miércoles, 24 de febrero de 2010

ENTREVISTA A MANU PARDO

Hoxe publicamos unha entrevista con outro xogador clásico, tanto da SCD Malpica coma da Liga da Costa, Manuel Pardo. A estas alturas da súa carreira futbolística, pódese decir que o seu currículo é bastante extenso, pois, aparte de xogar no Malpica, pasou polos seguintes equipos: Cempés (Fútbol Sala), Buño, Cabana, Razo, Corme e San Lorenzo.

Pregunta: Por motivos laborais non podes adestrar con regularidade, o que está afectando ao número de minutos que xogas en relación con outras tempadas, ¿cómo estás afrontando esta situación?

Resposta: Non é sinxelo porque todo o mundo quere xogar, pero tamén entendo que hai compañeiros que adestran máis e é normal que xoguen, só me queda seguir adestrando cando podo e pelexar por cambia-la situación e poñerllo difícil ó mister.

P: Despois de varios anos o equipo está nunha excelente clasificación, ¿a qué crees que se debe o éxito este ano?

R: Non sei, pode ser o bo ambiente que hai no vestiario, a confianza que da o gañar partidos, é difícil atopar unha explicación.

P: ¿Qué equipo foi o que máis te sorprendeu positivamente?; ¿e o que máis te defraudou?

R: Creo que nós, porque despois de levar dous anos pelexando por non baixar estamos arriba na clasificación. Non tanto polos xogadores que temos, senón porque este ano estánnos a sair mellor as cousas. O que máis me defraudou foi o Muros, porque estaba chamado a pelexar por obxetivos maiores.

P: ¿Cál foi, para ti, o mellor momento que viviches na túa carreira futbolística?; ¿e o peor?

R: Houbo varios, un ascenso de 3ª rexional a 2ª, un campionato de 2ª, e co Cempés unha Copa Diputación e unha Liga Autonómica Norte permanecendo 16 ou 17 partidos invictos, se non lembro mal.

P: Acabas de cumplir 34 anos, ¿plantéxaste a retirada a curto plazo ou pretendes seguir disfrutando do fútbol modesto durante máis anos?

R: Gustaríame seguir disfrutando pero as rodillas estánme dando que facer, cando acabe a tempada haberá que valorar se vale pena seguir con ésta dor ou non.

P: ¿Atréveste a predecir en qué posto rematará a SCD Malpica neste 2010?

R: Si seguimos xogando como o vimos facendo esta tempada pois eu diría que entre os 6 primeiros.

Moitas gracias a Manuel pola súa colaboración con este blog.

martes, 23 de febrero de 2010

ENTREVISTA A MARCO POSE

Hoxe charlamos co capitán da SCD Malpica, Marco, toda unha institución na entidade, pois leva (nada máis e nada menos) que 20 anos xogando para o equipo costeiro, pasando polas diferentes categorías inferiores e vivindo a "época dourada" do clube en Terceira División. Comezou a xogar con 13 anos nos cadetes, debutando xa con 16 co equipo dos modestos (nun encontro que enfrontou aó Club del Mar e á SCD).

Pregunta: ¿Cómo valoras a tempada que está a realizalo Malpica?

Resposta: Esta temporada, hasta la fecha, la califico como muy buena, si no fuera por unos partidos que nos dejamos puntos cuando no contábamos, estaríamos bastante mas arriba. Ahora que tenemos la salvación asegurada que era nuestro objetivo a principios de temporada, tenemos que disfrutar de lo que queda e intentar quedar entre los cuatro o cinco primeros, que sería un excelente resultado para esta temporada viendo los equipos que ahí, incluso algunos con gente de categorías superiores.

P: ¿Cáles pensas que son os factores que influíron no cambio de rumbo en relación ós 2 anos anteriores?

R: Yo creo que la implicación y la motivación de la plantilla este año y el buen rollo que existe en el vestuario. Este año vino gente nueva que se acopló muy bien al equipo y que esta muy implicada. Este año venimos más gente a entrenar y se ve al equipo con muchas ganas, incluso cuando vamos por debajo en el marcador el equipo se va arriba y los otros años cuando la cosa iba mal mucha gente se borró del equipo y bajamos los brazos pasando de todo.

P: Ata o momento, ¿cál pensas que foi o mellor encontro/encontros que desputou o Malpica esta tempada?; ¿e o peor ou peores?

R: Me gustó mucho el equipo el día de Muros (aunque perdimos) creo que fuimos muy superiores, el día de Camariñas en casa, que hicimos un partido muy serio, y en el campo del Zas, que creo que teníamos que sumar los tres puntos si no fuera por el error del árbitro. Y los peores partidos, uno con el Xallas, que entraba dentro de los planes perder pero dando otra imagen y los otros dos con equipos de la zona baja Esteirana en casa y con el Pindo los dos partidos que jugamos.

P: ¿Cál foi a mellor época que viviches na entidade?; ¿e a peor?

R: Mi mejor época en la entidad está claro que es cuando quedas campeón de una categoría y consigues un ascenso. Pero no sabría decirte una en concreto, creo que todos los ascensos son buenos, pero yo me quedaría con el título de Preferente ya que significó ascender a una categoría como Tercera División. Y la peor época, el partido contra el Boiro que teníamos que ganar para ascender a Preferente y empatamos, estaba el campo lleno de gente, no entraba nadie en las gradas ni alrededor del campo, fue un gran palo; y los descensos de categoría que siempre que estás ahí abajo se sufre bastante.

P: Eres un dos veteranos do equipo, ¿cáles son os teus plans a curto e longo plazo no mundo do fútbol?

R: Si estoy bien físicamente me gustaría jugar un par de años más y después dejarlo que ya va siendo hora (risas) y jugar con los veteranos, y a largo plazo no me veo entrenando a ningún equipo. No me gustaría ser entrenador, se le dan muchos palos.

P: ¿Platéxaste formar parte da directiva nun futuro máis ou menos inmediato?

R: De momento creo que no. Formar parte de una directiva requiere mucho tiempo y sacrificio, más o menos sé como funcionan ya que mi padre estuvo dos veces de presidente, pero si alguna vez tengo que echar una mano no creo que me niegue, le tengo mucho cariño a este club.

lunes, 22 de febrero de 2010

LIRA 1 - MALPICA 3

LIRA CF: Quique, Josiño, Michelón, Pelexo, Paco, Marco Antonio, Suso Perico, Javi, Ancho, Tono Insua, Santi (David 70’).

SCD MALPICA: Abraham, Brais, Marcos Amado, Alfredo II, Víctor, Eloy, Neucha (Ismael 82’), Cheo, David Blanco (Marco 87’), Charlie (Casais 65’), Rancaño (Manu Pardo 65’).

Árbitro: Sr. Brandón Castro. Ben en liñas xerais, nun partido que tampouco tivo excesivas complicacións, excepto certas accións ailladas. Unha delas un claro penalti do porteiro local Quique ó derrubar a David Blanco (80’).

Goleadores: 0-1 (min. 11): Rancaño encara polo centro á defensa local e tras zafarse en velocidade dun defensor cruza de punteira, colándose o balón pola escuadra. 1-1 (min. 19): Suso Perico, dispara dende 30 metros e coa axuda do vento sorprende a un adiantado Abraham. 1-2 (min. 49): Neucha de falta directa, que supera a barreira, o coiro bota diante de Quique e cólase polo pao corto. 1-3 (min. 87): Tras un disparo de David Blanco dentro da área, Eloy recolle o rexeite, desfaise do único defensa que lle facía oposición e con Quique batido marca o 1-3 final.

Ambiente e Incidencias: Só 30 espectadores asistiron a “Portocubelo”. Tarde de tempestade con vento, granizo e choiva. Debido ás condicións climatolóxicas, o colexiado viuse obrigado a suspender momentaneamente o encontro, (min. 5) e (min. 73), durante cinco minutos nos que era imposible mesmo ver o que sucedía no campo. Non houbo expulsados. Houbo que atender durante uns minutos, aos xogadores, Marco Antonio (Lira CF) e Víctor (SCD Malpica), en lances do xogo fortuítos.

Comentario: O Malpica visitaba ó pechacancelas coa obriga de colleitar unha vitoria máis que necesaria para deste xeito non perder a estela do grupo de cabeza. Para tal tarefa, o adestrador visitante, Manuel Agilda contaba coas baixas do lesionado Andrés, de Carlitos (por un compromiso familiar) e de Iago (por enfermidade). O partido non comezaba ben para os visitantes, xa que nos primeiros 10 minutos o Malpica, co forte vento en contra, a penas era capaz de saír do seu campo. Pola contra, o Lira probaba fortuna con disparos lonxanos tan pronto como recuperaba o balón, sen embargo Abraham non tivo problemas para desbaratar o perigo. Tralo primeiro parón, o tempo dou unha pequena tregua e o Malpica empezou a chegar con máis perigo. Contabilizáronse tres ocasións claras para os malpicáns nesta parte: un remate de cabeza de Charlie, que se vai fóra por pouco tras un medido centro de Amado dende a banda esquerda, un remate de Cheo dentro da área na que non se entende con David Blanco que finalmente envía por encima do longueiro, e un balón en profundidade do propio Cheo sobre David Blanco que tras ganar en velocidade a defensa local non acerta a definir. Pola súa parte o Lira tamén tivo as súas chegadas, pero ningunha con perigo real sobre a meta de Abraham.

Xa no segundo acto, o vento favoreceu ó conxunto malpicán, e a superioridade fíxose se cabe máis patente. Resaltar varios disparos de Manu Pardo, aproveitando a pasividade dos seus marcadores que fixeron empregárse a fondo ó porteiro local e un par de xogadas individuais de David Blanco, nas que non acertou a marcar. O Lira seguiu ofrecendo resistencia en todo momento, pero con máis gañas que acerto.

En definitiva, partido traballado, pero no que finalmente se logrou o obxectivo dos 3 puntos que sitúan ó equipo nunha meritoria 4ª plaza a falta de 10 xornadas para o final da competición. Agora só queda refrendar este posto o vindeiro domingo na Pedra Queimada ante o complicado Muros, que significa o comezo dunha xeira de varios partidos ante rivais moi fortes (Camariñas, Xallas, Castriz, Baio...) que marcará o futuro da SCD nesta tempada.

lunes, 15 de febrero de 2010

MALPICA 2 - O PINDO 2

SCD MALPICA: Abraham, Charlie, Víctor, Alfredo II, Iago, Casais (Manu Pardo 56’), Neucha, Cheo, David Blanco, Andrés (Ismael 20’), Eloy.

O PINDO: Garrido, Toti, Quico, Martín, Jose, Miguel, Rafa, Piquero, Isma (Carlos 89’), Fran (Julián 75’), Hugo.

Árbitro: Sr. Hermo Alonso. Colexiado de mal recordo para os malpicáns pola súa mala actuación fronte ao Xallas na primeira volta (que derivou en 6 partidos de sanción para Cheo), e que volveu a mostrar as súas carencias na tarde de onte. Complicouse o partido el só a base de sacar un sen fin de tarxetas amarelas por "pijadas", deixando sen castigar outras accións máis duras, ademais de non ter un criterio claro ao longo dos 90 minutos.

Goleadores: 0-1 (min. 24): Saque de esquina a prol dos visitantes rematado por Jose no primeiro pao ante a pasividade da defensa e porteiro locais. 1-1 (min. 28): Boa xogada do Malpica á altura de tres cuartos de campo, que culmina cun pase de Cheo dende a banda dereita para que Neucha, libre de marcaxe, tire cruzado superando a Garrido que pouco puido facer. 1-2 (min. 33): Balón en longo sobre a frontal da área malpica, a defensa falla e o esférico quédalle morto a Hugo que bate a Abraham de disparo cruzado. 2-2 (min. 87): Penalti de Quico a Cheo trasformado polo dianteiro local David Blanco.

Ambiente e Incidencias: Tarde moi fría na Pedra Queimada, cun vento que dificultaba a fluidez no xogo. Pouca xente no campo, uns 50 espectadores. Foron expulsados o local Eloy (min. 60), e os visitantes Miguel de Lira (min. 70) e Martín (no desconto), todos por doble amarela. Retiráronse lesionados os azulóns Andrés (min. 20) e Casais (min. 56), ámbolos dous con sendas lesións no nocello.

Comentario: Tra-la vitoria da semana pasada ante o Corme a domicilio (0-2), a SCD Malpica recibía na Pedra Queimada a un dos equipos pero clasificados, O Pindo, unha boa oportunidade para sumar tres novos puntos para continuar nos postos altos da táboa clasificatoria, a pesar de contar coas baixas de Rancaño (sancionado), Carlitos (por enfermidade), Marco e Marcos Amado (por motivos profesionais). Sen embargo, dende o primeiro minuto puidose comprobar que os xogadores adestrados por Manuel Agilda non estaban tan finos como en outras ocasións, pois as imprecións eran constantes, a presión practicamente inexistente e unha actitude pasiva. Con estes ingredientes, os malpicáns desputaron o peor partido da tempada. Só cando apretaron un pouco puideron aproveitalas carencias defensivas visitantes, destacando varios disparos de Neucha dende a frontal da área e unha vaselina de Cheo que marxou fóra. Pola súa banda, O Pindo limitouse a defender acumulando moita xente por detrás do balón e a tocar no medio do campo buscando ao hábil e incesivo extremo Hugo (moi inspirado na tarde de onte).

No segundo período as cousas non cambiaron en exceso, cun Malpica igual de "espeso" e tódolos aspectos do xogo, pero si houbo, polo menos, un cambio de actitude a medida que avanzaba o tempo e se aproximaba a derrota. Ademais, o baixón físico dos visitantes foi notable no último tramo de partido, o que permitiu un "acoso" local, cun Pindo moi metido atrás que apenas creou perigo nesta metade, pero que non derivou nun hipotético gol da vitoria. Xa no tempo de desconto, e con empate no marcador, a SCD tivo dúas magníficas ocasións de gol por medio dunha falta botada por Manu Pardo que sacou moi ben Garrido, e unha doble oportunidade tras un saque de esquina (con cabezazo de Neucha ao longueiro incluído).

En definitiva, moi mal partido do Malpica (sobre todo no primeiro acto) ante un dos conxuntos máis febles ca categoría, xa que en ningún momento mostrou a intensidade de outras xornadas. Esperemos que a "empanada xeneralizada" mostrada neste partido fose consecuencia do entroido, e que o próximo domingo se lave a imaxe do equipo no campo do colista (Lira), xa que sería unha mágoa que agora que a permanencia está asegurada se perda unha gran oportunidade de facer algo importante nesta tempada, pois cando o equipo da o seu máximo nivel non é inferior a ningún conxunto da Liga da Costa.

miércoles, 10 de febrero de 2010

ENTREVISTA A NECUHA

O entrevistado desta semana é Daniel Pérez, coñecido por todos coma Neucha (apodo que fai referencia á infancia pasada na cidade de Neuchatel, Suiza), volante esquerdo e unha das fichaxes da SCD Malpica para a actual tempada 2009-2010. Neucha comezou a súa carreira futbolística no Locarno (Suiza), despois estivo no Malpica (onde chegou a xogar na Terceira División na "época dourada" da entidade), pasou polo Buño e máis recentemente polo Ponteceso, co que gañou unha Liga e Copa da Costa.

Pregunta: ¿Cómo te sintes nesta nova etapa na SCD Malpica?

Resposta: A verdade que teño que decir que me sinto moi a gusto, tanto os compañeiros como o adestrador, e mesmo a directiva, axudáronme a que todo resultase moito máis seinxelo.

P: ¿Crees que cambiou moito a entidade neste tempo?

R: Dende a primeira etapa que militei no clube teño que decir que todo cambiou moito: xogadores, categoría, directiva, obxectivos ,etc. E bueno,sobre todo o campo que antes era de terra (risas).

P: ¿Cáles foron os aspectos que máis te sorprenderon?

R: Os aspectos que máis me sorprenderon son a humildade que hai no equipo e o bo ambiente que se respira entre xogadores e entre todo o corpo técnico. Isto, nun equipo, creo que é o primordial que ten que existir, e a partires de ahí ten que vir o resto.

P: ¿Cómo valoras deportivamente a tempada do equipo?

R: Se teño que decir a verdade case que non me sorprende moito, xa que a calidade que atesoura este plantel é digna de estar no lugar que estamos ou inclusive máis... Como indiquei antes, se sigue reinando este fabuloso ambiente e os xogadores seguen acudindo con regularidade ós adestramentos como esta ocorrendo ata agora, e tamén cunha pouca sorte que tamén é necesaria, podemos firmar unha fermosa tempada, que sería moi merecida.

P: Estás a ser un dos máximos goleadores do equipo, ¿sorpréndete?

R: De momento estou na miña media, aínda que se marcara outros tantos se que me empezaría a sorprender, xa que non suelo marcar mais de oito ou nove. Pero bueno, oxalá poida superalos e axudar ó equipo.

P: ¿Atréveste a fixar un obxectivo para esta tempada?

R: Como xa dixen anteriormente, sobra plantel para plantarlle cara a calquera equipo, e xa quedou demostrado en algún partido. Iso si, pa conseguilo hai que remar todos na mesma dirección e deixarnos guiar polo míster que temos, que lle sobra preparación e coñecementos (como está a demostrar) para correxir os nosos erros e axudar a que logremos o lugar que nos corresponde, que pode ser cuartos ou quintos.

Moitas gracias a Neucha pola súa colaboración. Dende aquí desexámoslle que siga igual de contento e que as cousas lle sigan marchando igual de ben (polo menos) como ata o de agora nesta segunda andaina na SCD Malpica.

lunes, 8 de febrero de 2010

CORME 0 - MALPICA 2

CORME CF: Suso, Adolfo, Martinciño, Pandi, Lelo, Abel (Jorge 62’), Diego (Gonzalo 79’), Alejandro, Alejo (Pipo 87’), Lucas, Martín.

SCD MALPICA: Toni, Charlie, Marcos Amado, Alfredo II, Víctor, Eloy (Carlitos 80’), Neucha (Brais 87’), Casais (Ismael 60’), David Blanco, Andrés, Cheo (Rancaño 46’).

Árbitro: Sr.Rama Cotelo. Non tivo unha incidencia directa no resultado final, pero a súa actuación non deixou contento a ningún dos dous equipos debido á falta de criterio en certos momentos.

Goleadores: 0-1 (min. 37): Excelente pase en profundidade do mediocentro malpicán Andrés que pilla á defensa do Corme algo adiantada, para que David Blanco se plante só ante Suso anotando o primeiro gol da tarde de tiro cruzado. 0-2 (min. 83): Saque de esquina dende a esquerda botado por Neucha, gran remate de Alfredo no segundo pao, o esférico rexéitao a madeira quedando o balón morto nos pés do porteiro Suso que o introduce na súa propia portería nun erro garrafal.

Ambiente e Incidencias: O encontro tivo luga no Pinguel (Ponteceso), debido a que o Cairo (Corme) está en obras. Uns 150 espectadores. Non houbo expulsados. O dianteiro visitante Cheo tivo que ser sustituído no descanso por problemas musculares.

Comentario: Nesta 22ª xornada da Liga da Costa enfrontábanse o Corme e a SCD Malpica, dous dos equipos da competición que mellor tratan o esférico e situados ámbolos dous na zona media-alta da táboa clasificatoria. Os de Manuel Agilda chegaban coas baixas de Marco e Manuel, por lesión, e de Iago por acumulación de amarelas. Aínda que se supoñía que ía ser un encontro aberto e con alternativas nas dúas áreas debido ao estilo de ambos conxuntos, a primeira parte caracterizouse polo xogo directo e pola ausencia de ocasións claras de gol. O Malpica apenas pasou apuros defensivos gracias á boa presión sobre os mediocentros locais (especialmente sobre o talentoso Lucas), excepto nos primeiros intres onde o Corme combinou ben nun par de xogadas. Non obstante, os malpicáns non lograron crear apenas perigo en ataque, abusando en ocasións de balóns longos e con pouco desborde por banda, aínda que a o partido transcorreu na sua meirande parte na metade do campo cormelá. Ademais do gol de David, destaca unha falta botada por Neucha que marchou fóra por moi pouco.

No segundo acto, a entrada de Rancaño dou un pouco máis de pausa ao xogo visitante, o que provocou unha maior posesión de balón e máis combinación no mediocampo, a pesar de que a dinámica do encontro era máis ou menos similar. A pesar de ir por debaixo no marcador, o Corme non dou sensación en ningún momento de poder empatar, salvo un período de tempo (entre os minutos 60 e 75) onde os malpicáns se despitaron un pouco por estar centrados nas protestas ao árbitro. Sen embargo, a vitoria nunca correu verdadeiro perigo, e inclusive se puido marcar algún gol máis, pois os locais baixaron moito fisicamente no tramo final de partido, destacando un disparo de Rancaño que marchou fóra por pouco.

Importante triunfo do conxunto adestrado por Manuel Agilda, a pesar de non desputar un gran encontro, pero si foron moi eficaces, xa que materializaron dúas das poucas ocasións das que disfrutaron, algo que en partidos anteriores non sucedera. Ademais destaca a solidez defensiva, pois nos últimos 10 partidos só acumula 7 goles encaixados, algo que se volveu a demostrar onte. A boa xeira de resultados da SCD contémplase na táboa clasificatoria, na que se sitúa sexta pero a só dous puntos do terceiro posto. A vindeira semana chega á Pedra Queimada O Pindo (15º clasificado).

jueves, 4 de febrero de 2010

Debido a que o campo do Corme está en obras polo desprendemento dun muro, o partido da 22ª xornada da Liga da Costa que enfronta o domindo 7 de febreiro ao Corme e á SCD Malpica terá lugar no Pinguel (Ponteceso). O horario será o habitual neste mes de febreiro: 16:15.

ENTREVISTA A TONI

Hoxe o protagonista da entrevista semanal é Antonio Domínguez, coñecido por todos coma Toni, gardameta da SCD Malpica e un dos xogadores que máis tempadas leva no equipo (cumple a súa 5ª tempada). Pasou por tódalas categorías inferiores do Bergantiños (dende alevíns a xuvenís). Xa como modesto, estivo dúas tempadas no Buño, outras dúas no San Lorenzo e unha no Ponteceso antes de fichar polo conxunto malpicán.

Pregunta: Despois de varias tempadas no equipo, tes competencia no teu posto, ¿cómo afrontas esta situación?

Resposta:
O termo "competencia " pásalle o mesmo que o termo "crítica", pois pártese xeralemente da sua connotación negativa. Máis lonxe disto, a competencia igual que a crítica pode ser positiva no senso de que é un incentivo para facelo cada vez mellor. Así é como o vexo, un motivo máis de esforzo. De todas formas, considero que competencia sempre a tiven. Os anos pasados tiven compañeiros que me aportaron moito a min mesmo e ó equipo, tamén naquel momento considerei que debía de esforzarme todo o posible. Considero que o sistema deste ano é simplemente iso, un novo sistema e unha nova forma de funcionar que podo compartir ou non que sexa positiva, pero eso prefiero reservalo.

P: ¿Qué tal ves a tempada da SCD Malpica ata o momento?

R:
Este ano ha de destacarse a loita e as gañas que se lle poñen a cada partido ata o pitido final,o que fai ter unha capacidade de sobrepoñerse a un resultado adverso, que quizáis era o que nos faltaba o ano pasado. Eso fíxonos remontar moitos partidos e non dar nunca o partido por perdido. A actitude de todos é estupenda e o ambiente no vestiario é inmellorable, creo que é un dos anos que mellor ambiente se respira.

P: ¿Qué equipos consideras, polo que víches ata o momento, cómo os máis fortes da Liga da Costa?

R:
Sería sinxelo dicir que o Zas é un deles tal e como esta na clasificación, pero tanto no partido de ida como no de volta a min decepcionoume un pouco. Os que si que me gustaron foron tanto o Xallas, que o vexo como un firme aspirante o título, como o Baio pola calidad que atesoura arriba. Despois non destacaría a ningún outro porque estamos todos moi igualados.

P: Eres un dos veteranos do equipo, ¿crees que mudou moito a entidade nos últimos anos?

R: A verdade é que mais ou menos segue todo igual, so que cada vez vése menos xente da directiva no campo, por unha parte está ben porque sabes a quen dirixirte si tes algún problema (porque sempre son os mesmos) pero por outra notas un pouco de deixadez salvo para certos eventos....
Este ano a directiva fixo un gran esforzo o incrementarnos as primas e aínda que recibimos recortes (nos bocadillos..... risas), hai que reconocerlle que para a categoría na que estamos somos uns privilexiados por telas e que as pagen tan relixiosamente.
Igual gustariame que a directiva se preocupara un pouco máis do que realmente lle pasa ós xogadores en certos momentos, e non deixar correr moitos problemas nos que terían algo ó mellor que decir, pero por desgracia eso non só sucede no noso equipo.

P: ¿Qué xogadores te sorprenderon máis durante este período?

R: Está claro que tanto Neucha como David aportáronnos ese puntiño arriba que tanto necesitabamos a tempada pasada pero tamén o que eu máis valoro e os que seguen con nós, como Rancaño e Andrés que no medio campo son moi eficientes e na defensa, e non o tomes de peloteo, tanto ti (Iago) como Marco e Alfredo cando xoga estades sendo un muro infranqueable, e, como non, axudádesme un montón a min depaso!... risas.

P: ¿Cál pensas que é o obxetivo real do equipo?

R:
Para min o obxetivo real deste equipo visto como esta a liga este ano e como vexo o resto dos equipos e quedar entre os 5 primeiros. Se ben ó principio o que se buscaba era a permanencia, tal e como foi indo a tempada e o nivel que estamos exhibindo temos que cambiar un pouco de obxetivo. Temos que ser realistas e ir partido a partido facendo os puntos que nos faltan para asegurar a permanencia e despois disfrutar do futbol que estes últimos anos tal e como sabemos todos non poidemos facer por estar na corda floxa seguido.

Moitas gracias a Toni polo tempo prestado (tamén polo peloteo...) e esperemos que oxalá que se alcance o obxetivo fixado.

lunes, 1 de febrero de 2010

MALPICA 1 - SOFÁN 1

SCD MALPICA: Toni, Víctor, Marcos Amado, Alfredo II, Iago, Eloy, Neucha, Casais (Carlitos 64’), David Blanco, Rancaño, Charlie (Cheo 46’).

SD. SOFÁN: José Ramón (Costa 89’), Óscar, Miniño, Juanjo, Jacobo (Berti 72’), Alemán, Adrián, Pensado, Bertín, Suso Docampo, Eloy (Diego 85’).

Árbitro: Sr.Carreira Parrado. A pesar de realizar unha primeira metade correcta, no segundo tempo fóiselle o partido das mans ao indicar faltas existentes so na súa imaxinaxión, deixar de sinalar outras claras (ou non sancionalas con tarxetas) e non ter un criterio único nas apreciacións (por exemplo, á hora de deixala lei da vantaxe). Non obstante, si acertou nos dous penaltis que pitou, aínda que non apreciou penalti nunhas mans claras do malpicán Carlitos.

Goleadores: 1-0 (min. 30): Lanzamento de falta de Neucha dende o lado dereito do ataque malpicán, que tras superala barreira entra preto do pao esquerdo da meta defendida por José Ramón que pouco puido facer. 1-1 (min. 44): Saque cerrado de falta do sofanísta Miniño dende a banda dereita, rematando Pensado no segundo pao libre de marca.

Ambiente e Incidencias: Tarde fría e con choiva intermitente na segunda parte. Unhas 150 persoas na Pedra Queimada. Non houbo lesionados de gravidade. No minuto 90 foi expulsado o gardameta do Sofán José Ramón.

Comentario: Gran partido o que enfronta na Pedra Queimada á SCD Malpica e Sofán, dous equipos situados na parte alta da tabla clasificatoria (5º e 4º, respectivamente). O conxunto local chegaba coas baixas de Marco, Andrés, Manu Pardo (os tres por lesión) e de Brais (por razóns académicas). Saía o equipo de Manuel Agilda cun 4-1-4-1 e coa intención de recortárlle tres puntos ao Sofán, pero no primeiro acto as cousas non marcharon nada ben para os locais. O Sofán controlou a posesión do balón, mentres o Malpica non foi quen de recuperar o esférico con facilidade á hora de defender nin de combinar con perigo en ataque, dando a impresión de andar "cunha marcha menos" que o rival. Feito que é algo habitual nas últimas xornadas na Pedra Queimada, como mostran os partidos ante a Esteirana e o San Lorenzo, nos que o equipo salio algo relaxado nos primeiros 45 minutos. Non obstante, o Malpica puido poñer terra de por medio no marcador se David Blanco marcara o penalti do que dispuxo no min. 23. O Sofán, moi ben plantado no terreo de xogo, tampouco tivo claras ocasións de gol, destacando un lanzamento de falta (min. 35) botado por Eloy que para Toni co conseguinte rexeite tamén abortado polo porteiro local.

Na segunda metade, o partido cambiou por completo, aumentando a intensidade e o ritmo do encontro. A SCD Malpica mudou de sistema, pasando a un 4-4-2, e pasou a impoñelo seu estilo de xogo e crear moito máis perigo, en boa medida gracias a profundidade que aportou Cheo (suplente por estar mermado fisicamente). Así as cousas, cun Malpica máis enchufado e coa intención de logralos tres puntos, os espectadores puideron presenciar un gran encontro e con alternativas en ambas áreas. Por parte dos azulóns, destacan as ocasións de Neucha tras un centro de Cheo dende a banda dereita (min. 63), nun remate de cabeza alto de David tras un saque de esquina (min. 77) e nunha falta ao borde da área que lanzou fóra Cheo (min. 90). Pola súa parte, o Sofán tamén tivo oportunidades de gol, sendo a máis importante o penalti que Toni lle parou a Bertín (min. 80).

Partido con dúas facianas ben distintas, cun primeiro período dominado polo Sofán e cunha segunda metade onde a SCD Malpica foi a protagonista, polo que o empate foi o resultado xusto. Debe correxilo equipo malpicán a falta de intensidade ou concentración coa que sale a veces nos encontros que disputa como local, pois non sempre é posible "arreglalo" nas segundas partes. Hai que destacala xeira de resultados do conxunto adestrado por Manuel Agilda, pois dos últimos 9 encontros suma 4 victorias, 4 empates e so unha derrota. A semana que ven a SCD deberá de enfrontarse ao complicado Corme, coa dúbida de onde se desputará a contenda, pois o campo do Corme está en obras.