SCD Malpica: Toni; Busto, Marcos Amado, (Andrés 64’), Marco, Iago, Eloy, Charly, Cheo, (Lema 35’), Charro, Manu Pardo, David Blanco, (Alfredo II 66’).
Goles: 0-1; (36’): pase da David Blanco sobre Charro, este recibe no punto de penalti, quebra a M. Torrado, e lanza un tiro raso e seco a dereita de Pombo. 1-1; (43’): saque de curruncho que saca Neucha e Cano remata no centro da área do porteiro ante a pasividade da defensa malpicana. 2-1; (62’): Nando controla un balón no punto de penalti e bate a Toni con un disparo esquinado. 3-1; (63’): Cano de penalti, por mans do defensa malpicán Iago, ao despexar un balón baixo paos que probablemente se colaba. 4-1; (90’): Esteban, remata coa cabeza no poste contrario, un saque de curruncho que se pase por diante de toda defensa da SCD Malpica.
Ambiente e Incidencias: 115 persoas en “O Pinguel”. Tarde nubrada, non moi fría. Expulsado con vermella directa o malpicán Iago (63’), pola xogada do penalti. Cheo (34’), con posible torcedura de nocello e David Blanco, (66’), con molestias musculares, ámbolos dou da SCD Malpica, tiveron que retirarse lesionados.
Comentario (Luis E.Porto): Todo ía ben para a SCD Malpica, tremando perfectamente ao “lider”, incluso atacando e creando perigo por medio de Charro e David Blanco, moi ben lanzados polos centrocampistas que recollían os cortes da defensa, todo funcionaba ben engrenado. Pero... chegou a primeira xogada desgraciada, que como ven sendo habitual ao longo desta tempada se ceba cos malpicáns, cae Cheo lesionado ao pisar mal e torcer un nocello, (34’), é substituído por Lema. Continúa funcionado igual a SCD Malpica, e chega a xogada do gol entre David Blanco e Charro. ¡Uf!, parece que as “meigas” por fin saen desterradas do equipo malpicán.Pero... Cano, pon as cousas no seu sitio, ao rematar sen oposición, pegado a Toni, un saque de curruncho botado por Neucha, era o min. 44, é dicir, so faltaba un para que a SCD Malpica, se fose con vantaxe no marcador, pero...Logo, Lema (50’), falla o infallable, só ante Pombo, váiselle o balón, pero..., a continuación, triple troco nos locais, buscando mellorar a faceta defensiva que deixaba navegar aos malpicáns entre augas moi ben posicionados, pero ..., ao fin, chegan os minutos fatídicos: (62’) e (63’): gol de Nando a pracer e penalti de Iago, ¿innecesario? (?), dende a posición onde este comentarista se atopaba, parecía que o balón non se colaba pero... o rapaz, debeuno ver de outro xeito, quizais mais acertado, por que estaba alí, e fixo coa mellor intención, pero... , Iago foi a ducharse expulsado e Cano non perdoou.Os de Ponteceso, a partir de aquí, xogaron comodamente e demostraron que por algo son “líderes”, non por que os xogadores malpicáns se entregaran pero... eran un menos e enfronte estaban os futuros campións. Aínda con dez e cun Ponteceso relaxado, Charro, tivo dúas claras ocasións que desperdiciou e Busto tivo un gran empalme dentro da área local cheo de rabia que levaba dinamita, pero... o disparo saíu lambendo a escuadra esquerda de Pombo. A impresión malpicana foi moi boa, pero... de continuar así, os resultados chegarán.
0 comentarios:
Publicar un comentario