viernes, 12 de agosto de 2011

GRAN ÉXITO NA VISITA DA COPA DO MUNDO



Onte visitou Malpica a Copa do Mundo conquistada por España no Mundial de Fútbol disputado en Sudáfrica no verán pasado. A exposición da Copa foi un éxito rotundo, pois dende as 11 da mañá (mesmo antes desa hora xa había xente esperando para fotografiarse con ela) ata pasadas as 21 horas pasaron centos de persoas pola praza Anselmo Villar Amigo (segundo fontes do Concello pasaron sobre 2.000), tanto xente natural da vila malpicán, como turistas e xente de outras vilas próximas.

Dende a directiva da SCD Malpica queremos agradecela labor desenvolvida pola Protección Civil e pola Policía Local (que durante todo o día estiveron pendientes de tódolos detalles); darlle as gracias a Luis Porto, a tódalas persoas que colaboraron con nós neste evento e tamén ao Concello de Malpica de Bergantiños pola súa colaboración na organización. Tamén queremos deixar claro que as decisións sobre a ubicación da Copa do Mundo e o horario de exposición ao público foron tomadas pola directiva da SCD Malpica, sen que a Corporación Local tivese nada que ver nese sentido.

A continuación deixo algunha imaxe que ilustra o acontecido onte, onde se comproba que xente de tódolas idades disfrutaron deste acontecemento:



10 comentarios:

  1. Anónimo12/8/11

    non hay mais fotos?

    ResponderEliminar
  2. Gracias a Alba polas fotos!! jeje

    ResponderEliminar
  3. Anónimo13/8/11

    hay que joderse,dixeron que a ian traer pra mostra,e que ia estar 3 dias.AD

    ResponderEliminar
  4. Anónimo15/8/11

    O Concello quería que pola tarde estivese na mostra de Oleiria, pero xa se sabe a xenerosidade entre veciños é cero.

    ResponderEliminar
  5. Alfredo15/8/11

    O que non se pode pretender e ter tanto morro. Quen solicitou a copa foi a SCD Malpica, e como responsables dela en caso de que algo pasara quearon dous directivos. O colmo de todo e que o presidente recibe unha chamada na cal lle din "Mira a copa vai estar en Buño de 5 a 9" por parte dos da mostra. Vamos, toda a tarde para Buño cando os que a solicitamos fomos nos. As cousas son moi faciles de arreglar falando pero se non se pon das duas partes non hai nada que facer. Por ultimo gustariame dicir que a Mostra tamen pudo solicitar a copa para esas datas, se un non se informa pois ala él. Non sexamos cínicos porque o se fose o revés non sei que pasaría.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo15/8/11

    A copa solicitouna o Malpica, quen pagou todo foi o Concello, que claro pagamos todos, pero claro está que non é de todos, é a Copa de Posiño SL

    ResponderEliminar
  7. Anónimo15/8/11

    O morro é que o Concello paga todo e quere que a copa esté 7 horas en Malpica e 5 ña mostra, pero Posiño non deixa, está claro que todos pagamos, pero quen manda non é o alcalde é Posiño

    ResponderEliminar
  8. Gracias polos vosos comentarios.

    O primeiro que hai que ter en conta é que da directiva da SCD Malpica non saiu a promesa de levala Copa do Mundo a Buño, polo que o/os responsable/es son os que teñen que asumir as consecuencias das súas "promesas".

    Respondendo a outro anónimo (sigo sen entender porqué non se usan os nomes de cada quen)a entidade que organizou o evento foi a SCD Malpica, que dende logo contou coa importante colaboración do Concello (tanto no tema de loxística como de publicidade), e que dende logo agradecemos enormemente. Coñezo os custos que eso supuxo para as arcas públicas, pero tamén coñezo o custo (sobretodo de tempo e de esforzo) que tivo para a xente que o organizou. Creo que hai un beneficio importante para o Concello (ata onde eu sei, Buño tamén forma para del) en aspectos de imaxe, de publicidade e ao mellor ata económico para algún negocio da vila. A exposición estivo aberta para tódolos públicos de xeito gratuíto durante todo o día, o que demostra a intención da SCD Malpica de contribuir en todo o que poida á facer cousas polo Concello, pois mesmo estaba disposta a correr con tódolos gastos.

    ResponderEliminar
  9. Alfredo15/8/11

    Ainda que Iago xa o aclarou todo perfectamente gustaríame dicirlle a ese valiente anónimo o cal non me podo dirixir polo seu nome que o gasto do acto serian 50 carteis, vamos unha locura. Como pon nos carteis a SCD Malpica ORGANIZA o concello COLABORA. Levar a copa a Buño de 17 a 21 (as peores horas do día non?) era pouco, o mellor sería que se levase o dia enteiro, mais publicidade para a Mostra e nada para a SCD Malpica, quen realmente traballou. Tamén me gustaría darlle as gracias a ese "iluminado" que lle comentase as de ARDEBULLO que o anunciasen. É o que ten colgarse a medalla antes de tempo.

    Gustaríame que non se personalice en ninguén porque as decisions que se toman son conxuntamente de todos os membros da directiva do Malpica.

    ResponderEliminar
  10. Anónimo16/8/11

    Gasta mais cartos o Concello na Mostra (que so sacan beneficio a hosteleria e negocios de Buño, e decir solo vale pa Buño) que en todas a festas que se fan en Malpica en todo o ano. O que pasa e que a hai xente en Buño que ten moita envidia de Malpica e non soportan estar en un segundo plano. Enhoraboa a SCD Malpica polo seu traballo e organizacion e grazas por poder disfrutar todos os veciños de "Malpica". Un saudo. Jose Martinez

    ResponderEliminar