Esta semana o entrevistado é o habitual autor das entradas deste blog, o defensa da SCD Malpica Iago. O xogador malpicán debutou como infantil no Malpica, e pasou por tódalas categorías inferiores do clube costeiro, sendo un dos membros que conquistou a Liga de xuvenís do ano 2004. Tamén estivo como cadete de segundo ano (Liga Galega) e como xuvenil de último ano no Bergantiños (Liga Nacional). Como anécdota, decir que no ano 2002 debuta co equipo modesto da SCD contando con 15 anos.
Pregunta: Levas bastantes anos no clube, ¿este foi o mellor grupo no que xogaches ou botas de menos a algúns dos que se foron?
Resposta: A verdade e que tiven a sorte de coincidir sempre con moi bos compañeiros, tanto nas categorías inferiores (do Malpica e tamén do Bergantiños) como no equipo de modestos. Probablemente sexa o mellor grupo porque non só non houbo ningún "enfrontamento" nin líos dentro do vestiario en todo o ano, senón que ademais o ambiente que hai é fenomenal, e iso trasládase ao terreo de xogo. Tamén teño que decir que cando os resultados son bos o ambiente tamén soe ser mellor. Agora ben, isto non implica que non bote de menos a certos ex-compañeiros (como Alfrediño, Charro, Miguel Avelino, etc) porque son algúns dos meus mellores amigos na vida privada dende cativo.
P: Ti que eres un dos capitáns do equipo, ¿cómo valoras a implicación da xente que non é de Malpica co equipo?
R: Tódolos xogadores que non son malpicáns de nacemento teñen un comportamento exemplar, tantos nos adestramentos como nos partidos, inclusive debería de servir de exemplo para outros que si naceron na vila e que non mostraron o mesmo compromiso co clube (especialmente en tempadas pasadas). Pero supoño que o compromiso non depende do lugar de residencia, senón da mentalidade e personalidade de cada un. Neste sentido, e falando en termos xerais, de verdade que non se pode pedir máis na presente tempada.
P: Despois da marcha de Alfrediño, Charro, Kike... , e demais compañeiros, ¿por qué crees que o equipo non notou a sua ausencia e inclusive mellorou os resultados do ano pasado?
R: A primeira resposta é moi sinxela: porque peor co ano pasado era (case) imposible de facer, aínda que o intentaramos a propósito (risas). Agora falando en serio, non cabe dúbida de que tódolos xogadores que marcharon este ano do clube son xogadores dun gran nivel, pois Alfrediño, Charro e Kike militan e xogan habitualemente en equipos de Primeira Rexional; por outro lado, outros dos que marcharon (como Miguel Avelino ou Busto) eran titulares en moitos partidos a campaña pasada. Non obstante, a pesar desas ausencias, as novas fichaxes e os xogadores que subiron das categorías inferiores adaptáronse moi rapidamente e están mostrando un nivel moi elevado, que fan que as baixas se noten menos. Tamén creo que o resto de xogadores que continuamos do ano pasado estamos xogando bastante mellor. Todo isto provoca que os resultados sexan mellores.
P: ¿Cál é o sistema de xogo co que máis agusto te sintes no campo?
R: Antes de nada opino que un adestrador non debe de ter un sistema único e fixo durante a tempada, senón que os sistemas se deben cambiar e axustar en función de moitos factores: xogadores dispoñibles, estado de forma dos futbolistas, do rival, do terreo de xogo, etc. Dito esto, e dende o meu punto de vista como defensa, co sistema que me sinto máis cómo é o 4-1-4-1, que por outro lado é o habitual nesta tempada. Moitos dos mellores partidos que xogamos ó longo do ano, tanto de locais (ex: Baio, Xallas, Camariñas...) como de visitantes (Zas ou Castriz), foron con tal sistema.
P: ¿Cál é o mellor momento que viviches no Malpica?
R: Non podo quedarme cun momento só, pero destacaría tres momentos: 1.- O ano que gañamola liga de xuvenís, na tempada 2003-2004, porque foi o primeiro (e de momento único) título que gañei coa SCD Malpica. Tamén porque xogábamos un fútbol moi vistoso (espero que non sone soberbio) que inclusive levantaba os aplausos dos afeccioandos en plena xogada. Ademais, sempre había moita xente nas gradas e tódolos membros do equipo éramos "colegas" fóra dos terreos de xogo. 2.- Fai dúas tempadas, cos modestos, conseguindo a salvación no minuto 93 no campo do eterno rival, o Buño, despois dunha tempada moi dura a nivel colectivo e persoal (por culpa das lesións). 3.- Xa a nivel persoal, tamén destacaría o meu debut cos modestos con 15 anos no campo do Iberia na categoría de Preferente (creo que perdemos 4-0, risas).
P: ¿Qué crees que lle fai falta a este Malpica para pelexar por cotas maiores a vindeira tempada?
R: Sinceramente, creo que non nos fan falta moitas máis cousas para poder pelexar por obxetivos máis ambiciosos os vindeiros anos. Quizáis o máis importante sería que o tomásemos como algo posible dende o principio da campaña e demostrar unha maior regularidade, sen esas "páxaras" que nos dan de vez en cando (como os partidos de Carnota, Camariñas ou O Pindo). De feito, dos seis partidos que xogamos ante os tres primeiros clasificados da Liga (Zas, Xallas e Sofán), demostramos estar ó nivel en todos eles, salvo o desputado en Santa Comba.
Moitas gracias a Charlie, Alfrediño, Toni, Marcos Amado, Martín e Cheo por colaborar, xa que normalmente son eu o que realiza as entrevistas.
miércoles, 28 de abril de 2010
martes, 27 de abril de 2010
HORARIOS PARA O FIN DE SEMANA DOS DÍAS 1 E 2 DE MAIO
Como ven sendo habitual nas últimas tempadas, a Copa da Costa coincide co final dalgunha competición ligueira, neste caso coas ligas de primeira e segunda rexional. Así, a SCD Malpica terá que desputar o vindeiro fin de semana dous encontros (algo que se repetirá o próximo fin de semana outra vez xa que faltan dúas xornadas de Liga), un de Copa e outro de Liga:
- Sábado 1 de maio ás 12:00 horas na Pedra Queimada: Malpica - Zas, encontro correspondente á rolda de dezaseisavos da Copa da Costa 2009/2010.
- Domingo 2 de maio ás 18:15 horas na Pedra Queimada: Malpica - Porteño, partido da 33ª xornada da Liga da Costa.

lunes, 26 de abril de 2010
CARNOTA 3 - MALPICA 0
UD CARNOTA: José Ángel, Nico, Jorge, Pedro, Charly, Andrés (David Castreje 71’), Cololo, Joselu, Nico Alvarado (Paco 68’), Tono (Mike Beiro 60’), Manoliño.
SCD MALPICA: Toni, Marco, Víctor, Iago (Braix 46’), Alfredo II (Charlie 46’), Cheo, Neucha, Casais (Manu Pardo 46’), David Blanco, Andrés (Ismael 46’), Eloy.
Árbitro: Sr. Vizoso Embudo. Bastante mal, pois non aplicou o mesmo raseiro, especialmente na primeira metade, xa que houbo varias entradas duras por parte dos locais que non foron castigadas con cartóns, mentras que os malpicáns si recibiron tarxetas pero por protesar. Non obstante, na sua defensa cabe decir que non tivo unha influencia directa no resultado final.
Goleadores: 1-0 (min. 9): Saque de esquina a prol do Carnota dende o curruncho dereito do ataque local que remata Charly no segundo pao cun bo cabezazo. 2-0 (min. 19): Centro ao segundo pao, alí aparece Manoliño libre de marca tras unha indecisión defensiva froito dun erro de comunicación entre o gardameta Toni e Marco, o atacante pasa a Cololo que anota o segundo gol dos carnotáns a pracer. 3-0 (min. 28): Nico Alvarado recibe á altura de tres cuartos de campo, controla o balón e consegue xirar sobre si mesmo sen oposición para mandar un pase en profundidade a Manoliño que bate a Toni de tiro raso.
Ambiente e Incidencias: Boa entrada no campo de Lombáns, cun cento de espectadores. Tarde soleada e con moito calor sobre o céspede. Non houbo expulsados nin que lamentar lesionados de consideración.
Comentario: Despois da contundente vitoria da semana pasada fronte ao Monte Louro (7-0), a SCD Malpica viaxaba ata Carnota para desputar un encontro decisivo na loita polo terceiro posto da clasificación. Para tal envite, o adestrador Manuel Agilda non podía contar con Marcos Amado (lesionado), Rancaño (de viaxe) nin con Martín (lesionado). Non obstante, en pouco tempo se esfumaron as posibilidades de acadar algo positivo na tarde de onte, pois os xogadores malpicáns non lograron meterse no partido na primeira metade e "regalaron", cando menos, dous dos tres goles que anotaron os locais. A presión no mediocampo era practicamente inexistente, as indecisións defensivas constantes e en ataque non se lograba circulalo balón con claridade nin crear perigo. A pesar de todo, os visitantes tiveron unha boa ocasión por mediación de Cheo que non logrou conectar un cabezazo por pouco e nalgún corner botado por Neucha. O Carnota, sen facer un xogo espectacular, atopouse co partido case sentenciado ó seu favor cando aínda non se levaba desputada nin media hora, pero aparte dos goles non dispuxo de moitas máis oportunidades de gol.
No segundo tempo, tras un lixeiro dominio inicial dos carnotáns, o Malpica cambiou a faciana e logrou meterse de novo no partido, adiantando líñas e conseguindo chegar ás inmediacións da portería local con perigo, aínda que con máis corazón que bo xogo. Así, cabe destacar que os azulóns tiveron ata cinco boas ocasións: un cabezazo de David Blanco que sae fóra tras un saque de esquina botado por Neucha; outra ocasión do dianteiro que tras cortar un pase do porteiro local tira raso pero non coseque batir a José Ángel que rectificou moi ben; un intento de remate de Charlie que non logra conectar co balón na frontal da área pequena; unha xogada de Cheo pola banda esquerda que cede a David para que este estrele o balón no poste a porta vacía; e, por último, un disparo cruzado de Neucha que pasa preto do poste esquerdo da portería defendida por José Ángel. Pola súa parte, o Carnota limitábase a deixar que pasase o tempo e apenas inquietou a meta malpicán, só por medio dunha falta botada por Cololo que petou no longueiro tras rebotar na barreira e outra falta sacada por Charly que saca Toni.
Despois deste encontro, e a falta de dúas xornadas para que remate a Liga da Costa 2009/2010, os malpicáns despídense matematicamente da terceira plaza, pois están a sete puntos do Sofán. Claro está que regalando unha parte non se pode gañar un partido, e menos contra un dos mellores equipos da categoría. O mal sabor de boca que deixa esta xornada debe servir de estímulo para o próximo reto dos homes adestrados por Manuel Agilda, a Copa da Costa, que comeza para a SCD o vindeiro sábado na Pedra Queimada fronte ó Zas, xa que ante o líder da categoría (e virtual campión) non se pode ter os erros nin a falta de intensidade mostrada onte si se pretende pasala eliminatoria.

jueves, 15 de abril de 2010
ENTREVISTA: ALFREDO DOMÍNGUEZ
Esta semana falamos co defensa central da SCD Malpica Alfredo, un dos xogadores que máis tempadas levan no conxunto azulón. Como curiosidade decir que é irmán xemelgo doutro xogador do equipo, o gardameta Toni. Alfredo "criouse" deportivamente nas categorías inferiores do Bergantiños; posteriormente, pasou polos seguintes equipos antes de recalar no Malpica: Buño, San Lorenzo, Ponteceso e Sofán.
Pregunta: Esta tempada non estás a contar con moitos minutos, ¿qué opinas ó respecto?
Resposta: A ningún xogador lle agrada contar con poucos minutos de xogo. Este ano tiven a mala sorte da enfermidade de meu avó que me supuxo faltar a moitos adestramentos e a algún partido. Sen embargo, non creo que esa sexa a razón da miña suplencia senón que o adestrador ten o seu once e, a pesar de que intenta disimulalo achacando a suplencia dos xogadores a outros aspectos (falta de motivación, baixóns físicos, etc…), se están ben os “titulares”, son eses os que van xogar. A verdade é que isto pasa en tódolos equipos e como podes ver xa non é o primeiro no que estou (risas), polo que hai que ter paciencia e seguir adestrando para aproveitar as poucas ocasións que nos ofrecen. Así mesmo, os compañeiros que están a xogar na miña posición están rendendo a un moi bo nivel, polo que sei que o teño difícil.
Só mencionar que me gustaría que as culpas non sempre recaeran nos mesmos, e que non se intente buscar sempre un culpable cando algo sae mal, porque no fondo iso provoca mal ambiente e tensión no grupo.
P: ¿Cómo levas xogar co teu irmán xemelgo no mesmo equipo?
R: Para min é moi cómodo xogar no mesmo equipo que o meu irmán, xa que isto nos permite ir adestrar xuntos e ter a alguén preto para comentar tódalas xogadas dos partidos. Ademais as nosas posicións no terreo de xogo están moi cerca e a compenetración que temos fóra axúdanos tamén no terreo de xogo. Iso non quere dicir que non metamos a pata algunha vez (risas).
En todo caso, non creo que nos volvamos separar, salvo por circunstancias alleas a nós e que nos obriguen a facelo.
P: Xa levas varios anos no equipo, ¿qué é para ti o mellor da entidade?
R: O Malpica é un clube con prestixio, cunhas boas instalacións e ata o de agora cunha directiva cumpridora coas súas promesas. Estes tres feitos fano un equipo no que dá gusto estar e no que interesa seguir por moito tempo.
P: ¿Cómo resumirías a tempada da SCD ata o momento?
R: Este ano para min foi, das tempadas que levo aquí, onde vin a xente máis motivada. Iso traduciuse nuns bos resultados e polo tanto adquirimos moi pronto esa tranquilidade que nos faltou anos atrás. Oxalá para o vindeiro ano sigamos a este nivel xa que, de ser así, poderemos aspirar a todo.
P: ¿Cómo valoras o sorteo da Copa da Costa para o Malpica?
R: Como case sempre, tocounos bailar coa máis fea na primeira rolda. Véxoo positivo dado que se gañamos imos ter a moral moi alta para afrontar o resto das eliminatorias. Sen embargo, con todo, ten un lado negativo, e non é outro que o enfrontamento co máis que seguro campión da liga, cunha regularidade pasmosa, e que de seguro que ten como obxectivo gañala copa tamén, non será nada fácil dobregalos. Desexemos que funcionen ao 100% “o muro” de Toni e “o cono” (todos sabemos quen é) para deixar a nosa portería a cero, sobre todo na Pedra Queimada.
P: ¿Apostas por centrarse na Copa ou seguir pensando en quedar terceiros na Liga?
R: Aposto por quedar terceiros na liga porque iso sempre queda nas estatísticas e no recordo da xente. Sen embargo, se quedas apeado da Copa en trintaedousavos ou dezaseisavos, a xente non se acorda. Non digo que nos vaia pasar a nós, pero vexo máis factible o primeiro.
Moitas gracias a Alfredo por cedernos parte do seu tempo.

P:

lunes, 12 de abril de 2010
VIMIANZO 2 - MALPICA 1
SDU VIMIANZO: Sergio, Martín, Amarelle, Riveiro, Iván de Treus, Adrián, Fran Pioto, Arán (David 68’), Iván de Baiñas (Camilo 35’), Rafa (Sergio Vilaseco 56’), Jaime (Suso 90’).
SCD MALPICA: Toni, Braix, Marcos Amado, Iago, Marco, Rancaño, Neucha, Cheo, David Blanco, Andrés (Ismael 78’), Charlie (Casais 56’).
Árbitro: Sr. Lago Barros. Mal na primeira metade, pois non sinalou un claro penalti cometido sobre o dianteiro malpicán David Blanco nin unhas mans dun xogador local á altura do medio campo cortando un contragolpe visitante sendo o último home. En cambio, concedeu unha pena máxima a prol do Malpica por un agarrón sobre Rancaño moi dubidoso. Na segunda parte non tivo graves erros, pero deixou mostras de pouca personalidade.
Goleadores: 0-1 (min. 7): Gran pase en profundiade de Cheo cara David Blanco pola banda dereita, o dianterio gáñalle a partida á defensa local por velocidade e bate a Sergio de tiro raso. 1-1 (min. 35): Saque de banda do Vimianzo dende a banda esquerda do seu ataque, Fran Pioto controla só e envía un centro ó segundo pao onde aparece Arán para controlar, libre de marca, e anotar un fermoso gol dende o borde da área que se cola pola escadra esquerda da portería defendida por Toni. 2-1 (min. 76): Forte tiro de Sergio Vilaseco dende longa distancia tras un rexeite da defensa malpicán que entra pegado ao pao esquerdo.
Ambiente e Incidencias: Boa temperatura no Municipal de Vimianzo pero cun vento moderado. Poucos espectadores no campo, unhas 75 persoas. Foi expulsado o vimiancés Riveiro por doble amarela no tramo final do encontro. O defensa malpicán Víctor lesionouse no quencemento, e o mediocentro Charlie foi sustituído, algo conmocionado, despois de chocar con Neucha na primeira parte. O local Iván de Baiñas tamén marchou lesionado.
Comentario: Despois do parón de Semana Santa, a SCD Malpica viaxaba ata Vimianzo para enfrontárse a un debutante na categoría que estaba situado na parte media-baixa da táboa clasificatoria coa intención de seguir coa boa xeira de resultados colleitados nas últimas xornadas. O conxunto costeiro contaba coa única baixa do sancionado Eloy. Nos primeiros 20 minutos de encontro os homes de Manuel Agilda foron os claros dominadores do partido, ben plantados no terreo de xogo e creando moito perigo coa rapidez dos seus xogadores ofensivos. Así, ademais do gol ós sete minutos, o Malpica tivo outra clarísima ocasión un man a man que David non foi quen de anotar; un centro de Neucha que o David non rematou por un claro empuxón dentro da área; e, para colmo, o propio David tirou alto un penalti cometido sobre Rancaño xa no minuto 45. Non obstante, a medida que avanzaban os minutos ritmo de xogo foi decrecendo e o Vimianzo comezou a subir líñas, pero o seu perigo chegaba sempre por medio de xogadas a balón parado, pois tíñan o vento a favor neste período, pero o gardameta Toni mostrouse moi seguro.
No segundo acto, e agora co vento a favor, os visitantes tentaron volver a adiantarse no marcador, pero en ningún momento lograron dar verdadeira sensación de perigo, a pesar de que a maior parte do encontro se disputou na parcela do campo defendida polos locais. Faltou precisión en ámbolos dous equipos, predominando o xogo directo e apenas houbo oportunidades claras de gol. Así as cousas, as mellores ocasións malpicáns chegaron en varios lanzamentos de falta botados por Neucha que se marcharon fóra, e xa en tempo de desconto, unha xogada de Cheo por banda esquerda foi remata por Neucha ó longueiro, o rexeite cáelle a Casais no borde da área pequena pero o seu cabezazo sae fóra. Pola contra, o Vimianzo limitouse a defender acumulando xente atrás, buscando os seus dianteiros con balóns longos pero sen crear apenas sensación de perigo.
Mal resultado da SCD Malpica, que non foi quen de aproveitalo tropezo do Carnota, situándose a catro puntos do terceiro posto a falta tan só de 12 puntos por desputarse. A pesar de ter poucas ocasións de gol, estas foron moi claras (penalti incluído), pero o desacerto malpicán unido ó acerto local (con dous golazos en xogadas aílladas) provocaron a derrota na tarde de onte. A vindeira semana, a SCD recibe na Pedra Queimada ó Monte Louro.

sábado, 10 de abril de 2010
SORTEO DA COPA DA COSTA 2010
Este venres celebrouse na localidade de Baio o sorteo da Copa da Costa 2010. A SCD Malpica medirase na primeira rolda, correspondente ós dezaseisavos de final, ó Sporting Zas (actualmente segundo clasificado da Liga da Costa). O partido de ida, que se desputará na Pedra Queimada, xogarase o primeiro fin de semana de maio, previsiblemente o sábado día 1, pois a esta primeira eliminatoria coincide coas dúas derradeiras xornadas de Liga. O vencedor enfrontarase en octavos de final ó vencedor do Outes-Cerqueda.
Moita sorte ao equipo adestrado por Manuel Agilda nesta edición da Copa da Costa, e oxalá que superen a primeira rolda, algo que non sucedeu nas dúas últimas tempadas.

martes, 6 de abril de 2010
ENTREVISTA A BRAIX SANLUIS
Hoxe entrevistamos a outros dos xogadores máis novos do plantel da SCD Malpica, Braix (1989), que despois de un "ano sabático" no aspecto futbolístico volta a formar parte do equipo costeiro. A carreira de Braix dentro do mundo do fútbol desenvolveuse na súa integridade no Malpica, conxunto no que comezou a xogar en idade cadete.
Pregunta: Aínda que xa disputaches varios partidos en anos anteriores, creo que esta é a túa primeira tempada completa nos modestos, ¿cómo te estás encontrando?
Resposta: Esta es mi primera temporada completa y la verdad es que al principio no estaba muy bien ya que después de estar un año entero sin hacer prácticamente deporte uno lo nota. Poco a poco fui mejorando físicamente, y con el apoyo de los compañeros ahora me encuentro genial.
P: ¿Pensabas en ter máis minutos?
R: Antes de empezar la temporada sí que esperaba tener más minutos, pero no me puedo quejar demasiado ya que los compañeros lo están haciendo muy bien y yo no soy de los que más van a entrenar, así que hay que esperar las oportunidades para intentar hacerlo bien y ayudar al equipo a quedar lo más arriba posible.
P: Ó longo da tempada xogaches en diversas posicións, ¿en cál te sintes máis cómodo?
R: La posición en la que me siento más cómodo es la de lateral, ya que es en la que habitualmente jugué desde que empecé, cuando era juvenil me daba igual una posición que otra y me adaptaba bien a los diferentes puestos, pero ahora con cumplir como lateral ya me llega.
P: ¿Houbo algo que te sorprendera especialmente no equipo este ano?
R: Lo que más me sorprendió es el buen rollo que hay tanto con los compañeros como con el entrenador.
P: ¿Cál é o teu mellor recordo dende que comezaches a xogar nas categorías inferiores da SCD Malpica?; ¿e o peor?
R: El mejor recuerdo, sin duda, es la semifinal de copa en mi último año de juvenil. Todo el equipo disfrutó mucho ya que después de hacer una desastrosa temporada de liga, en la copa pudimos dejar fuera a equipos que en liga nos ganaran con mucha facilidad.
Y recuerdos malos, la verdad es que no tengo ninguno.
P: ¿Pensas que o equipo pode conseguila terceira posición?
R: La cosa está muy difícil, ya que estamos todos muy igualados, pero si nos lo proponemos como objetivo y no nos relajamos creo que lo podemos conseguir.
Moitas gracias a Braix pola súa colaboración con este blog.