viernes, 30 de julio de 2010

INICIO DA PRETEMPORADA

O equipo de modestos da SCD Malpica comezará o vindeiro día 2 de agosto a nova tempada 2010-2011. Os xogadores malpicáns están citados ás 21:00 horas na Pedra Queimada, hora na que terá lugar a presentación.

viernes, 23 de julio de 2010

ALTAS E BAIXAS

Están confirmadas tres baixas na primeira plantilla da SCD Malpica para a tempada 2010-2011:
-A primeira é o gardameta Abraham, que tras estar un ano cedido no conxunto malpicán a vindeira tempada xogará no Universidade da Coruña.
- Tamén o outro gardamallas do equipo o ano pasado, Toni, que marcha para o Cabana.
- Por último, o central Alfredo tamén xogará no Cabana o próximo curso futbolístico.

Dende este blog desexámoslle moita sorte ós tres e que todo lle vaia ben.

miércoles, 14 de julio de 2010

LIBRO SOBRE A SCD MALPICA

O vindeiro venres día 16 de xullo terá lugar na sala de xuntas da Casa do Pescador (Malpica) a presentación do libro "SCD Malpica 40 anos de fútbol", que, como o nome indica, versa sobre as catro décadas de historia do clube malpicán. Os autores son Héctor Pose e Luis Porto, contando coa colaboración de Xurxo Souto (autor do prólogo).

Dende este blog convídase ós afeccionados do Malpica, e do fútbol en xeral, a que asistan e merquen un exemplar, pois de seguro que merece a pena facerse con un. Máis información pódese atopar no blog de Luis Porto, scd-malpica.blogspot.com.

Moitas felicidades ós autores e moita sorte coas vendas.