lunes, 21 de abril de 2008

Copa da Costa: Ronda Previa ( Volta)

Malpica 1 - Fisterra 0

SCD Malpica: Toni; Avelino, Diego, Marco, (Víctor, 78’), Iago, Andrés, Lema, (Medros, 65’), Manu Pardo, Charro, Sassano, Fran-Martuxa.
Fisterra SD: Rafa; Urchi, Jesús, Chula, Roco, Xusto, Roa, (Marco, 75’), Rodrigo, (José 79’), Manuel, Rivas, (Tolo, 86’), Borja, (Bebeto, 64’).
Goleadores: 1-0; min. 92: Diego, de falta directa.

O Malpica afrontaba o partido de volta con certa tranquilidade grazas ó bo resultado colleitado na ida. O 3-2 que conseguiu no Ara Solís, posibilitaba que o conxunto local só necesitara un gol para conseguir a clasificación.
O Fisterra veu a Malpica a manter o empate, dende os primeiros minutos adicáronse a perder todo o tempo que lles foi posible e en ningún momento mostraron interese de xogar, só a ansia dos xogadores de Esmorís posibilitaba algunha contra dos visitantes. Aínda así, o partido non foi nada vistoso e as ocasións producíronse en xogadas illadas. Charro, o mellor xogador nos primeiros 45 minutos, provocou dúas claras ocasións de gol. Na primeira, cedeu a Rodri tras regatear a dous defensas, e o dianteiro uruguaio disparou ó corpo de Rafa. Quince minutos despois, na mellor xogada dos locais, unha combinación entre Diego, Martuxa e Charro rematou cun man a man do dianteiro que non soupo resolver.
Na segunda metade, as forzas dos malpicáns frouxearon un pouco e o Fisterra veuse arriba impulsado tamén pola rigurosa expulsión de Manuel. Disfrutaron así os visitantes da mellor ocasion para lograr a sentencia nun bo contraataque que Rivas non soupo resolver só ante Toni. A entrada de Medros dou un pouco máis de mobilidade ó equipo local que chegaba con máis forza que xogo pero non dispoñía de oportunidades claras. Cando xa o partido estaba no tempo de desconto, Rodri provocou unha falta na frontal da área. Diego, asumiu a responsibilidade sen ningún tipo de dúbida e executou o lanzamento de forma espectacular metendo o balón pola escadra esquerda da portería de Rafa. O delirio saltou na Pedra Queimada e o Malpica conseguiu así a clasificación para a seguinte ronda na que se enfrontará ó temible Ponteceso, subcampión de liga.


0 comentarios:

Publicar un comentario