jueves, 28 de junio de 2012

FICHAXES

A SCD Malpica segue configurando o seu plantel de cara á tempada 2012/2013 e acaba de incorporar a dous novos futbolistas: Alemán (centrocampista que a tempada pasada xogou no Xallas despois de varias tempadas no Sofán) e Adrián (procedente do Sofán e que se adapta tanto ao lateral como ao interior dereito).

martes, 26 de junio de 2012

ASAMBLEA XERAL DE SOCIOS

O vindeiro venres día 29 de xuño a SCD Malpica celebra a asamblea xeral de socios. O acto terá lugar ás 20:30 horas na sala de xuntas do campo de fútbol da Pedra Queimada.

lunes, 25 de junio de 2012

FICHAXE

Confirmada primeira alta da SCD Malpica para a tempada 2012/2013 na que competirá en Primeira Autonómica. Trátase de Ismael, mediocentro que procede do Buño. Ainda que a tempada pasada militou no conxunto oleiro, Ismael xa xogara na SCD en anos anteriores.

lunes, 11 de junio de 2012

FASE DE ASCENSO: BRIÓN 0 - SCD MALPICA 2

BRIÓN SD: Ariz, David (Vilouta min.63), Álex, Andrés, Maqui, Nerko, Roberto, Adrián (Antón min.78), Ángel, Carlos, Dani.

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor (Marcos Amado min.88), Iago, Marco, Andrés (Manu Pardo min.82), Neucha (Martín min.85), Rancaño, Pablo (Juny min.69), Tato (Adra min.90), David Blanco.

Árbitro: Martínez Santos, asistido por Rubén Maquieira e Gil Caldelas. Moi boa labor a do trio arbitral, sen apenas erros de consideración e amosando os cartóns con criterio. Na recta final do encontro foron expulsados os xogadores locais Dani por protestar e a Álex por doble amarela. Tamén foi expulsado o adestrador do Brión.

Incidencias: Tarde nublada en Brión, con choiva leve durante o partido. Unhas 150 persoas asistiron ao encontro (cunha gran asistencia de xente de Malpica). Non houbo lesionados de gravidade.

Goles: 0-1 (min.32): Tato recibe entrelíñas, abre á dereita cara Neucha que centra ao segundo pao onde remata David Blanco. 0-2 (min.45): David Blanco rouba un balón na banda esquera, pasa a Tato que envía cara Pablo, este recibe de espaldas a porta e deixa de frente para que Rancaño marque de tiro raso.

Crónica: Despois do empate contra o Lamela na primeira xornada da fase de ascenso a Primeira Autonómica, a SCD Malpica viaxaba a Brión para enfrontarse ao conxunto local coa idea de logralo triunfo e volver á Primeira despois de 9 tempadas. O adestrador malpicán, David Baña, contaba coas baixas de Óscar Moscoso, Cheo e Charro (mancado nun abductor). Na primeira metade o cadro costeiro foi moi superior, amosando moita intensidade dende o pitido inicial, levando o peso do partido e contando coas mellores oportunidades para marcar, mentres que o Brión abusaba do xogo directo e apenas creou perigo. As mellores accións ofensivas foron as seguintes: disparo desviado de Neucha dende o corazón da área; David Blanco caza un balón morto na área pero o seu tiro é rexeitado por un defensa na líña de gol; gran xogada colectiva do que culmina cun disparo cruzado de David Blanco que o gardameta despexa cunha gran parada.

No segundo acto os locais traton de apretar, presionando máis arriba e acumulando máis xente na parecela ofensiva. Pero a SCD mantivo a compostura nos primeiros compases do segundo tempo e pouco a pouco volveu a retomalo control da contenda ante un Brión que cada vez xogaba menos e protestaba máis. Cos locais arriesgando algo máis os malpicáns tiveron numerosas oportunidades aproveitando a velocidade dos seus atacantes, pero a falta de puntería de cara a porta propiciou que o marcador non fose máis abultado. Algunha das oportunidades foron: xogada de David Blanco pola banda dereita, centra ao punto de penalti pero Neucha remata coa cabeza algo desviado; man a man de David Blanco que lanza unha vaselina pero marcha alta; disparo de Juny tras un rexeite do gardameta pero un defensa desvía cando xa entraba; remate de David Blanco dende o borde da área pequena tras pase de Martín pero rexeita Ariz. Os locais, tras case non crear perigo nos primeiros 45 minutos, tiveron máis perigo nesta metade, destacando un disparo ao pao e un remate de Vilouta tras unha boa xogada de Roberto pero que Suso despexa cunha gran parada.

O Malpica asegurase o ascenso á Primeira Autonómica tras disputar unha liguilla onde se amosou moi forte en ámbolos dous encontros. Queremos darlle as gracias a tódolos que nos animaron e axudaron ao longo da tempada, pois este éxito é mérito de tod@s.

jueves, 7 de junio de 2012

FASE DE ASCENSO

A SCD Malpica disputa o seu segundo encontro da fase de ascenso á Primeira Autonómica:

- Brión vs SCD Malpica, sábado 9 de xuño ás 18:00 horas.

A directiva pon a disposición dos afeccionados un autobús que arrancará ás 15:15 horas dende o centro do pobo.

Tra-la permanencia do Santiago na Preferente Norte serán dúas as prazas a cubrir, polo que unha victoria da SCD asegura matematicamente o ascenso.

lunes, 4 de junio de 2012

FASE DE ASCENSO: SCD MALPICA 0 - LAMELA 0

SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Marco, Andrés, Neucha, Rancaño, Charro (Pablo min.26), Tato, David Blanco.

LAMELA CF: Marcos, Diego, Marcos Pinaque, Amosa, Jorge, Iván, Ferreiro (Fico min.70), Pinaque (Serrada min.78), Matías (Santi min.55), Adrián, Nico.

Árbitro: Patiño García, asistido nas bandas por Fernández Liñares e Gándara Bello. Correcta actuación do equipo arbitral na tarde de onte, levando ben o control do encontro sen abusar dos cartóns. Quizáis na segunda metade un dos asistentes (que cubría o ataque malpicán) estivo demasiado precipitado á hora de sinalalos fóras de xogo, pois houbo varios bastante dubidosos. Nos primeiros compases de partido o colexiado anulou un gol ao Lamela por unha clara falta previa cometida sobre Marco. Non houbo expulsados.

Incidencias: Tarde soleada na Pedra Queimada. Gran entrada e ambiente nas bancadas, cunhas 250 persoas presenciando o encontro. O atacante local Charro tivo que ser susituido por unhas molestias nos abductores. O visitante Matías tamén abandonou o terreo de xogo tras un choque fortutíto coas vallas que delimitan o terreo de xogo.