BAIO: Manuel, José Antonio, Diego (Martín, min.30), Fredi, Sergio Suárez, Pensado, Mario, Carlos (Dani, min.90), Fermín (Felipe, min.70), Alberto (Adrián, min.86) e Renato (Borja, min.90).
Goles: 1-0, min.14: David, tras unha gran xogada de Charro; 1-1, min.31: Fermín, de vaselina; 1-2, min.32: Fermín, tras un rexeite a tiro de Renato; 1-3, min.52: Renato, dende 35 metros tras unha mala saída de Toni; 1-4, min.74: Renato tras un bo pase de Martín; 2-4, min.84: David remata outra boa xogada de Charro.
Lesión: Diego, do Baio, nun abductor.
3 regalos malpicáns e o erro dun penalti foron clave para que o Baio marchase cos 3 puntos de Pedra Queimada. O conxunto de Chema Eiriz realizou un bo partido e aproveitou os fallos locais para rubricar a superioridade. Por fin Renato tivo a súa tarde que riubricou cun gran partido e 2 tantos.
O Malpica continúa fallando ocasións, ás que se sumaron desta volta os erros defensivos. Vai ter que remar moito o Malpica se non quere pasar apuros.
0 comentarios:
Publicar un comentario