martes, 23 de diciembre de 2008

SCD Malpica 2-0 Santa Comba "B"

SCD Malpica: Toni; Busto, Víctor, Marco, Quique, (Fariña 88’), Andrés, Marcos Amado, (Fran-Martuxa 60’), Charly, (Eloy 76’), Charro, (Rubén 80’), Manu Pardo, David Blanco.

Santa Comba “B”: Santi; Miguel, Esteban, Agra, (Adrián 72’), Matías Ramos, Matías Pazos, Marcos, (Tuco 58’), Churián, Bruno, (Cristian 57’), Óscar, Mikael.

Goleadores: 1-0; (61’): Busto tras gran xogada de Charro 2-0; (74’): David Blanco de penalti

Boa tarde para xogar ao futbol a que se viviu este domingo na Pedra Queimada, onde se enfrontaban dous rivais directos na loita pola permanencia.
O conxunto de Agilda era consciente do que se xogaba, e queria comezar a segunda volta cunha vitoria que fixese posible a gran remontada que teñen que facer os malpicans para salvar a categoria. Asi, dende o primeiro momento foron a polo partido e durante toda a primeira parte dominaron o seu rival creando ocasions de perigo, ainda asi, os locais semellaban non estar acertados ante a porteria rival, pois nin Charro nin David culminaban as accions. De feito, foi este ultimo quen provocou un corner despois de estrelar un balon no pau. Na saida dese corner, o balon chegoulle a Marcos Amado que reventou o esferico estrelandoo con violencia na cruceta dos visitantes. Remataba asi a primeira parte con boas ocasions pero sen goles.
O segundo tempo comezou igual, en parte grazas o partido mais serio en defensa dos de Agilda que apenas concederon ocasions de gol. Era cuestion de tempo que chegara o gol, este produciuse o cuarto de hora por medio de Busto, que aproveitaba unha gran xogada de Charro e o posterior pase atras do punta malpican. O Malpica encarrilaba un partido que sentenciaria tan so 15 minutos despois cando nunha internada pola banda dereita David foi derribado dentro da area sufrindo un claro penalti. O propio David transformou a pena maxima poñendo asi o 2-0 no marcador e conseguindo unha vitoria que da esperanzas o conxunto de Manuel Agilda de cara a salvacion.

lunes, 15 de diciembre de 2008

Xallas 4-3 SCD Malpica

Xallas CF: David; Álvaro, (Kaiser 86’), Jaime, Carteiro, Sergio, Ricardo, David Pose, (Iván 46’), Toni, Jesús, Ovidio, (Amarelle 89’), José Ángel, (Ricard 64’).

CD Malpica: Toni; Busto, Víctor, Marco, Quique, Andrés, (Marcos Amado 16’), Fran-Martuxa, (Charly 75’), Cheo, (Lema 50’), Charro, Eloy, David Blanco.

Goleadores: 1-0, (27’): Toni 2-0, (36’): Ovidio tras un barullo na área. 2-1, (42’):Charro de penalti. 3-1, (49’): Jesús 3-2, (73’): David Blanco 3-3, (74’):Charro sen deixar caer o balón. 4-3, (87’): Toni

Tarde dura para xogar ó futbol no campo da Fontenla onde o Malpica chegaba coa necesidade de saír sumando para saír dos postos de descenso.
Dende os primeiros instantes viuse un partido moi aberto no que ambos equipos dispoñían de ocasións para adiantarse no marcador. Foi minutos antes de chegar á media hora de encontro cando Toni, o mellor do partido, se desfixo da defensa e do porteiro malpicán para poñer por diante ós xalleiros. O partido poñíase costa arriba para os de Agilda que tan só 10 minutos despois vían como os locais volvían marcar esta vez tras un barullo na área no que a defensa non acertou a despexar. Antes do descanso o Charro deixaba algo de esperanza tras anotar un penalti cometido sobre el mesmo.
Pero esas esperanzas viñéronse un pouco abaixo cando ós cinco minutos da segunda parte o pichichi Jesus marcaba o terceiro gol tras un bo remate de cabeza a centro de Toni. Pero a partir dese momento o conxunto local votouse atrás e o Malpica tomou o control do partido. Cando faltaba un cuarto de hora para o final, David Blanco poñía o 3 a 2 tras un bo pase de Eloy e xusto ó sacar de centro Charro poñía o empate no marcador tras un bo roubo de balón de Quique. Tras o empate, os visitantes foron a polo partido e puidérono levar, pero o que chegou foi o cuarto gol do Xallas nun bo contragolpe no que Toni volveu marcar de tiro cruzado. No tempo de desconto o Malpica puido empatar pero nin Quique nin Lema acertaron a empurrar o balón ó fondo da portería.
A boa noticia é que a parella atacante segue en racha e a escaseza goleadora xa non e tal. Nos últimos tres partidos o Malpica anotou 10 goles e todos foron obra de Charro (6) e David (4). O problema segue estando nos erros defensivos que están a condenar ó equipo de Agilda, sobre todo en partidos coma este onde se ten en fronte ó mellor xogador do ano pasado coma Toni, e ó actual pichichi, Jesus.
Remata así unha nefasta primeira volta onde os malpicáns non estuveron a un bo nivel, pero que corrixindo eses pequenos erros defensivos poderá facer un bo papel no que resta de tempada para conseguir así a salvación.

viernes, 12 de diciembre de 2008

Charro no DeporSport


O gran partido que o Charro fixo o domingo non pasou desapercibido na Liga da Costa.

Se queres ver a reportaxe completa( a dúas páxinas) podes facelo aquí a primeira

e neste outro a segunda páxina.

jueves, 11 de diciembre de 2008

SCD Malpica 4-1 SD Sofán

CD Malpica: Toni; Busto, Charly, Marco, (Alfredo II 82’), Quique, Andrés, Fran-Martuxa, Cheo, (Lema 81’), Charro, (Rubén 80’), Manu Pardo, (Eloy 74’), David Blanco,

SD Sofán: Adrián; Diego, Gustavo, (Óscar 43’), Juanjo, Gende, Mario, (Marcos, 28’), Suso Docampo, (Berti 65’), Varela, Bertín, Adrián, Eloy.

Goleadores: 1-0, (24’): Charro tras culminar unha contra de libro 1-1, (34’): Suso Docampo tras un erro no despexe de Busto. 2-1, (75’): David Blanco a pase de Charro 3-1, (78’): Charro tras unha gran asistencia de Eloy 4-1, (80’) Charro de volea

Gran vitoria do Malpica, xa ía sendo hora, contra un Sofán que non dou a sensación de ser ese equipo duro que está na parte alta da clasificación. A balanza decantouse do lado do Malpica grazas en parte á gran pegada do conxunto de Agilda. Unha pegada representada por Charro, que logrou un hat-trick con tres golazos e recordou a ese xogador determinante do último tramo da tempada pasada.
Cando ían dez minutos os locais xa dispuxeran de dúas grandes ocasións para adiantarse que Cheo e Charro non souperon aproveitar. O Malpica estaba xogando ben pero non conseguía materializar, ata que no minuto 24 unha convinación de libro entre Charli, Manuel e Martuxa acabou cun bo pase deste último para Charro que se desfixo con facilidade de dous defensores e bateu por baixo a Adrían, gran contraataque que poñía ós costeiros por diante. Pouco durou a alegría xa que tan só dez minutos despois Suso Docampo aproveitaba un erro de Busto para batir a Toni, tras un saque de banda sinalado polo árbitro cando o balón petara no banderín en lugar de salir do campo. Chegábase así ó descanso e a pantasma dos partidos perdidos esta tempada volvía a aparecer pola Pedra Queimada.
O segundo tempo comezou con dominio equilibrado entre os dous equipos e ocasión por ambos bandos, ata que chegou a xogada clave do partido no minuto 55. Marquiños facía unha dura entrada no medio do campo a Cheo, o árbitro mostroulle a segunda e merecida amarela e o xogador tuvo que irse antes de tempo para os vestiarios. Nos seguintes des minutos o Sofán tentou ir polo partido e logrou poñer ó Malpica contra as cordas e parecía que eran os de Agilda os que estaban cun home menos. Foi entón cando un pase largo dende a defensa foi peinado por Charro para que David marcara o 2 a 1. Puido sentenciar o propio Charro na seguinte xogada pero Adrían aguantoulle o man a man perfectamente. Pero sería tan só 5 minutos despois cando Eloy colleu un balón en tres cuartos de cancha e mirando ó tendido mandou unha perfecta asistencia a Charro que esta vez non desaproveitou o ariete malpicán. O mesmo Charro sería quen cerraría o partido e o seu hat-trick cun espléndido remate de volea tras unha gran xogada colectiva do conxunto local. Gran partido na Pedra Queimada que servirá para que os xogadores vaian gañando confianza.

lunes, 8 de diciembre de 2008

Actualidade blog

Durante estas tres próximas semanas, a actualización deste blog non se poderá realizar.
Un saúdo a todos e perdonade as molestias.

Segue a plaga de lesións no Malpica: Nos entrenamentos previos a victoria de onte ante o sofán Rancaño, perdeuse o partido por un esguince que sufriu o martes. E o venres Alfredo Suárez sufriu unha luxación acromioclavicular de grado II e non poderá xogar ata aproximadamente o mes de Febreiro.
Unense así a Iago e Avelino, xa que Marcos Amado volveu os adestramentos este venres.

martes, 2 de diciembre de 2008

Dous dos tres goles do Malpica este domingo

Aquí quedan dous dos tres goles que o Malpica anotou contra o San Lorenzo.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Gran partido con final inxusto: San Lorenzo 4 - Malpica 3

San Lorenzo: Poli; Fabián, Fran, Puñal, Dubra, Manín, Pedro, Anxo, (Medros, min.46), Óscar, Fran Fariña, (Sergio Fariña, min.46), Chucho, (Mata, min.46).

Malpica: Toni; Busto, Víctor, Alfredo II, Quique, Eloy, (Lema, min.69), Cheo, (Fran Martuxa, min.68), Rancaño, David Blanco, Manu Pardo, (Alfredo, min.72), Charro (Rubén, min.79).

Goles: 1-0, min.16: Internada pola dereita de Pedro con centro pasado ao 2º pao, e, Fran Fariña libre de marca, bate a Toni dende cerca. 1-1, min.18: Charro, centra atrás para que David Blanco marque. 1-2, min.43: David Blanco, recibe una pase en profundidade de Cheo, salva a saída de Poli e marca; 2-2, min.49: Falta sacada por Mata ao punto de penalti, toca de cabeza Óscar, e, Puñal, pegado ao porteiro visitante Toni, desvía ao fondo das mallas; 2-3, min.51: Charro, de penalti por mans de Sergio Fariña. 3-3, min.68: o malpicán Quique, en propia portería. 4-3, min.90: Sergio Fariña, cun tiro raso e seco.

O San Lorenzo conseguía esta semana unha tan agónica como importante vitoria. Pola súa parte, o “meigallo” aínda segue perseguindo ao equipo malpicán, suma xa sete partidos sen coñecer o triunfo. Partido de brega e garra en “As Pedreira”, ante uns 100 afeccionados. Na tarde de onte, víronse dous equipos nos postos baixos da clasificación, pero, entregados para saír deles, e ámbolos dous con bastante mellor fútbol ca outros mellor clasificados.
Unha morea de goles e un triunfo decicido no último minuto. Unha xogada antes o malpìcán Rubén puido decantar o encontro para os visitantes, pero marrou ante unha boa saída de Poli. Así, xa no 90, Segio Fariña agarra un tiro raso e seco, dende uns 25 metros, que se cola pegado ao poste esquerdo da portería de Toni, ante o delirio dos xogadores e afeccionados locais.

(Proximamente publicaremos o video de dous dos tres goles do Malpica neste partido)

lunes, 24 de noviembre de 2008

Todo segue igual Malpica 1 - Monte Louro 2

Malpica: Toni; Charly, Marcos Amado, Iago, (Alfredo, min.46), Víctor, Andrés, Alfredo Suárez, (Fran-Martuxa, min.62), Rancaño, (Charro, min.65), David Blanco, Quique e Cheo, (Manu Pardo, min.72).

Montelouro: Juan Carlos; Gael, (Juan, min.90), Pedro, Germán, César, Pedro García, Rico, Tono, Pepe, (Eloy, min.58), Chema e Pulpo.

Goles: 1-0, (min.20): combinación extraordinaria entre Quique, Alfredo Suárez, Rancaño e Cheo, este centra, toca David coa punteira, e Andrés, empalma ás mallas. 1-1, min.71: Tono, ao lanzar un penalti inexistente de Marcos Amado sobre Pepe. 1-2, min.83: cos malpicáns volcados sobre a portería do M. Louro, nun contraataque, permítelle a Rico, moi oportuno conseguir o gol da vitoria.


Lesións: O xogador local, Iago Espasandín, tivo que retirarse lesionado cun tirón muscular na perna dereita.
Un encontro que semellaba de cara para que os de Malpica retornaran ao triunfo rematou dando a volta e levando os 3 puntos para Louro. Os dianteiros malpicáns, ben apoiados polos centrocampistas, bombardearon a portería do gardamaias Juan Carlos durante todo partido, pero unhas veces o acerto deste, que estivo soberbio, e outras a precipitación, no conseguiron matar o encontro.
Así, ata o minuto 70 o control local era moi claro, pero un par de xogadas illadas bastaron para que picardía muradán dese á volta ao marcador. Un penalti moi discutido polos locais, e o saber estar de Rico foron as chaves da vitoria.
Con todo, por Malpica queda a sensación de que hai equipo para estar moito máis arriba.

sábado, 22 de noviembre de 2008

Entrevista a Manuel Agilda

Manuel Agilda, entrenador do Malpica, foi entrevistado polo diario virtual "Que pasa na costa". A entrevista podese ver integra neste enlace:
http://quepasanacosta.com/content/view/3592/56/

martes, 18 de noviembre de 2008

O Malpica sigue sumando derrotas Corme 3 - Malpica 1

Corme CF: Suso; Martín, Adolfo, Abel, Tupa, Diego, (Rafa Valiña (46’), Fernando, (Gonzalo 88’), Alejandro, Iago, Brais, Jóse, (Manueliño (82’).

SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado Iago, Alfredo II, Quique, Cheo, (Fran-Martuxa 54’), Eloy, (Lema 58’). David Blanco, Andrés, (Charly 64’), Rubén, (Charro 58’).

Goles: 0-1; (30’): Cheo, empalma un tiro cruzado que pega no poste e entra, tras recibir un bonito pase Quique, por enriba da defensa cormelán. 1-1; (46’): Iago, de forte tiro a pracer, nun tremendo erro defensivo malpicán. 2-1; (47’): Jóse, noutro “regalo” da defensa da SCD Malpica. 3-1; (58’): Alejandro, dun sensacional disparo raso dende fora da área, despois da apertura dun pasillo permitido pola media e defensa malpicana.

Nova derrota do Malpica neste caso fronte o Corme. Os malpicáns non souberon aguantar a vantaxe obtida no marcador e ca cal se marcharon os vestiarios. Durante a primeira parte o dominio territorial, que non de xogo foi do Malpica, cunha actitude combativa en todo momento. Pero na segunda parte o equipo cormelan conseguíu a remontada tras dous erros defensivos do conxunto visitante. O árbitro, que estivo un tanto caseiro, non viu un claro penalti a Lema no min. 73.

O Malpica segue sen levantar cabeza nunha xeira de resultados moi negativos de cara a manter a categoría.
Pedimos disculpas pola tardanza da actualización

domingo, 9 de noviembre de 2008

Nova derrota do Malpica ante o Carnota 1-2

SCD Malpica: Toni; Avelino, (Marcos Amado 67’), Víctor, Iago, Alfredo, Andrés, Lema, (David Blanco 46’), Alfredo Suárez, Charro, Manu Pardo, (Charli 69’) Eloy, (Quique 46’).

UD Carnota: José Ángel; Nico, Jorge, Santi, Bruno, Castreje, (Fresa 81’), Pablo Beiro, Tono, David Caamaño, Cacho, (Oliver 88’), Miki.


Goleadores: 1-0: (30’), Alfredo Suárez, recibe un centro largo e medido de Charro, controla o balón dentro da área, e dende cerca marca salvando a saída a desesperada do porteiro visitante José Ángel, na que sería a única aproximación malpicana na primeira parte sobre a portería da UD Carnota. 1-1: (32’), Cacho, recibe unha deixada co peito do seu compañeiro David Caamaño e ante a pasividade da zaga malpicana, fusila a Toni dende cerca. 1-2: (42’), erro incomprensible do xogador local Eloy, o cal, pegado a banda á altura do banquiño local, fai un despexe hacia a súa portería, o balón fai un extrano ante Toni con toda a ventaxe para este, esbara, e Cacho, que seguía a xogada, atópase co regalo empuxando o balón dentro da portería de Toni, ante a desesperación dos xogadores e seareiros locais, que non daban crédito ao que estaban mirando.
Árbitro: Sr. Sande Bouzas. (A Coruña). Na primeira parte pasou casi desapercibido. Na segunda dou un recital de pito e tarxetas en contra da SCD Malpica, incluido un penalti a favor da UD Carnota, (lanzou Cacho e parou Toni), que só existiu na súa imaxinación. Foi un salto limpo entre o defensor local, Iago e o carnotán Santi, os propios xogadores visitantes quedaron sorprendidos co regalo, que logo desaproveitaron. O rapaz, estivo realmente desorientado, ainda que, non pode decirse que influira no resultado final.

Ambiente e Incidencias: 100 persoas na “Pedra Queimada”, esta baixando moito a afluencia de público en Malpica, a verdade é que o equipo non acaba de arrincar, a pesar dos desexos dos xogadores por agradar, pero a racha esta a ser tan irregular que non atrae a xente ao campo. Tarde sen chuvia e temperatura agradable. Non houbo expulsados nin lesionados.

Crónica: Ademais dos goles, na primeira parte só anotamos unha xogada de perigo po cada bando, así, Andrés, (18’), recibe de manu Pardo nunha xogada ensaiada a saque de curruncho, e lanza un zambombazo que salva un defensor baixo paus, cando o porteiro visitante xa non chegaba ao balón. Na xogada seguinte, (19’), Nico, sae ao contraataque cruza todo o campo a lanza un forte disparo que sae lambendo o longueiro de Toni. Na segunda parte, coa entrada de Quique e o debut de David Blanco, deron mais mordente ao equipo, sendo o dominio total e absoluto malpicán, pero a pesar de bombardear a meta carnotana, o gol de empate non chegou, Houbo tiros de Quique (50’), Alfredo, (78’), David Blanco, (88’), cabezazo a cruceta e 90+2 de Marcos Amado. Loitando coma na segunda parte, e coa incorporación dos lesionados, o equipo da SCD Malpica, ten que escalar postos na táboa, posto que equipo haino para elo. O proximo Domingo en Corme, pode e debe ser o inicio.


(Crónica Luis E. Porto: Blog Hª da SCD Malpica)

miércoles, 5 de noviembre de 2008

David nova fichaxe da SCD Malpica

David Blanco (Cabana, 1988) é xa novo xogador do Malpica. O xogador fai un paréntesis na súa estadía no Sp. Sada e amplía a plantilla dos malpicáns.
Formado en Cabana, xogou en equipos como o Bergantiños (Juveniles Liga Nacional), donde coincidiu con Iago e Alfredo Suárez, Montañeros (Juvenil División Honor), Cabana e Sp. Sada.
O Malpica pretende con esta fichaxe sumar calidade o grupo e competencia os xa integrantes da plantilla para que cada un siga dando o máximo e acadar así a mellor clasificación posible.
Seguro que David aportara moito o grupo cos seus goles.

lunes, 3 de noviembre de 2008

Empate do Malpica en Camariñas

Camariñas CF: Marcos; Pesqui, (Javi 75’), Maikel, Riveiro, (Perucho 73’), Breogán, Moriño David, (Sergio 85’), Alejandro, Brais Triñáns, Tedín, (Pedro, 57’), Ismael.

SCD Malpica: Toni; Avelino, Marcos Amado, (Víctor 26’)), Iago, Marco, Manu Pardo, Alfredo Suárez, Lema (Charli 56’) Rubén, Andrés, Rancaño, (Quique 26’)

Goles: 0-1; (14’), Rancaño, de forte disparo ao borde da área, tras recibir un medido pase de Alfredo Suárez. 1-1; (22’), David, nun man a man con Toni, de tiro cruzado. 2-1; (54’), David, remata dende cerca un centro de Brais Trináns. 2-2; (67’), Alfredo Suárez, de penalti, tras derribo a él mesmo, nunha indecisión de Riveiro e Breogán, centrais do Camariñas.

Bo o resultado acadado polo Malpica no campo Hermanas Patiño en Camariñas. O equipo malpicán conseguíu sacar o empate nun dos campos máis complicados da competición, donde os camariñans tiveron máis oportunidades pero o Malpica foi efectivo. Boa tarde de Toni, porteiro malpicán, que acertou a parar un man a man ante David (min.5) e outro ante Brais (min.41).

Na segunda parte o partido estivo máis igualado. O Camariñas volcouse en ataque e o Malpica tentaba sorprender o contragolpe pero nin uns nin outros acertaron a marcar, exceptuando os goles. En dous tiros Brais e Pedro non atoparon portería, nos tiros máis perigosos do Camariñas, e o Malpica non soubo levar ven duas contras de 4 para 3 con clara vantaxe.
Positivo o resultado malpicán que deberá gañar partidos para saír desa zona perigosa.



Gol do empate do Malpica: Alfredo Suárez de penalti.


lunes, 27 de octubre de 2008

Empate do Malpica ante o Fisterra

S.D.C. Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, Alfredo, (Iago, min.65), Marco, Manuel, Alfredo Suárez, Rancaño, (Charli, min.77), Rubén, (Lema, min.63), Andrés, Eloy.


S.D. Fisterra: Toni; Falito, Cote, Sergio, (José, min.52), Rodrigo, Manín, Rivas, (Borja, mi.n68), Marco, Manuel, Roco, Luisito (Ismael, min.52).


Expulsións: o xogador local Eloy (min.87), por dobre amarela. Os xogadores e público malpicán, reclamáronlle un penalti (39’), por derribo dentro da área ao local Rancaño, cando se dispoñía a rematar a gol despois de irse de dous contarios.

Lesións: os locais Rancaño e Alfredo, tiveron que retirarse lesionados.

Ambiente e Incidencias: Tarde agradable de sol. A peor entrada no que vai de tempada na “Pedra Queimada”, só 70 persoas.


Moi pouco fixo a SD Fisterra en ataque para levarse un punto do campo malpicán. Apenas creou perigo nos primeiros vinte minutos, e foi no 18 a súa acción máis perigosa nunha xogada persoal de Sergio pola banda dereita cun tiro seco e cruzado que detivo moi ben Toni en excelente intervención.
Non obstante os fisterráns, co centro do campo maniataron moi ben aos centrocampista malpicáns nesta primeira parte. Pero o local Alfredo Suárez nesta parte tivo un clara ocasión, pero cruzou demasado o seu tiro ao que non chegou Rubén por moi pouco .
Na segunda, a SCD Malpica, saíu a resolver e o dominio foi abrumador, sendo as mellores ocasións para Alfredo Suárez, como a que recibiu un saque de falta no minuto 54 de Manu Pardo en espléndida xogada ensaiada, pero no que o tiro de volea sae lambendo a escadra. A mellor xogada do partido foi unha combinación, Rubén, Rancaño, Víctor, na que este útilmo centra e Alfredo Suárez non chega por milímetros. O partido puidose decidir nun tiro de Rancaño pero o balón petou no seu compañeiro Alfredo Suárez e foise por riba da porteria fisterrana, cando xa entraba na portería.
Empate que non vale de moito para ambos conxuntos, que seguen na zona baixa da clasificación. O Fisterra así e todo, mellora en defensa mentres que o Malpica segue a fallar de cara a gol.

domingo, 19 de octubre de 2008

Derrota do Malpica en Castriz

SD Castriz: David; Alex, Toniño, Roberto, Alberto, (Martín 78’), Jota, Nolito, Koeman, Sebas, Mara, (Moro 89’), Javi Campos, (Mauri 56’).

SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, (Avelino 81’), Iago, Alfredo, Andrés,
Alfredo Suárez, Eloy, (Busto 70’), Rubén, (Charro 65’), Manuel, (Quique 78’), Rancaño

Gol: 1-0, Mara, (88’), dun forte tiro dende o punto de penalti, ao recibir dentro da área, un rexeite en curto da defensa malpicana, nun balón colgado por Jota.

A sorte non acompañou o Malpica nun partido que dominou de principio a fin. Quitando a xogada do gol e un remate de cabeza de Koeman (min. 1) o Castriz apenas inquietou o meta Malpicán. Na primeira parte os dous equipos dedicaronse a controlar o rival, o Malpica defendia atrás e o Castriz non atopaba continuidade no seu xogo. En varios contrataques os visitantes puideron adiantarse, pero os seus tiros a cargo de Rubén, Alfredo e Manuel, non atoparon portería.

A xogada clave do encontro chega no min. 54. Rubén provoca un penalti que o porteiro local para maxistralmente a tiro de Manuel, e o rexeite a tiro do mesmo pega no travesaño da portería. Nesta segunda parte o Malpica controlou o partido pero non acertou a desequilibrar o marcador. Cando o todo parecía indicar que o partido acabaría en empate, o Castriz (que xogaba cun home menos por expulsión de Roberto) marcou nunha xogada desgraciada, donde o balón quedoulle perfecto a Mara para empuxala e levarse asi os tres puntos.


Inxusto quizais o marcador, pero o xogo desplegado polo Malpica deixou boas sensacións.
Video de como o David deten o penalti de Manuel:

sábado, 18 de octubre de 2008

O Malpica viaxa a Castriz

Este domingo os malpicans desprazanse ata Castriz. O partido presentase compricado, xa que o equipo local debe gañar para seguir loitando cos da parte alta da clasificación, e o Malpica tentará sacar un resultado positivo. O bus da expedición malpicana sae as 14:30.
Ven animar o teu equipo

jueves, 16 de octubre de 2008

Final Copa da Costa 1985 Malpica - Cabana

Grazas o noso compañeiro de equipo Marcos Amado, quen facilitou o partido completo, podemos dispoñer do video no que o Malpica conseguiu o título da Copa no ano 1985. Intentaremos mellorar a calidade en canto nos sea posible.

Parte 1 e Parte 2

Parte 3 e Parte 4

Parte 5 e Parte 6

domingo, 12 de octubre de 2008

Victoria do Malpica ante o Corcubión 4-1

SCD Malpica: Toni; Avelino, Marcos Amado, Marco, (Alfredo, 36’), Iago, Andrés, Alfredo Suárez, (Charli, 82’), Rancaño, Rubén, (Fariña, 85’), Manuel, (Quique, 76’), Charro, (Busto, 56’).

UD Corcubión: Lourido; Nando, Chisco, Andrés, José Mª., (Óscar, 72’), Andujar, Christopher, (Diego, 65’), Jóse, Penedo, Carlos, Pablo.


Goles: 1-0, 1’, Alfredo Suárez, de disparo no interior da area o recibír un pase longo Manuel. 2-0, Rubén, (37’), o aproveitarse dunha indecisión entre o defensa visitante, Andujar e o seu porteiro Lourido. 3-0, Rubén, (73’), de remate a media volta en semifallo, a centro de Rancaño. 3-1, Penedo, (80’), de penalti moi protestado. 4-1, Charli, (86’), ao recibir una pase medido de Andrés.

Partido pouco vistoso o visto este domingo na Pedra Queimada. Pese o abultado do resultado hai que dicir que o Corcubión dou a cara en todo momento e foi mellor en moitas fases do partido, pero o tempraneiro gol dos malpicáns condicionou o partido. Incluso nun contrataque no min. 12 Alfredo Suárez estivo a punto de ampliar o marcador. O Corcubión estivo a punto de empatar pero o balón petou na escadra a tiro de Jóse.

Na segunda parte puideronse ver moitas ocasións de ambolos dous equipos. O Malpica chegaba en contrataques que non conseguiu materializar(esceptuando os goles), Rancaño, Manuel e Rubén estiveron cerca do gol e o Corcubión con varios tiros a cargo de Christopher, (46’), Chisco, (48’), Penedo, (76’), pero Toni estivo moi acertado.

Finalmente victoria do Malpica que toma un pouco de aire, e visitará o Castriz na vindeira xornada.

lunes, 6 de octubre de 2008

Derrota do Malpica en Muros 7-2

Muros SD: Lupi; Manu, ((Gabi, 59’), Iván, Teo, (Nel, 80’), Adán, Álvaro, Maxi, (Xurxo, 66’), Gelo, (Quico, 57’), Piti, Brais, (Jaro, 72’), Cexo.


SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, Marco, (Charli, 70’), Alfredo II, (Avelino, 46’), Iago, Cheo, (Charro, 28), Busto, Rubén, (Alfredo, 46’), Manu Pardo, Rancaño.


Goles: 1-0, 1’, Maxi, ao rematar no segundo pau libre de marca, unha falta sacada por Brais. 2-0, 15’, Maxi, ao interceptar un saque de falta en curto do defensa malpicán Alfredo II. 3-0, 31’, Brais, en xogada persoal, nunha indecisión defensiva da SCD Malpica. 3-1, 35’, Charro, de xogada individual con tiro cruzado. 4-1, 71’, Cexo, a pase de Piti. 5-1, 74’, Quico, de bonita vaselina. 6-1, 78’, Teo de cabeza, en pleno desconcerto malpicán. 7-1, 80’, Cexo, redondea a conta para os locais. 7-2, 84’, Rancaño, de forte tiro con efecto dende o borde da área.

Desastre, esa é a palabra ca que se pode definir a actuación do Malpica en Muros. O xogo desplegado polos malpicáns non foi malo, pero os continuos fallos do equipo en xeral fixeron deste partido un tramite para o Muros. O peor, a parte do resultado foi a lesión de Cheo que tivo que abandonar o partido na primeira parte. Nada máis que dicir xa que o resultado o dio todo.

lunes, 29 de septiembre de 2008

Derrota do Malpica ante o Ponteceso

SCD Malpica: Toni; Avelino, (Alfredo II, 62’), Marcos Amado, Marco, Víctor; Manu Pardo, (Busto, 70’) Cheo, Rancaño, Charro, (Charli, 89’), Andrés, (Rubén, 84’), Alfredo, (R. Sassano, 60’).


Ponteceso SD: Pombo; Cano, (Salva, 90’+4’), Carlos Puga, Óscar, Carlos Mato; Tucho, (Rubén, 46’), Javi, (Neucha, 60’), Miguel Martínez, Esteban, Nando, Mendieta, (Carlos Rey, 70’).

Gol: min. 76 Carlos Rey aproveita o fallo do Malpica tras un saque de esquina moi pechado.

O xogo máis directo do Ponteceso impuxose nunha boa tarde para disfrutar dun partido que estivo por debaixo das espectativas.

O equipo visitante gozou das mellores oportunidades do partido. Na primeira parte o Malpica tivo varios contrataques que non soubo resolver e o Ponteceso achegavase colgando balóns e con un par de faltas unha delas petou "case" na cruceta, pero dou nos soportes da rede.

Na segunda parte o Ponteceso tivo a que quizáis foi a ocasión máis clara. Despois dun fallo do porteiro local, Rubén manda fora incomprensiblemente, xa que se atopaba dentro da area pequena. Neste período o Malpica tentouno a balón parado e Manuel estivo cerca do gol nunha delas. Moitos dos xogadores malpicáns solicitaron penalti nunha das faltas, pero o colexiado entendeu que Cheo fora derribado fora da area.

Finalmente derrota do Malpica que segue sen encontrar a portería rival, e xa van dous partidos a cero.

lunes, 22 de septiembre de 2008

O noso blog en "Que pasa na costa"

Nesta semana na súa sección "A bitacora da semana" presentan o noso blog.
Podes velo en: www.quepasanacosta.com

Empate sen goles do Malpica en Baio

CD Baio: Trucho; José Antonio, López, Mario, Ramón, Sergio Pensado, (Borja, 78’), Dani, Carlos, (Martín, 56’), Alberto, Martín Fuentes, (Felipe, 62’).


SCD Malpica: Toni; Avelino, Víctor, Alfredo II, Iago, Andrés, (Fran Martuxa, 63’), Cheo, Rancaño, R. Sassano. (Charro, 78’), Alfredo, (Rubén, 63’), Busto, (Charli, 63’).

Xa comeza a ser un problema para o Malpica atopar porta. Desta vez os malpicáns conseguiron o empate no Platas Reinoso 0-0, pero o resultado non reflexa o visto no encontro. Os de Manuel Agida tiveron máis ocasións que o Baio e puideron levarse o partido, nembargantes outra tarde para olvidar dos dianteiros visitantes.

O partido foi moi disputado e as ocasións máis claras puxoas o Malpica cun remate o longueiro de Cheo e cun gol anulado a Sassanno por un fora de xogo inexistente. A ocasión máis clara do Baio neste período foi un man a man que logrou salvar Toni nos mellores minutos dos locais.

Na segunda metade máis do mesmo o Malpica quería e non podía. Tras unha gran xogada de Cheo, Rancaño tivo a ocasión de desnivelar o marcador pero o porteiro local conseguiu abortar o perigo e máis tarde Busto nun centro que bateu nun defensa, pero Dani consegue sacar o balón na liña de gol. O Baio tamén puido marcar despois dun desaxuste do porteiro visitante, pero o tiro de Martin foise desviado.

Hai que resaltar que ainda que a colexiada Nuria López non tivese a sua mellor tarde agradecese o respeto e a educación coa que tratou os xogadores non coma outros compañeiros seus.