martes, 24 de febrero de 2009

SCD Malpica 3 - Camariñas CF 1

SCD Malpica: Toni; Busto, Marcos Amado, Alfredo II, Iago, Eloy, (Manu Pardo 69’), Alfredo, (Víctor 75’), Andrés, Charro, Lema, (Marco 73’), Quique, (Charly, 41’).

Camariñas CF: Marcos, Pesqui, Nico, Breogán, (Yago 36’), Alejandro, Moriño, (Seso 67’), Gerardo, Perucho, (Javi 71’), Pedro, Ismael, (Brais 63’), Tedín, (Pablo 67’).

Goles: 1-0, (18’): Alfredo, dende o borde da área, saca maxistralmente unha falta directa por encima da barreira. 2-0, (58’): Charro, de vaselina por encima do porteiro camariñán Marcos, en xogada persoal. 3-0, (76’): Manu Pardo, noutra preciosa vaselina dende fora da área, ante a saída desesperada de Marcos. 3-1, (89’): penalti de Víctor a Pedro que Pesqui transforma, de primeiro para Toni, pero o coiro entra mansamente na portería malpicana.

Árbitro: Sr. Acuña Piñeiro. (A Coruña). Aceptable. Expulsou ao camariñán Gerardo, (vermella directa) por facerlle observacións con reincidencia.

Ambiente e Incidencias: 125 persoas na “Pedra Queimada”. Tarde soleada con lixeiro vento do Nordeste bastante frío. Quique, (41’), (SCD Malpica) e Breogán, (36’), (Camariñas CF) tiveron que retirarse lesionados tras un choque fortuíto entre ámbolos dous, pero sen consecuencias maiores.

Comentario (Luis E. Porto): Partido de nervios para os locais o disputado esta tarde en Malpica fronte á un Camariñas ben posicionado na táboa clasificatoria. Os malpicáns, saíron con gañas e aos 18 minutos , xa puñan o marcador ao seu favor grazas a un bonito gol de falta directa de Alfredo, que parece volver a retomar a súa forma doutras tempadas. Catro minutos despois (22’) o Camariñas por medio de Tedín, aproveitaba unha indecisión defensiva malpicana, salvando baixo paos en in-extremis Andrés.Fora desta xogada camariñán, os locais seguiron levando a iniciativa e nos minutos 25’ e 33’, Charro, desborda a defensa pola banda esquerda con centros sobre a área e Lema, erra as dúas veces a medio metro da portería.O Camariñas na segunda parte, saíu con moitas mais gañas en busca da remontada, e, nos primeiros 15 minutos desta parte fixo un fútbol combinativo pero con pouca profundidade, gañándolle sempre a partida a defensa local as accións dos incisivos dianteiros. A SCD Malpica, pouco a pouco foise sacudindo o dominio e Manu Pardo, (72’) envía unha volea ao poste cando se cantaba o gol . Respondeu o perigoso dianteiro visitante Pedro cun cabezazo, que Toni, salva nunha gran intervención, logo, nunha contra, Charro envía un centro que Manu Pardo de cabeza a porta valeira remata fora por moi pouco.

lunes, 16 de febrero de 2009

Fisterra 0 - Malpica 0

SD Fisterra: Antonio; Borja, Falito, (Cote 63’), Chula, Xusto, Sergio, Marco, (Xaco 66’), Piti, (Jesús 46’), Roberto, (Manuel 46’), Roco, Luisito.

SCD Malpica: Toni; Busto, Marcos Amado, Alfredo II, Iago, Eloy, Alfredo, (Fran-Martuxa 78’), Avelino, Charro, (Lema 78’), Quique, (Charly, 81’), David Blanco.

Árbitro: Sr. González Márquez. (A Coruña). Desconcentrado. A pesar da deportividade mostrada polos dous equipos, o colexiado estivo mais nervioso cos xogadores. Deixou de pitar un clamoroso penalti sobre Alfredo (49’). Anuloulle un gol a Charro, por suposto fora de xogo (73’). Expulsou ao fisterrán Luisito, con dobre marela, por facerlle observacións lóxicas. Enseloulle tarxetas amarelas inxustificadas a todo xogador que, ou ben abría a boca ou ao mínimo contacto, puido verse impresionado, pola presenza no partido dun Delegado Federativo.

Ambiente e Incidencias: 110 persoas nas bancadas do “Novo Cubaleiro”. Tarde soleada. Expulsado (81’) Luisito (SD Fisterra). Deste equipo tivo que retirarse lesionado con problemas musculares, Falito, (63’).

Comentario: Moito se xogaban neste encontro ámbolos dous equipos, froito delo, saíron a disputalo con moita tensión. Na primeira parte, levou a iniciativa a SCD Malpica, pero foi o fisterrán Luisito nun saque de falta que puxo en apuros a Toni (4’).Charro, (12’), cun tiro moi colocado pero algo frouxo puxo aproba a axilidade do porteiro fisterrán, Antonio. A SCD Malpica, seguiu todo o primeiro tempo creando perigo, pero, unhas veces a falta de acerto e outras as paradas de Antonio, abortaron as ocasións. Na segunda parte, os locais saíron a polo partido e plantáronse mellor no terreo de xogo, pero os malpicáns hoxe eran un equipo correoso e combativo, sobre todo defensivamente, e tapaba tódolos ocos non lle deixando manobrar aos dianteiros da SD Fisterra, que só puideron chegar con perigo, nunha bonita xogada de Manuel con centro sobre Luisito, pero o remate de cabeza deste a porta valeira, pegou no longueiro e o rexeite foi as mans de Toni.A pesar de verse dominados, tivo a SCD Malpica as mellores ocasións, (49’), penalti a Alfredo, que o árbitro non sinala. (73’), gol anulado a Charro, por suposto fora de xogo, e Charro de novo (76’), desaproveita unha gran xogada de David Blanco, tirando fora cando se encontraba só ante Antonio.
(Fotos: Oscar Santos - Que pasa na costa)

Malpica 0 - Castriz 2

SCD Malpica: Toni; Avelino, Busto, (Charly, 75’), Alfredo II, Iago, Andrés, Alfredo, Fran-Martuxa, (Víctor 46’), Charro, Quique, David Blanco, (Lema 75’)

SD Castriz: Juan; Roberto, (Martín 67’), Toniño, (Noly 46’), Álex, Alberto, Jota, Torreira, (Mauri 75’), Koeman, Cilindro, Sebas, Damián

Goles: 0-1, ( 65’): internada de Noly pola banda dereita con centro sobre o área malpicana, formase un pequeno barullo e o balón cae aos pes de Sebas que dispara, pega no longueiro e entra na portería de Toni. 0-2, (72’): xogada de Damián pola banda esquerda con centro pasado, alí aparece Noly, libre de marcaxe que a pracer marca.

Ambiente e Incidencias: 110 persoas na “Pedra Queimada”. Tarde soleada pero moi fría. Non houbo lesionados nin expulsados.

Comentario (Luis E.Porto): Primeira parte de maior iniciativa do equipo malpicán, con ocasións claras de gol para Quique (17’), que tras pegar nun defensor, salvou nunha gran parada o porteiro visitante Juan. Charro, (35’), nun man a man con Juan, que noutra boa actuación despexa coas pernas a saque de esquina. Pero a pesar das ocasións nesta primeira parte non se movío o marcador (0-0).Na segunda parte, os visitantes saíron a polo partido, e, os primeiros vinte minutos foron un toma e daca por parte dos dous conxuntos con ocasións para Alfredo (48’), saque de falta dende 45 metros á escuadra de Juan, Sebas (50’) remata ao poste un medido centro de Roberto, Noly, tira alto (57’), e finalmente Charro (60’), nunha preciosa xogada ata a liña de fondo con centro atrás que Quique malogra ao entreterse moito e despexar o perigo a defensa do Castriz.A SCD Malpica, a partir de primeiro gol, veuse algo a baixo psicoloxicamente e as pernas xa non funcionaban coa cabeza, deso aproveitouse o Castriz e comezou a crear perigo ante a portería do local Toni, que algunhas este salvou con acerto e outras desaproveitáronas os visitantes.

miércoles, 4 de febrero de 2009

A xornada 21 disputarase o 19 de Marzo

Finalmente a Federeción colgou un comunicado na súa páxina web no cal indica que os partidos pertencentes a xornada 21 disputaranse o vindeiro 19 de Marzo.

Malpica 2 - Muros 3

SCD Malpica: Toni; Avelino, Charly, Fariña, (Manu Pardo 46’), Alfredo II, Quique, Alfredo, (Andrés 56’), Busto, Charro, Eloy, (Lema 75’), Marcos Amado.

Muros SD: Lupi; Manu, (Teo 64’), Adán, Iván, (Maxi, 75’), Mayuyo, Aarón, Piti, Quico, (Mingos 87’), Jaro, (Chapote 68’), Bibi, Gabi, (Brais 51’).


Goles: 0-1; (8’): penalti de Fariña sobre Jaro que Manu transforma. 0-2; (17’): Quico, de cabeza ao recibir un medido centro dende a esquerda. 1-2; (29’): internada de Alfredo pola banda dereita, chega ata liña de fondo, enviando un centro medido ao segundo pao, e Marcos Amado que chegaba lanzado, empalma coa zurda ao fondo das mallas. 1-3; (39’): Quico, envía un centro pasado ao segundo pao, e Piti, desmarcado e sen oposición, remata de cabeza practicamente baixo paos. 2-3; (44’): saque de falta lanzado por Alfredo sobre Charro, este, regatea a un defensa e marca.

Ambiente e Incidencias: Partido adiantado ao Sábado. 115 persoas nas bancadas. Tarde nubrada e ventosa, pero sen chuvia. Expulsado o malpicán Marcos Amado, por dobre amarela.

Comentario (Luis E. Porto): A pesar das numerosas baixas: (Marco, Iago, Cheo, Rancaño, Fran-Martuxa e David Blanco), os xogadores da SCD Malpica que saltaron hoxe campo de “Pedra Queimada” , derrocharon aptitude, garra, forza, etc. Pero ao final non puideron co Muros SD, equipo que loita para acadar o ascenso, e que ademais, esta cheo de veteranos con oficio na categoría, os cales demostraron na segunda parte esa “calidade” usando tódalas marrullerías ao seu alcance para levarse os puntos.Os malpicáns, qué, coma queda dito loitaron ata a extenuación, despois dunha primeira parte nivelada, conseguiron levar a iniciativa na segunda, pero a xogada do penalti non pitado e posteriormente a expulsión de Marcos Amado, acabaron por renderse a evidencia.Agora a recuperarse para a próxima xornada en Corcubión, pois aínda quendan puntos para escalar postos na clasificación, e coa garra e sacrificio de hoxe, non se dubida que pode lograrse.

Ponteceso 4 - Malpica 1

Ponteceso SD: Pombo; Moscoso, (Toniño 60’), Dani Pallas, (Carlos 60’), Roberto Ríos, M. Torrado, Mendieta, (Tucho 60’), Nando, M. Martínez, Rubén, (Esteban 54’), Cano, Neucha.

SCD Malpica: Toni; Busto, Marcos Amado, (Andrés 64’), Marco, Iago, Eloy, Charly, Cheo, (Lema 35’), Charro, Manu Pardo, David Blanco, (Alfredo II 66’).

Goles: 0-1; (36’): pase da David Blanco sobre Charro, este recibe no punto de penalti, quebra a M. Torrado, e lanza un tiro raso e seco a dereita de Pombo. 1-1; (43’): saque de curruncho que saca Neucha e Cano remata no centro da área do porteiro ante a pasividade da defensa malpicana. 2-1; (62’): Nando controla un balón no punto de penalti e bate a Toni con un disparo esquinado. 3-1; (63’): Cano de penalti, por mans do defensa malpicán Iago, ao despexar un balón baixo paos que probablemente se colaba. 4-1; (90’): Esteban, remata coa cabeza no poste contrario, un saque de curruncho que se pase por diante de toda defensa da SCD Malpica.

Ambiente e Incidencias: 115 persoas en “O Pinguel”. Tarde nubrada, non moi fría. Expulsado con vermella directa o malpicán Iago (63’), pola xogada do penalti. Cheo (34’), con posible torcedura de nocello e David Blanco, (66’), con molestias musculares, ámbolos dou da SCD Malpica, tiveron que retirarse lesionados.

Comentario (Luis E.Porto): Todo ía ben para a SCD Malpica, tremando perfectamente ao “lider”, incluso atacando e creando perigo por medio de Charro e David Blanco, moi ben lanzados polos centrocampistas que recollían os cortes da defensa, todo funcionaba ben engrenado. Pero... chegou a primeira xogada desgraciada, que como ven sendo habitual ao longo desta tempada se ceba cos malpicáns, cae Cheo lesionado ao pisar mal e torcer un nocello, (34’), é substituído por Lema. Continúa funcionado igual a SCD Malpica, e chega a xogada do gol entre David Blanco e Charro. ¡Uf!, parece que as “meigas” por fin saen desterradas do equipo malpicán.Pero... Cano, pon as cousas no seu sitio, ao rematar sen oposición, pegado a Toni, un saque de curruncho botado por Neucha, era o min. 44, é dicir, so faltaba un para que a SCD Malpica, se fose con vantaxe no marcador, pero...Logo, Lema (50’), falla o infallable, só ante Pombo, váiselle o balón, pero..., a continuación, triple troco nos locais, buscando mellorar a faceta defensiva que deixaba navegar aos malpicáns entre augas moi ben posicionados, pero ..., ao fin, chegan os minutos fatídicos: (62’) e (63’): gol de Nando a pracer e penalti de Iago, ¿innecesario? (?), dende a posición onde este comentarista se atopaba, parecía que o balón non se colaba pero... o rapaz, debeuno ver de outro xeito, quizais mais acertado, por que estaba alí, e fixo coa mellor intención, pero... , Iago foi a ducharse expulsado e Cano non perdoou.Os de Ponteceso, a partir de aquí, xogaron comodamente e demostraron que por algo son “líderes”, non por que os xogadores malpicáns se entregaran pero... eran un menos e enfronte estaban os futuros campións. Aínda con dez e cun Ponteceso relaxado, Charro, tivo dúas claras ocasións que desperdiciou e Busto tivo un gran empalme dentro da área local cheo de rabia que levaba dinamita, pero... o disparo saíu lambendo a escuadra esquerda de Pombo. A impresión malpicana foi moi boa, pero... de continuar así, os resultados chegarán.