martes, 12 de julio de 2011

ANUNCIO: CATEGORÍAS INFERIORES

A nova xunta xestora da SCD Malpica ten a intención de continuar coas categorías inferiores do clube, volvendo a formar un equipo de infantís (pois nos últimos anos desaparecera).

Coa idea de coñecer o número aproximado de xogadores potenciais en cada conxunto, convoca a unha REUNIÓN aos interesados que terá lugar no CAMPO DE FÚTBOL DA PEDRA QUEIMADA (MALPICA) O VINDEIRO MARTES DÍA 19 DE XULLO ÁS 20:30 HORAS.

As idades que comprende cada categoría son as seguintes:

- Xuvenís: nacidos entre o 1-1-1993 e o 31-12-1995.

- Cadetes: nacidos entre o 1-1-1996 e o 31-12-1997 (aconsellase que asistan os pais).

- Infantís: nacidos entre o 1-1-1998 e o 31-12-1999 (aconsellase que asistan os pais).

11 comentarios:

  1. Anónimo15/7/11

    Alegrome moito desta noticia, parabéns a nova directiva. Tamen me preocupa unha cousa neste sentido que nos últimos anos estas categorías (sobre todo xuvenis)non se aproveitan nada para o primeiro equipo, varios exemplos de xogadores que creo que si podian servir( poño catro exemplos por non extenderme moito), Elias (5 anos no club, non se soubo reter polo que sei), David Martinez (8 Anos no club, non se lle deu unha oportunidade) Miguel Dourado (8 anos no club, baixa deste ano polo que me comentan xa que nadie lle dixo de seguir, tamen caso extrano da tempada pasada que se comentou na grada), Ismael(10 anos no club, baixa deste ano, tamen me parece caso extrano).
    Neste sentido penso que unhas das obligacións dun entrenador do primeiro equipo e ver partidos dos xuvenis ( a decisión de darlle unha oprtunidad a xogadores que pasan a idade seniro non debería ser so de unha persona.
    A noticia de que segue o entrenador a min persolamente como socio non me gustou e no sector no que vemos os partidos os domingos tampouco moito, pero desexo de todo corazón que fagades unha temporada superior.
    Gracias por deixarme opinar e repito moita sorte a nova directiva.

    Manolo

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti por opinar e entrar no blog.
    A idea da nova directiva é ter unhas categorías inferiores coas que se traballe seriamente e tratar de aproveitalo potencial dos xogadores para que nun futuro xoguen no primeiro equipo.
    O tema dos xogadores que marchan, hai que ter en conta que no fútbol afeccionado cada un xoga onde quere, polo que pouco se pode facer para "reter" a un xogador.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo18/7/11

    Entrar nesta paxina e un pracer pola claridade na información e obxectividade.
    Primeiro antes de referirme o que viña escribir dar a noraboa a PIÑA (vino no outro blog) o pequeno pero son as súas formas e que sera unha fonte de información moi fiable para o otrou blog.
    Con respecto o que cada un xoga onde quere doucha a razón toda, sería de necios rebatir eso. Estarás conmigo que si te levas unha pila de anos no mesmo club desde pequeno e raro que non queiras seguir, dende o outro día prengutei un pocuo mais para saber e nos dous últimos casos que escribia o que pasa e que e mais cousas extradeportivas que deportivas, sendo así e unha magoa (Ismael e fichase confirmado do Buño e Miguel Dourado todavia non ten equipo confirmado si ofertas, menos do club onde pasou por todas as categorías desde infais).

    ResponderEliminar
  4. Gracias anónimo por entrar no blog e por participar.
    Eu descoñezo a situación é o pensamento de cada xogador. No meu caso persoal levo dende os 12 anos no Malpica (salvo un par de períodos nos que estiven no Bergantiños en cadetes e xuvenís), e nunca tiven ningún motivo para marchar.
    Non vou entrar a valoralas dúas situacións que ti me comentas (a pesar de que coñezo os casos perfectamente), o que si che digo e que nadie ten a porta cerrada do clube se mostra compromiso e actitude. Mostra delo, son os retornos de xogadores como Alfredo, Charro, Miguel Avelino, Rancaño ou Suso (a tempada pasada) que voltaron tras anos en outros sitios.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo19/7/11

    yo no quiero valoraciones pero si me gustaría información y algo de luz, el año pasado en la grada ya pregunte por Miguel Dourado, de ser casi siempre el primer cambio de repente desparece del equipo y apareció un tal Eme. Lo de Ismael estoy muy sorprendido.

    Dar la bienvenida a la nueva directiva y un consejo, tomar ejemplo del Finisterre.

    David

    ResponderEliminar
  6. Alfredo19/7/11

    "un tal Eme" é un xuvenil e supoño que terá tamen dereito a xogar. A ver eu considero que como di Iago cada quen xoga donde quere, pero tamen hai que ter en conta que a xente que ven das categorias inferiores terá que gañarse o posto. e demostrar o seu nivel. Non digo que algun o mereza ou non, so digo que para xogar a veces hai que traballar e intentar mellorar o que xa hai. Senon non teria sentido non?

    Un saudo.

    ResponderEliminar
  7. "un tal EME"19/7/11

    Si, como ben dixo Alfredo, ese tal Eme é un xuvenil que o que lle gusta é o futol e xogar a el e daqela cando acabou a temporada xuvenil interesouse por ir entrenar e seguir facendo deporte, e se obtivese o premio de poder xogar uns minutiños cos "GRANDES", eso xa sería xenial, e asi foi. Os primeiros minutos que xoguei foi en soneira o domingo dia 20 de febreiro, que fun avisado un par de horas antes do encontro pero cas ganas que tiña de debutar non fun capaz de decirlle que non, ese dia xoguei de dianteiro, dandolle o cambio ó propio Miguel Dourado. Despois tuven a sorte de non disgustarlle ó entrenador e ir xogando máis minutos, incluso toda a segunda parte contra o lider da categoria!
    Eu non penso que darlle oportunidades ós rapaces das categorias inferiores, como neste caso a min pero que pode ser outro asique, eu animo á nova directiva e que siga tendo en conta a canteira na medida do que se poida.

    ResponderEliminar
  8. Anónimo19/7/11

    Pedirle disculpas a EME, mi comentario no era para menospreciar ni decir que no lo mereciera, en ese aspecto no entro. Si entro si me permitís, que durante buena parte de la temporada si servia y de repente no servia, solo pedía un poco de luz por aportar algo nuevo a este debate.

    David

    ResponderEliminar
  9. Alfredo19/7/11

    Entendo perfectamente o que comentas. Pero hai que ter en conta que (polo menos eu) descoñecemos tanto as condicions de entrenamento e implicación dos xogadores.Recordo que sendo xuvenís moitos contabamos con minutos, pero a veces hai xente que o fai mellor, chegan novas fichaxes e ainda que algunhas decisións sexan duras teñen que tomarse. Pasa en todolos equipos, e faise para mellorar.

    ResponderEliminar
  10. Miguel Dourado19/7/11

    Pidovos a todos os participantes neste blog que porfavor me deixedes de nombrar devido a que eu sempre me dediquei a xogar e a entrenar. Agradecerlle o Malpica a oportunidade que me dou sendo xuvenil de xogar nos mayores, eu intentei dar o mellor de min. Por eso vos pido que me deixedes de nombrar.

    Suerte a nova directiva.

    ResponderEliminar
  11. Gracias David polos teus comentarios.
    De verdade que non entendo a necesidade de buscarlle tres pés ao gato. Se a pregunta é se houbo algunha polémica ou conflicto xa che aseguro que non pasou nada. Simplemente que o adestrador toma as decisións que considera oportuno, tamén houbo outros casos de xente que xogaba ao principio e despois non, ou viceversa, son cousas absolutamente normais no fútbol (e en calquera deporte colectvo) onde a tempada dura sobre 10 meses.

    ResponderEliminar