SCD MALPICA: Suso, Charlie, Víctor, Iago, Marco, Andrés, Neucha, Rancaño, Charro (Pablo min.26), Tato, David Blanco.
LAMELA CF: Marcos, Diego, Marcos Pinaque, Amosa, Jorge, Iván, Ferreiro (Fico min.70), Pinaque (Serrada min.78), Matías (Santi min.55), Adrián, Nico.
Árbitro: Patiño García, asistido nas bandas por Fernández Liñares e Gándara Bello. Correcta actuación do equipo arbitral na tarde de onte, levando ben o control do encontro sen abusar dos cartóns. Quizáis na segunda metade un dos asistentes (que cubría o ataque malpicán) estivo demasiado precipitado á hora de sinalalos fóras de xogo, pois houbo varios bastante dubidosos. Nos primeiros compases de partido o colexiado anulou un gol ao Lamela por unha clara falta previa cometida sobre Marco. Non houbo expulsados.
Incidencias: Tarde soleada na Pedra Queimada. Gran entrada e ambiente nas bancadas, cunhas 250 persoas presenciando o encontro. O atacante local Charro tivo que ser susituido por unhas molestias nos abductores. O visitante Matías tamén abandonou o terreo de xogo tras un choque fortutíto coas vallas que delimitan o terreo de xogo.
Crónica: Primeiro partido da fase de ascenso á Primeira Autonómica para a SCD Malpica, que recibía na Pedra Queimada ao Lamela (o outro equipo do grupo é o Brión). Os malpicáns, logo da renuncia do Corme ao ascenso, teñen a oportunidade de subir de categoría logo de oito anos na Segunda Autonómica e despois de firmala mellor campaña ligueira neste período. O adestrador local, David Baña, contaba practicamente con todo o plantel, salvo as baixas coñecidas de Óscar Moscoso e Cheo. O partido comezou cun Lamela moi metido no encontro, amosando unha gran intensidade e fortaleza física, mentres que o Malpica trataba de tomarlle o pulso ao partido intentando asentarse no campo e desenvolvelo seu fútbol habitual de ataque. Non obstante, o encontro non se iba carecterizar polas "florituras", xa que ningún dos dous conxuntos arriesgou en exceso. A SCD non tivo moita continuidade no xogo ofensivo, con unha circulación de balón un tanto espesa (debido, en gran parte, á forte presión dos visitantes) pero nas accións en que conseguían combinar si xeraban perigo, destacando as seguintes oportunidades: saque de esquina que bota Tato rematando Víctor no segundo pao fóra nunha posición moi boa de cara a gol; centro de Neucha dende a esquerda, Pablo desmarcase ao primeiro pao pero dispara desviado. Polo que atinxe ao Lamela tivo as seguintes oportunidades claras para marcar: disparo de Ferreiro dende a frontal que sae preto do pao dereito; acción individual de Matías que penetra na área disparando raso pero o gardameta Suso saca unha man providencial; ao fío do descanso Nico caza un rexeite de Suso no segundo pao pero remata forzado e o seu tiro sae alto.
Nos segundos 45 minutos o panorama cambiou por completo, cun Malpica que asumio o protagonismo do encontro e cun Lamela que baixou líñas. Así, o dominio territorial correspondeu por completo aos locais, que se plantaban con relativa facilidade na zona de tres cuartos creando perigo por ámbalas dúas bandas. O baixón físico do Lamela era evidente, e xa non presionaban con tanta firmeza no mediocampo, mentres que amosaron pouca claridade sacando o balón debido á gran presión da SCD. As únicas oportunidades de gol foron obra do conxunto costeiro, resaltando as seguintes: centro de Pablo dende a dereita que se pasea pola área sen atopar rematador; disparo de Neucha dende a esquerda tras penetrar na área que Marcos despexa cunha gran parada; novo remate de Neucha, pero esta vez coa cabeza no segundo pao tras un centro de Tato pero sae preto do pao dereito. Os visitantes apenas inquedaron a Suso neste segundo acto, salvo nalgún balón parado.
Partido moi disputado cos dous equipos empregándose a fondo, pero onde houbo unha gran deportividade. O Malpica, dentro da igualdade, quizáis fixo algún mérito máis para levarse o encontro, especialmente na segunda metade onde foi superior ao Lamela (conxunto que o ano pasado estaba na Primeira Autonómica). Para resolver un posible empate logo dos tres partidos, disputouse unha tanda de penaltis na que a SCD gañou por 4-3 (marcaron Iago, Neucha, Pablo e Tato; Suso parou dous penaltis). A vindeira semana disputan o segunda xornada desta liguilla en Brión, onde de lograr o triunfo ascenderían.
A por el ascenso ,creo que toda la directiva lo merece,pero sobre todo el presi y victor que son los mas carrozas del equipo..un saludo y aupa malpica siempre.agilda
ResponderEliminar