lunes, 28 de julio de 2008

Comeza a pretempada

Despois da presentación o pasado día 23, Manuel Agilda confirmou que o martes día 29 de Xullo dará comezo a pretempada da SCD Malpica. O preparador ten pensado que o equipo entrene tres dias por semana, para poder coller boa forma de cara os partidos de preparación. Asi mesmo trasladoulle os xogadores a súa confianza e confirmou que a mediad que vaia avanzando a pretemporada trasladará a directiva a lista de xogadores coa que afrontará a campaña 2008/09.

martes, 8 de julio de 2008

Presentación da SCD Malpica

Finalmente a presentación da SCD Malpica celebrarase o día 23 de xullo no campo "A Pedra Queimada". Os xogadores teran que persoarse as 21:00 horas e con roupa para entrenar.

Manuel Agilda novo adestrador


Finalmente, a SCD Malpica chegou a un acordo con Manuel Agilda para que sexa o adestrador do equipo durante a próxima campaña 2008/09. Agilda chega para cubrir o oco de Ramón Esmoris, o cal levará a cabo o traballo cas categorias base do Malpica.

Manuel Agilda conta co título nacional e anteriormente adestrou o Olímpico de Rutis e o Betanzo B. Desexamos que o seu labor no equipo leve o Malpica de novo a codearse cos equipos punteiros da liga da costa.