Diego, asumiu a responsibilidade sen ningún tipo de dúbida e executou o lanzamento de forma espectacular metendo o balón pola escadra esquerda da portería de Rafa. O delirio saltou na Pedra Queimada e o Malpica conseguiu así a clasificación para a seguinte ronda na que se enfrontará ó temible Ponteceso, subcampión de liga.


miércoles, 16 de abril de 2008

Copa da Costa: Fase Previa (Ida)

Fisterra 3 - Malpica 2

Fisterra SD: Rafa; Borja, (Urchi, 69’), Roco, Jesús, Chula, Xusto, Roa, Rodrigo, (Tolo, 77’), Manuel, (Marco, 66’), Rivas, Isma, (Jose, 57’),
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Iago, Marco, Lema, Rancaño, Charro, (Andrés, 57’) Rodri, Martuxa.
Goles: 1-0; min. 6: Rivas, marca a pracer. 2-0; min. 8: Roa, de forte disparo. 2-1; min. 19: Martuxa de volea espectacular. 3-1; min. 65: Manuel en fora de xogo. 3-2; min. 84: Diego de penalti.

Duro partido o que tiña por diante o Malpica nun campo moi dificil e no que xa saíra derrotado contundentemente na Liga. Ademais, o conxunto de Ramón Esmorís contaba con varias baixas no seu equipo titular polo que se antollaba un partido complicado.
As expectativas cumpríronse nada máis comezar, xa que ós 10 minutos o Malpica xa ía perdendo por 2-0, por culpa de dous fallos defensivos a balón parado. Parecía que o conxunto local ía deixar sentenciada a eliminatoria xa que os malpicáns non daban sinais de vida. Pero no minuto 20, nunha xogada illada, Rodri centrou a área e o balón rexeitado por un central caeulle a Martuxa que ca súa perna menos mala, mandou un voleón que se colou pola escadra da portería defendida por Rafa. A partir dese momento os visitantes viñéronse arriba pero sen crear moito perigo.
No segundo tempo, os xogadores de Esmorís seguiron apretando e tiveron algunha ocasión clara para o empate, pero o que en realidade chegaría sería o 3-1, nunha xogada embarullada no que Manuel aproveitouse dunha posición de fora de xogo para marcar, na que o árbitro, moi caseiro, non se atreviu a pitar nada. O Malpica continuou apretando pero o partido virou, se cabe, máis brusco do que xa estaba e o resto dos minutos xogáronse case na súa totalidade no medio do campo. Como non podía ser doutra forma, nunha xogada a balón parado, un dos rexeites caeulle a Martuxa, que mandou un pase en profundidade a Iago, quen foi claramente agarrado por Chula cometendo penalti, penalti que trasnformaría Diego conseguindo acortar distancias e deixando a eliminatoria completamente aberta.

miércoles, 9 de abril de 2008

Buño 2 - Malpica 3

Buño SD: Añón; Lolo, Óscar, Diego, Carlos, Ramiro, Neucha, Víctor, (Mario,71’), Richard, (Juan Antelo, 46’), Emilio, Dourado, (Jorge, 45’).
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Iago, Andrés, (Quique, 63’), Cheo, Rancaño, Charro, (Marco, 88’), Rodri, Lema, (Manuel, 70’).
Goleadores: 0-1; min. 9: Rancaño, de forte volea.1-1; min. 39:Richard tras pase de Victor. 1-2; min. 66:Charro tras un rexeite de Añón. 2-2; min. 68: Juan tras driblar a Toni. 2-3; min. 92: Rodri á saída dun corner.

Todo ou nada. Así chegaba o Malpica ó campo de Xaviña para xogarse a vida ante un xa descendido Buño, e que pretendía dar unha última alegría ós seu afeccionados facendo baixar ó eterno rival.
O Malpica comezou ben e atacando forte, quizas grazas ó empuxe dunhas gradas repletas dos seus siareiros, así, antes de que se cumplira o minuto 10 de encontro, Rancaño recolleu un rexeite na frontal, acomodou o balón con peito e empalmou unha forte volea que coa axuda do vento despistou a Añón e colouse na portería. O cadro de Esmorís conseguira poñerse por diante para ter tranquilidade. O resto da primeira metade converteuse nun monólogo malpicán, con contínuas chegadas, pero algunhas veces o desacerto dos dianteiros, e outras veces a gran actuació de Añón, fixeron que non se ampliara o marcador. Isto ademais, axudado polo árbitro, que fixo un partido desastroso e na primeira metade non pitou dous claros penaltis a Charro e a Rodri. Con isto, o Buño comezaba a despertar. A falta de 5 minutos para o final, Victor aproveitou un gran despiste do Malpica para internarse pola banda esquerda e ceder o pase da morte a Richard que solo tivo que empurrar. A primeira metade rematou co empate a un gol.
Na segunda metade, os xogadores malpicáns eran conscientes de que o Esteirana ía gañando polo que a victoria era obrigatoria para manter a categoría.
Os visitantes comezaron moi ben atacando e levando moito perigo, así, no minuto 66 Rodri recibiu un gran pase á espalda da defensa e o seu remate foi detido por Añón, que non puido chapar o balón e Charro empurrou o rexeite. Pero pouco durou a alegría porque tan só 2 minutos despois, o Buño volveu a empatar por medio de Juan tras outra boa xogada de Victor.
Os últimos 20 minutos foron agónicos cun Malpica volcado para conseguir o gol que lle dera a permanencia. Aínda que había ocasións claras, ninguén era quen de materializalas.
Xa no desconto, cando non había esperanza, Charro e Manuel sacaron rápido un córner e Rodri no segundo pau cabeceou o balón que se colou entre as pernas de Añón. Un gol épico que desatou o delirio de todos os xogadores e afeccionados malpicáns.
Púxose así fin a esta tempada tan rara e na que se conseguiu ó final evitar un hipotético descenso do Dumbría.
Agora, a loitar pola Copa.

viernes, 4 de abril de 2008

Falecemento do presidente do Sporting Zas

Dende esta páxina a S.C.D. Malpica, xogadores, directivos e demáis integrantes queremos manifestar o noso máis sincero pésame, os familiares de Oscar Álvarez Gonzalez e a familia do equipo zaense nestes momentos tan difíciles. Moito ánimo.

martes, 1 de abril de 2008

Malpica 1 - Carnota 0

SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Víctor, Alfredo II, (Iago, 88’), Andrés, (Quique, 63’), Cheo, (Elías,65’), Rancaño, Charro, Rodri, Martuxa.
UD Carnota: Luís; Nico, Jorge, Pedro, Martín, Ubaldo, Sergio, Pablo, Casti, Paco, Óscar, (Fernando, 75’)
Goleadores: 1-0, min. 4, Charro de penalti.

Chegaba o Malpica a súa penúltima final pola salvación despois da victoria por 5-0 ante o Nantón nun partido sen historia. Era necesario vencer para seguir mantendo as opción de permanencia e incluso chegar a depender de si mesmos se o Esteirana pinchaba.
O partido non puido comezar mellor, xa que no primeiro minuto, Rodri xa dispuxo da primeira ocasión que Luís enviou a córner. Tan só 3 minutos despois, Pedro cometía un inocente pero clarísimo penalti ó empurrar a Charro dentro da área. O dianteiro malpicán trasnformou o penalti levando a tranquilidade ó cadro local. Durante a primeira parte o equipo de Esmorís dispuxo de varias ocasións para aumentar a vantaxa pero non soupo materializar ningunha. Pola contra, o Carnota, xa salvado, parecía írselle a vida no encontro protestando todas as accións e tentando que o xogo non estivese parado en ningún momento.
No segundo tempo o Malpica baixou un pouco o nivel e dedicouse a conter o resultado sen moitos problemas e crear perigo ó contraataque. Aínda así, o marcador non se movería en ningún momento.
A tarde saíu redonda xa que o Esteirana non conseguíu pasar do empate na casa contra o Porteño. Así, neste momento é o equipo muradán o que ocupa postos de descenso mentres que o Malpica depende de si mesmo para lograr a permanencia. Todo depende de que consigan unha victoria no campo do Buño, último clasificado e xa descendido. Todo un derbi rexional levado ó extremo no que pese a que os oleiros non se xogan nada, tentaran facer o posible para que o Malpica non manteña a categoría.