domingo, 2 de septiembre de 2012
Resultado Malpica - Amio
15:59
Comentarios
Malpica: Suso, David Castro, Víctor, Amado, Rancaño, Alemán (Ismael min.71), Adrián (Mario Casal min. 74), Cheo (Charlie m. 85), David Blanco (Charro m. 46), Neucha, Uruguaio (Tato m.63).
Amio: Adrián, Tojo, Boler, Tito, Vilas, Castro, Elusto (Roi m. 81) , Tiki, Jairo, Benji, Rodri (Jersi m. 65).
Arbitros: Carro Moreira cos asistentes López Gonzáles e Rodríguez Penas. Deixaron xogar aínda que cecáis debería haber cortado con amonestacións o xogo duro dos visitantes. Anularon un gol legal a Mario Casal.
Ambiente: Tarde soleada con vento moderado tirando a forte. Sobre 150 persoas nas bancadas.
Goles: 0-1 min. 4: indecisión entre a defensa local e o porteiro que provoca que o dianteiro visitante Jairo remate a porta valeira; 1-1 min. 28: gran xogada individual de Adrián, que avanza desfacéndose de contrarios, entra na área e cede a Uruaguaio para que este marque de disparo raso axutado ó pao; 2-1 min. 83: saque de banda en longo de Cheo sobre o punto de penalty que, tras un barullo na área, remata Charro cruzado batendo ó meta visitante.
Comentario: O partido non podía comenzar peor posto que ós 5 minutos, unha indecisión entre a defensa local e o porteiro Suso dáballe o primeiro e único tanto para os visitantes. Ate ahí a aportación ofensiva do Amio C. F. xa que non volviu tirar á porta en todo o partido. A partires do gol, o Malpica fixose co control total do balón xerando numerosas ocasións de gol entre as que destacan as seguintes: unha internada de Cheo pola dereita que termina cun centro á cabeza de Neucha que detén o meta rival nunha gran intervención; unha combinación entre Neucha, Uruguaio e Adrián que termina cun tiro que detén o porteiro; xogada de corner ensaiada que centra Rancaño e remata Neucha salvándoo un defensor baixo paos; disparo de David Blanco dende a frontal que sae alto; xogada de Neucha que se desfai de varios contrarios para finalmente ceder á David Blanco, o cal remata cruzado saíndo o tiro rozando o pao. Ate aquí deu de si a primeira metade, cun Malpica totalmente volcado en ataque, presionando moi ordeandamente, recuperando e iniciando o xogo con criterio, sempre apoiándose nunha defensa moi segura.
A segunda metade foi máis do mesmo, xerándose as seguintes ocasións de gol por parte do Malpica (o Amio non se acercou á área local): vaselina de Cheo que se vai por pouco tras un medido pase de Alemán; combinación entre Rancaño e Charro con remate deste último que se vai fóra por pouco; saque de banda en longo de Cheo que remata Neucha salvándo o porteiro visitante nunha expléndida parada, etc..
Con simplemente contar o número de ocasións de ambos equipos xa se pode sacar unha idea de como foi o partido: dominio total do equipo local que realizou un gran partido, con fases de xogo combinativo moi bo, ante un rival que se empregou con excesiva dureza en determinados momentos do partido. Deste xeito, o equipo dirixido por David Baña e o seu segundo, Javi, inician a liga gañando e convencendo, servíndolle para continuar traballando na mesma liña para seguir avanzando con éxito na categoría.
0 comentarios:
Publicar un comentario