sábado, 31 de diciembre de 2011
FELIZ ANO 2012
Dende este blog queremos desexarvos un feliz ano 2012 a tódolos nosos/nosas seguidores/seguidoras, con moita saúde para todos e no tema deportivo oxalá que poidamos dar alegrías cada fin de semana.
viernes, 23 de diciembre de 2011
BO NADAL
15:56
Comentarios
Tódolos membros da SCD Malpica queremos deserxarlle a tódolos seguidores do equipo e do blog un bo nadal.
lunes, 19 de diciembre de 2011
LIGA DA COSTA 16ª XORNADA: SAN LORENZO 0 - SCD MALPICA 3
SAN LORENZO: Sergio, Javi (Ánxo min.46), Adrián, Canteiro, Puñal, Jorge Pichel, Santi (Bolón min.46), Cachizo (Miguel min.66; Eloy min.71), Marcos Bartolo, Dani Fuentefría, Carliños.
SCD MALPICA: Suso, Charlie, Casais, Miguel Avelino (David Álvarez min.49), Marco (Gonzalo min.75), Rancaño, Neucha, Cheo, Charro (Juny min.76), Martín (Daniel Varela min.65), Víctor.
Árbitro: Vázquez Pasanante. Moi ben na tarde de onte, estivo acertado en case tódalas decisións que tomou e non tivo ningún erro grave. Expulsou ao xogador local Marcos Bartolo no min.83 por empurrar a un visitante tras unha pequena liorta entre varios xogadores. A raíz desa xogada, tamén foi expulsado o adestrador do San Lorenzo.
Incidencias: Tarde moi fria e soleada nas Pedreiras. 100 espectadores presenciaron o partido. Houbo varios xogadores lesionados durante o encontro: por parte local Miguel e Jorge Pichel, e por parte do Malpica Miguel Avelino (cunha sobrecarga) e Marco (tras apoiar mal nun salto). Cabe destacalo debut de dous xuvenís co primeiro equipo da SCD: Martín e Juny.
Goles: 0-1 (min.4): Saque de esquina dende a dereita que bota Martín e cabecea Neucha á rede cun bo remate. 0-2 (min.18): Novo saque de esquina executado por Martín que remata Charlie tamén de cabeza. 0-3 (min.21): Falta no lateral da área que saca Cheo directamente a porta, e entra rozando o longueiro tras salvala barreira.
Crónica: Derradeiro encontro de liga para a SCD Malpica, que viaxaba ata Verdillo para enfrontarse ao San Lorenzo (equipo que ocupa a penúltima posición na táboa clasificatoria), nunha contenda complicada debido ás características do terreo de xogo: dimensións reducidas e firme moi irregular. O técnico da SCD Malpica, David Baña, contaba con numerosas baixas para esta xornada: Óscar Moscoso, Alfredo, Manu Pardo (cunha tendiditis no tendón de aquiles), Dani (con problemas musculares), Andrés (operado na boca esta semana), Pablo (con molestias nun xeonllo), Marcos Amado (mancado nunha man) e Iago (cunha contractura muscular). O Malpica comezou o partido moi concentrado, mostrándose serio en tódalas facetas do xogo e sabendo adaptarse moi ben ás complicadas condicións do terreo de xogo que non favorecen ás súas careacterísticas. Ademais mostraron unha gran efectividade a balón parado, e en apenas 20 minutos xa contaba cunha importante vantaxe no marcador que ao final foi definitiva. Ademais dos goles, contaron con varias oportunidades máis de gol: un disparo de Martín dende fóra da área, un centro de Cheo dende a dereita que Miguel Avelino remata frouxo ás mans de Sergio, e un man a man de Neucha que Sergio saca co pé nunha gran intervención. O San Lorenzo non entrou no partido ata que recibiu o terceiro gol en contra, deixando unha mala imaxe e con moitos problemas defensivos, mentres que en ataque apenas inquedou a Suso, tendo a mellor acción de ataque nun remate alto de Santi.
Na segunda metade o partido decaeu en intensidade, cun Malpica que controlou o xogo sen complicarse, mentres que creaba perigo mediante contragolpes aproveitando a rapidez dos seus atacantes, pero non estiveron atinados para ampliala direfencia: unha internada de Charro pola banda esquerda pero o seu tiro é rexeitado por Sergio a saque de esquina; unha xogada de Cheo pola dereita que remata cun tiro que sae rozando o primeiro pao; e unha acción de Juny pola esquerda pero que dispara fóra. Os locais non deron a sensación de poder remontar en ningún momento, sen contar con accións de perigo, salvo nun disparo á altura do punto de penalti que saiu alto tras un centro dende a esquerda.
Partido moi completo o que desenvolveu o Malpica, sen grandes alardes pero moi efectivo, conscientes de que o campo non permitía moito máis. A nota positiva foi o debut de Martín e Juny que deixaron moi boas sensacións. Os malpicáns rematan o ano nunha xeira positiva de resultados, pois acumulan tres vitorias consecutivas e dúas xornadas seguidas sen encaixar (dous feitos que non se deran anteriormente nesta tempada). A vindeira xornada será xa en 2012, onde a SCD recibe ao Mazaricos para rematala primeira volta.
martes, 13 de diciembre de 2011
BAIXA: NANDO DEIXA O MALPICA.
A semana pasada confirmouse a marcha do mediocentro Nando tras solicitala "carta de liberdade". O xogador chegara aos modestos da SCD Malpica hai aproximadamente un ano procedente do San Tirso.
Queremos darlle as gracias a Nando pola labor desenvolvida como futbolista e tamén pola calidade humana que amosou durante os meses nos que estivo no Malpica. Tamén lle desexamos moita sorte no futuro en tódolos ámbitos da vida.
lunes, 12 de diciembre de 2011
LIGA DA COSTA 15ª XORNADA: SCD MALPICA 2 - MUROS 0.
SCD MALPICA: Suso, Charlie, Casais, Iago (Miguel Avelino min.59), Víctor, Andrés (Daniel Varela min.76), Neucha, Cheo, Charro (Manu Pardo min.70), Pablo (Gonzalo min.89), Dani.
MUROS SD: Rubén, Gael, Iván, Mayuyo, Dani, Mingos (Javi min.76), Alberto, Gelo, Yanky, Óscar, Jesús.
Árbitro: Pardo Pose. Estivo ben, nun encontro onde apenas houbo xogadas polémicas. Sen embargo, os locais pediron a expulsión na primeira metade dun defensor visitante tras cometer unha falta sobre Dani cando encaraba libre de marca á área de Rubén. Non houbo expulsados.
Incidencias: Tarde moi fría na Pedra Queimada, con choiva na recta final do encontro. Sobre 100 espectadores. Os malpicáns Andrés e Iago tiveron que abandonalo terreo de xogo por sendos problemas musculares.
Goles: 1-0 (min.35): Saque de esquina dende a dereita que saca Cheo rematando Charlie de cabeza no borde da área pequena tras adiantarse ao seu par. 2-0 (min.45): Falta no borde da área que semellaba propicia para un diestro, pero que bota Neucha a perna cambiada anotando un golazo tras superala barreira e colándose preto da escadra dereita da portería.
jueves, 8 de diciembre de 2011
Carta os seareiros de Alfredo Suárez
Din que unha retirada a tempo é coma unha victoria. Pois logo de coñecer o alcance da miña lesión decidín tomar esta dificil pero necesaria decisión. Non é algo que faga en quente, xa que desgraciadamente rondara antes pola miña cabeza, pero desta vez si que non hai volta atrás. O fútbol leva na miña vida moito tempo e creo que disfrutei del, que foi o que sempre quixen. ¿Puiden chegar máis lonxe? Pois pode ser, pero cando deixas de entender o fútbol como unha diversión eu son dos que pensa que non paga a pena perder o tempo. Por iso sempre fixen o posible por pasalo ben e disfrutar ca xente que me aprecia.
Nunca olvidarei os meus anos no Malpica compartindo vestiario cos meus mellores amigos, cos cales gañei unha liga inolvidable. Nunca olvidarei o meu debut con 15 anos sendo cadete contra o Imperator en Preferente, temporada na que puiden marcar un gran gol. Tampouco poderei olvidar os dous fantásticos anos que pasei no Ponteceso, donde puiden gañar a liga da costa, pero gañei moito máis coñecendo a xente do clube.
miércoles, 7 de diciembre de 2011
PARTE MÉDICO DE ALFREDO SUÁREZ
Tras unha nova consulta no Hospital Sta. Teresa da Coruña confirmaronse os peores augurios para o xogador malpicán Alfredo Suárez, que se perderá toda a tempada. O parte di o seguinte:
-Rotura completa do ligamento cruzado anterior
-Desirserción do menisco interno
-Esguince do ligamento lateral interno
Asi mesmo queda pendente de nova revisión unha posible lesión do ligamento arcuato, que tamen parece dañado, o que podería provocar outro tipo de ciruxía tamen na altura do peroné.
-Rotura completa do ligamento cruzado anterior
-Desirserción do menisco interno
-Esguince do ligamento lateral interno
Asi mesmo queda pendente de nova revisión unha posible lesión do ligamento arcuato, que tamen parece dañado, o que podería provocar outro tipo de ciruxía tamen na altura do peroné.
lunes, 5 de diciembre de 2011
LIGA DA COSTA 14ª XORNADA: ZAS 2 - SCD MALPICA 3
SPORTING ZAS: Damián, Martín (Ramón min.78), Óliver, Lagoa, Javito, Touriñán, Pablo (Diego min.74), Peque, Rubio, Pichín, Pablo Muíño.
SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Marco (Gonzalo min.60), Andrés, Neucha (Miguel Avelino min.86), Rancaño, Charro (Daniel Varela min.81), Pablo, Dani (Manu Pardo min.72).
Árbitro: Luis Ossorio Astray. Regular na tarde de onte. Estivo ben na primeira metade, mantendo un mesmo criterio durante os 45 minutos e mostrandose valente á hora de indicar dous penaltis a favor do Malpica: o primeiro por unhas mans dun defensa local tras un centro de Charro, e o segundo por unha patada sobre Charro no pico da área. Na segunda parte, o colexiado estivo moi caseiro, e mesmo inclusive indicou unha pena máxima a prol do Zas por un presunto empurrón máis que dubidoso de Gonzalo sobre Pablo Muíño. Na recta final do encontro, anuloulle un gol a Manu Pardo por un fóra de xogo tras un disparo de Pablo que non semellaba tal. Non houbo cartóns vermellos.
Incidencias: Tarde fría en San Andrés, con choiva leve durante todo o encontro. Sobre 100 espectadores, cun bo ambiente nas bancadas. Na segunda parte houbo unha pequena liorta entre varios xogadores pero que non pasou a maiores. O defensa malpicán Marco tivo que abandonalo terreo de xogo tras recibir unha forte entrada ao comezo da segunda metade.
Goles: 1-0 (min.10): Boa xogada colectiva do Zas pola banda dereita, Peque penetra na área e asiste a Pablo Muíño que marca no primeiro pao. 1-1 (min.15): Neucha bota unha falta centrada dende a líña de tres cuartos que se cola na portería despois de facer un estrano. 1-2 (min.37): Neucha transforma unha pena máxima cometida sobre Charro despois de que Damián rexeitase en primeira instancia. 2-2 (min.70): Penalti anotado por Pablo Muíño que rozou Suso cos pés. 2-3 (min.2-3): Suso saca en longo, o Charro prolonga coa cabeza cara Neucha que supera ao seu lateral e bate a Damián polo primeiro pao de tiro raso.