lunes, 30 de enero de 2012

LIGA DA COSTA 20ª XORNADA: SCD MALPICA 2 - CORCUBIÓN 0

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Andrés (David Álvarez min.69), Rancaño, Neucha, Cheo (Miguel Avelino min.73), Pablo (Casais min.63), Tato (Manu Pardo min.78), Charro.

UD CORCUBIÓN: Andrés (Cristian min.73), José, Papi, Conguito (Jony min.60), Sergio Manín (Paulo min.60), Alán (Balucho min.53), Eduardo, Alberto, Mario (Terrenla min.65), David Lourido, Miguelón.

Árbitro: Hermo Alonso. Moi ben. Controlou perfectamente o encontro sen abusar dos cartóns, seguio o xogo sempre de cerca e mostrouse valente nas posibles accións polémicas. Anulou dous goles, un a cada equipo, por sendos fóras de xogo do visitante Mario (min.30) tras un saque de falta e do dianteiro local Pablo (min.56) tras plantarse só ante o gardameta Andrés. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde despexada pero fría na Pedra Queimada. Unhas 150 persoas asistiron ao encontro. Non houbo lesionados de gravidade. Ao comezo do partido, os dous conxuntos fixéronlle o "pasillo" ao equipo xuvenil da SCD Malpica, que o sábado se proclamara campión do Grupo 4º da Primeira Autonómica.

Goles: 1-0 (min.12): Tato recibe o esférico case no mediocampo, avanza con el sen que ningún defensa visitante lle saia a tapalo paso e dispara dende a media lúa da área entrando o balón pegado ao pao esquerdo. 2-0 (min.37): Xogada individual de Cheo por banda dereita, chega a líña de fondo centra cara Pablo que dispara pero despexa o meta Andrés, o balón vólvelle a caer ao dianteiro malpicán que cede a Tato para que éste marque dende o borde da área con suspense pois o balón toca no pao dereito e no gardameta antes de entrar.

viernes, 27 de enero de 2012

XUVENÍS

Derradeira xornada de liga para os xuvenís da SCD Malpica tendo de novo a posibilidade de ser campións. Para iso, deben cando menos empatar mañá aás 16:00 horas na Pedra Queimada ao Dumbría "B", conxunto que é o 2º clasificado a 3 puntos do Malpica.

Queremos desexarlle moita sorte ao equipo de Piña, pedindo o apoio da afección para animalo equipo durante todo o encontro.

AXENDA PARA O FIN DE SEMANA

AFECCIONADOS: SCD MALPICA - CORCUBIÓN, domingo 29 ás 16:00 horas.

XUVENÍS: SCD MALPICA - DUMBRÍA "B", sábado 28 ás 16:00 horas.

CADETES: SCD MALPICA - CEE, sábado 28 ás 11:00 horas.

lunes, 23 de enero de 2012

LIGA DA COSTA 19ª XORNADA: CASTRIZ 0 - SCD MALPICA 2.

SD CASTRIZ: Herrera, Michel, Sergio Pose (Prego min.59), Álex, Toniño (Sergio Gerpe min.82), Mauri (Jhony min.79), Martín (Pablo min.46), Toño, Sebas, Iván, David Agra.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Marco (Marcos Amado min.46), Rancaño, Neucha, Cheo (Daniel Varela min.80), Pablo (Manu Pardo min.86), Charro (Miguel Avelino min.67), Andrés.

Árbitro: Fernández Iglesias. Regular. Non tivo unha incidencia directa no resultado, pero si tivo moitos erros de apreciación (especialmente na segunda metade) e apenas sacou cartóns en accións que as merecían. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde fría co ceo nubrado pero sen choiva. Pouco público en San Pedro, con apenas 50 espectadores. O defensa malpicán Marco abandonou o terreo de xogo con problemas musculares.

Goles: 0-1 (min.14): Marco envía en longo cara a frontal da área local, Pablo anticípase á defensa, controla, penetra na área polo pico dereito e bate a Herrera cun gran disparo cruzado. 0-2 (min.45): Cheo centra dende a banda dereita cara o segundo pao onde aparece Neucha que anota cunha espectacular semivolea cando apenas tiña ángulo.

domingo, 22 de enero de 2012

RESULTADOS DAS CATEGORÍAS INFERIORES

XUVENÍS: Coristanco 3 - SCD Malpica 3 (Goles de Eme -2- e Martín Maradona). Con este resultado, o equipo de Piña encara a última xornada de liga coa necesidade de sumar polo menos un empate para conquistalo título.

CADETES: Outes 3 - SCD Malpica 1. O gol malpicán foi obra de Pitís.

viernes, 20 de enero de 2012

XUVENÍS

Os xuvenís da SCD Malpica disputan mañá sábado a penúltima xornada de Liga, podendo proclamarse campións se logran a vitoria (ou se o Dumbría non consegue gañar). Dende a directiva do Malpica queremos darlle moitos ánimos ao adestrador Piña e aos xogadores para que logren o título ligueiro.

AXENDA PARA O FIN DE SEMANA

- AFECCIONADOS: Castriz - SCD Malpica, domingo 22 ás 16:30 horas.

- XUVENÍS: Coristanco - SCD Malpica, sábado 21 ás 16:00 horas.

- CADETES: Outes - SCD Malpica, sábado 21 ás 10:30 horas.

lunes, 16 de enero de 2012

LIGA DA COSTA 18ª XORNADA: SCD MALPICA 3 - NANTÓN 2

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Andrés (Charro min.63), Marco, Rancaño, Neucha, Cheo, Dani (Iago min.46), Tato, Pablo (Miguel Avelino min.75).

CD NANTÓN: Ernesto, Lareo, Diego, Félix, Sito, Carlos Vidal (Eloy min.80), Fabio, Cristian, Luis, Manolo Cruceiro, Martín Suárez (Iván min.55).

Árbitro: Goyeneche García. Mal. Na primeira metade os visitantes pediron mans de Pablo no gol do dianteiro, ademais de protestar varios fóras de xogo sinalados aos seus atacantes. No segundo tempo, foron os malpicáns os que pediron unhas claras mans de Félix na recta final do encontro tras un disparo dende a frontal. Por outra parte, o colexiado interrompeu moito o xogo, mostrándose excesivamente dialogante e dirixíndose en reiteradas ocasións aos banquillos. Expulsou ao local Tato (min.53) por un codazo sobre Martín Suárez cando trataba de protexerse das sucesivas faltas que lle estaba a facer e ao adestrador do Malpica David Baña (min.86) por protestar unha decisión súa.

Incidencias: Tarde moi fría na Pedra Queimada, con choiva e granizo intermitente durante o encontro. Máis de 100 espectadores presenciaron a contenda. O xogador da SCD Dani tivo que abandonalo terreo de xogo por un pinchazo muscular. Tamén o visitante Martín Suárez tivo que ser sustituído polo golpe que sufriu na acción da expulsión de Tato.

Goles: 0-1 (min.7): Perda de balón no mediocampo do conxunto malpicán, o balón chégalle a Luis que tira dende uns 35 metros entrando esférico preto do pao dereito dun sorprendido Suso. 1-1 (min.12): Tato centra dende a banda dereita, Cheo entra dende a segunda líña e remata dende o punto de penalti sen deixar que o balón toque o chan. 2-1 (min.15): Tato bota un saque de esquina, prodúcese un rexeite caéndolle o esférico a Pablo que controla e remata a bocaxarro. 2-2 (min.47): Balón dende a líña de tres cuartos de Cristian cara Luis que lle gaña as costas á defensa local e bate a Suso cunha gran vaselina que entra rozando o longueiro. 3-2 (min.65): Saque de banda en longo de Cheo cara a área visitante, Sito intenta despexar pero introduce o balón na súa propia portería.

lunes, 9 de enero de 2012

PRENSA

O diario Depor Sport faise eco da fichaxe de Tato pola SCD Malpica. Aquí se pode ler.

LIGA DA COSTA 17ª XORNADA: SCD MALPICA 3 - MAZARICOS 0.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Andrés, Marco (David Álvarez min.83), Rancaño, Neucha, Cheo (Miguel Avelino min.73), Dani (Daniel Varela min.68), Tato (Iago), Pablo.

MAZARICOS CF: Juan, Sergio (Chico min.46), Tuco (Brais min.32), Matías, Marcos, Oreiro, Ramón (Macata min.46), Pereiro, Aldo (Ferreiro min.54), Cristian (Kevin min.32), Stefano.

Árbitro: Lens Ares. Ben en líñas xerais, ainda que na primeira metade tivo algún erro de apreciación relativamente grave pero que non tivo unha incidencia directa no resultado. Os malpicáns reclamaron cartón vermello na acción do penalti cometido sobre Pablo ao entender que o defensor do Mazaricos era o último home pois o dianteiro local encaraba só a Juan.

Incidencias: Tarde despexada e cunha temperatura bastante agradable. Pouco público na Pedra Queimada, cuns 100 espectadores. Debutou Tato coa SCD Malpica. O defensa local Marco abandonou o terreo de xogo por molestias nun xeonllo. Os xogadores do Malpica luciron camisetas en apoio a Alfredo (que recentemente anunciou a sua retirada do fútbol debido ás lesións); os afeccionados tamén mostraron unha pancarta en homenaxe ao mesmo xogador.

Goles: 1-0 (min.19): Tato recibe no pico dereito da área, desfaise de dous contrarios nunha gran xogada individual e bate a Juan de tiro raso que se cola polo primeiro pao. 2-0 (min.49): Saque de esquina que bota Tato, a defensa visitante despexa en primeira instancia pero o rexeite cáelle a Andrés que dispara dende o borde da área anotando de tiro raso. 3-0 (min.89): Saque de falta dende a altura do mediocampo que colga Víctor sobre o punto de penalti, a defensa falla, Pablo controla libre de marca co peito e marca coa perna esquerda de semivolea.

miércoles, 4 de enero de 2012

FICHAXE

A SCD Malpica incorporou oficialmente ao dianteiro Tato, xogador que o ano pasado militara no Atlético Arteixo.