lunes, 26 de noviembre de 2007

Nantón 0 - Malpica 0



CD Nantón: Ernesto; Diego, (Marcos, m. 80), Pichel, Sito, Félix, Carlos, (Iban, m. 65), Avenida, (Adrián, m. 73), M. Cruceiro, Luís, (Amado, m. 82), Serra, Javi Peón.
SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego, Alfredo, (Javi, m. 46) Iago, (Avelino, m.16) Marco, Lema, Quique, (Coki, m. 80), Rodri, Manuel, Elías.

Tarde moi fría no campo das Fontiñas na que o equipo vistitante tiña unha gran oportunidade para consolidarse na parte alta da clasificación trala derrota do Camariñas e o empate do Baio.
O partido estivo moi igualado na primeira metade na que as ocasións se sucederon en ambas porterias aínda que foi o cadro de Esmorís o que dominou máis a pesar do temperán contratempo que supuxo a lesión de Iago ó cuarto de hora de partido. O conxunto local chegaba con perigo gracias á rapidez dos seus puntas, pero non acertaba a definir. O Malpica chegaba ben pola esquerda cas incursións de Elías que fixo unha boa primeira metade creando perigo. O máis destacado foi un bo remate de cabeza de Rodri que se foi fora por moi pouco. Pouco despois, tras outro centro de Elías, Rodri peinaba un balón que Lema non chegou a rematar por moi pouco. A última ocasión da primeira parte foi unha falta ó borde da área que Manuel mandou lixeiramente alta. Na última xogada do primeiro período resultou lesionado o central malpicán Alfredo, tras un despexe.
Na segunda parte, as lesión fixeron recuar ó Malpica e o Nantón fíxose co control total do encontro. Chegaban con perigo e creaban ocasións a balón parado como a falta directa de Serra que petou no longueiro. Xa antes, Manolo do Cruceiro enviara fora incomprensiblemente un balón peinado por un compañeiro á saída dunha falta. Por se fora pouco, no minuto 74, Diego foi expulsado por doble amarela tras cortar unha xogada coa man. Os últimos 20 minutos foron un monólogo local aínda que o conxunto visitante tivo dúas ocasións en dous contragolpes que Manuel e Lema a punto estiveron de aproveitar.
O final, reparto de puntos nun partido no que o árbitro resultou ser bastante caseiro, xa que nunca dubidaba cando había algunha xogada complicada.
Tal e como transcorreu o encontro, o punto colleitado polo Malpica non é malo e permítelle manterse na quinta posición da táboa.

viernes, 23 de noviembre de 2007

Video promocional da S.C.D. Malpica

Ahí vai un video marca da casa. Esperamos que vos guste e convenza, se xa non o estades.

Detalle de Leo


Leo, futbolista do Cee e pichichi da liga con 10 tantos, foi o protagonista na duodécima xornada de liga o darlle a victoria a domicilio diante do Castriz o seu equipo, o cal segue como líder da liga da costa. Dende esta páxina queremos facer incapé e agradecer o detalle que o futbolista tivo con Alfredo Suárez, e desexarlle moita sorte na actual tempada.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Malpica 2 - Corme 0

SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego, Alfredo II, Iago, Marco, Charli, (m.31 Quique), Lema, (m. 61 Charro), Sassano, (m. 80 Koke), Manu Pardo, Elías.
Corme CF: Suso; (m. 81 Abel), Adolfo, Diego, Tupa, Cordobés, Felipe, Martín, (m.69 Rafa Valiña), Juan, Yago, Brais, Alejandro.
Goleadores: 1-0, min. 41: Quique, lanza un centro chut dende a banda dereita, pega no poste e entra na portería dun sorprendido Suso. 2-0, min. 92: Charro, recibe un pase en profundidade, e, rozando o fora de xogo, bate por baixo a Rafa Baliña.

Tarde de choiva nunha Pedra Queimada onde o conxunto local quería demostrar que o da xornada pasada só fora un desliz. A pesar do tempo, a asistencia foi boa xa que se rozaron os 150 afeccionados.
A climatoloxía marcou moito a primeira parte na que o fútbol foi máis ben escaso. Ademais da choiva, o forte vento dificultaba moito a circulación de balón. Aínda así, producíronse varias ocasión en ambas porterias. O Corme dispuxo de varias oportunidades moi claras, unha tras unha indecisión de Alfredo que tardou moito en despexar e o dianteiro do Corme botóuselle enriba rexeitando cara á portería e case sorprendendo a Toni que respondeu moi ben. Minutos máis tarde, Juan case consegue bater a Toni dende lonxe aproveitando o vento a favor. A única ocasión salientable do Malpica foi tras un roubo no medio de Rodri que tras desfacerse do defensa mandou o pase da morte que Charli rematou alto. Corría o min. 30 cando o propio Charli caía lesionado nunha carreira pola banda, este sería sustituído por Kike nun cambio que á postre resultaría importante no desenvolvemento do encontro. Cando parecía que o partido iba chegar ó descanso co empate no marcador, produciuse o que seguramente sería o golazo da xornada. Kike, que estaba pegado a banda dereita, desfixose do seu marcador cunha bonita finta e sen pensalo mandou un centro chut que se colou pola escadra contraria sen que o porteiro puidese facer nada. O Malpica conseguía poñerse por diante e ir ós vestuarios con vantaxe no marcador.
Na segunda metade a choiva calmou pero o fútbol seguíu sen aparecer. O Corme só creaba perigo a balón parado e o conxunto de Esmorís trataba de matar o partido e agardar a que pasasen os minutos. Apunto estivo de sentenciar o Charro nunha bonita xogada individual na que se desfixo do seu marcador cun cambio de ritmo e que cruzou en exceso ante a saída de Suso. Xa antes Rodri estivera a punto de marcar nun rexeite do porteiro cormelán tras unha falta botada por Manuel, nesta xogada o porteiro resultaría mancado téndose que retirar máis tarde e sendo sustituído na portería por Rafa Baliña. Cando o partido xa estaba rematando, o Charro aproveitou un pase en profundidade para marcar o segundo tanto que celebrou de maneira emotiva ensinando unha camiseta apoiando ó seu compañeiro na dianteira Alfredo Suárez, o árbitro non entendeu este xesto e sacoulle o segundo cartón amarelo, ésta foi a nota negativa do encontro xunto coa lesión de Charli.
Cabe destacar o debut do xuvenil Elías, que disputou os 90 min. realizando unha boa actuación.

Alfredo é noticia










Ademáis das mostras de apoio que está a recibir por parte de varios equipos da costa, a lesión do ariete malpicán tamén está sendo seguida de cerca polo DeporSport.

sábado, 17 de noviembre de 2007

Fotos Malpica-Xallas

Mergullando por internet atopamos estas fotos pertencentes o partido contra o Xallas da tempada 95/96.



jueves, 15 de noviembre de 2007

Alfredo Suárez "fora de xogo"

O pasado martes día 13, ven de confirmarse a grave lesión de Alfredo Suárez. O xogador vai perderse toda a temporada debido a rotura do seu ligamento cruzado, asi como unha pequena rotura no corno do menisco e un esguince no ligamento lateral interno. O xogador, o cal deberá pasar polo quirofano en torno a un mes e medio, declarou e fixo incapé en que "o importante e que a lesión cure o mellor posible", xa que o importante neste momento "é a saude e intentar volver a vida normal o antes posible. Tanto desde Malpica, como de outros moitos lugares o xogador recibiu mensaxes de apoio, o cales "quero agradecer" xa que me son de gran axuda neste momento.

martes, 13 de noviembre de 2007

Estamos dentro!





Isto comeza a ser serio, o noso blog xa pode ser coñecido por máis xente xa que o pasado venres o DeporSport facía mención á nosa páxina nun reportaxe sobre os sitios webs dos equipos da costa. Hai que seguir traballando.

lunes, 12 de noviembre de 2007

Monte Louro 4 - Malpica 1

UD Monte Louro: Juan Carlos; César, (Antonio), Pedro, Tono, Gael, Pulpo, Chema, (Eloy), Piti, Joja, Sérgio, Edu.
SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Alfredo II, Víctor, Marco, (Coki), Javi, (Charro), Lema, R. Sassano, Manuel, Charli.
Goles: 1-0, Piti, min. 39, remata a porta valeira, nun erro colectivo da defensa e tras desfacerse do porteiro visitante. 2-0 Joja, min. 47, nun bonito remate dende cerca, a pase de Sergio. 3-0, Edu, min. 70, de remate cruzado a centro de Sergio. 4-0,Sergio, min. 83, en bonita xogada persoal. 4-1, Lema, min. 85, adiantándose ao porteiro local rematando un centro de Diego

A tarde presentábase perfecta para xogar ó futbol, bo tempo e moi bo ambiente nas gradas. O conxunto de Esmoris viña con moita confianza tras dúas vitorias consecutivas e pretendia engancharse ó tren de cabeza sumando os tres puntos.
O partido comezou cunha fase de recoñecemento entre os dous equipos, parecían estarse observando un o outro para ver quen daba o primeiro golpe. Foi o conxunto local o que a abriu a lista de ocasións. Toni tivo que intervir en algunha ocasión e noutra, Diego foi o que sacou o balón debaixo dos paus. A ocasión máis clara foi un man a man que tivo o interior esquerdo do Monte Louro que se lle foi arriba. Cando a primeira parte estaba chegando ó seu fin, Lema perdeu un balón no medio do campo, a defensa estivo despistada e Toni fallou na súa saída deixando o balón nos pes de Piti que facía o xusto 1 - 0. Chegábase así ó descanso sen que o Malpica tivera unha ocasión de gol.
A segunda metade foi moi parecida. O Malpica gañou máis chegada en ataque coa entrada de Charro pero seguía sen atopar o camiño do gol. Pronto chegou o segundo golpe para os de Esmorís co segundo gol, obra de Joja, tras un bo pase de Sergio. Este segundo tanto dos locais fixo que o conxunto malpicán se viñera a baixo tanto mental como fisicamente, aínda así disfrutou dalgunha ocasión por medio de Rodri tras unha boa xogada de Charro. Ademais, o arbitro non se atreveu a pitar un claro penalti a Charro cando o resultado era de 2 -0, sinalando falta fora da área. Logo chegaron dous goles máis cando o Malpica xa estaba roto, foron dous rápidos contragolpes. Cando o partido estaba agonizando, Lema marcou o tanto da honra tras un bo centro de Diego. Partido para olvidar do Malpica, que deberá mellorar moito no próximo partido na casa contra un duro rival, o Corme.

jueves, 8 de noviembre de 2007

Avelino Vs Adelino







O xornal coruñes DeporSport destaca o peculiar enfrontamento que se dou este domingo na Pedra Queimada entre o lateral do Malpica e o dianteiro do Esteirana.

lunes, 5 de noviembre de 2007

Malpica 3 - Esteirana 0

SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Alfredo, Víctor, Marco, Alfredo Suárez (Koki), Kike, Charro (Javi), Manuel, Charli (Lema)
SD Esteirana: Luki; Chispi, Mingos, (Suizo), Pablo, Roque, Picho, Pepe, (Uro), Martín, Adelino, (Áitor), Tuno, Quique.
Goleadores: Min. 11, Alfredo, de penalti 1-0. Min. 48, Manuel, de falta directa: 2-0. Min. 89, Lema dende uns 40 metros, adiantándose á saída do porteiro 3-0.

Gran tarde para xogar ó futbol na Pedra Queimada na que se deron cita ó redor de 130 afeccionados para presenciar o encontro entre o conxunto local e o Esteirana. O cadro de esmoris tiña a intención de seguir coa boa actuación que o levara a colleitar un importante triunfo a domicilio a xornada anterior.
O partido comezou bastante ben para o conxunto local, dominando e chegando con perigo. Non tardaron en chegar as primeiras ocasións por medio de Alfredo Suárez e máis Charro. Así, e froito da insitencia local, rondaba o minuto 11 cando Manuel mandou un gran pase a Kike, que despois dun bo control orientado foi derrubado na área cando xa estaba encarando ó porteiro. Aínda que os xogadores de Esteirana protestaron insitentemente, parecía claro que houbera penalti. Alfredo Suárez enganou ó porteiro convertindo o 1 - 0. Parecía que o partido estaba encarrilado, pero incomprensiblemente, e como xa sucedeu máis dunha vez nesta tempada, o cadro de Esmorís desapareceu do encontro e o conxunto visitante aproveitou para virse arriba e obrigaou a Toni a intervir en varias ocasións.
A segunda metade comezou máis igualada pero foi o Malpica o que golpeou de novo nada máis comezar. Foi Manuel, que anotou o segundo transformando de maneira brillante unha falta directa que el mesmo provocara. O partido continuou polos mesmos derroteiros ata o minuto 60 cando se producíu a xogada clave e á vez desgraciada do partido. Alfredo Suárez pisou mal tras disputar un balón e sentíu como lle estalaba por completo o xeonllo. O xogador tivo que ser retirado polos seus compañeiros entre berros de dór, deixando gran preocupación entre os xogadores.
Os minutos restantes foron un monólogo do Esteirana que meteu ó conxunto local no seu campo, o cal se limitaba a saír en tímidos contragolpes. Malía isto, o cadro visitante non logrou marcar, unhas veces pola falta de puntería e outras polas grans intervencións de Toni que fixo unha moi boa actuación.
Xa no minuto 89, Lema aproveitou un contragolpe lanzado por Manuel para adiantarse á saída do porteiro e batelo dende uns 40 metros establecendo o derradeiro 3 a 0.

viernes, 2 de noviembre de 2007