Lesións: O xogador local, Iago Espasandín, tivo que retirarse lesionado cun tirón muscular na perna dereita.
Un encontro que semellaba de cara para que os de Malpica retornaran ao triunfo rematou dando a volta e levando os 3 puntos para Louro. Os dianteiros malpicáns, ben apoiados polos centrocampistas, bombardearon a portería do
gardamaias Juan Carlos durante todo partido, pero unhas veces o acerto deste, que estivo soberbio, e outras a precipitación, no conseguiron matar o encontro.
Así, ata o minuto 70 o control local era moi claro, pero un par de xogadas illadas bastaron para que picardía muradán dese á volta ao marcador. Un penalti moi discutido polos locais, e o saber estar de Rico foron as chaves da vitoria.
Con todo, por Malpica queda a sensación de que hai equipo para estar moito máis arriba.