martes, 23 de diciembre de 2008

SCD Malpica 2-0 Santa Comba "B"

SCD Malpica: Toni; Busto, Víctor, Marco, Quique, (Fariña 88’), Andrés, Marcos Amado, (Fran-Martuxa 60’), Charly, (Eloy 76’), Charro, (Rubén 80’), Manu Pardo, David Blanco.

Santa Comba “B”: Santi; Miguel, Esteban, Agra, (Adrián 72’), Matías Ramos, Matías Pazos, Marcos, (Tuco 58’), Churián, Bruno, (Cristian 57’), Óscar, Mikael.

Goleadores: 1-0; (61’): Busto tras gran xogada de Charro 2-0; (74’): David Blanco de penalti

Boa tarde para xogar ao futbol a que se viviu este domingo na Pedra Queimada, onde se enfrontaban dous rivais directos na loita pola permanencia.
O conxunto de Agilda era consciente do que se xogaba, e queria comezar a segunda volta cunha vitoria que fixese posible a gran remontada que teñen que facer os malpicans para salvar a categoria. Asi, dende o primeiro momento foron a polo partido e durante toda a primeira parte dominaron o seu rival creando ocasions de perigo, ainda asi, os locais semellaban non estar acertados ante a porteria rival, pois nin Charro nin David culminaban as accions. De feito, foi este ultimo quen provocou un corner despois de estrelar un balon no pau. Na saida dese corner, o balon chegoulle a Marcos Amado que reventou o esferico estrelandoo con violencia na cruceta dos visitantes. Remataba asi a primeira parte con boas ocasions pero sen goles.
O segundo tempo comezou igual, en parte grazas o partido mais serio en defensa dos de Agilda que apenas concederon ocasions de gol. Era cuestion de tempo que chegara o gol, este produciuse o cuarto de hora por medio de Busto, que aproveitaba unha gran xogada de Charro e o posterior pase atras do punta malpican. O Malpica encarrilaba un partido que sentenciaria tan so 15 minutos despois cando nunha internada pola banda dereita David foi derribado dentro da area sufrindo un claro penalti. O propio David transformou a pena maxima poñendo asi o 2-0 no marcador e conseguindo unha vitoria que da esperanzas o conxunto de Manuel Agilda de cara a salvacion.

lunes, 15 de diciembre de 2008

Xallas 4-3 SCD Malpica

Xallas CF: David; Álvaro, (Kaiser 86’), Jaime, Carteiro, Sergio, Ricardo, David Pose, (Iván 46’), Toni, Jesús, Ovidio, (Amarelle 89’), José Ángel, (Ricard 64’).

CD Malpica: Toni; Busto, Víctor, Marco, Quique, Andrés, (Marcos Amado 16’), Fran-Martuxa, (Charly 75’), Cheo, (Lema 50’), Charro, Eloy, David Blanco.

Goleadores: 1-0, (27’): Toni 2-0, (36’): Ovidio tras un barullo na área. 2-1, (42’):Charro de penalti. 3-1, (49’): Jesús 3-2, (73’): David Blanco 3-3, (74’):Charro sen deixar caer o balón. 4-3, (87’): Toni

Tarde dura para xogar ó futbol no campo da Fontenla onde o Malpica chegaba coa necesidade de saír sumando para saír dos postos de descenso.
Dende os primeiros instantes viuse un partido moi aberto no que ambos equipos dispoñían de ocasións para adiantarse no marcador. Foi minutos antes de chegar á media hora de encontro cando Toni, o mellor do partido, se desfixo da defensa e do porteiro malpicán para poñer por diante ós xalleiros. O partido poñíase costa arriba para os de Agilda que tan só 10 minutos despois vían como os locais volvían marcar esta vez tras un barullo na área no que a defensa non acertou a despexar. Antes do descanso o Charro deixaba algo de esperanza tras anotar un penalti cometido sobre el mesmo.
Pero esas esperanzas viñéronse un pouco abaixo cando ós cinco minutos da segunda parte o pichichi Jesus marcaba o terceiro gol tras un bo remate de cabeza a centro de Toni. Pero a partir dese momento o conxunto local votouse atrás e o Malpica tomou o control do partido. Cando faltaba un cuarto de hora para o final, David Blanco poñía o 3 a 2 tras un bo pase de Eloy e xusto ó sacar de centro Charro poñía o empate no marcador tras un bo roubo de balón de Quique. Tras o empate, os visitantes foron a polo partido e puidérono levar, pero o que chegou foi o cuarto gol do Xallas nun bo contragolpe no que Toni volveu marcar de tiro cruzado. No tempo de desconto o Malpica puido empatar pero nin Quique nin Lema acertaron a empurrar o balón ó fondo da portería.
A boa noticia é que a parella atacante segue en racha e a escaseza goleadora xa non e tal. Nos últimos tres partidos o Malpica anotou 10 goles e todos foron obra de Charro (6) e David (4). O problema segue estando nos erros defensivos que están a condenar ó equipo de Agilda, sobre todo en partidos coma este onde se ten en fronte ó mellor xogador do ano pasado coma Toni, e ó actual pichichi, Jesus.
Remata así unha nefasta primeira volta onde os malpicáns non estuveron a un bo nivel, pero que corrixindo eses pequenos erros defensivos poderá facer un bo papel no que resta de tempada para conseguir así a salvación.

viernes, 12 de diciembre de 2008

Charro no DeporSport


O gran partido que o Charro fixo o domingo non pasou desapercibido na Liga da Costa.

Se queres ver a reportaxe completa( a dúas páxinas) podes facelo aquí a primeira

e neste outro a segunda páxina.

jueves, 11 de diciembre de 2008

SCD Malpica 4-1 SD Sofán

CD Malpica: Toni; Busto, Charly, Marco, (Alfredo II 82’), Quique, Andrés, Fran-Martuxa, Cheo, (Lema 81’), Charro, (Rubén 80’), Manu Pardo, (Eloy 74’), David Blanco,

SD Sofán: Adrián; Diego, Gustavo, (Óscar 43’), Juanjo, Gende, Mario, (Marcos, 28’), Suso Docampo, (Berti 65’), Varela, Bertín, Adrián, Eloy.

Goleadores: 1-0, (24’): Charro tras culminar unha contra de libro 1-1, (34’): Suso Docampo tras un erro no despexe de Busto. 2-1, (75’): David Blanco a pase de Charro 3-1, (78’): Charro tras unha gran asistencia de Eloy 4-1, (80’) Charro de volea

Gran vitoria do Malpica, xa ía sendo hora, contra un Sofán que non dou a sensación de ser ese equipo duro que está na parte alta da clasificación. A balanza decantouse do lado do Malpica grazas en parte á gran pegada do conxunto de Agilda. Unha pegada representada por Charro, que logrou un hat-trick con tres golazos e recordou a ese xogador determinante do último tramo da tempada pasada.
Cando ían dez minutos os locais xa dispuxeran de dúas grandes ocasións para adiantarse que Cheo e Charro non souperon aproveitar. O Malpica estaba xogando ben pero non conseguía materializar, ata que no minuto 24 unha convinación de libro entre Charli, Manuel e Martuxa acabou cun bo pase deste último para Charro que se desfixo con facilidade de dous defensores e bateu por baixo a Adrían, gran contraataque que poñía ós costeiros por diante. Pouco durou a alegría xa que tan só dez minutos despois Suso Docampo aproveitaba un erro de Busto para batir a Toni, tras un saque de banda sinalado polo árbitro cando o balón petara no banderín en lugar de salir do campo. Chegábase así ó descanso e a pantasma dos partidos perdidos esta tempada volvía a aparecer pola Pedra Queimada.
O segundo tempo comezou con dominio equilibrado entre os dous equipos e ocasión por ambos bandos, ata que chegou a xogada clave do partido no minuto 55. Marquiños facía unha dura entrada no medio do campo a Cheo, o árbitro mostroulle a segunda e merecida amarela e o xogador tuvo que irse antes de tempo para os vestiarios. Nos seguintes des minutos o Sofán tentou ir polo partido e logrou poñer ó Malpica contra as cordas e parecía que eran os de Agilda os que estaban cun home menos. Foi entón cando un pase largo dende a defensa foi peinado por Charro para que David marcara o 2 a 1. Puido sentenciar o propio Charro na seguinte xogada pero Adrían aguantoulle o man a man perfectamente. Pero sería tan só 5 minutos despois cando Eloy colleu un balón en tres cuartos de cancha e mirando ó tendido mandou unha perfecta asistencia a Charro que esta vez non desaproveitou o ariete malpicán. O mesmo Charro sería quen cerraría o partido e o seu hat-trick cun espléndido remate de volea tras unha gran xogada colectiva do conxunto local. Gran partido na Pedra Queimada que servirá para que os xogadores vaian gañando confianza.

lunes, 8 de diciembre de 2008

Actualidade blog

Durante estas tres próximas semanas, a actualización deste blog non se poderá realizar.
Un saúdo a todos e perdonade as molestias.

Segue a plaga de lesións no Malpica: Nos entrenamentos previos a victoria de onte ante o sofán Rancaño, perdeuse o partido por un esguince que sufriu o martes. E o venres Alfredo Suárez sufriu unha luxación acromioclavicular de grado II e non poderá xogar ata aproximadamente o mes de Febreiro.
Unense así a Iago e Avelino, xa que Marcos Amado volveu os adestramentos este venres.

martes, 2 de diciembre de 2008

Dous dos tres goles do Malpica este domingo

Aquí quedan dous dos tres goles que o Malpica anotou contra o San Lorenzo.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Gran partido con final inxusto: San Lorenzo 4 - Malpica 3

San Lorenzo: Poli; Fabián, Fran, Puñal, Dubra, Manín, Pedro, Anxo, (Medros, min.46), Óscar, Fran Fariña, (Sergio Fariña, min.46), Chucho, (Mata, min.46).

Malpica: Toni; Busto, Víctor, Alfredo II, Quique, Eloy, (Lema, min.69), Cheo, (Fran Martuxa, min.68), Rancaño, David Blanco, Manu Pardo, (Alfredo, min.72), Charro (Rubén, min.79).

Goles: 1-0, min.16: Internada pola dereita de Pedro con centro pasado ao 2º pao, e, Fran Fariña libre de marca, bate a Toni dende cerca. 1-1, min.18: Charro, centra atrás para que David Blanco marque. 1-2, min.43: David Blanco, recibe una pase en profundidade de Cheo, salva a saída de Poli e marca; 2-2, min.49: Falta sacada por Mata ao punto de penalti, toca de cabeza Óscar, e, Puñal, pegado ao porteiro visitante Toni, desvía ao fondo das mallas; 2-3, min.51: Charro, de penalti por mans de Sergio Fariña. 3-3, min.68: o malpicán Quique, en propia portería. 4-3, min.90: Sergio Fariña, cun tiro raso e seco.

O San Lorenzo conseguía esta semana unha tan agónica como importante vitoria. Pola súa parte, o “meigallo” aínda segue perseguindo ao equipo malpicán, suma xa sete partidos sen coñecer o triunfo. Partido de brega e garra en “As Pedreira”, ante uns 100 afeccionados. Na tarde de onte, víronse dous equipos nos postos baixos da clasificación, pero, entregados para saír deles, e ámbolos dous con bastante mellor fútbol ca outros mellor clasificados.
Unha morea de goles e un triunfo decicido no último minuto. Unha xogada antes o malpìcán Rubén puido decantar o encontro para os visitantes, pero marrou ante unha boa saída de Poli. Así, xa no 90, Segio Fariña agarra un tiro raso e seco, dende uns 25 metros, que se cola pegado ao poste esquerdo da portería de Toni, ante o delirio dos xogadores e afeccionados locais.

(Proximamente publicaremos o video de dous dos tres goles do Malpica neste partido)