sábado, 24 de marzo de 2012

COPA DA COSTA 2012

Onte celebrouse en Baio o sorteo da Copa da Costa 2012. A SCD Malpica deberá enfrentarse na rolda de dezaseisavos ao Santa Comba (conxunto de Preferente). A ida terá lugar o martes 1 de maio no campo de Fontenla.

Aquí está o cadro completo.

miércoles, 21 de marzo de 2012

FICHAXE

A SCD Malpica acaba de incorporar ao dianteiro David Blanco (Neaño, 1988) para o que resta de tempada. O atacante é un vello coñecido da afección malpicán, pois levaba varias tempadas no clube antes de que este verán fichara polo Santa Comba (categoría Preferente).

Moita sorte a David nesta nova andaina na SCD.

lunes, 19 de marzo de 2012

LIGA DA COSTA 27ª XORNADA: BUÑO 0 - SCD MALPICA 0

BUÑO SD: Toni, Eloy, Brais, Ángel, Diego, Jorge Calvete, Miguel Dourado, David (Emilio min.70), Víctor, Ismael, Elías (Rubén min.77).

SCD MALPICA: Suso, David Álvarez, Marcos Amado, Iago (Tato min.46), Marco (Miguel Avelino min.51), Charlie, Eme, Pablo, Charro (Manu Pardo min.85), Martín Uruguaio.

Árbitro: Torreiro Ramos. Tivo unha actuación bastante aceptable, pero apenas sacou cartóns amarelos cando houbo varias accións (sobre todo faltas tácticas que cortaban accións de perigo) que mereceron sanción. Houbo dúas xogadas polémicas na segunda metade: anulou correctamente un gol do local Jorge por un claro fóra de xogo; e na recta final do encontro pitou fóra de xogo do malpicán Pablo tras controlar no corazón da área un centro dende a esquerda nunha acción moi protestada pola SCD. Non houbo expulsados.


Incidencias: Tarde soleada en Xaviña. Gran ambiente nas bancadas, cunhas 250 persoas vendo o encontro. Os xogadores do Malpica Marco e Charro abandonaron o terreo de xogo por problemas físicos, o primeiro por un tirón muscular e o segundo tras chocar con Brais. 

lunes, 12 de marzo de 2012

LIGA DA COSTA 26ª XORNADA: SCD MALPICA 2 - CLUB DO MAR 2

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Andrés, Marco, Rancaño (Iago min.78), Neucha, Dani (Manu Pardo min.83), Juny (Miguel Avelino min.36), Tato, Charro.

CLUB DO MAR CAIÓN: Zalo, Rubén, Repi, Álex, Chori, Juan Lareo, Jhonny, Jacobo, Santi Silva (Bertín min.67), Vituco, Chapu.

Árbitro: Aguiar Patricio. Mal. Non tivo personalidade en ningún momento do partido, deixándose influenciar polos veteranos xogadres visitantes, sobre todo durante a primeira metade. Expulsou ao malpicán Andrés (min.42) por doble amarela, a segunda por unhas mans involuntarias á altura do mediocampo. Tamén sinalou penalti (min.34) por unhas presuntas mans de Marco cando o balón lle dou no hombro á hora de tratar de tapar un centro. Ademais, na segunda metade descontou 7 minutos.

Incidencias: Tarde soleada na Pedra Queimada cunha temperatura agradable. Gran ambiente nas bancadas, cuns 350 espectadores presenciando o encontro. Os xogadores do Malpica Juny e Rancaño tiveron que retirarse lesionados.

Goles: 0-1 (min.34): Penalti por mans inexistentes de Marco que transforma Vituco. 1-1 (min.54): Gran xogada individual de Charro pola banda esquerda regateando a varios rivais, apura a líña de fondo e envía o pase atrás cara Tato que anota a placer. 2-1 (min.64): Charro é derrubado por Chori tras regatealo dentro da área; o propio Charro marca a pena máxima. 2-2 (min.93): Centro raso dende a esquerda de Chori cara Rubén que remata en semifallo no primeiro pao, Suso roza levemente o balón que da no pao dereito saíndo en paralelo á líña de gol onde aparece Vituco para marcar nunha xogada con moi mala fortuna para os malpicáns.

viernes, 9 de marzo de 2012

AXENDA PARA O FIN DE SEMANA

- AFECCIONADOS: SCD MALPICA - CLUB DO MAR, Domingo 11 de marzo ás 17:00 horas na Pedra Queimada.

- XUVENÍS: SCD MALPICA - BAIO, Sábado 10 de marzo ás 16:00 horas na Pedra Queimada.

- CADETES: SCD MALPICA - PORTEÑO, Sábado 10 de marzo ás 18:00 horas na Pedra Queimada.

lunes, 5 de marzo de 2012

LIGA DA COSTA 25ª XORNADA: CORME 0 - SCD MALPICA 1

CORME CF: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús (Abel min.68), Pandi, Diego, Juan, Adrián Doldán, Iago, Lucas, Alejo (Dani min.92).

SCD MALPICA: Suso, Víctor, Miguel Avelino, Andrés (Manu Pardo min.82), Marco (Iago min.74), Rancaño, Neucha, Charlie, Pablo, Tato (Daniel Varela min.96), Charro (David min.72).

Árbitro: Fernández Iglesias. Actuación pésima na tarde de onte. Estivo mal en tódolos aspectos: non tivo autoridade (non expulsou aos locais Pandi tras empurralo nunha protesta nin a Alejo a pesar de protestar de forma airada na recta final do partido), non amosou os cartóns cun criterio homoxéneo, errou constantemente na indicación dos fóras de xogo, descontou preto de 10 minutos ao final do partido... perxudicando ao Malpica en reiteradas ocasións. Os malpicáns reclamaron un claro penalti de Pandi sobre Charro ao comezo da segunda metade tras unha entrada por detrás (que sería cartón vermello por selo último defensor). Os locais pediron penalti de Suso sobre Alejo, ainda que o propio ariete cormelán recoñeceu que non foi. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde despexada e cunha temperatura moi agradable no Cairo. Bo ambiente nas bancadas cuns 250 espectadores. Os xogadores visitantes Marco e Andrés tiveron que abandonalo terreo de xogo por sendos problemas musculares.

Goles: 0-1 (min.16): Pablo recibe un balón en profundidade na zona esquerda do ataque, recorta ao seu par cara adentro e dende o pico da área dispara cara o segundo pao entrando o balón preto da escadra esquerda da portería anotando un verdadeiro golazo imposible de deter para o gardameta.