sábado, 30 de agosto de 2008

O Bergan levase o Trofeo Festas do Mar


O Bergantiños de Brizzola levouse o Trofeo Festas do Mar disputado na Pedra Queimada. O resultado foi de 1-2, o cal demostra a igualdade do mesmo. O Malpica tentaba sorprender de vez en cando ante o mellor toque do rival, ainda que as primeira ocasións foron para os locais. Nunha falta ensaiada sacada maxistralmente por Manuel, Cheo conseguiu adiantar o Malpica no min.35.
Morreu asi a primeira parte ca sorpresa saltando no campo malpicán, e cos visitantes un tanto desconcertados. Pero na reanudación o dominio carballés foi notable, moito máis no min.58 cando Javi Gonzalez cun tiro desde fora da area empatou o partido. Nesta xogada tamen foi expulsado Manuel por protestar un posible fora de xogo de Adriano, o cal impediu a visión de Toni. O final do partido os xogadores do Malpica admitiron que non fora tal.
A partir deste momento o partido partido pasou a mans do Bergantiños, que de novo marcaría por medio de Javi Gonzalez no min. 78 tras unha boa xogada do equipo carballés.
Hai que destacar que o Malpica loitou asta o final cun equipo que pretende ascender a Terceira división.

(Desculpen as molestias por actualizar tan tarde, foi por enfermidade)

0 comentarios:

Publicar un comentario