lunes, 5 de noviembre de 2012

S.C.D. MALPICA 2-0 NOIA C.F.


SCD Malpica: Suso; David Castro, Uru, Víctor, Juanjo Rabuñal, Alemán, Neucha (Charro, min. 81),  Cheo (Adrián, min. 67), David Blanco (Marco, min. 87), Tato (Ismael, min. 74), Mario Casal.
Noia CF: Toledo; Mario, Juanjo, Luís Transbach, Pose (Hugo, min. 78), Josiño, Tarelo (Jorge, min. 54), Banana, Óliver (Ciño, min. 78), Chispa, Joseiño (Adrián, min. 81).
Árbitro: Zas Vázquez.- (1ª Aut.- A Coruña). Boa actuación, excepto por algún leve erro que non influiu para nada no resultado final.
Asistentes: Paz Rodríguez e Pichel Castro  (Auxiliar e 2ª Aut.-A Coruña). Correctos, aínda que tampouco tiveron xogadas de demasiada dificultade.
Goleadores:    1-0, m. 22: falta directa moi próxima ó vértide esquerdo da área do Noia, que materializa Cheo de forma maxistral. 2-0, m. 31: falta similar á anterior, pero desta volta escorada hacia o lado dereito. Neucha coa súa habilidade habitual lanza un forte disparo que supera a barreira e se cola pegadiña ao pao.
Comentario: A Pedra Queimada acollía o enfrontamento entre dous dos gallitos da clasificación cunha das mellores entradas do que levamos de campionado (unhas 200 persoas). Con este gran ambiente, o Malpica volveu a saír unha semana máis moi forte dende os primeiros minutos, ante un rival moi compacto que facía moi complicada a elaboración do característico xogo de toque que gusta aos de David Baña. Malia todo, as ocasións máis importantes da primeira metade (aínda que poucas) foron para o equipo local, sobre todo en rápidas transicións cando se recuperaba o balón, gracias a boa presión que se exerciu durante practicamente todo o encontro. Xa no minuto 3, Tato recibía en profundidade de Alemán, e metía un pase entre liñas ao que non chega David Blanco por centímetros, cando encaraba xa ao meta Toledo. 15 minutos máis tarde, Neucha recibe de Mario Casal e lanza un trallazo que sae rozando o pao. Pola súa banda, o Noia dispuxo dunha única ocasión clara nestos primeiros 45 minutos. Un pase en longo que non acerta a despexar a defensa malpicán chega aos pes do dianteiro noiés, que se planta ante Suso, pero o seu intento de vaselina vaise fóra por pouco.
Xa na segunda metade, e co 2-0 a favor, o Malpica dedicaríase máis a controlar o partido e o Noia seguiría sin crear demasiado perigo. Tan solo se contabilizou un disparo raso de Josiño, que detivo Suso sin demasiados problemas. O resto, foron multitude de lanzamentos dende longa distancia, que non foron entre os tres paos. Por parte do Malpica, cabe resaltar outras dúas ocasións: David Blanco sae como unha bala despois de interceptar un pase da defensa rival, pero o seu disparo deteno Toledo, e un lanzamento de Isma tras unha serie de combinacións con Adrián, que despexa o meta visitante, non sin problemas.  
Con esta nova victoria o Malpica aúpase á 3ª posición da tabla, a 3 puntos do líder da categoría e a 2 do propio Noia, que marcha segundo da competición.

martes, 23 de octubre de 2012

S.C.D. Malpica 5-0 C.F. Laro


SCD Malpica: Suso (Víctor Martínez, min. 72); David Castro, Uru (Marco, min. 66), Juanjo Rabuñal (Alemán, min. 59), Víctor, Mario Casal, Neucha, Rancaño (Ismael, min. 70), David Blanco, Tato (Charro, min. 70), Adrián.
CF Laro: Tino; Novoa, Galego (Borja, min. 67), Reboredo, Sánchez, Charly, Dani, Ibi, Rucho, Zobra (Corradi, min. 72), Diego (Lamela, min. 72).
Árbitro: Patiño García (1ª Aut.- A Coruña). Regular. Seguiu as accións de cerca, pero cortou en demasía o xogo e non pitou un claro penalti sobre David Blanco cando encaraba ao porteiro rival Tino.
Asistentes: Cavado Rodríguez e Rodríguez Penas. (2ª Aut.- A Coruña). Correctos.
Goleadores:    1-0, min. 6: Tato aproveita un rechace a tiro propio para inaugurar o marcador. 2-0, min. 31: Apertura de Rancaño sobre Uru que profundiza ata a liña de fondo e sirve ao segundo pao, onde Neucha empalma para superar a Tino. 3-0, min. 34: pase entre liñas de Adrián sobre Tato que penetra na área, cede atrás a David Blanco e este fusila a pracer. 4-0, min. 66: despexe defectuoso do porteiro visitante que aproveita David Blanco. 5-0, min. 69: internada de Adrián por banda dereita que finaliza con centro ao segundo pao e cabezazo maxistral de Neucha.
Comentario: Saiu o Malpica enchufadísimo, en busca dunha victoria ante a súa afección. As ocasións de gol sucedéronse prácticamente dende o primeiro minuto. Destacando, unha gran internada de David Blanco por banda dereita que remata con un centro envenenado, que se termina marchando moi cerca da escuadra rival (min. 4), Uru desborda por velocidad en banda esquerda e sirve ao segundo pao para Neucha, quen envía fóra tras un remate de cabeza en plancha (min. 12), Neucha envía fóra dende dentro da área tras recibir un pase de Tato que o deixa só para o remate (min. 24) e dous centros de Charro na segunda parte, que non acertan a materializar Uru e Neucha, respectivamente.
Pola súa banda, o Laro simplemente gozou duns 15 minutos de dominio na primeira parte, con tres xogadas destacables: unha falta con moito perigo que Suso ten que despexar cos puños (min. 16), unha internada por banda esquerda que remata con centro e impecable volea, que Suso é quen de repeler a corner (min. 20) e xa co tempo cumplido, Corradi roubaría un balón á defensa malpicán, pero Víctor (recién incorporado ao terreo de xogo) desbarataría o man a man, nunha gran intervención.
Con esta victoria o Malpica encadena unha serie de bos resultados que o aúpan a 4ª posición. Esperemos que se poida manter o bo nivel de xogo a pesar da dificultade dos próximos enfrontamentos.

jueves, 18 de octubre de 2012

Ag. Estudiantil 1-2 S.C.D. Malpica


Agrupación Estudiantil: Vicente; Aldrey (Collíns, min. 75), Mamadou (Colón, min. 46), Chechu, David, Peiteado, Diego (Robín, min. 64), Bandeira (Omar, min. 70), Jomis, Franqueiro, Capís.      
SCD Malpica: Suso; David Castro, Juanjo Rabuñal, Víctor, Marcos Amado, Andrés, Mario Casal, Rancaño (Alemán, min. 80), David Blanco (Uru, min. 73), Cheo (Charlie, min. 85), Tato (Adrián, min. 66).  
Árbitro: David Rosende Porto (1ª Aut.-Santiago). Correcta arbitraxe en liñas xerais, aínda que se tragou dous posibles penaltis: un a prol do Malpica sobre David Blanco cando se dispuña a encarar portería contraria e outro para o equipo local de Víctor sobre Jomis, por unha entrada a destempo. En cambio, acertou nos dous penaltis sinalados.
Asistentes:  Rivas Rodríguez e Santos Romero. Actuación aceptable, aínda que se botou en falta a súa colaboración co arbitro nalgunha xogada na que se atopaban mellor colocados que o colexiado.       
Goleadores: 0-1, min.10: saque de banda de Juanjo Rabuñal sobre a área pequena que despexa un defensor. O rexeite empálmao Andrés sin deixar caer o balón e este entra rozando o pao dereito do meta local. 0-2, m. 11: saque de portería de Suso, que peina Mario no centro do campo. David Blanco anticípase ao seu par para cruzar de primeiras, tamén coa cabeza, á espalda dos dous centrais. Ahí aparece Tato para salvar a saída do porteiro cruzando o balón coa punteira. 1-2, m. 90+3: Nun dos múltiples balóns colgados do equipo local, o esférico cae sobre a man de David Castro cando se dispoñía a controlalo. O lanzamento da pena máxima foi executada por Colón, que enganou perfectamente a Suso.  
Comentario: A SCD Malpica chegaba cun once inicial lixeiramente diferente do que viña amosando nas xornadas anteriores. Non obstante comezou o partido coas ideas moi claras do que debía facer nun campo que non se prestaba para o xogo combinativo. Co equipo moi ben armado dende atrás e buscando a presión en canto tiña ocasión, para dificultar a saída rival dende atrás. Esto fixo que nos primeiros 45 minutos o Malpica fora o claro dominador, e que a Ag. Estudiantil case non pisase a área de Suso.
Xa na segunda parte, e co resultado a favor, os locais empezaron a asediar o marco visitante sobre todo con xogo directo, pero Suso mostrouse moi seguro en toda a tarde. Aínda así a SCD tería a posibilidade de ampliar o marcador mediante un penalti sinalado no min. 74 sobre Uru, pero Vicente detivo o lanzamento de Rancaño. A Ag. Estudiantil reduciría distancias xa sin tempo para máis, polo que non se chegou a temer polos 3 puntos. 

lunes, 1 de octubre de 2012

FLAVIA S. D. 0 - 2 S. C. D. MALPICA


FLAVIA SD: Diego; Carlos, Tevi (Abel min. 80), Poto, Alfonso, Chava, Roi (Kevin min. 56), Rubén(Cristian min 27), Tris, Manu (Samuel min. 61), Rubi.        
SCD MALPICA: Suso; Adrián, Mario Casal, Marcos Amado, Andrés (Ismael min. 80), Alemán, Rancaño, Neucha (David Castro min. 82), Cheo, Tato (Martín Uruguaio min. 74), Charro (Marco min. 89).  
Árbitro: Miguel Ángel Castro.- (1ª Aut.-Santiago). Moi boa arbitraxe.
Asistentes:     Sres: Queija Pérez e Martínez Sequedo.-        
Goleadores: 0-1 no min. 50: pase en longo de Tato sobre Charro, o porteiro sae mal ó intentar despexar  quedándolle o balón a Charro nos pés, o cal dispara a pracer para facer o 0-1;  0-2  no min. 90: asistencia de Adrián sobre o desmarque de Cheo, este último centra introducindo o balón na porteria o defensa local ó intentar ceder o balón ó porteiro co peito. 
Comentario:  Partido moi disputado no campo do Flavia, de grandes dimensións e baixo un sol abrasador. Este feito sen duda afectou ó espectáculo que ofreceron ambos conxuntos pois o partido foi bastante lento, cun equipo local tocando con pasividade no seu campo pero sen apenas crear ocasións de gol en todo o partido. De feito, non se contabilizaron tiros á portería por parte do Flavia. Pola contra, o Malpica, consciente das condicións nas que se disputaba o partido e dos erros cometidos en partidos anteriores, limitouse a practicar un xogo de contención, presionando ben sempre que o equipo local intentaba rebasar o medio campo. Froito deste traballo chegou o primeiro gol que, tras un roubo de Mario Casal e cesión a Tato, este envía en longo para que Charro suba o 1-0 ó marcador. A partires de ahí, o equipo local tentou xogar cun pouco máis de présa pero sen resultado, xa que os continuos balóns en longo que envíaban eran neutralizados sen problema pola defensa malpicán. Xa co partido case finalizado, a xogada entre Adrián e Cheo terminou por finiquitar un partido nun campo difícil e ante rival duro, sobre todo verbalmente, pois algún xogador local de lengua non andaba nada mal. 

lunes, 10 de septiembre de 2012

SD PILOÑO 3-1 SCD MALPICA


SD Piloño: Iván; Jairo (Sergio, min. 81), Diego, Álex, Alberto (José Antonio, min. 64), Manuel (Alexandro, min. 46), Marcos (M. Ángel, min. 71), Santiago, Brian, Juan, Bruno.

SCD Malpica:
Suso; Charlie (Martín Uruguaio, min. 46), Marcos Amado, Víctor, Marco (Ismael, min. 75), Rancaño, Neucha, Alemán (Andrés, min. 55), David Blanco, Mario Casal (Tato, min. 70), Adrián (Charro, min. 46).

Arbitros: Óscar Enriquez Pereiro cos asistentes Iglesias Penela e Reboredo Riadicios.
Pitou descaradamente a favor do equipo local e sempre cunha actitude chulesca, que desquiciou ao equipo malpicán. Expulsou a Suso (min. 55) ao sinalar penalti por derrubo sobre Bruno. Ademáis anulou un gol a Neucha por entender que houbo falta previa e concedeu o gol que supuxo o 2-1 do Piloño en clarísimo fóra de xogo.

Goles:
1-0, min. 37: centro dende a banda dereita que empalma Bruno co interior, batendo a Suso por arriba.
1-1, m. 44: saque de esquina executado por Rancaño sobre o primeira pao. Ahí aparece Víctor que toca de tacón e anota o empate despois de que un defensor local desvíe o balón. 
2-1, m. 75: Bruno recibe en clarísimo fóra de xogo un despexe da súa defensa, e supera a Andrés de tiro cruzado. 
3-1, m. 90+2: Co Malpica volcado en busca do empate, Brian resolve unha contra cunha gran vaselina.

Comentario: Máis alá da penosa actuación arbitral, non tivo unha boa tarde o Malpica, que en ningún momento do partido se chegou a sentir cómodo. Ambos equipos abusaron en exceso de xogo directo, impedindo que se vira un encontro vistoso en “O Coballón”. Na primeira metade ademáis dos goles, solo se contabilizou unha ocasión clara por equipo: un man a man de Adrián co porteiro local que envía demasiado alto, e por parte do Piloño, un remate de cabeza de Juan que se pasea pola área pequena sin encontrar rematador.
Xa na segunda parte, cun Malpica que semellaba comezar mellor plantado no terreo de xogo, comezaría o festival arbitral. A expulsión de Suso no citado penalti, deixaría ó Malpica con un home menos case toda a segunda parte. Aínda así o todoterreno Andrés (ante a ausencia de porteiro suplente) detivo a pena máxima despois dunha gran estirada. Continuou o partido sen un dominador claro, ata que Bruno anotou o 2-1 en posición antiregulamentaria. A partir de ahí o Malpica volcouse sobre a portería local, embotellando ó Piloño no seu campo, a pesar de estar en inferioridade numérica, pero as imprecisións no último pase impediron que se conseguise a igualada. Xa co partido prácticamente rematado chegaría o gol de Brian que poñería o 3-1 definitivo.
Toca facer borrón e conta nova, porque o vindeiro fin de semana visitará a Pedra Queimada o Cacheiras, que ven de empatar 2-2 co Villestro.

lunes, 3 de septiembre de 2012

Resultados e clasificación

Deixámosvos aquí o resto dos resultados do Grupo 2 da 1ª Autonómica así como a clasificación trala primeira xornada. Ámbalas duas imaxes foro extraídas da web nordeportes.



domingo, 2 de septiembre de 2012

MALPICA 3-0 CORME (XUVENÍS)


SCD Malpica: Ángel; Víctor, Canario, Fenosa, Diego, Josiño (Stiven, min. 88), Camilo, Aitor (M.Ángel, min. 69), Almeida (Jorge, min.88), Juny, Pitís (David, min.64).

Corme CF: Javi; Iván, Quique (Daniel, min.15), David, Jorge, Antonio (Truli, min.70), Fran (Isma, min.79), Dani (Alejo, min.46), Eloy, Juanma (Alberto, min.78), Brais. 

Goles: 
1-0, min.52: Almeida aproveita o rexeite do porteiro cormelán a tiro de Camilo para facer o primeiro da tarde.
2-0, min.84: Nunha contra do equipo malpicán, Juny leva ó seu par e solta un zapatazo cruzado que da no pao dereito á altura de escadra e se cola dentro, sin que o porteiro Javi poida facer nada para evitalo. 
3-0, min.91: Diego recibe un saque de banda e sin pensalo pégalle a portería dende 20 metros, sorpredendo ó gardameta visitante por encima.

Comentario: Bo partido en liñas xerais do equipo xuvenil, que aínda que ten unha plantilla moi renovada logrou iniciar a campaña con un importante triunfo. A vindeira semana intentarán seguir con esta dinámica fronte ó Pontenceso SD no campo do Pinguel.


Resultado Malpica - Amio


Malpica: Suso, David Castro, Víctor, Amado, Rancaño, Alemán (Ismael min.71), Adrián (Mario Casal min. 74), Cheo (Charlie m. 85), David Blanco (Charro m. 46), Neucha, Uruguaio (Tato m.63).

Amio: Adrián, Tojo, Boler, Tito, Vilas, Castro, Elusto (Roi m. 81) , Tiki, Jairo, Benji, Rodri (Jersi m. 65).

Arbitros: Carro Moreira cos asistentes López Gonzáles e Rodríguez Penas. Deixaron xogar aínda que cecáis debería haber cortado con amonestacións o xogo duro dos visitantes. Anularon un gol legal a Mario Casal.

Ambiente: Tarde soleada con vento moderado tirando a forte. Sobre 150 persoas nas bancadas.

Goles: 0-1 min. 4: indecisión entre a defensa local e o porteiro que provoca que o dianteiro visitante Jairo remate a porta valeira; 1-1 min. 28: gran xogada individual de Adrián, que avanza desfacéndose de contrarios, entra na área e cede a Uruaguaio para que este marque de disparo raso axutado ó pao; 2-1 min. 83: saque de banda en longo de Cheo sobre o punto de penalty que, tras un barullo na área, remata Charro cruzado batendo ó meta visitante.

Comentario: O partido non podía comenzar peor posto que ós 5 minutos, unha indecisión entre a defensa local e o porteiro Suso dáballe o primeiro e único tanto para os visitantes. Ate ahí a aportación ofensiva do Amio C. F. xa que non volviu tirar á porta en todo o partido. A partires do gol, o Malpica fixose co control total do balón xerando numerosas ocasións de gol entre as que destacan as seguintes: unha internada de Cheo pola dereita que termina cun centro á cabeza de Neucha que detén o meta rival nunha gran intervención; unha combinación entre Neucha, Uruguaio e Adrián que termina cun tiro que detén o porteiro; xogada de corner ensaiada que centra Rancaño e remata Neucha salvándoo un defensor baixo paos; disparo de David Blanco dende a frontal que sae alto; xogada de Neucha que se desfai de varios contrarios para finalmente ceder á David Blanco, o cal remata cruzado saíndo o tiro rozando o pao. Ate aquí deu de si a primeira metade, cun Malpica totalmente volcado en ataque, presionando moi ordeandamente, recuperando e iniciando o xogo con criterio, sempre apoiándose nunha defensa moi segura.

A segunda metade foi máis do mesmo, xerándose as seguintes ocasións de gol por parte do Malpica (o Amio non se acercou á área local): vaselina de Cheo que se vai por pouco tras un medido pase de Alemán; combinación entre Rancaño e Charro con remate deste último que se vai fóra por pouco; saque de banda en longo de Cheo que remata Neucha salvándo o porteiro visitante nunha expléndida parada, etc..

Con simplemente contar o número de ocasións de ambos equipos xa se pode sacar unha idea de como foi o partido: dominio total do equipo local que realizou un gran partido, con fases de xogo combinativo moi bo, ante un rival que se empregou con excesiva dureza en determinados momentos do partido. Deste xeito, o equipo dirixido por David Baña e o seu segundo, Javi, inician a liga gañando e convencendo, servíndolle para continuar traballando na mesma liña para seguir avanzando con éxito na categoría.

lunes, 27 de agosto de 2012

Inicio da liga dos xuvenís

O próximo Sábado día 1 de Setembro ás 16:00 horas arranca a tempada para o equipo dos xuvenís na Pedra Queimada. Ademáis, faráselle entrega ós mesmos da copa que os acredita como campións de liga da tempada 2011/2012.

Inicio da tempada e churrascada

O vindeiro Sábado día 1 de Setembro iníciase a tempada para a S. C. D. Malpica, debutando ás 19:00 horas na Pedra Queimada contra o Amio S. D. Ó finalizar o encontro, todos aqueles que sexan socios do clube podrán desfrutar gratuitamente dunha churrascada que se celebrará na cantina do campo.

Número premiado das rifas

O número premiado nas rifas foi o 13787. O agraciado ou agraciada pode pasarse por Casa Antonio en Malpica para disfrutar dunha cea.

sábado, 25 de agosto de 2012

RESULTADO DO MALPICA - CABANA


A SCD Malpica venceu por 5-1 ó Cabana SD (2ª Autonómica, Liga da Costa), na súa última proba antes de que comece a competición ligueira. Os goles foron obra de Neucha, Víctor, Rancaño, Juny e David Blanco, mentres que o gol cabanés o anotou Sandro.

lunes, 20 de agosto de 2012

Cartel da Copa do Mundo e Eurocopas en Malpica

Confírmase que o vindeiro sábado 25 de Agosto (sábado das Festas do Mar) podremos disfrutar e fotografarnos en Malpica coas dúas Eurocopas e ca copa Mundial acadadas pola selección española de fútbol. Ademáis haberá sorteos e actividades relacionadas co evento.


Resultado Malpica - Laracha

O Laracha C. F., da preferente autonómica, adxudicouse a II edición do trofeo Manolito tras imporse ó equipo malpicán por 2-5. Os goles do Malpica foron obra de Neucha.

viernes, 17 de agosto de 2012

Venta de camisatas da S. C. D. Malpica

Dende agora, todo aquel que queira pode mercar a camiseta dos partidos da S. C. D. Malpica tempada 2012/2013. Dispoñemos tanto da equipación azul coma da laranxa con taxalles que van dende a XS ate a XL (XS, S, M, L e XL).
O prezo por unidade son 25€. Para facer os encargos podedes tanto falar con calquera persoa asociada ó clube coma contactar connosco a través do facebook. A continuación deixámosvos as fotografías por se non as vichedes na entrada anterior.

  Camisetas para a tempada 2012/2013.

Novas camisetas da S. C. D. Malpica

A continuación deixámosvos dúas fotos das que van ser as novas camisetas do equipo para a nova etapa na primeira rexional.

Primeira camiseta.

Segunda camiseta.

miércoles, 15 de agosto de 2012

Partido amistoso S. C. D. Malpica - Laracha F. C.

O vindeiro Domingo día 19 de Agosto, o Malpica enfrontarase ó Laracha F. C. da Rexional Preferente no campo da Pedra Queimada. A hora do partido está prevista para as 19:00. Se houbera algún cambio na hora notificaríase dende aquí.

Resultado S. C. D. Malpica-Victoria C. F.

O Malpica venceu ó Victoria C. F. por 2-0 no encontro disputado o día de onte na Pedra Queimada con goles de Cheo e de David Castro. O equipo malpicán continua así obtendo bos resultados, desta vez ante un rival da mesma categoría pero de diferente grupo.

domingo, 12 de agosto de 2012

Partido amigable

O vindeiro martes día 14 de Agosto terá lugar ás 21:00 horas no campo da Pedra Queimada, un encontro amigable de preparación entre o equipo local e o Victoria C. F. da 1ª Rexional grupo norte.

Resultados do Trofeo da Olería

Resultados do trinagular entre os tres equipos do concello.

Primeiro partido:  Buño S. D. 1 - 0 U. D. Cerqueda.
Segundo partido: U. D. Cerqueda 0 - 3 S. C. D. Malpica (Rancaño por dúas veces e Mario Casal).
Terceiro partido: Buño S. D. 0 - 2 S. C. D. Malpica (2 goles de Juny).

Polo tanto, o S. C. D. Malpica fíxose este ano co trofeo tras vencer os dous partidos de 45 minutos con relativa contundencia.

viernes, 10 de agosto de 2012

Resultado Malpica-San Lorenzo

O Malpica venceu no día de onte por un contundente 4-0 ó San Lorenzo de Verdillo da 2ª rexional. Os goles dos malpicáns foron obra de Charro, Ismael, Mario Casal e David Blanco.

Triangular de pretempada

O domingo día 12 de Agosto ás 18:00 celebraráse no campo de Xaviña (Buño) un triangular entre os equipos do Buño S.D., U.D. Cerqueda e S.C.D. Malpica. O primieiro partido que disputará o S. C. D. Malpica terá lugar ás 19:00 e o segundo as 20:00 horas.

jueves, 9 de agosto de 2012

Amigable pretempada

Hoxe, 9 de Agosto de 2012 ás 21:00,  S.C.D. Malpica - San Lorenzo na Pedra Queimada.

Churrascada no peirao

O vindeiro sábado día 11 de Agosto, a S.C.D. MALPICA xunto con outras organizacións, levará a cabo na explanada da lonxa unha churrascada popular na que participarán máis de 300 peregrinos procedentes da localidade Alicantina de Ibi. Dende este blog animamos a todos os interesados a que veñades e disfrutedes do churrasco colaborando así dunha maneira indirecta co clube. 



sábado, 4 de agosto de 2012

Inicio do adestramentos dos Xuvenís

A directiva da SCD Malpica e o adestrador dos Xuvenís "Tato", convocan a todos os interesados en participar nesta categoría (xuvenís) do clube a presentarse o Martes 7 de Agosto ás 19:00 horas na Pedra Queimada para iniciar os adestramentos. Tamén se convida ós xogadores en idade cadete a participar nos adestramentos debido a que, como xa é sabido, debido á falta de soporte econónimo o clube viuse na situación de ter que suprimir a súa categoría, polo que non haberá adestramento específico para eles pero que si se poden integrar no dos xuvenís.

Calendario da SCD Malpica 2012/2013

Recentemente, a Federación Galega de Fútbol ven de publicar o calendario do Grupo 2 da 1ª Autonómica, categoría na que participará a SCD Malpica durante a tempada 2012/2013.  Os iteresados poden acceder a él a través do seguinte enlace . Segundo se vaian acercando as datas, publicaráse neste blog os horarios dos partidos (tanto da categoría de afeccionados como dos xuvenís) así como información que poida resultar de interese para os afeccionados do clube.

Pretempada 2012


A SCD Malpica xa se puxo en marcha para esta tempada 2012/2013, na que competirá no Grupo 2 de 1ª Autonómica. Os adestramentos comezaron o pasado 27 de Xullo baixo as ordes de David Baña, que continúa no clube tras o gran final de tempada realizado o pasado curso. A plantilla estará formada polos seguintes xogadores:

Porteiros: Suso e Víctor (Equipo Xuvenil).

Defensas: Marco, Víctor, Charlie, Marcos Amado, David Castro (Imperator OAR), Adrián (SD Sofán) e Juanjo Rabuñal (SD Sofán).

Centrocampistas: Andrés, Rancaño, Cheo, Neucha, Ismael (Buño SD), Alemán (Xallas CF), Mario Casal (SD Sofán), Adra (Equipo Xuvenil) e Uru (Equipo Xuvenil).

Dianteiros: Charro, David Blanco, Tato e Juny (Xuvenil).

No que queda de mes, o equipo tratará de poñerse a tono para o inminente inicio de liga. Para conseguilo intercalará sesións de adestramento con partidos amigables que lle axuden a coller ritmo de competición. A día de hoxe estos son os amigables planificados:

  • 9 de Agosto (21:00h): SCD Malpica - SD San Lorenzo (Pedra Queimada)
  • 12 de Agosto: Trofeo da Olería (Xaviña)
  • 19 de Agosto: Trofeo Manolito: SCD Malpica - Laracha CF (Pedra Queimada)
  • 24 de Agosto: Festas do Mar: SCD Malpica - Cabana SD (Pedra Queimada)

Iremos informando dos horarios dos encontros. 

miércoles, 25 de julio de 2012

FICHAXE

Nos útlimos días confirmouse unha nova incorporación para o primeiro equipo da SCD Malpica: David Castro, polivalente defensa que xa xogara anos atrás no clube malpicán.

viernes, 13 de julio de 2012

NOVAS VARIAS

Durante estes últimos días producíronse diversas novas relacioadas coa SCD Malpica:

- O primeiro equipo segue a reforzarse de cara á vindeira tempada. A última alta confirmada é Juanjo Rabuñal, central experimentado que nas últimas tempadas xogou no Sofán.

- Tato (xogador dos modestos do Malpica) será o novo adestrador dos xuvenís da SCD. O ata agora adestrador Piña ofreciuselle coller outra categoría pero por motivos de incompatibilidade laboral non puido ser. Dende a directiva queremos darlle as gracias a Piña pola súa gran labor nesta tempada (onde se clasificou para a fase de ascenso á Liga Galega e gañou o grupo norte da liga da costa) e desexarlle moita sorte para o futuro.

- O vindeiro domingo na Pedra Queimada a SCD Malpica organiza un amigable contra un combinado saharauí con carácter benéfico coa intención de recaudar fondos para o mencionado pobo. O encontro será o vindeiro domingo 15 de xullo ás 19:00 horas na Pedra Queimada. Segundo informa Luis Porto, a Federación Galega de Fútbol e a empresa de trofeos "Marvi" colaborarán coa entrega dun trofeo. Todo o que se recaude terá carácter solidario.

- Por último, lembrar que mañá sábado 14 de xullo e con motivo da celebración do IV Nordestazo Rock que organiza a AC Tralla, a SCD Malpica celebra unha sardiñada no peirao de Malpica a partir das 13:30 horas na que haberá música e un grupo teatral.

jueves, 12 de julio de 2012

SARDIÑADA

A SCD Malpica organiza unha sardiñada o vindeiro sábado 14 de xullo aproveitando que ese día a AC Tralla celebra o Nordestazo Rock. A sardiñada será ao mediodía, estando previsto que comece sobre ás 13:30 horas no peirao de Malpica. Para amenizar haberá un grupo teatral pensado para os máis cativos.

viernes, 6 de julio de 2012

REUNIÓN DAS CATEGORÍAS INFERIORES

O vindeiro domingo día 15 de xullo (aproveitando que a SCD Malpica xoga un amigable benéfico contra un equipo saharaui) ás 21:00 horas celebrarase no campo de fútbol da Pedra Queimada unha reunión cos pais e xogadores que queiran militar nas categorías inferiores do clube. As categorías previstas son tres: infantís, cadetes e xuvenís.

miércoles, 4 de julio de 2012

SARDIÑADA

O vindeiro sábado 7 de xullo ás 20:00 horas con motivo da Regata Illas Sisargas hai unha gran sardiñada no peirao de Malpica. Trala cea actuará un grupo de música tradicional e despois un DJ que pinchará todo tipo de música.

lunes, 2 de julio de 2012

FICHAXE

A finais da semana pasada confirmouse unha nova alta para o primeiro equipo da SCD: Mario, centrocampista ofensivo que nas últimas tempadas militou no Sofán.

jueves, 28 de junio de 2012

FICHAXES

A SCD Malpica segue configurando o seu plantel de cara á tempada 2012/2013 e acaba de incorporar a dous novos futbolistas: Alemán (centrocampista que a tempada pasada xogou no Xallas despois de varias tempadas no Sofán) e Adrián (procedente do Sofán e que se adapta tanto ao lateral como ao interior dereito).

martes, 26 de junio de 2012

ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS

O vindeiro venres día 29 de xuño a SCD Malpica celebra a asamblea xeral de socios. O acto terá lugar ás 20:30 horas na sala de xuntas do campo de fútbol da Pedra Queimada.

lunes, 25 de junio de 2012

FICHAXE

Confirmada primeira alta da SCD Malpica para a tempada 2012/2013 na que competirá en Primeira Autonómica. Trátase de Ismael, mediocentro que procede do Buño. Ainda que a tempada pasada militou no conxunto oleiro, Ismael xa xogara na SCD en anos anteriores.

lunes, 11 de junio de 2012

FASE DE ASCENSO: BRIÓN 0 - SCD MALPICA 2

BRIÓN SD: Ariz, David (Vilouta min.63), Álex, Andrés, Maqui, Nerko, Roberto, Adrián (Antón min.78), Ángel, Carlos, Dani.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor (Marcos Amado min.88), Iago, Marco, Andrés (Manu Pardo min.82), Neucha (Martín min.85), Rancaño, Pablo (Juny min.69), Tato (Adra min.90), David Blanco.

Árbitro: Martínez Santos, asistido por Rubén Maquieira e Gil Caldelas. Moi boa labor a do trio arbitral, sen apenas erros de consideración e amosando os cartóns con criterio. Na recta final do encontro foron expulsados os xogadores locais Dani por protestar e a Álex por doble amarela. Tamén foi expulsado o adestrador do Brión.

Incidencias: Tarde nublada en Brión, con choiva leve durante o partido. Unhas 150 persoas asistiron ao encontro (cunha gran asistencia de xente de Malpica). Non houbo lesionados de gravidade.

Goles: 0-1 (min.32): Tato recibe entrelíñas, abre á dereita cara Neucha que centra ao segundo pao onde remata David Blanco. 0-2 (min.45): David Blanco rouba un balón na banda esquera, pasa a Tato que envía cara Pablo, este recibe de espaldas a porta e deixa de frente para que Rancaño marque de tiro raso.

Crónica: Despois do empate contra o Lamela na primeira xornada da fase de ascenso a Primeira Autonómica, a SCD Malpica viaxaba a Brión para enfrontarse ao conxunto local coa idea de logralo triunfo e volver á Primeira despois de 9 tempadas. O adestrador malpicán, David Baña, contaba coas baixas de Óscar Moscoso, Cheo e Charro (mancado nun abductor). Na primeira metade o cadro costeiro foi moi superior, amosando moita intensidade dende o pitido inicial, levando o peso do partido e contando coas mellores oportunidades para marcar, mentres que o Brión abusaba do xogo directo e apenas creou perigo. As mellores accións ofensivas foron as seguintes: disparo desviado de Neucha dende o corazón da área; David Blanco caza un balón morto na área pero o seu tiro é rexeitado por un defensa na líña de gol; gran xogada colectiva do que culmina cun disparo cruzado de David Blanco que o gardameta despexa cunha gran parada.

No segundo acto os locais traton de apretar, presionando máis arriba e acumulando máis xente na parecela ofensiva. Pero a SCD mantivo a compostura nos primeiros compases do segundo tempo e pouco a pouco volveu a retomalo control da contenda ante un Brión que cada vez xogaba menos e protestaba máis. Cos locais arriesgando algo máis os malpicáns tiveron numerosas oportunidades aproveitando a velocidade dos seus atacantes, pero a falta de puntería de cara a porta propiciou que o marcador non fose máis abultado. Algunha das oportunidades foron: xogada de David Blanco pola banda dereita, centra ao punto de penalti pero Neucha remata coa cabeza algo desviado; man a man de David Blanco que lanza unha vaselina pero marcha alta; disparo de Juny tras un rexeite do gardameta pero un defensa desvía cando xa entraba; remate de David Blanco dende o borde da área pequena tras pase de Martín pero rexeita Ariz. Os locais, tras case non crear perigo nos primeiros 45 minutos, tiveron máis perigo nesta metade, destacando un disparo ao pao e un remate de Vilouta tras unha boa xogada de Roberto pero que Suso despexa cunha gran parada.

O Malpica asegurase o ascenso á Primeira Autonómica tras disputar unha liguilla onde se amosou moi forte en ámbolos dous encontros. Queremos darlle as gracias a tódolos que nos animaron e axudaron ao longo da tempada, pois este éxito é mérito de tod@s.

jueves, 7 de junio de 2012

FASE DE ASCENSO

A SCD Malpica disputa o seu segundo encontro da fase de ascenso á Primeira Autonómica:

- Brión vs SCD Malpica, sábado 9 de xuño ás 18:00 horas.

A directiva pon a disposición dos afeccionados un autobús que arrancará ás 15:15 horas dende o centro do pobo.

Tra-la permanencia do Santiago na Preferente Norte serán dúas as prazas a cubrir, polo que unha victoria da SCD asegura matematicamente o ascenso.

lunes, 4 de junio de 2012

FASE DE ASCENSO: SCD MALPICA 0 - LAMELA 0

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Marco, Andrés, Neucha, Rancaño, Charro (Pablo min.26), Tato, David Blanco.

LAMELA CF: Marcos, Diego, Marcos Pinaque, Amosa, Jorge, Iván, Ferreiro (Fico min.70), Pinaque (Serrada min.78), Matías (Santi min.55), Adrián, Nico.

Árbitro: Patiño García, asistido nas bandas por Fernández Liñares e Gándara Bello. Correcta actuación do equipo arbitral na tarde de onte, levando ben o control do encontro sen abusar dos cartóns. Quizáis na segunda metade un dos asistentes (que cubría o ataque malpicán) estivo demasiado precipitado á hora de sinalalos fóras de xogo, pois houbo varios bastante dubidosos. Nos primeiros compases de partido o colexiado anulou un gol ao Lamela por unha clara falta previa cometida sobre Marco. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde soleada na Pedra Queimada. Gran entrada e ambiente nas bancadas, cunhas 250 persoas presenciando o encontro. O atacante local Charro tivo que ser susituido por unhas molestias nos abductores. O visitante Matías tamén abandonou o terreo de xogo tras un choque fortutíto coas vallas que delimitan o terreo de xogo.

lunes, 28 de mayo de 2012

AMIGABLE

Os modestos da SCD Malpica xogaron onte un partido amigable de preparación cara a fase de ascenso que comeza o próximo fin de semana. O rival era o Oza Juvenil da Coruña (3º clasificado na Segunda Autonómica Grupo 1):

- SCD Malpica 1 - Oza Juvenil 0. O gol foi obra de Tato no minuto 55 cun tiro dende fóra da área.

XUVENÍS: FASE DE ASCENSO

Os xuvenís da SCD Malpica afrontaban o pasado sábado a ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso á Liga Galega. O equipo de Piña caeu por 0-3 ante o Escolas de Fútbol de Lalín. O vindeiro fin de semana xogan a volta na que tratarán de remontar.

lunes, 14 de mayo de 2012

XUVENÍS: FASE DE ASCENSO

Sorteouse hoxe a fase de ascenso á Liga Galega na categoría xuvenil:

- SCD Malpica - Lalín. O partido de ida será na Pedra Queimada dentro de dous fins de semana, falta por confirmalo día exacto e a hora.

LIGA DA COSTA 34ª XORNADA: MAZARICOS 4 - SCD MALPICA 5

MAZARICOS CF: Juan, Casais, Chico (Carreira min.86), Óscar, Matías, Rodri, Esteban (Ramón min.46), Iván (Sandelo min.46), Molinos (Ferreiro min.70), Brais, Stefan (Aldo min.70).

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado (Miguel Avelino min.57), Andrés, Marco, Rancaño, Neucha, Manu Pardo (Daniel Varela min.54), Pablo (Iago min.58), Tato (Casais min.93), David Blanco.

Árbitro: Martínez Rodríguez. Mala actuación na tarde de onte onde foi moi protestado polos malpicáns. Especialmente polémicas foron dúas accións na área local que semellaban penalti e non se sinalaron: na primeira parte hai un claro derrubo sobre Neucha que se salda cunha amarela para o atacante por tirarse; e na segunda metade, con empate no marcador, houbo unhas claras mans nun disparo de Marco nun saque de esquina que o colexiado tampouco indicou. Non houbo expulsados.

Incidencias: Pouco público en Peña de Ouro, cuns 100 espectadores presenciando o encontro. Tarde despexada e con moita calor. Non houbo mancados de gravidade.

Goles: 0-1 (min.1): Pase en profundidade de Charlie sobre David Blanco que penetra na área pola dereita e marca de tiro raso. 0-2 (min.20): Gran xogada individual de Manu Pardo tras un control e regate magníficos entra na área e asiste a David Blanco que anota en boa posición. 0-3 (min.47): Tato rompe dende o mediocampo en velocidade, recibe un pase en profundidade, plántase ante Juan marcando de tiro raso. 1-3 (min.49): Centro dende a dereita, hai una indecisión entre o gardameta e a defensa aproveitando Molinos para marcar en boca de gol. 2-3 (min.55): Saque de esquina dende a dereita cara o punto de penalti onde cabecea Matías a gol. 3-3 (min.57): Perda de balón malpicán no mediocampo, Stefan penetra pola esquerda enviando raso cara Brais que bate a Suso. 3-4 (min.83): Saque de banda lateral que Tato saca con moita picardía cara David Blanco que marca de tiro raso tras sorprender á unha despistada defensa local. 4-4 (min.89): Saque de falta lateral que Brais bota con pouco perigo pero que se cola entre a barreira entrando polo primeiro pao. 4-5 (min.90): Golazo de Neucha que dispara dende o pico da área dereito entrando o balón pola escadra oposta.

Crónica: Última xornada de Liga para a SCD Malpica que tras despedirse da Copa na primeira rolda ante o potente Santa Comba tíña como motivación para este encontro a posiblidade de acabar na cuarta posición. O rival era o Mazaricos, equipo recén ascendido e que non se xogaba nada pois dende hai varias semanas xa estaba salvado. O adestrador visitante, David Baña. contaba coas seguintes baixas: Óscar Moscoso, Cheo e Charro (sancionado). A primeira metade foi de claro dominio malpicán, cun Mazaricos moi relaxado e que mostraba moitas facilidades defensivas. A SCD chegaba con relativa facilidade á líña de tres cuartos, ainda que alternaba xogadas de moito mérito con outras nas que faltaba precisión á hora de circulalo esférico. As mellor oportunidades foron as seguintes: disparo de Rancaño dende a frontal que o gardameta envía a saque de esquina; cabezazo de Pablo tras un saque de esquina que Juan desvía nuna gran estirada; disparo cruzado de David Blanco que de novo Juan despexa. Os locais, se ben en defensa eran fráxiles, en ataque contaban con xente moi habilidosa e creaban perigo cando lograban combinar, pero Suso mostrouse moi seguro para desbaratalas oportunidades do Mazaricos. Na recta final da primeira metade, Manu Pardo mandou alto unha pena máxima tras un agarrón de Chico a David Blanco.

A segunda parte comezaba dun xeito inmellorable para o Malpica, que se encontraba cun 0-3 nada máis sair dos vestiarios. Sen embargo, cando o encontro semellaba sentenciado, os malpicáns entraron nunha fase de relaxación absoluta aproveitando o Mazaricos para poñer algo máis de intensidade e sacar petróleo dos constantes erros defensivos do seu rival. Así, en apenas 10 minutos, os locais lograron empatar. A SCD tratou apretar de novo, pero apenas tiveron claridade ofensiva tendo dificultades para crear perigo, salvo nalgunha xogada a balón parado. Tan só unha pillería de Tato e David Blanco logrou rompelo empate preto do final. Cando parecía, de novo, que o Malpica tíña o partido controlado, unha falta lateral que pasou entre os dous homes da barreira volveu a poñelas tablas no marcador. Pero faltaba o último capítulo dunha disparatada segunda metade, e Neucha (xa en tempo de desconto) marcaba o derradeiro gol cun espectacular disparo dende o borde da área. 

A SCD Malpica remata nunha meritoria 5ª posición (a mellor clasificación dende que a SCD voltou por última vez á Segunda Autonómica na tempada 2003/2004) e a tan só un punto do 4º posto demostrando que pode competir de ti a ti contra calquera equipo da categoría.

Dende a directiva da SCD Malpica queremos darlle as gracias a tódolos xogadores que pasaron ao longo da tempada (os que están e aos que xa non están), aos adestradores Manuel Agilda e David Baña, aos utilleros Jesús e José María, ao delegado Ínsua e aos directivos Liborio e Manolito (impagable a súa labor para o clube ano tras ano). Especialmente queremos agradecelo apoio de tódolos socios e socias que nos acompañan tódolos domingos, á xente que nos axudou en tódalas actividades relacionadas co clube, ás institucións (sobre todo ao Concello de Malpica) e empresas que tamén nos axudaron ao longo da tempada.

miércoles, 9 de mayo de 2012

SORTEO CESTA

Xa hai gañador da cesta que a SCD Malpica sorteou o pasado venres 4 de maio. O afortunado foi José María Lema Soutullo (Ponteceso). Noraboa!

lunes, 7 de mayo de 2012

LIGA DA COSTA 33ª XORNADA: SCD MALPICA 5 - SAN LORENZO 2

SCD MALPICA: Suso, David Álvarez (Casais min.59), Miguel Avelino, Iago (Manu Pardo min.46), Marco, Andrés, Neucha, Juny (Martín min.76), Charro (Dani min.71), Tato, David Blanco.


SD SAN LORENZO: Recarey, Santi, Marcos Bartolo (Canteiro min.63), Carlos (Gabri min.69), Adrián, Javi, Chucho, Cachizo, Bolón, Fuentefría, Eloy.

Árbitro: Guerra Domínguez. Mal. Os malpicáns reclamaron unha obstrucción clara ao gardameta Suso no segundo gol do San Lorenzo (faltas ao porteiro que se repetían en case tódolos balóns parados). O colexiado non estivo nada fino á hora de interpretalo reglamento, sobre todo á hora de deixar seguilo xogo ou sinalar falta. Expulsou ao adestrador local David Baña.

Incidencias: Tarde soleada pero con vento moderado que tivo certa influencia no desenvolvemento do xogo. Uns 100 espectadores acudiron á Pedra Queimada. Non houbo lesionados de gravidade.

Goles: 1-0 (min.21): Xogada de Charro que envía o pase da morte cara David Blanco que remata de primeiras a gol. 1-1 (min.31): Saque de banda en longo que Chucho envía cara a área local, ningún defensor nin atacante logra despexar coa cabeza e o balón cae no segundo pao onde Carlos anota libre de marca. 2-1 (min.38): Juny recibe na posición de extremo dereito, penetra na área, recorta a Fuentefría sendo derrubado por este, marcando Charro o penalti. 2-2 (min.42): Novo saque de banda en longo dende o lateral cara a frontal da área pequena, Suso é obxeto de falta que non sinala o colexiado, hai unha serie de rexeites sendo Cachizo o que anota. 3-2 (min.48): Charro centra dende o pico dereito da área, rebota nun defensa caéndolle o esférico a Neucha que marca sen oposición diante do gardameta. 4-2 (min.68): Saque en longo do porteiro local Suso, a defensa do San Lorenzo non despexa, Charro gáñalle as costas e define no man a man. 5-2 (min.75): Novo saque en longo de Suso que supera á defensa, Fuentefría semella que a vai coller sen problemas pero escápalle da man e Neucha, moi oportuno, marca de cabeza con pouco ángulo.

Crónica: Logo de quedar eliminados da Copa da Costa na xornada do sábado ante o Santa Comba, a SCD Malpica afrontaba o último partido oficial na Pedra Queimada nesta tempada 2011/2012 recibindo ao San Lorenzo, equipo que tras unha andaina ligueira irregular estaba xa salvado. O adestrador do Malpica, David Baña, sumaba as baixas de Óscar Moscoso, Cheo, Víctor, Marcos Amado (mancado nun xeonllo), Pablo (por enfermidade) e Rancaño (sancionado). O encontro comezou cun conxunto local que monopolizaba a posesión do esférico pero ao que lle custaba profundizar xa que o San Lorenzo, se ben non presionaba na saída de balón, si acumulaba moita xente na súa propia parcela de campo creandolle dificultades a unha SCD algo máis imprecisa do habitual. Non tiveron os malpicáns moitas oportunidades de gol, destacando as seguintes: falta lateral que Tato saca rasa ao primeiro pao pero un defensor despexa na área pequena; disparo de Juny dende a dereita da área que sae ao lateral da rede; nova falta que bota Tato dende o borde da área, e que peta no longueiro. Pola contra, o San Lorenzo amosou unha faciana moi conservadora, renunciando ao balón e apenas creou perigo, salvo nas xogadas a balón parado (especialmente nos saques de banda de Chucho que chegaban mesmo ao segundo pao).

No segundo tempo o Malpica logrou poñerse por diante de novo moi pronto, desta vez de xeito definitivo, pois os visitantes foron incapaces de repoñerse e a medida que pasaban os minutos o cansancio físico condicionaba cada vez máis o xogo (os dous conxuntos xogaran partido de copa o día antes), aproveitando os malpicáns os erros defensivos dos de Verdillo para aumentala súa renda de goles. No último tramo de encontro, o equipo costeiro limitouse a circulalo balón administrando forzas e agardando a que o colexiado sinalase o final do mesmo. Tampouco houbo moitas oportunidades nesta segunda parte, sendo dúas as máis claras para a SCD: disparo de Charro con moita intención que Recarey despexa a saque de esquina; e un tiro de Neucha dende a frontal que saiu rozando o pao esquerdo.

Goleada do Malpica na penúltima xornada de Liga pero que se despide da terceira plaza, pero que ten ao Fisterra (cuarto clasificado) a tan só un punto. A nota positiva do partido foi o acerto cara a gol que amosou a SCD, pois se ben en partidos anteriores faltou algo de puntería nos metros finais, onte a efectividade foi moi alta. O vindeiro domingo os malpicáns afrontan a derradeira xornada visitando ao Mazaricos.

domingo, 6 de mayo de 2012

COPA DA COSTA DEZASEISAVOS DE FINAL (VOLTA): SCD MALPICA 1 - SANTA COMBA 0.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Marcos Amado (Miguel Avelino min.68), Iago, Marco, Andrés, Neucha (Pablo min.64), Rancaño, Charro, Tato, David Blanco.

SANTA COMBA CF: Pablo, Gelo (Doro min.46), Agustín (Jota min.46), Ángelo, Roberto Amoedo, Orlando, Chinda, Pablo Baña, Noly (Darío Capelo min.78), José Ángel (Julián min.46), Óscar.

Árbitro: Pérez Rellán. Estivo regular. O Malpica reclamoulle dous posibles penaltis, un cometido sobre Charro na primeira metade e outro sobre David Blanco na segunda. Pola contra, o Santa Comba protestou o gol anulado a Noly (min.77) por presunto fóra de xogo. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde soleada na Pedra Queimada cunha temperatura moi agradable. Gran ambiente nas bancadas, con máis de 200 espectadores seguindo o encontro. O malpicán Marcos Amado abandonou o terreo de xogo cun golpe nun nocello.

Goles: 1-0 (min.31): O visitante Ángelo corta un ataque malpicán, cede atrás ao seu gardameta Pablo que se atopaba a media saída, este rectifica a tempo e cunha gran estirada consigue desvialo esférico que da no pao esquerdo da portería quedando morto para que Neucha marque a placer dende dentro da área pequena.

Crónica: Partido de volta dos dezaseisavos de final na Pedra Queimada onde a SCD Malpica trataba de remontar o 2-0 da ida a prol do Santa Comba nunha tarefa que semellaba moi complicada ante un conxunto da Preferente Autonómica (5º clasificado actualmente). David Baña, adestrador malpicán, recuperaba efectivos pero contaba coas baixas de Óscar Moscoso, Cheo, Víctor e Casais (os últimos por motivos laborais). O partido comezou cun Malpica moi intenso, concentrado en cada tarefa que debían desenvolver e sendo superiores na primeira metade a todo un Santa Comba que quizáis non se esperaba un equipo costeiro tan agresivo e atrevido. Os locais gañaban practicamente tódalas segundas xogadas, superando en moitas fases aos seus pares defensivos, especialmente polas bandas e chegando con certa facilidade á líña de tres cuartos. As mellores aproximacións ofensivas dos malpicáns foron as seguintes: Neucha penetra na área pola esquerda, desfaise do lateral e dispara coa dereita pero algo frouxo; Neucha recibe un pase en profundidade pero entretense demasiado na área e o balón é despexado pola defensa; de novo Neucha lanza unha falta dende o borde da área que sae alto por pouco. O Santa Comba sufriu para sacar o balón controlado debido á gran presión local, e tratou de facer un xogo basado en diagonais buscando os desmarques dos seus atacantes. Apenas creou perigo o equipo xalleiro, salvo unha acción de Noly na que se aproveita dun resbalón de Iago pero Suso salva cos pés nunha gran saída.

Coa remontada a medias (un gol máis forzaba a prórroga), o Malpica comezou a segunda parte coa intención de seguir atacando e presionando, pero a medida que pasaban os minutos as pernas pesaban máis e a diferencia física entre entre ámbolos dous conxuntos fíxose evidente (tamén a entrada por parte dos visitantes de Julián e de Doro axudou a que os xalleiros subisen o seu nivel). Foron uns segundos 45 minutos igualados, onde os malpicáns mostraban moita ambición pero onde tiveron menos claridade que no primeiro período. A SCD tivo unha gran oportunidade nun disparo de Andrés que se fai cun rexeite da defensa e dispara con moita potencia pero que o porteiro Pablo salva cunha gran parada. Seguiron apretando ata o final, e mesmo preto do minuto 90 Tato estivo a punto de marcar nunha falta que saiu rozando o pao. O Santa Comba tivo máis protagonismo en ataque, creando perigo gracias ás aparicións dos seus extremos, pero os azulóns mostráronse seguros en defensa e Suso estivo moi seguro en tódolos balóns colgados. Dúas oportunidades destacaron para o Santa Comba: un centro de Julián dende a esquerda que Noly remata alto en boca de gol, e unha xogada de Noly pola esquerda que asiste a Doro pero este tira demasiado cruzado nunha posición moi favorable.

A SCD Malpica queda fóra da Copa da Costa 2012 pero deixando moi boas sensacións ante, quizáis, o mellor equipo da competición copeira. Os malpicáns plantaron cara no partido de ida en Fontenla e foron superiores en moitas fases onte na Pedra Queimada, e quizáis cun pouco máis de fortuna na ida hoxe estarían nos oitavos de final.

sábado, 5 de mayo de 2012

SORTEO CESTA

O número premiado coa cesta que sorteaba a SCD Malpica é o 4492, correspondente ás últimas catro cifras do sorteo da ONCE celebrado onte venres día 4 de maio.

O agraciado ou agraciada pode poñerse en contacto coa SCD a través do facebook, por email (scdmalpica@hotmail.com) ou no número 680486372. Lembramos que o premio caduca aos 30 días naturais.

Gracias a tod@s por colaborar.

viernes, 4 de mayo de 2012

COPA DA COSTA

A SCD Malpica afronta a volta dos dezaseisavos de final da Copa da Costa 2012:

- SCD Malpica - Santa Comba, sábado 5 de maio ás 18:00 horas na Pedra Queimada.

O resultado na ida foi de 2-0 para o Santa Comba.

jueves, 3 de mayo de 2012

CEA - BAILE

A SCD MALPICA organiza unha cea - baile fin de tempada o vindeiro sábado día 19 de maio ás 22:00 horas no Restaurante "O Dourado" (Seaia, Malpica). Despois da cea e durante toda a madrugada un dj pinchará música para tódolos gustos.

As entradas teñen un prezo de 25 euros e poden adquirirse no Pub Jofra (Malpica), no Bazar Posiño (na rúa principal de Malpica) ou no teléfono 680486372. Hai un aforo limitado de 150 persoas.

Gracias a tod@s por colaborar.


miércoles, 2 de mayo de 2012

COPA DA COSTA 2012 DEZASEISAVOS DE FINAL (IDA): SANTA COMBA 2 - SCD MALPICA 0.

SANTA COMBA CF: Pablo, Chinda (Gonzalo min.46), Agustín, Ángelo, Roberto, Jota (David min.60), Doro, Orlando (Mon min.42), José Ángel (Noly min.46), Julián, Darío Capelo.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Miguel Avelino, Iago, Andrés (Marco min.86), Rancaño, Neucha, Charro, Pablo (Juny min.66), Tato, David Blanco.

Árbitro: García Rodríguez. Regular na tarde de onte. Os malpicáns reclamaron fóra de xogo na acción do primeiro gol ao entender que un atacante local estorbou ao porteiro e defensa visitantes. O colexiado mostrouse moi pouco dialogante e amosou un número excesivo de cartóns por protestar nun partido onde non houbo apenas accións polémicas (salvo na mencionada xogada do primeiro gol). Anuloulle correctamente un gol de saque de esquina aos locais na primeira metade, pois o balón saíra fóra pola líña de fondo. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde fría e gris pero apenas choveu durante o partido. Unhas 125 persoas presenciaron o encontro. O mediocentro malpicán Andrés abandonou o terreo de xogo por unhas molestias no nocello dereito.

Goles: 1-0 (min.25): Xogada combinativa en líña de tres cuartos do ataque local, Darío Capelo recibe dentro da área despois dun rexeite e dispara a media altura batendo a Suso. 2-0 (min.30): Centro raso de Agustín dende a posición de extremo esquerdo, o malpicán Miguel Avelino intenta cortalo coa mala fortuna de que introduce o balón na súa propia portería.

Crónica: Comezaba a SCD Malpica a súa andaina na 49ª edición da Copa da Costa, e facíao ante, posiblemente, o rival máis forte dos que disputan esta competición, pois o Santa Comba marcha 5º clasificado en Preferente. O adestrador do Malpica, David Baña, contaba con varias ausencias para o encontro de ida: Óscar Moscoso, Cheo, Víctor (por motivos laborais), Manu Pardo (por motivos laborais), Marcos Amado (lesionado) e Dani (tamén baixa por traballo). O partido comezou moi igualado, cun Malpica moi valente que presionaba arriba tratando de dificultala saída de balón dos locais e que combinaba con criterio cando recuperaba o esférico, chegando en varias accións con perigo ás inmediacións da área contraria. Sen embargo, mediada a primeira metade, o Santa Comba tivo uns 15 minutos de inspiración onde lograron marcar dous goles (o segundo en propia meta nunha xogada de mala fortuna) e trenzar varias xogadas perigosas, penetrando moi ben polas bandas gracias á movilidade constante dos seus homes de ataque. Na recta final destes primeiros 45 minutos, a igualdade volveu a convertirse na nota predominante e os malpicáns lograron repoñerse. Non houbo moita oportunidades claras de gol, destacando para o Malpica as seguintes: un disparo dende a frontal de Rancaño que saíu rozando o longueiro; disparo cruzado dende a frontal de Neucha que sae rozando o pao esquerdo; e un disparo de Pablo dende a dereita da área que sae ao lateral da rede. Os locais tiveron a súa mellor opción (ademais dos goles), nun cabezazo de Ángelo que saiu alto nun saque de esquina.

A segunda parte comezou de novo moi igualada, cunha SCD moi seria que trataba de seguir presionando arriba e de xogalo balón con claridade, mentres que o Santa Comba atrasou un pouco as líñas buscando rápidas transicións con cambios de banda e xogadas rápidas, buscando especialmente a Doro na banda dereita aproveitando as amplias dimensións da Fontenla. A partir do minuto 60 o protagonismo do encontro foi asumido polos malpicáns, que lograban plantarse con moito perigo na líña de tres cuartos pero faltoulles un pouco de precisión e sorte nos metros finais para poder marcar. As mellores ocasións para os visitantes foron as seguintes: xogada individual de Charro, apura a líña de fondo, centra atrás pero non atopa rematador; Juny recibe en profundidade, penetra na área na posición de extremo dereito pero dispara alto; xogada calcada á anterior, pero esta vez Juny centra raso pero a defensa local anticípase aos dianteiros malpicáns; falta dende a frontal botada por Neucha que Pablo despexa con apuros a saque de esquina; e xa no minuto 90, Neucha controla no borde da área pequena un balón morto tras un saque de banda pero dispara ás mans do gardameta. O Santa Comba tamén tivo varias oportunidades para marcar: Doro penetra pola dereita, centra ao segundo pao pero Marcos remata desviado; Doro volve a centrar dende a dereita, Julián remata algo frouxo e Charlie salva o gol; Noly controla tras unha serie de rexeites no pico dereito da área, salva a Suso cunha fermosa vaselina pero Rancaño evita o gol na mesma líña.

Gran partido o que desenvolveu a SCD Malpica na tarde de onte, plantando cara a un rival que xoga en dúas categorías máis arriba, e mesmo sendo superiores en varias fases do encontro. Lástima de non poder materializar algunha das oportunidades coas que contaron, pois un gol en campo contrario sempre é importante nunha eliminatoria a doble partido. O resultado deixa ao Santa Comba como claro favorito, pero de seguro que a SCD volve a mostrala súa mellor faciana o vindeiro sábado no partido de volta.

lunes, 30 de abril de 2012

COPA DA COSTA 2012

A SCD Malpica inicia a súa andaina na Copa da Costa disputando a ida dos dezaseisavos de final:

- Santa Comba - SCD Malpica, martes día 1 de maio ás 18:00 horas no campo de Fontenla (Santa Comba).

LIGA DA COSTA 32ª XORNADA: MUROS 4 - SCD MALPICA 1.

MUROS SD: Fabio, Alberto, Marco, Mayuyo (Teo min.89), Gael, Gelo, Adrián (Kiko min.67), Jesús, Aitor (Javi min.84), Óscar Maema (Yanky min.69), Sexo.

SCD MALPICA: Suso, Miguel Avelino, Marcos Amado, Charlie, Marco, Andrés (Manu Pardo min.62), Neucha, Rancaño, Pablo (David Blanco min.40), Tato, Charro.

Árbitro: Aguiar Patricio. Moi correcto durante toda a tarde sen deixarse intimidar polos locais e aplicando o reglamento con criterio. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde con nubles e claros, cunha temperatura agradable. Uns 100 espectadores presenciaron o encontro en Miraflores. O malpicán Pablo tivo que retirarse lesionado cun golpe no nocello dereito tras apoiar mal nun salto.

Goles: 1-0 (min.47): Balón en profundidade cara Sexo na posición de extremo esquerdo, apura a líña de fondo e centra ao punto de penalti onde remata Adrián que se anticipa á defensa e porteiro visitantes. 1-1 (min.70): Gran pase en profundidade de Marcos Amado cara Tato que encara a Fabio e anota de tiro raso cruzado. 2-1 (min.74): Combinación da dianteira local no pico da área esquerda do seu ataque que culmina cunha gran xogada individual de Gelo que dribla a un defensa e bate a Suso cun fenomenal disparo que da no longueiro antes de entrar. 3-1 (min.86): Sexo recupera o esférico no seu propio campo, fai unha parede cun compañeiro, recorre toda a banda esquerda e plántase ante Suso para marcar de tiro raso. 4-1 (min.90): Balón en longo sobre a líña de tres cuartos, a defensa malpicán erra, Sexo recolle o balón morto volvendo a plantarse ante Suso resolvendo no man a man.

Crónica: Tra-lo inesperado tropezo na xornada anterior ante o Zas, a SCD Malpica afrontaba unha complicada visita a Muros (un dos campos máis complicados da categoría) apurando as opcións de ser terceiros. David Baña, adestrador malpicán, contaba coas seguintes baixas: Óscar Moscoso, Cheo, Víctor (por motivos laborais), Dani (tamén por motivos laborais) e Iago (sancionado). O partido comezou cun Malpica un tanto adormilado, mentres que semellaba que era o Muros o que se estaba a xogar algo. Non lograron adaptarse ás reducidas dimensións do terreo de xogo e apenas contaron con aproximacións perigosas, mentres que sufrian a balón parado nos saques de curruncho e de banda locais. A SCD contou apenas con dúas oportunidades de gol: un pase en profundidade de Tato sobre Pablo pero chega moi forzado botándoselle o gardameta local encima; e un disparo de Tato dende a frontal que Fabio despexa con apuros. O Muros tivo varios acercamentos perigosos, destacando os seguintes: Adrián penetra pola dereita e o seu disparo despexao Suso a saque de esquina; disparo de Sexo dende o pico esquerdo da área que de novo Suso despexa cunha gran estirada; nova internada de Sexo que se planta ante Suso pero o seu tiro volve a sacalo o gardameta.

A segunda parte non podía comezar peor para os malpicáns, pois en apenas un minuto chegou o primeiro gol dos locais. A SCD tratou de adiantar líñas e apretar un pouco máis, pero non mostraron moitas imprecións e faltaron ideas para superar a unha segura defensa local. Froito desta circunstancia foi que o Malpica non tirou a porta con perigo nestes segundos 45 minutos, e tan só deron a sensación de poder marcar (ademais de na xogada do gol) nun "pase da morte" que o Charro enviou cara David Blanco pero que foi atallado polo porteiro local. Pola contra, o Muros acumulaba bastante xente en mediocampo tratando de recuperalo balón e envialo en profundidade cara Sexo que hoxe tivo unha tarde moi inspirada. Nos minutos finais, e co Malpica arriesgando en busca do empate, os locais "mataron" o partido á contra.

Derrota merecida da SCD que propicia que agora o terceiro posto quede a catro puntos cando tan só quedan dous partidos por disputar. Mala imaxe a que amosou o equipo azulón que nas últimas xornadas parece que perde un pouco de fuelle. O vindeiro encontro de liga será na Pedra Queimada fronte ao San Lorenzo.