miércoles, 31 de agosto de 2011

I TORNEO DE FÚTBOL VETERANOS CONCELLO DE MALPICA



Este fin de semana disputase no campo de Xaviña (Buño) o I Torneo de Veteranos Concello de Malpica, onde participan os seguintes equipos: Malpica, Buño, Cerqueda e Leiloio.

- Os horarios son os seguintes:

Sábado 3 de setembro: Buño - Malpica ás 18:00 horas; e Leiloio - Cerqueda ás 19:30 horas.

Domingo 4 de setembro: 3º e 4º posto ás 10:00 horas; Final ás 11:30 horas.

Ao final da final haberá unha pinchada para tódolos asistentes.

Moita sorte aos veteranos do Malpica!!!

martes, 30 de agosto de 2011

PRETEMPORADA: RESUMO

Faltan apenas cinco días para que comece a Liga da Costa 2011/2012, polo que é un bo momento para facer un pequeno resumo de cómo se desenvolveu a SCD Malpica nos amigables de pretemporada:

- Domingo 7 de agosto: Trofeo da Olería (partidos de 45 minutos):

SCD Malpica 0 - Cerqueda 1
SCD Malpica 1 - Buño 0 (gol de Neucha de falta directa).

- Xoves 11 de agosto:

SCD Malpica 1 - Cabana 0 (gol de Neucha).

- Domingo 14 de agosto:

Oza dos Rios 0 - SCD Malpica 4 (goles de Neucha e Charro, ámbolos dous anotaron por partida doble).

- Mércores 17 de agosto:

SCD Malpica 0 - Xallas 4

- Fin de semana do 20-21 de agosto: V Memorial Esteban Lareo:

Silva 5 - SCD Malpica 0
Sporting Coruñes 4 - SCD Malpica 3 (os goles malpicáns foron obra de Pablo, Nando e Charro).

- Venres 26 de agosto: I Trofeo "Manolito":

SCD Malpica 1 - Club do Mar 1 (o gol local foi marcado por Rancaño).

lunes, 29 de agosto de 2011

PRENSA

O diario Depor Sport publica unha entrevista con Manuel Agilda, adestrador dos modestos da SCD Malpica. Aquí se pode ler.

viernes, 26 de agosto de 2011

I TROFEO "MANOLITO"

Hoxe disputouse o I Trofeo "Manolito":

- SCD Malpica 1 - Club do Mar 1. Os locais perderon o torneo na tanda de penaltis. O gol malpicán foi obra de Rancaño dende o borde da área. O conxunto adestrado por Manuel Agilda deixou unha boa imaxe e mellores sensacións que en amigables precedentes ante un dos grandes favoritos para gañala Liga da Costa 2011/2012.

XUVENÍS: RESULTADO AMIGABLE

Os xuvenís disputaron hoxe o seu derradeiro amigable de pretemporada:

- SCD Malpica 2 - Cabana 2. Os goles do equipo adestrado por Piña foron conseguidos por Adra (de penalti) e Camilo.

CADETES

A SCD Malpica segue buscando xogadores para completalo equipo de cadetes, pois é preciso ter un maior número de xogadores para poder competir con garantías durante toda a tempada.

Poden formar parte do equipo os xogadores que nacesen nos anos 1996 e 1997. Mesmo se admiten xogadores que naceran no ano 1998. Se cumples ese requisito ou coñeces a alguen interesado, non no dubides e únete á SCD Malpica.

Contacto: email: scdmalpica@hotmail.com
teléfono: 680486372

jueves, 25 de agosto de 2011

TROFEO "MANOLITO"

Aproveitando que este fin de semana se celebran as Festas do Mar na vila de Malpica de Bergantiños, a nova directiva da SCD Malpica decidiu crear un novo trofeo: o Trofeo Manuel García Vázquez, "Manolito".

Trátase dun dirixente histórico da SCD Malpica, que, a pesar da súa idade, traballa incansablemente para o clube costeiro en diversos aspectos, independentemente de quen esté na directiva. Con este trofeo pretendemos realizar un pequeno homenaxe a Manolito e que siga ligado á SCD durante moitos anos máis.

Ademais, o encontro servirá para presentar o equipo de modestos do Malpica ante a aficción local, pois será o derradeiro amigable antes de comezala Liga da Costa o vindeiro fin de semana.

- I Trofeo "Manolito", venres día 25 de agosto: SCD Malpica - Club do Mar, ás 21:00 horas na Pedra Queimada.

XUVENÍS: PARTIDO AMIGABLE

Os xuvenís da SCD Malpica disputan mañá o seu derradeiro encontro de pretemporada, pois o vindeiro sábado 3 de setembro comezan a liga ante o Camariñas:

- Venres día 26 de agosto: SCD Malpica - Cabana, ás 18:30 horas na Pedra Queimada.

lunes, 22 de agosto de 2011

XUVENÍS: RESULTADO AMIGABLE

Os xuvenís da SCD Malpica seguen preparando a tempada 2011/2012, disputando este sábado un novo amigable ante o Laxe:

- SCD Malpica 7 - Laxe 0. Os goles foron logrados por Juni (2), Martín, Almeida, Pepís, Víctor e Camilo.

V MEMORIAL ESTEBAN LAREO


A SCD Malpica rematou no cuarto lugar no trofeo Memorial Esteban Lareo que se disputou este fin de semana na Coruña organizado polo Club Silva.

Nas semifinais, o equipo malpicán caeu por 5-0 ante o Silva, e o San Tirso venceu por 3-0 ao Sporting Coruñés.

Na xornada de hoxe, o Malpica perdeu por 4-3 ante o Sporting Coruñés. Os goles da SCD foron obra de Pablo, Nando e Charro. Na final, o Silva venceu ao San Tirso na tanda de penaltis despois de empatar a un gol no tempo reglamentario.

jueves, 18 de agosto de 2011

IV FESTA GALEGA ´11


Xa está aqui a Festa Galega. Como xa adiantou o estupendo Blog dos Veteranos este Sabado disfrutaremos de Grandes Concertos e de unha sardiñada. Ademais, asi que os concertos finalicen UN CONOCIDO DJ DA BISBARRA fará que a festa continue para seguir disfrutando da noite. Esperamos a vosa asistencia na que seguro será unha das grandes festas da vila.

RESULTADO AMIGABLE

Onte tivo lugar na Pedra Queimada un novo encontro amigable dos modestos da SCD Malpica:

- SCD Malpica 0 - Xallas 4.

A pesar da contundente derrota, o equipo malpicán desenvolveu un bo partido e plantoulle cara ao equipo de Santa Comba (que este ano milita en Preferente), e mesmo contou con varias oportunidades para marcar algún gol.

miércoles, 17 de agosto de 2011

FIN DE SEMANA NO V MEMORIAL ESTEBAN LAREO


O Silva SD confirmou a invitación da SCD Malpica e adxuntounos tamen o cartel do torneo cos horarios dos encontros.

martes, 16 de agosto de 2011

PARTIDO AMIGABLE

Cando hai unhas semanas anunciamos o calendario da pretemporada do equipo sénior da SCD Malpica, incluíamos un encontro contra o Xallas (conxunto de Preferente) pero sen confirmala data nin a hora. Hoxe xa podemos confirmalo:

- Mércores, día 17 de agosto, ás 21:00 horas: SCD Malpica - Xallas, na Pedra Queimada.

EQUIPACIÓNS PARA A TEMPADA 2011/2012

Aquí tendes as camisetas da primeira equipación que lucirán os diversos equipos da SCD Malpica na tempada 2011/2012:

Equipo de cadetes:

Equipo de xuvenís:

Equipo dos modestos:



PRENSA


O diario Deporsport fixose eco da gran acollida que tivo a "Copa do Mundo" na nosa vila.
Podes velo AQUI.

lunes, 15 de agosto de 2011

RESULTADO AMIGABLE

Os modestos da SCD Malpica disputaron onte domingo o seu quinto encontro amigable do verán:

- Oza dos Rios 0 - SCD Malpica 4. Os goles foron anotados por Neucha e Charro, ámbolos dous marcaron por partida doble.

XUVENÍS: RESULTADO AMIGABLE

Os xuvenís xogaron o seu primeiro partido de pretemporada:

- Atlético Arteixo 1 - SCD Malpica 3. Os goles foron obra de Pereira, Víctor e Miguel Ángel.

sábado, 13 de agosto de 2011

PARTIDO AMIGABLE

O equipo sénior da SCD Malpica xoga mañan un novo encontro amigable:

- Domingo día 14 de agosto: Oza dos Ríos - SCD Malpica, ás 19:30 horas.

RESULTADO AMIGABLE

O pasado xoves a SCD Malpica xogou un novo encontro amigable de pretemporada:

- SCD Malpica 1 - Cabana 0. O gol malpicán foi obra de Neucha tras un disparo dende o borde da área que contou coa colaboración do gardameta visitante.

viernes, 12 de agosto de 2011

GRAN ÉXITO NA VISITA DA COPA DO MUNDO



Onte visitou Malpica a Copa do Mundo conquistada por España no Mundial de Fútbol disputado en Sudáfrica no verán pasado. A exposición da Copa foi un éxito rotundo, pois dende as 11 da mañá (mesmo antes desa hora xa había xente esperando para fotografiarse con ela) ata pasadas as 21 horas pasaron centos de persoas pola praza Anselmo Villar Amigo (segundo fontes do Concello pasaron sobre 2.000), tanto xente natural da vila malpicán, como turistas e xente de outras vilas próximas.

Dende a directiva da SCD Malpica queremos agradecela labor desenvolvida pola Protección Civil e pola Policía Local (que durante todo o día estiveron pendientes de tódolos detalles); darlle as gracias a Luis Porto, a tódalas persoas que colaboraron con nós neste evento e tamén ao Concello de Malpica de Bergantiños pola súa colaboración na organización. Tamén queremos deixar claro que as decisións sobre a ubicación da Copa do Mundo e o horario de exposición ao público foron tomadas pola directiva da SCD Malpica, sen que a Corporación Local tivese nada que ver nese sentido.

A continuación deixo algunha imaxe que ilustra o acontecido onte, onde se comproba que xente de tódolas idades disfrutaron deste acontecemento:



XUVENÍS: PARTIDO AMIGABLE

O equipo de xuvenís da SCD Malpica, adestrado por Piña, disputa o seu primeiro encontro de pretemporada para afrontalo curso futbolístico 2011/2012:

- Sábado día 13 de agosto, ás 17:30 horas: Atlético Arteixo - SCD Malpica, no Ponte dos Brozos (Arteixo).

miércoles, 10 de agosto de 2011

PARTIDO AMIGABLE

A SCD Malpica disputa mañá xoves 11 de agosto un novo amigable de pretemporada:

- Xoves 11 de agosto, SCD Malpica - Cabana, na Pedra Queimada, ás 21:00 horas.

PRENSA

Na pasada edición do domingo 7 de agosto, o diario Depor Sport analiza a situación económica dos clubes da Costa, inclusive da SCD Malpica. Aquí se pode ler.

martes, 9 de agosto de 2011

PRENSA

O portal www.piratasdemuxia.es publica diversas novas relacionadas coa SCD Malpica, entre elas a visita da Copa do Mundo a vila costeira este xoves 11 de agosto. Aquí se pode visitar.

PRENSA

A web www.quepasanacosta.com faise eco de diversas noticias relacionadas coa SCD Malpica. Aquí se poden ler.

PRENSA

O periódico Depor Sport anuncia a visita da Copa do Mundo gañada por España no Mundial de Sudáfrica 2010, que chega a Malpica este xoves día 11 de agosto. Aquí se pode ler.

lunes, 8 de agosto de 2011

PRENSA

O Presidente da SCD Malpica, Marco Pose, foi entrevistado para o diario Depor Sport, onde da a coñecer as súas impresións sobre o traslado dos equipos da Costa á zona de Santiago e Barbanza na categoría de Primeira Autonómica para a vindeira tempada. Aquí se pode ler.

domingo, 7 de agosto de 2011

TROFEO DA OLERÍA

Hoxe disputouse o Trofeo da Olería no campo de Xaviña (Buño) onde participou o equipo sénior da SCD Malpica. Os resultados do triangular foron os seguintes:

- SCD Malpica 0 - Cerqueda 1

- SCD Malpica 1 - Buño 0 (gol de Neucha de falta directa)

- Buño 0 - Cerqueda 0

O campión foi o Cerqueda, quedando o Malpica como subcampión.

NOVAS

O diario Depor Sport faise eco de diversas noticias relacionadas coa SCD Malpica na edición do pasado xoves día 4 de agosto. Aquí se poden ler.

sábado, 6 de agosto de 2011

TROFEO DA OLERÍA

Mañan domingo día 7 de agosto a SCD Malpica disputa o Trofeo da Olería en Buño contra os outros dous equipos federados do Concello. O torneo consistirá nun triangular de 45 minutos de duración. O primeiro partido enfronta ao Malpica contra a UD Cerqueda ás 18:00 horas no campo de Xaviña (Buño).

PRETEMPORADA: SCD MALPICA 4 - INDEPENDIENTE 1

O Malpica venceu ao Independiente de Carballo (conxunto da 3ª Autonómica) no primeiro amigable da pretemporada. Os goles dos malpicáns foron os seguintes: 1-1: Gran pase en profundidade de Charro cara Pablo que marca de vaselina; 2-1: Cheo tira frouxo dende o borde da área, pero cando parece que o gardameta visitante o ten controlado escapalle das mans e cólase na portería; 3-1: Boa xogada individual de Alfredo pola banda esquerda, entra na área e envía o "pase da morte" para Manu Pardo que anota a pracer. 4-1: Charro desfaise de dous rivais na banda esquerda con moita habilidade e bate ao gardameta visitante cun potente disparo coa esquerda.

viernes, 5 de agosto de 2011

A COPA DO MUNDO VISITA MALPICA



O pasado mércores día 3 de agosto confirmamos a presencia da Copa do Mundo gañada por España no pasado Mundial celebrado en Sudáfrica para o vindeiro xoves día 11 de agosto. Hoxe xa sabemos o horario e a ubicación: estará na Praza Anselmo Villar Amigo (ao lado do Concello) dende as 11:00 ata as 21:00 horas. A entrada será gratuita.

Dende a directiva da SCD Malpica queremos dalas gracias a Luis Porto, á Federación Galega de Fútbol e ao Concello de Malpica de Bergantiños pola súa colaboración.

CALENDARIO DA LIGA DA COSTA

Se hai un par de días anunciabamos as catro primeira xornadas da Liga da Costa 2011/2012, hoxe xa se coñece o calendario completo. Aquí se pode ver.


Como novidade, decir que a Costa pasa a ser denominada Segunda Autonómica Grupo 3º, en lugar de estar no grupo 2º como nos últimos anos.

jueves, 4 de agosto de 2011

PARTIDO AMIGABLE

O equipo dos modestos da SCD Malpica disputa mañá venres día 5 de agosto o seu primeiro partido de pretemporada:

- SCD Malpica - Independiente de Carballo, ás 21:00 horas na Pedra Queimada.

miércoles, 3 de agosto de 2011

O MALPICA COMEZA O NOVO PROXECTO


Comezou a andadura do Malpica nesta Tempada 2011/12 con moita ilusión. Os xogadores de Manuel Agilda presentaronse na Pedra Queimada para realizar a primeira toma de contacto e comezar o novo proxecto con moitas ganas.
Ademais, os xuvenís de Piña tamen comezaron cos adestramentos, dando asi o pistoletazo de saida o traballo das categorias base.

Fotografías: Jose Dourado

A COPA DO MUNDO EN MALPICA!!!


Gracias as xestións realizadas por Luis Porto e pola Federación Galega de Fútbol (especialmente na persoa do seu secretario, Diego Batalla Bautista), a directiva da SCD Malpica logra traela Copa do Mundo gañada pola Selección Española o verán pasado no Mundial de Fútbol celebrado en Sudáfrica.

O xoves día 11 de agosto estará exposta en Malpica. Non obstante, falta por confirmar o lugar e o horario (que será amplo). A entrada será gratis.

ADIANTO DO CALENDARIO

Segundo informa Luis Porto no seu blog, xa se coñece un avance do calendario da Liga da Costa para a tempada 2011/2012. No que atinxe á SCD Malpica, os primeiros encontos son os seguintes:

- 1ª xornada: Nantón - SCD Malpica (4-09-2011)

- 2ª xornada: SCD Malpica - Castriz (11-09-2011

- 3ª xornada: Corcubión - SCD Malpica (18-09-2011)

- 4ª xornada: SCD Malpica - O Pindo (25-09-2011)

FICHAXE

Nova fichaxe para o equipo sénior da SCD Malpica. Trátase de Daniel Varela, natural da vila de Malpica de Bergantiños. É un mediocentro de 28 anos que pasou polas categorías inferiores da SCD Malpica, e que nos últimos anos estivo xogando no Encrobas C.F. (conxunto da Terceira Autonómica).

martes, 2 de agosto de 2011

FICHAXE

A SCD Malpica apura a configuración definitiva do seu plantel de modestos para afrontala temporada 2011/2012 da mellor maneira posible. A nova incorporación é David Álvarez de 18 anos de idade, defensa natural da vila de Cambre, procedente dos xuvenís do Bergantiños.