


Árbitro: Sr. Sande Bouzas. (A Coruña). Na primeira parte pasou casi desapercibido. Na segunda dou un recital de pito e tarxetas en contra da SCD Malpica, incluido un penalti a favor da UD Carnota, (lanzou Cacho e parou Toni), que só existiu na súa imaxinación. Foi un salto limpo entre o defensor local, Iago e o carnotán Santi, os propios xogadores visitantes quedaron sorprendidos co regalo, que logo desaproveitaron. O rapaz, estivo realmente desorientado, ainda que, non pode decirse que influira no resultado final.
Ambiente e Incidencias: 100 persoas na “Pedra Queimada”, esta baixando moito a afluencia de público en Malpica, a verdade é que o equipo non acaba de arrincar, a pesar dos desexos dos xogadores por agradar, pero a racha esta a ser tan irregular que non atrae a xente ao campo. Tarde sen chuvia e temperatura agradable. Non houbo expulsados nin lesionados.
Crónica: Ademais dos goles, na primeira parte só anotamos unha xogada de perigo po cada bando, así, Andrés, (18’), recibe de manu Pardo nunha xogada
ensaiada a saque de curruncho, e lanza un zambombazo que salva un defensor baixo paus, cando o porteiro visitante xa non chegaba ao balón. Na xogada seguinte, (19’), Nico, sae ao contraataque cruza todo o campo a lanza un forte disparo que sae lambendo o longueiro de Toni. Na segunda parte, coa entrada de Quique e o debut de David Blanco, deron mais mordente ao equipo, sendo o dominio total e absoluto malpicán, pero a pesar de bombardear a meta carnotana, o gol de empate non chegou, Houbo tiros de Quique (50’), Alfredo, (78’), David Blanco, (88’), cabezazo a cruceta e 90+2 de Marcos Amado. Loitando coma na segunda parte, e coa incorporación dos lesionados, o equipo da SCD Malpica, ten que escalar postos na táboa, posto que equipo haino para elo. O proximo Domingo en Corme, pode e debe ser o inicio.
(Crónica Luis E. Porto: Blog Hª da SCD Malpica)
0 comentarios:
Publicar un comentario