CF Porteño: Asiel; Manu, Roberto, Roski, Iago, Piti, Óscar, (Wii 75’), Alberto, (Iván, 64’), David Toja, (Fran 86’), Vello, De la Sierra.
CD Malpica: Toni; Busto, Marcos Amado,Víctor, Marco, (Alfredo II 34’), Quique, Fran-Martuxa, (Cheo 58’), Charly, David Blanco, Manu Pardo, Eloy.
Goles: 1-0, (84’): Vello, recibe un balón en posición de interior dereito, pegado a borde lateral da área, revolvese a trancas e barrancas entre tres defensas malpicáns e centra raso ao interior da área do porteiro Toni, alí formase un barullo e o balón sae rexeitado ata preto do poste dereito e cando parecía que ía saír fora, aparece a perna de Iván que o empurra a rede ante a alegría do equipo e seguidores locais, que o festexaron con tracas, e a desesperación dos malpicáns, que vían coma se lles ía outro partido nos minutos finais.
Ambiente e Incidencias: 100 persoas en “A Grixa”. Tarde nubrada e fría pero sen chuvia. Marco (SCD Malpica), tivo que ser trocado (34’) por un tirón muscular. Non houbo expulsados.
Comentario (Luis E. Porto): O cerrollo presentado esta tarde polo adestrador malpicán M. Agilda, ante o CF Porteño, só dou resultado, ata o min. 84. A SCD Malpica, saltou ao campo a defenderse, pois, co sistema táctico presentado, dez xogadores atrás e só David Blanco en punta, apoiado un pouco, primeiro por Eloy e na segunda parte por Cheo, non conseguían abrir a cómoda defensa local que xogaba a pracer libre de marcas, isto permitíalles colgar balóns dende atrás a “olla” da SCD Malpica, que ademais é o xogo que os da Ponte de Porto empregan no seu campo, pois coñéceno de memoria, pero nin deste xeito, conseguiron tirar a gol con perigo mais ca tres veces: min. 2, falta directa de Piti, que Toni despexa con apuros ao igual que un empalme de Alberto (50’), que tamén rexeitou Toni, a xogada mais perigosa tívoa no min. 67’ Óscar, cunha preciosa vaselina que salvou Alfredo II baixo paos con Toni xa batido. Os malpicáns coa táctica de contención, puideron lograr a victoria no min. 12, nunha vaselina de David Blanco, por encima de Asiel, pero Iago chega a tempo de despexa o perigo, Busto, (44’), falta directa ao dende 30 metros que rexeita o longueiro e por último no min. 66, xogada de Cheo, con centro a Charly pero o seu remate de cabeza a medio metro da portería váiselle alto.En fin, outra ocasión perdida da SCD Malpica de puntuar e outra derrota no último momento, pero o que si e certo, e, que os xogadores malpicáns son conscientes e están moi unidos para sacar o equipo adiante.