martes, 8 de julio de 2008

Manuel Agilda novo adestrador


Finalmente, a SCD Malpica chegou a un acordo con Manuel Agilda para que sexa o adestrador do equipo durante a próxima campaña 2008/09. Agilda chega para cubrir o oco de Ramón Esmoris, o cal levará a cabo o traballo cas categorias base do Malpica.

Manuel Agilda conta co título nacional e anteriormente adestrou o Olímpico de Rutis e o Betanzo B. Desexamos que o seu labor no equipo leve o Malpica de novo a codearse cos equipos punteiros da liga da costa.

0 comentarios:

Publicar un comentario