domingo, 8 de agosto de 2010

RESULTADOS AMIGABLES

A SCD Malpica ven de disputar tres encontros este fin de semana, nos que se deron os seguintes resultados:

- SCD MALPICA 1 - SILVA 2. O gol local foi obra de Neucha.

- Trofeo da Olería (partidos de 45 minutos):

CERQUEDA 0 - SCD MALPICA 4. Goles de Casais, David Blanco e Miguel Dourado (2).
BUÑO 1 - SCD MALPICA 1. O gol do Buño anotouno Martuxa e o dos malpicáns Neucha de penalti.

Cabe sinalar que a SCD foi a vencedora final deste triangular.

viernes, 6 de agosto de 2010

CALENDARIO

Xa está elaborado o calendario para a tempada 2010-2011 da Liga da Costa. Na primeira xornada, a SCD Malpica xogará contra a UD Carnota na Pedra Queimada.

Pódese velo calendario completo no seguinte enlace: http://futgal.es/index.php?sec=resultados&delP=1&categoriaP=1645&grupoP=53221&jornadaP=&c1=1#

PARTIDO AMIGABLE

Na tarde de onte confirmouse un novo partio amigable para a SCD Malpica, que será o primeiro que despute na presente tempada 2010/2011, pois está programado para o sábado 7 de agosto ás 19:00 horas na Pedra Queimada. O rival será o Silva, da Segunda Rexional (grupo da Coruña).

miércoles, 4 de agosto de 2010

ALTAS E BAIXAS

Hai unha nova baixa na primeira plantilla da SCD Malpica:

- Braix Sanluis, lateral dereito, non continuará este ano no equipo por motivos académicos.

PARTIDO AMIGABLE

O vindeiro domingo día 8 de agosto desputaráse como cada verán por estas datas o Trofeo Mostra da Olería en Buño nesa vila. Nesta edición, os equipos participantes son os seguintes: SCD Malpica, Buño (recén ascendido á Liga da Costa) e Cerqueda (3ª Rexional). Os encontros durarán 45 minutos. O comezo está previsto para ás 18:00 horas.

lunes, 2 de agosto de 2010

ALTAS E BAIXAS

Hoxe tivo lugar a presentación da SCD Malpica na Pedra Queimada, na que se confirmaron catro fichaxes para o equipo dos modestos:

- O gardameta Suso, procedente do Arteixo, e vello coñecido da afección, pois é todo un clásico do equipo malpicán.
- O defensa David Castro, procente do Bergantiños xuvenil.
- Daniel Viña, zagueiro que ven do Bergantiños xuvenil da Liga Nacional.
- Diego, outro defensa que procede dos xuvenís do Malpica.

Mañá día 3 de agosto comezan os adestramentos, á espera de que poida chegar algunha fichaxe máis para compensala plantilla.