jueves, 30 de mayo de 2013

Comunicado da SCD Malpica



   COMUNICADO DA SCD MALPICA:

   Antes de nada decir que a idea da SCD Malpica non é polemizar nin entrar en ningún tipo de guerra con ningún clube, e moito menos cun do mesmo Concello. Non obstante, dado o comunicado que onte  mércores 29 de maio colgou a UD Cerqueda no seu perfil de Facebook creemos necesario manifestala nosa posición ante as varias incongruencias que no mesmo se describen, pois vémonos envoltos nun conflicto que non foi creado por nós.

   En primeiro lugar hai que decir que tralo encontro que o pasado domingo enfrentou ao Malpica e Zas na Pedra Queimada, os presidentes de ámbolos dous clubes malpicáns tiveron unha reunión informal onde se tratou o tema do día e horario da ida dos cuartos de final da Copa da Costa. Xa que o Cerqueda se xoga o ascenso á Segunda Autonómica e que se nos dixo que o Camelle quería xogar domingo pola tarde (que é o horario oficial) chegamos ao acordo de que o encontro se disputaría sábado 1 de xuño ás 16:30 horas en Buño.

   As dúas partes estábamos de acordo en día e hora, pero para sorpresa nosa o Presidente da UD Cerqueda volve a poñerse en contacto coa SCD para volver a cambialo propoñendo datas alternativas como o xoves 30 de maio, venres 31 ou luns 3 de xuño. Queda claro que a intención do Malpica era disputala eliminatoria como creemos que merece unha competición como a Copa da Costa (máis neste ano que é o 50 aniversario) e por eso estábamos dispostos a xogar tanto sábado como domingo a calquera hora, inclusive pola mañá, deixando en primeiro lugar que o Cerqueda e Camelle fixasen o seu partido. Os argumentos que se empregan por parte do Cerqueda caen polo seu propio peso en varios aspectos:

            1.- É totalmente lícito que o Cerqueda priorice o ascenso á Copa, pero ¿entón por qué non renunciaron á Copa antes do sorteo ou na ronda anterior? Xa antes dos oitavos de final sabían que ían coincidir no fin de semana dous partidos (neste caso Soneira B e Ponteceso). Algo que por certo pasou sempre nos últimos anos a tódolos equipos e que segue a pasar este ano (por exemplo co Baio e Laxe). 

            2.- A SCD Malpica estaba disposta a xogar calquera día do fin de semana, pero o que non estamos dispostos a facer e xogar un día laborable entre semana por motivos que son obvios, pois non somos un clube profesional. Comezando polos socios e a afición, pois gran parte non poderían asistir a un encontro que debería de ser unha festa para o fútbol malpicán. Ademais de que hai varios xogadores que tampouco poderían estar por traballar e estudiar fóra da vila.

            3.- No comunicado do Cerqueda danselle as gracias tanto ao Ponteceso como ao Soneira B polas “facilidades e por deixarlles competir” mentres que co Malpica se fala de “decepción”. Esto causounos unha gran sorpresa pois tanto a ida como a volta tanto da Copa como da eliminatoria de ascenso xogáronse sábado e domingo, algo que era o que ía suceder tamén nesta ronda. 

            4.- Tamén se afirma que “entenden a decisión do Camelle” por non querer cambialo partido fóra do seu horario oficial por estar no seu dereito, mentres que dende a SCD Malpica si estábamos dispostos a cambialo e se nos critica por non querer poñelo para un día laborable.

            5.- Do mesmo xeito faise referencia a un custo económico para o Cerqueda. Cabe recordar que o custo é para os dous equipos, todos sabemos que se perde unha importante taquilla tratándose dun derbi, ao que hai que engadir o perxuízo deportivo que supón para o Malpica estar dúas semanas sen competir. 

            6.- Igualmente, alúdese a posibles problemas de lesións por xogar o día antes. Tampouco semella un argumento moi sólido, xa que se desgraciadamente hai un xogador mancado dificilmente se podería recuperar a tempo para domingo se a Copa se disputase o venres en lugar de sábado. 

   Para rematar, insistir en que a intención da SCD Malpica non é para nada entrar en polémicas, tan só quixemos dar publicidade a nosa versión dos feitos e aclarar que a idea do clube era disputalos cuartos de final da Copa contra o Cerqueda e que para iso estivemos dispostos a xogar calquera día e hora do fin de semana.

                                                  A directiva da SCD Malpica.


0 comentarios:

Publicar un comentario