COPA DA COSTA 2013:
FINAL: SCD MALPICA - XALLAS SANTA COMBA
LUGAR E DATA: Campo Platas Reinoso (Baio), sábado 29 de xuño ás 19:00 horas. Haberá servicio de autobús que sae do centro da vila ás 17.30 horas.
A SCD MALPICA logra chegar á final da Copa da Costa tras 28 anos sen
facelo (a última vez foi en 1985, ano no que conquistou o seu último
título copeiro). Dende a directiva do clube queremos pedilo apoio de
tódolos socios e aficionados malpicáns neste día histórico para a
entidade, pois entre todos seguro que podemos volver a repetila xesta de
1985.