PARTIDO AMIGABLE:
SCD MALPICA - VETERANOS DO DEPORTIVO DA CORUÑA
-HORARIO: SÁBADO 6 DE XULLO ÁS 18 HORAS NA PEDRA QUEIMADA (MALPICA)
Animamos a todo aquel que queira colaborar co pobo saharaui a que acuda
o vindeiro sábado á Pedra Queimada para presencialo encontro entre a
SCD e os Veteranos do Deportivo, no que participan xogadores ilustres
como Fran, Manjarín, Songoo, Andrade, José Ramón, etc.
O precio da entrada será de 3€.
Asimesmo hai varias actividades complementarias. A primeira é unha
churrascada no campo prevista para ás 14 horas (gratuita para @s soci@s
do Malpica).
Por outro lado, despois do encontro contaremos cunha disco móvil que actuará ata a madrugada.
Moitas gracias a todos e todas pola colaboración neste acto benéfico.
miércoles, 3 de julio de 2013
jueves, 27 de junio de 2013
COPA DA COSTA 2013: FINAL
10:49
Comentarios
COPA DA COSTA 2013:
FINAL: SCD MALPICA - XALLAS SANTA COMBA
LUGAR E DATA: Campo Platas Reinoso (Baio), sábado 29 de xuño ás 19:00 horas. Haberá servicio de autobús que sae do centro da vila ás 17.30 horas.
A SCD MALPICA logra chegar á final da Copa da Costa tras 28 anos sen facelo (a última vez foi en 1985, ano no que conquistou o seu último título copeiro). Dende a directiva do clube queremos pedilo apoio de tódolos socios e aficionados malpicáns neste día histórico para a entidade, pois entre todos seguro que podemos volver a repetila xesta de 1985.
FINAL: SCD MALPICA - XALLAS SANTA COMBA
LUGAR E DATA: Campo Platas Reinoso (Baio), sábado 29 de xuño ás 19:00 horas. Haberá servicio de autobús que sae do centro da vila ás 17.30 horas.
A SCD MALPICA logra chegar á final da Copa da Costa tras 28 anos sen facelo (a última vez foi en 1985, ano no que conquistou o seu último título copeiro). Dende a directiva do clube queremos pedilo apoio de tódolos socios e aficionados malpicáns neste día histórico para a entidade, pois entre todos seguro que podemos volver a repetila xesta de 1985.
jueves, 30 de mayo de 2013
Comunicado da SCD Malpica
16:23
Comentarios
COMUNICADO
DA SCD MALPICA:
Antes de nada decir que a idea da SCD
Malpica non é polemizar nin entrar en ningún tipo de guerra con ningún clube, e
moito menos cun do mesmo Concello. Non obstante, dado o comunicado que onte mércores 29 de maio colgou a UD Cerqueda no
seu perfil de Facebook creemos necesario manifestala nosa posición ante as varias
incongruencias que no mesmo se describen, pois vémonos envoltos nun conflicto
que non foi creado por nós.
En primeiro lugar hai que decir que tralo
encontro que o pasado domingo enfrentou ao Malpica e Zas na Pedra Queimada, os
presidentes de ámbolos dous clubes malpicáns tiveron unha reunión informal onde
se tratou o tema do día e horario da ida dos cuartos de final da Copa da Costa.
Xa que o Cerqueda se xoga o ascenso á Segunda Autonómica e que se nos dixo que
o Camelle quería xogar domingo pola tarde (que é o horario oficial) chegamos ao
acordo de que o encontro se disputaría sábado 1 de xuño ás 16:30 horas en Buño.
As dúas partes estábamos de acordo en día e
hora, pero para sorpresa nosa o Presidente da UD Cerqueda volve a poñerse en
contacto coa SCD para volver a cambialo propoñendo datas alternativas como o
xoves 30 de maio, venres 31 ou luns 3 de xuño. Queda claro que a intención do
Malpica era disputala eliminatoria como creemos que merece unha competición
como a Copa da Costa (máis neste ano que é o 50 aniversario) e por eso
estábamos dispostos a xogar tanto sábado como domingo a calquera hora,
inclusive pola mañá, deixando en primeiro lugar que o Cerqueda e Camelle
fixasen o seu partido. Os argumentos que se empregan por parte do Cerqueda caen
polo seu propio peso en varios aspectos:
1.- É totalmente lícito que o Cerqueda priorice o ascenso
á Copa, pero ¿entón por qué non renunciaron á Copa antes do sorteo ou na ronda
anterior? Xa antes dos oitavos de final sabían que ían coincidir no fin de
semana dous partidos (neste caso Soneira B e Ponteceso). Algo que por certo
pasou sempre nos últimos anos a tódolos equipos e que segue a pasar este ano
(por exemplo co Baio e Laxe).
2.- A SCD Malpica estaba disposta a xogar calquera día do
fin de semana, pero o que non estamos dispostos a facer e xogar un día
laborable entre semana por motivos que son obvios, pois non somos un clube profesional.
Comezando polos socios e a afición, pois gran parte non poderían asistir a un
encontro que debería de ser unha festa para o fútbol malpicán. Ademais de que
hai varios xogadores que tampouco poderían estar por traballar e estudiar fóra
da vila.
3.- No comunicado do Cerqueda danselle as gracias tanto
ao Ponteceso como ao Soneira B polas “facilidades e por deixarlles competir”
mentres que co Malpica se fala de “decepción”. Esto causounos unha gran
sorpresa pois tanto a ida como a volta tanto da Copa como da eliminatoria de
ascenso xogáronse sábado e domingo, algo que era o que ía suceder tamén nesta
ronda.
4.- Tamén se afirma que “entenden a decisión do Camelle”
por non querer cambialo partido fóra do seu horario oficial por estar no seu
dereito, mentres que dende a SCD Malpica si estábamos dispostos a cambialo e se
nos critica por non querer poñelo para un día laborable.
5.- Do mesmo xeito faise referencia a un custo económico
para o Cerqueda. Cabe recordar que o custo é para os dous equipos, todos
sabemos que se perde unha importante taquilla tratándose dun derbi, ao que hai
que engadir o perxuízo deportivo que supón para o Malpica estar dúas semanas
sen competir.
6.- Igualmente, alúdese a posibles problemas de lesións
por xogar o día antes. Tampouco semella un argumento moi sólido, xa que se
desgraciadamente hai un xogador mancado dificilmente se podería recuperar a
tempo para domingo se a Copa se disputase o venres en lugar de sábado.
Para rematar, insistir en que a intención da
SCD Malpica non é para nada entrar en polémicas, tan só quixemos dar publicidade
a nosa versión dos feitos e aclarar que a idea do clube era disputalos cuartos
de final da Copa contra o Cerqueda e que para iso estivemos dispostos a xogar
calquera día e hora do fin de semana.
A directiva da SCD Malpica.
jueves, 23 de mayo de 2013
Oitavos de final da Copa da Costa
10:51
Comentarios
O vindeiro domingo día 26 de Maio ás 18:00 terá lugar na Pedra Queimada o partido de volta de oitavos de final que enfrontará á S.C.D Malpica co Sp. Zas. O resultado do partido de ida foi 0-0, polo que todo está aínda por decidir.