lunes, 21 de diciembre de 2009
PORTEÑO 1 - MALPICA 2
SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, Iago, Marco, Casais, (Martín min. 84), Neucha, Eloy, (Manu Pardo min. 61), David Blanco, Charlie, Rancaño, (Brais min. 85).
Árbitro: Sr. Sánchez Rojo. (A Coruña). Aínda que a súa actuación non tivo unha influencia directa no resultado final, si foi bastante caseira, pois o listón non foi o mesmo para os dous conxuntos, permitindo moitas faltas dos locais que, ou ben non eran sinaladas, ou cando si as pitaba non levaban consigo unha tarxeta merecida en varias ocasións. Sen embargo, a SCD Malpica acabou con moitas amarelas en relación coas faltas cometidas.
Goleadores: 1-0, (min 75): Saque de banda a prol do Porteño que cabecea o central Valeiro na frontal da área pequena. 1-1, (min. 80): Manu Pardo bota unha falta lateral que David Blanco que cabecea, pero o seu remate é rexeitado debaixo na liña pola defensa local, pero o propio David consegue anotar tra-lo rexite. 1-2, (min. 84’): gran xogada do mediocentro malpicán Rancaño pola banda dereita que culmina nun centro raso á área local que remata David Blanco no segundo pao.
Ambiente e Incidencias: Tarde despexada pero fría, especialmente na segunda metade. Pouca xente no campo, uns 70 espectadores.
Comentario: No último partido do ano para a SCD Malpica, o conxunto de Manuel Agilda viaxa ata a Ponte do Porto para enfrontárse ao Porteño no campo da Grixa. Os malpicáns chegaban a esta 16ª xornada de liga coas numerosas baixas, por diferentes motivos, de Cheo, Ismael, Busto, Carlitos, Andrés e Alfredo II. Nos primeiros 10 minutos de encontro o Porteño saíu moi enchufado e creou perigo mediante xogadas a balón parado. Non obstante, co paso dos minutos o Malpica logrou impor a súa maior calidade no medio campo, tendo a posesión do esférico e combinando moi ben os tres mediocentros (Charlie, Eloy e Rancaño), o que permitio tirar varias veces dende a frontal da área e crear sensación de perigo constante. Destacaron as ocasións de Casais que non acerta e definir dentro da área tras un rexeite do gardameta Asier; o remate do central Iago tras un córner botado de Neucha; e varias faltas botadas por Neucha. A presión defensiva tamén foi mellorando, obligando a que os locais abusaran do xogo en longo que apenas creou dificultades defensivas ao Malpica; non obstante, cabe mencionar un disparo aó longueiro do Porteño neste período.
Na segunda parte, o partido entrou nun "intercambio de golpes" continuo, pois houbo moitas ocasións para ámbolos dous equipos. Feito favorecido polas peculiares características do campo da Grixa, xa que as reducidas dimensións (sobre todo no ancho) e o firme, provocan que cada saque de falta ou saque de banda en campo contrario sexan ocasións de gol. A pesar de todo, a SCD Malpica intentou seguir sendo fiel ao seu estilo de xogo, pero sen lograla claridade que si conseguira nos últimos 25 minutos da primeira metade, e tivo varias oportunidades de gol, sobre todo por medio das internadas de David Blanco, Neucha e Rancaño. Pola súa banda, o Porteño intentaba aproveitar as xogadas de estratexia, e tamén contou con boas ocasións, ademáis de estrelar outros dous disparos nos paos. Tra-lo 1-0, os visitantes apretaron moito e conseguiron a remontada, logrando aguantalo resultado nos minutos finais do encontro.
Importante victoria da SCD Malpica nun campo que, tradicionalmente, se lles dá bastante mal, nun partido igualado e moi intenso, pero no que os malpicáns aportaron máis argumentos futbolísticos e contaron coas mellores ocasións de gol. É de resaltala entrega dos xogadores do Malpica, que nunca deron o encontro por perdido e non baixaron os brazos a pesar de atoparse cun gol en contro a falta de tan so 15 minutos para o final. Despois desta xornada, a SCD suma 10 puntos dos últimos 12 en xogo e ascenden un posto na táboa clasificatoria (son cuartos agora). A próxima xornada, na que se enfronta ó Esteirana na Pedra Queimada (o domingo 3 de xaneiro), será a última da primeira volta e a primeira do ano 2010, que esperemos comece como rematou este 2009.
miércoles, 16 de diciembre de 2009
ENTREVISTA A JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ (CHARLIE).
Traxectoria: Dende infantís ata a tempada 2005-06 xogou no Ponteceso FS, pasando por varias divisións: Autonómica, Nacional B e Nacional A. Entre os anos 2006 e 2008 estivo no Autos Pombo de fútbol sala en Autonómica, e comezou a xogar ao fútbol campo na tempada 2007-2008 na SCD Malpica (nesta tempada compaxinou o fútbol sala co fútbol campo).
Pregunta: Comezáches a xogar ao fútbol campo con 22 anos, ¿porqué tan tarde?
Resposta: Dende moi pequeno, sempre xoguei ó fútbol sala e sentíame moi cómodo, polo que nunca tiven moito interés en probar ó fútbol campo. Sen embargo, o feito de que o equipo no que sempre xogara (Ponteceso FS) desaparecese e con el as posibilidades cercanas para seguir en fúbol sala federado, decidín probar no Malpica, donde xa coñecía a bastantes xogadores.
P: Eres un dos xogadores que xogou en máis posicións, ¿en cál te sintes máis cómodo?
R: Fáltame probar na portería (risas), pero das que xoguei ata o momento posiblemente me quede coa dos últimos partidos, de mediocentro no 4-1-4-1 con Andrés por detrás. Ter un xogador como Andrés gardándoche as espaldas faino todo máis fácil. Sabes que vas contar coa súa cobertura en calquer erro defensivo que teñas e ó mesmo tempo permíteche acompañar máis en ataque descuidando un pouco a túa posición.
P: ¿Qué expectativas tes para esta tempada a nivel persoal?
R: Seguir disfrutando de minutos como ata agora e subir o meu nivel sobre todo no aspecto ofensivo, onde creo que podo dar bastante máis do que estou demostrando.
P: ¿Cál dirías que é o obxetivo do Malpica?
R: O primeiro salvar matematicamente a categoría, porque os dous últimos anos dinnos que se nos relaxamos nos pode ganar calquera. Si seguimos a este nivel, o noso sitio creo que está entre o 4º e o 7º clasificado da liga.
P: Na túa opinión e tendo en conta aspectos deportivos e non deportivos, ¿qué é o mellor da SCD Malpica? ¿e o peor?
R: O mellor claramente o grupo que hai, en especial este ano. É sen dúbida, un dos mellores vestuarios nos que xoguei. O peor, o frío que fai na Pedra Queimada especialmente en inverno.
P: Xa case rematou a primeira volta, ¿qué equipos víches cómo os máis fortes? ¿e con máis carencias?
R: Para min o Zas é o mellor equipo da categoría con diferencia. Intenta tocar o balón dende atrás, cousa que moi pouco equipos fan nesta liga e ten un ataque moi rápido, difícil de defender. Creo que se non se despista, nadie lle vai quitar esta liga. Despois o Xallas. Aínda que non o vin este ano, faláronme moi ben del os compañeiros. O ano pasado tiña un auténtico equipón do medio para arriba, pero estaba moi frouxo atrás e parece que é algo que este ano subsanaron, así que será o outro aspirante serio para o ascenso. O que vin con máis carencias foi claramente ó Lira, como di a clasificación; e se teño que decir algún máis, Monte Louro e Vimianzo, que contra nós non tiveron a súa mellor tarde precisamente.
Moitas gracias Charlie e esperamos que todo siga indo tan ben para ti.
lunes, 14 de diciembre de 2009
MALPICA 0 - CARNOTA 0
UD Carnota: José Ángel; Tono, Jorge, Santi, Andrés, (David Caamaño 50’), Pedro, Cololo, Joselu, (Fernando 50’), Nico, (Teo 50’), Paco, Manoliño.
Árbitro: Sr. González Márquez (A Coruña). Boa actuación a súa durante a primeira metade, aínda que mostrou bastante permisividade nalgunha acción visitante. Sen embargo, no segundo período as cousas cambiaron por completo ao expulsar inxustamente ao mediocentro malpicán Andrés (min. 60), tras unha leve entrada a Cololo cando os dous mantiñan un pequeno pique. A partir desa acción o partido fóiselle das mans e foi incapaz de impor a sua autoridade. O resultado foi un carrusel de faltas, tarxetas e protestas dos xogadores. Non se pode decir que sucedese algo non esperado, posto que este colexiado (González Márquez) foi o mesmo que arbitrou en Carnota o ano pasado, co resultado de dous penaltys a favor do Carnota (inexistentes) e con tres expulsados malpicáns.
Ambiente e Incidencias: Un centenar de espectadores na Pedra Queimada. Tarde fría e con moito vento que imposibilitou un maior espectáculo futbolístico. Ademáis da vermella directa a Andrés (min. 60), tamén foi expulsado o visitante Teo por doble amarela (min. 78). Non houbo que lamentar lesionados de importancia.
Comentario: Cabía esperar un partido moi interesante na 15ª xornada da Liga da Costa na Pedra Queimada, posto que se enfrontaban o quinto clasificado e o cuarto. Por si fora pouco, os dous equipos chegaban "enrachados" á cita, xa que a SCD Malpica sumaba dúas goleadas consecutivas e a UD Carnota catro victorias seguidas. Os locais, que recuperaban ao central Iago despois de superala sua lesión muscular, contaban, como é (lamentablemente) habitual nas últimas xornadas, coas baixas de Cheo e Ismael, ás que se engadía a de Eloy. Os malpicáns desputaron unha primeira metade moi seria, tendo en conta que estaban en contra do vento, presionando moi ben aos mediocentros visitantes, que nunca poideron tocar con claridade. O resultado foi que o Carnota se limitou a enviar balóns longos que en ningún momento puxeron en apuros á defensa local. Hai que facer unha especial mención ao forte vento durante todo o encontro, que dificultou enormemente o control do esférico. Pola contra, o Malpica si creaba perigo, especialmente en xogadas individuais por ámbalas dúas bandas aproveitando a maior velocidade dos seus atacantes con respecto ós defensas visitantes, pero que non atoparon rematador dentro da área. Tamén se poideron adiantar a balón parado, tras un córner botado por Neucha que rematou fóra por pouco Iago (min. 32). O Carnota so tivo dúas ocasións neste período: nun rexeite do porteiro Abraham (min. 40) e nunha falta lateral (min. 45).
Na segunda parte, o dominio (na medida en que as circunstancias climatolóxicas o pemitiron) foi absoluto da SCD Malpica, posto que por parte dos visitantes so cabe apuntala ocasión do dianteiro Manoliño tras unha xogada individual ao pouco de reanudarse o encontro. Coa defensa local á altura do medio campo (agora estaban a favor do vento), estes 45 minutos desputáronse no campo do Carnota, pero a falta de precisión local e o reprego defensivo visitante provocaron que o marcador non se movese. Inclusive en inferioridade numérica durante 20 minutos non sufriron os malpicáns, que a partir da expulsión de Teo volveron a apretar, mentres que o Carnota tentaba que correra o tempo parando o partido con faltas e lesións finxidas. As ocasións máis destacadas (todas froito de lanzamentos de faltas ou de disparos dende fóra da área) foron as de Marcos Amado (min. 50), Neucha tras un pase en profundidade de Manuel (min. 81), Charly (min. 88) e Manuel (min. 90).
So a SCD Malpica tentou xogar ao fútbol neste partido, pero a falta de acerto e as condicións ambientais provocaron que non lograran marcar ningún gol. Pola súa contra, o Carnota debe mellorar moito se pretende pelexar polos postos de ascenso, xa que os recursos futbolísticos que mostraron foron máis ben escasos. O Malpica xa suma 26 puntos que lle permiten seguir na quinta posición da táboa clasificatoria, e sumando máis puntos como local (so unha derrota na terceira xornada fronte ó Zas). A vindeira semana o conxunto adestrado por Manuel Agilda desprazaráse ata o sempre difícil campo do Porteño (12º clasificado).
miércoles, 9 de diciembre de 2009
ENTREVISTA A DAVID BLANCO
Pregunta: ¿Marcaras algunha vez 4 goles nun mesmo partido?
Resposta: Xa había bastante tempo que non marcaba catro goles nun mesmo partido, senon lembro mal foi en xuvenís a última vez que marquei catro.
P: Xa levas 12 goles (a un dos pichichis Guillermo e Mané), ¿plantéxaste quedar pichichi ou é algo secundario para ti?
R: O do pichichi agora que aínda vamos pola primeira volta é algo secundario porque ata o remate da liga poden suceder moitas cousas, cando esteamos a acabala liga xa terei tempo para pensar niso aínda que vou facer todo o posible pa rematar entre os máximos goleadores e se podo ser o pichichi moito mellor.
P: Hai unhas semanas afirmáches no Depor Sport que o obxetivo do Malpica era a permanencia, ¿segues pensando o mesmo agora?
R: Si, sigo pensando niso aínda que para ese obxetivo xa falta moi pouco, se seguimos tendo os resultados que estamos tendo ata agora penso que o noso obxetivo a longo plazo pode cambiar. Sendo un pouco ambicioso diría que podíamos loitar por quedar entre os 5 primeiros da liga se os resultados nos acompañan coma ata agora.
P: O ano pasado xa xogaras unha boa parte da tempada co Malpica, ¿cáles pensas q foron os motivos do cambio radical do equipo?
R: O cambio tampouco o vexo moi radical, somentes que este ano estamos sendo máis grupo e cada un esta dando o mellor de si e por iso os resultados penso que están a acompañarnos mais co ano pasado.
P: ¿Crees que a SCD Malpica atopou o seu teito (marcha na cuarta posición) ou pensas que aínda pode progresar máis?
R: Como xa dixen anteriormente, o primeiro era a permanencia. O segundo paso penso que pode ser estar ahí arriba pelexando polos postos altos da clasificacion. Acabar entre os 5 primeiros este ano pode ser un bo ano para o Malpica.
P: A pesar da túa idade xa estiveches en varios equipos, ¿qué distingue ó Malpica doutros conxuntos?
R: Cada equipo é un mundo: directiva, xogadores...etc. Pero o que penso é que aquí o grupo de xogadores que o forman están mais agrupados que noutros equipos e hai un mellor ambiente nos entrenos, partidos...
So queda dárlle as gracias a David e desexárlle moita sorte para que siga coa súa xeira goleadora.
lunes, 7 de diciembre de 2009
MONTE LOURO 1 - MALPICA 6
SCD Malpica: Toni; Víctor, Marcos Amado, Alfredo II, Marco, (Brais 70’), Casais, Neucha, (Carlitos 55’), Charly, David Blanco, Andrés, (Manu Pardo 69’), Rancaño, (Eloy 65’).
Árbitro: Sr. Sande Bouzas. (A Coruña). Bastante ben. Só errou na apreciación de algún fora de xogo.
Goleadores: 0-1; (17’): despois de varios remates e rexeites dentro da área local, o balón chégalle a D. Blanco, que suavemente ca punta da bota envía moi habilmente fora do alcance de Roma. 0-2, (32’): D. Blanco, recibe un pase dun compañeiro dentro da área, ve desmarcado a Rancaño e cédelle o balón con habilidade por encima dos defensores locais, este, dun precioso remate de cabeza ao ángulo marca. 0-3, (41’): nun contraataque moi ben levado por Neucha, envía o balón en profundidade sobre D. Blanco, e este, bate a Roma na súa saída. 1-3, (49’): saque de curruncho lanzado por Alberto, e Fran libre de marcaxe, remata coa testa de vaselina por encima de Toni. 1-4, (57’): o local Pedro, dentro da súa propia área, erra no despexe, ante o acoso de Casais, este recupera e cede ao punto de penalti onde se atopaba D. Blanco libre de marca, que de tiro por baixo bate a Roma. 1-5, (65’): pase en profundidade de Carlitos sobre D. Blanco, o cal se interna pola banda esquerda, ao chegar a liña de fondo, envía un medido centro sobre Rancaño, o cal a pracer bate a Roma. 1-6, (70’): en pleno festival malpicán, D. Blanco, en xogada persoal cerra a conta, marcando o seu cuarto gol.
Ambiente e Incidencias: Tarde nubrada sen chuvia e boa temperatura. 60 persoas nas bancadas. A 2ª parte xogouse con luz artificial. Non houbo lesionados de consideración, aínda que como anécdota, hai que destacar, que antes do comezo do partido e cando os xogadores peloteaban, o xogador malpicán Neucha, cun forte disparo a porta de Toni, encontra sen querer a cabeza de Marco que estaba entretido falando cun compañeiro, o impacto foi de tal envergadura, que o xogador quedou uns minutos conmocionado, retrasándose o inicio do encontro. Marco acusou durante o partido o impacto, ata o punto de que tivo que ser sustituido por precaución (70’). Expulsado o adestrador local Nieto, con dobre amarela por reiteradas protestas.
Comentario: A SCD Malpica, cun plantexamento táctico moi eficiente, e cun David Blanco en racha de acerto goleador, esta tarde en Louro, bateu sen remisión a un equipo nobre e moi deportivo, que intentou xogar ao fútbol combinativo, pero que cando quería chegar a portería visitante non podía, pois os xogadores malpicáns nunha tarde inspirada pechábanlle todas as portas.
A táctica imposta polo adestrador local con tres defensas en liña, sen home libre, foi letal para os seus intereses, aproveitándose moi ben desta circunstancia os malpicáns, os cales puideron conseguir un resultado mais amplo, pero a partir dos sexto gol xa xogaron moi relaxados.
(Fonte: scd-malpica.blogspot.com, blog de Luis Porto).
miércoles, 2 de diciembre de 2009
ENTREVISTA A FRANCISCO LUÍS MONTES (CHARRO)
Datos persoais e traxectoria: Comezou a xogar na SCD Malpica nos infantís, e tras pasar por tódalas categorías inferiores do clube, debutou co equipo senior na tempada 2003-2004 nun partido en Cee sendo xuvenil de primeiro ano. Tempada na que tamén formou parte do equipo xuvenil do Malpica que conquistou a liga desa categoría. Actualmente milita no Ponteceso, como xa se dixo anteriormente.
Pregunta: ¿Podías decirnos cál é a orixe do teu apodo?
Resposta: Pois o meu apodo "Charro" é unha larga historia que vou resumir brevemente. Foi cando eu era cadete de 2º ano, o meu entrenador era Martuxa e foi el que mo puxo. Todo ben dun mote que lle tiñan a meu pai, do cal, despois de modificalo un pouco puxoseme a min.
P: ¿Qué tal te estás atopando no Ponteceso?
R: No Ponteceso non empecei como esperaba, as continuas suplencias nos primeiros partidos fixéronme pasalo mal, e incluso animicamente estiven moi baixo, de eso que os escasos minutos que disputaba non era capaz de demostrar o que podía dar. Agora todo cambiou, co troco de entrenador xa estou disfrutando de mais minutos, logrei anotar 2 goles nos últimos 2 partidos e incluso recuperei a titularidade. De cara ó futuro e impredecible, pero por sorte, seguir entrando no 11 dependerá sempre de min.
P: ¿Qué foi o que máis te sorprendeu?
R: Moitas cousas a verdade, pero por encima de todo o gran grupo de xogadores que a directiva do ponteceso logrou xuntar, tanto dentro como fóra dos campos de fútbol.
P: ¿Cáles pensas que son as causas do mal inicio ligueiro do Ponteceso?
R: Penso que hai varias causas, pero unha das principais foi a mala o organización da pretemporada, xa que se fixo mezclando xogadores do filial cos do "A", podese decir que a verdadeira pretemporada do Ponteceso comezou o dia de xogar na casa contra o Soneira, era a primeira xornada de liga.
P: ¿Cómo ves ao Malpica esta tempada?
R: O Malpica véxoo como o clube dos meus amores, é o Malpica quen me dou a oportunidade de xogar ó que mais me gusta e vouno a levar sempre no corazón.
Vovendo ó deportivo, creo que unha das principais claves é un maior coñecemento de Manuel Agilda da Liga da Costa, tamén vexo unha maior solidez defensiva que estaba a faltar en anos atrás e sobre todo unha migalla de sorte que non se estaba a ter con respeto as últimas tempadas. Por fin o Malpica está don debe, que é loitar cos equipos punteiros da liga, e iso que tivo baixas importantes para este ano como son as de Kike ou Avelino. Creo que lle sobra potencial ó Malpica para aguantar a categoría e incluso pelexar por obxectivos maiores.
P: ¿Que é o que botas de menos do Malpica?
R: En Malpica boto de menos moitas cousas a verdade, pero sobre todo ós amigos, todos os meus amigos de sempre están xogando alí, e podería decir moitas mais cousas que boto en falta, pero non por iso foi unha decisión desacertada deixar o clube, todo o contrario, cando recibín a oferta era unha oferta a nivel deportivo irrechazable, un equipo que gañou a liga e a copa da costa estes dous últimos anos. Non podía decir que non, e estou orgulloso delo.
P: ¿Qué xogador/es da SCD Malpica levarías para o Ponteceso?
R: Parece casualidade pero non o é, por algo se dou, porque si habia un xogador que quería do Malpica para o Ponteceso, ese era Alfrediño!!! e mira por onde, a directiva fichouno. Non é coincidencia que me gustase a min e tamén ó clube, e que alfredo, a decir verdade, é moi bo.
P: Por último, ¿atréveste a prometer algunha cifra de goles para esta campaña?
R: A mesma pregunta me facía Mato, ex-presidente e agora entrenador do Ponteceso, no primeiro entrenamento, pero eu non son de prometer unha cantidade de goles...son de metelos. O ano pasado a estas alturas levaba cero goles porque case que non xogaba e acabei con 18, este ano pásame unha situación parecida a do ano pasado aínda que xa levo 3. Si chegara ós 18 do ano pasado estaría máis que satisfeito ca miña tempada, ainda que vai ser difícil.
Moitas gracias Charro.