



Mal partido o disputado na Pedra Queimada por parte do Malpica. Os de Manuel Agilda estiveron moi imprecisos durante todo o encontro tendo asi as mellores ocasións na primeira parte o equipo visitante. O Porteño puido poñerse por diante pero en duas ocasións toparonse co poste e noutra moi clara de Baleiro que rematou alto. Tamen Cheo logo dunha xogada ensaiada puido adiantar os locais pero o seu tiro non atopou portería.

O colexiado Sr. Chouciño Landeira, non tivo complicacións no partido, pero si abusou en moitas ocasións do cartón amarelo por dirixirse a él e non polas entradas do partido. O cometido destes personaxes é impartir xustiza, non abusar da potestade que teñen e faltandolle o respeto a algúns xogadores, xa que si estes o fan expúlsanos e santas pascuas.
0 comentarios:
Publicar un comentario