miércoles, 14 de julio de 2010

LIBRO SOBRE A SCD MALPICA

O vindeiro venres día 16 de xullo terá lugar na sala de xuntas da Casa do Pescador (Malpica) a presentación do libro "SCD Malpica 40 anos de fútbol", que, como o nome indica, versa sobre as catro décadas de historia do clube malpicán. Os autores son Héctor Pose e Luis Porto, contando coa colaboración de Xurxo Souto (autor do prólogo).

Dende este blog convídase ós afeccionados do Malpica, e do fútbol en xeral, a que asistan e merquen un exemplar, pois de seguro que merece a pena facerse con un. Máis información pódese atopar no blog de Luis Porto, scd-malpica.blogspot.com.

Moitas felicidades ós autores e moita sorte coas vendas.

0 comentarios:

Publicar un comentario