Victoria do Malpica ante o seu primeiro test serio na pretempada. Chegaba "A Pedra Queimada" o Xallas, equipo que se prevee sexa a gran revelación nesta vindeira tempada, pra enfrontarse o equipo de Manuel Agilda que saiu co seguinte once: Toni, Marco, Iago, Avelino, Victor, Andrés, Manuel, Cheo, Busto, Sassano e Rubén.
O partido foi moi igualado na primeira metade, na cal os dous equipos gozaron de boas oportunidades, pero principalmente o xogo desembolveuse no medio campo resaltando a Manuel no Malpica e Toni no Xallas que estiberon moi activos. Neste periodo tívose que producir un cambio no Malpica xa que tras un choque nun salto de cabeza Marco sufriu un golpe e fíxose unha brecha. Alfredo substituiuno.
Na segunda metade sairon Rancaño, Kike e Alfredo Suárez por Andrés, Cheo e Rubén; pero outra vez, para desgracia do equipo local Kike lesionouse no xeonllo dereito tendo que ser substituido polo Charro.
Charro foi o protagonista do partido xa que marcou os dous goles do Malpica:
O primeiro tras un tiro dende dentro da area que petou nun defensa, o segundo nunha boa xogada trenzada polo Malpica na que o Charro revolveuse e cruzou ante o porteiro cunha gran definición. Lamentablemente tamén hai que destacar outra lesión grave, xa que Iago tivose que retirar co que parece ser una rotura de fibras, outra máis para un xogador castigado por este tipo de lesión.
En definitiva, un bo partido para o Malpica, pero esperemos con marxe de mellora.

0 comentarios:
Publicar un comentario