Este domingo disputase a primeira xornada da Liga da Costa. O Malpica debuta contra o Santa Comba "b" e o partido será as 18:30. Todos aqueles afeccionados que desexen viaxar e apoiar o seu equipo podeno facer no autobus que sairá dende a parada de taxis de Malpica as 16:30.
sábado, 6 de septiembre de 2008
miércoles, 3 de septiembre de 2008
Exito do noso blog
Neste mes xa pasamos a barreira dos mil visitantes, algo que dende logo agradecemos xa que a xente se mostra interesada nas novas da S.C.D. Malpica. Dende esta páxina queremos darvos as gracias e esperamos que disfrutedes navegando por aquí.
lunes, 1 de septiembre de 2008
Victoria do Malpica ante o Corcoesto
Goles: 1-0 min.40 Alfredo Suárez de falta; 2-0 min.70 Sassanno de disparo axustado.
Nova victoria dos de Manuel Agilda no ultimo test da pretempada, no cal o Malpica tivo ocasións máis que suficientes para golear os rivais. Charro, Lema e Busto na primeira parte e Sassanno, Rubén e Iago (cun tiro o pao incluido) na
segunda, tiveron claras ocasión que non atoparon portería nunhas veces e noutras toparonse con un gran Siro na meta do Corcoesto. O partido foi claramente dominado polo equipo local pese o desacerto dos seus dianteiros, que non tiveron un bo día.
Deste partido hay que destacar que se gañou, volvendo asi a xeira de resultados favorables para o Malpica e afrontar asi, con forzas renovadas, o partido deste fin de semana. O Malpica debuta nesta Liga da Costa 2008/09 contra o Santa Comba "b" no campo rival, asique se antoxa un partido dificil para os da Pedra Queimada.
domingo, 31 de agosto de 2008
A vosa opinión
Finalizada a enquisa sobre o papel que realizará o Malpica nesta tempada os resultados foron moi equiparables. Un 31% dos visitantes opina que se descenderá, igualmente o mesmo porcentaxe que se loitará nos postos baixos. Un 26% pensa que o Malpica estará na metade da tabla e so un 10% é optimista e coloca o equipo nos postos punteiros.
sábado, 30 de agosto de 2008
O Bergan levase o Trofeo Festas do Mar
O Bergantiños de Brizzola levouse o Trofeo Festas do Mar disputado na Pedra Queimada. O resultado foi de 1-2, o cal demostra a igualdade do mesmo. O Malpica tentaba sorprender de vez en cando ante o mellor toque do rival, ainda que as primeira ocasións foron para os locais. Nunha falta ensaiada sacada maxistralmente por Manuel, Cheo conseguiu adiantar o Malpica no min.35.
Morreu asi a primeira parte ca sorpresa saltando no campo malpicán, e cos visitantes un tanto desconcertados. Pero na reanudación o dominio carballés foi notable, moito máis no min.58 cando Javi Gonzalez cun tiro desde fora da area empatou o partido. Nesta xogada tamen foi expulsado Manuel por protestar un posible fora de xogo de Adriano, o cal impediu a visión de Toni. O final do partido os xogadores do Malpica admitiron que non fora tal.
A partir deste momento o partido partido pasou a mans do Bergantiños, que de novo marcaría por medio de Javi Gonzalez no min. 78 tras unha boa xogada do equipo carballés.
Hai que destacar que o Malpica loitou asta o final cun equipo que pretende ascender a Terceira división.
viernes, 22 de agosto de 2008
Trofeo "Festas do Mar"
11:10
2 Comentarios
Este sabado día 23 disputarase o partido contra o Bergantiños. O partido dará comezo as 18:30 e celebrase con motivo das Festas do Mar. Seguramente será un partido moi bonito de ver xa que a rivalidade existente entre ámbolos dous equipos ven xa de anos atrás. Este é xa o cuarto test para os de Manuel Ajilda que intentan mellorar o seu xogo de cara o comezo da Liga da Costa.





