- O primeiro equipo segue a reforzarse de cara á vindeira tempada. A última alta confirmada é Juanjo Rabuñal, central experimentado que nas últimas tempadas xogou no Sofán.
- Tato (xogador dos modestos do Malpica) será o novo adestrador dos xuvenís da SCD. O ata agora adestrador Piña ofreciuselle coller outra categoría pero por motivos de incompatibilidade laboral non puido ser. Dende a directiva queremos darlle as gracias a Piña pola súa gran labor nesta tempada (onde se clasificou para a fase de ascenso á Liga Galega e gañou o grupo norte da liga da costa) e desexarlle moita sorte para o futuro.
- O vindeiro domingo na Pedra Queimada a SCD Malpica organiza un amigable contra un combinado saharauí con carácter benéfico coa intención de recaudar fondos para o mencionado pobo. O encontro será o vindeiro domingo 15 de xullo ás 19:00 horas na Pedra Queimada. Segundo informa Luis Porto, a Federación Galega de Fútbol e a empresa de trofeos "Marvi" colaborarán coa entrega dun trofeo. Todo o que se recaude terá carácter solidario.
- Por último, lembrar que mañá sábado 14 de xullo e con motivo da celebración do IV Nordestazo Rock que organiza a AC Tralla, a SCD Malpica celebra unha sardiñada no peirao de Malpica a partir das 13:30 horas na que haberá música e un grupo teatral.
0 comentarios:
Publicar un comentario