Corme CF: Susiño; Adolfo, Jóse, (Rodrigo, 74’), Rafa Valiña, Cordobés, Felipe, Martín, (Manoliño,74’), Lente, Iago, Brais, Alejandro.
SCD Malpica: Toni; Brais, Diego,Víctor, Marco, (Coki, 87’), Andrés, Lema, (Quique, 67’), Rancaño, Rodri, Martuxa Elías, (Charro).
Goles: 1-0, min 2. Brais de forte disparo. 1-1 min. 43, Rodri bate a Suso por baixo. 2-1, min.64 Charro cruza ante Suso. 2-2 Rafa Baliña remata en fora de xogo un barullo na área.
O Malpica chegaba a Corme ca imperiosa necesidade de gañar senón quería dilapidar as poucas oportunidades que ten para salvarse. O partido non podía comezar peor, xa que o conxunto de Esmorís volveu a saír dormido e encaixou o primeiro gol nos primeiros minutos tras un bo contragolpe cormelán. Aínda así, o Malpica non se descompuxo e xogou unha boa primeira metade e creou perigo a balón parado. Así, ó filo do descanso, Rodri aproveitou unha indecisión local para establecer o empate. Na segunda metade o cadro visitante saliu polo partido e a entrada de Charro, por Elías lesionado, aportou frescura ó ataque. Foi o propio Charro o que poría por diante ó Malpica tras un bo pase de Martuxa. A partir de aí, o Corme foise arriba á desesperada deixando moitos hocos que o Malpica non soupo aproveitar, unhas veces por eles mesmos, e outras pola actuación dun árbitro lamentable.
Non tivera ningunha acción destacada durante o encontro, pero todas as dubidosas pitaba a favor dos da casa. No último tramo de encontro xa foi máis descarado, non pitando unha clara falta de Cordobés a Charro cando este ía só cara a portería. Ademais, prolongou o encontro 5 minutos cando durante o partido paraba o reloxo cada vez que había unha interrupción, e para rematar a faena, NO GOL DO EMPATE DO CORME, HABÍA TRES XOGADORES EN FORA DE XOGO INCLUÍDO RAFA BALIÑA, O AUTOR DO GOL.
Un auténtico escándalo.
Quedan tres partidos e a salvación está a un punto, hai que seguir loitando.

Son Adolfo
ResponderEliminar1. 2º gol do Malpica en fora de xogo
2. Penalty a Iago co 1-2 non pitado
3. A xogada da falta de Cordobés a Charro ven doutro fora de xogo deste
4. Nin de broma está Rafa Valiña nin ningún xogador do Corme en fora de xogo xa xogada do empate.
5. Esto pasa porque lle deixan arbitrar a calquera.