jueves, 6 de marzo de 2008

Malpica 2 - Monte Louro 5

SCD Malpica: Toni; Víctor, Diego,Víctor, Alfredo II, (Avelino, 68’), Marco, Andrés, Cheo, (Coki, 90’), Rancaño, Rodri, Charro, (Lema, 79’), Martuxa.
UD Monte Louro: Juan Carlos; Rico, (Riki, 66’), Chema, Gael, Tono, Pulpo, Eloy, Edu, (César, 48’), Piti, (Carlos, 89’), Cexo, Antonio; (Pedro, 35’).

Goleadores: 0-1; min. 3: Piti, a centro de Eloy. 1-1; min. 32: Charro de penalti. 2-1; min. 47: Sassano, recibe una gran pase de Cheo entre a defensa e marca ante a saída de Juan Carlos. 2-2; min. 71: Pulpo, remata coa coronilla un saque de falta dun compañeiro, ante a indecisión de defensa e porteiro locales. 2-3; min. 78, Cexo nunha contra, aproveita outra grave indecisión dos defensores locales. 2-4; min. 85: Riki recibe o pase da morte tras unha internada de Cexo, e bate a Toni por baixo. 2-5; Tras un rexeite de Toni, Cexo marca dende uns 30 metros.

A primeira das cinco finais que lle quedan ó Malpica para evitar o descenso non puido ser máis nefasta. O partido xa comezou mal, ós tres minutos o conxunto visitante xa se adiantara por medio de Piti. Pero o cadro de Esmorís non se descompuxo e dominou toda a primeira parte gozando de boas ocasións. O empate chegou á media hora tras un penalti transformado por Charro. Na segunda metado o Malpica seguiu atacando e conseguiu remontar tras unha gran xogada de Cheo que deixou a Rodri só diante de Juan Carlos para que definira con tranquilidade.
O conxunto local déralle a volta ó encontro, pero incomprensiblemente, e grazas tamén á pésima actuación do árbitro, o Monte Louro volveu a remontar marcando 4 goles nunha moi mala tarde da defensa e o porteiro malpicáns.
Hai que seguir loitando para conseguir a permanencia que aínda que está máis dificil, non é imposible xa que hai equipo para saír do pozo.

2 comentarios:

  1. Anónimo6/3/08

    Pésima actuación do árbitro???

    Sinceramente vimos distinto partido. Acórdaste do "penalti" do empate? Ou do 2-1 en máis que posible fóra de xogo? Sorte para o que queda de liga!!!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo7/3/08

    vamos qe ai que levantar esto. Porqe equipo.... mirando xogador por xogador hai equipo de sobra
    Sobre todo penso qe esta crisis é debida á lesión de andrés e de Alfredo porque son xogadorazos
    sobre todo este último que é xogador de terceira división... pero sobrado, así que nestes últimos partidos haberá qe sair os sabados á ponte ata mais cedo..jeje
    veña un saúdo dun malpicán e arriba MALPICA

    ResponderEliminar