martes, 23 de octubre de 2012

S.C.D. Malpica 5-0 C.F. Laro


SCD Malpica: Suso (Víctor Martínez, min. 72); David Castro, Uru (Marco, min. 66), Juanjo Rabuñal (Alemán, min. 59), Víctor, Mario Casal, Neucha, Rancaño (Ismael, min. 70), David Blanco, Tato (Charro, min. 70), Adrián.
CF Laro: Tino; Novoa, Galego (Borja, min. 67), Reboredo, Sánchez, Charly, Dani, Ibi, Rucho, Zobra (Corradi, min. 72), Diego (Lamela, min. 72).
Árbitro: Patiño García (1ª Aut.- A Coruña). Regular. Seguiu as accións de cerca, pero cortou en demasía o xogo e non pitou un claro penalti sobre David Blanco cando encaraba ao porteiro rival Tino.
Asistentes: Cavado Rodríguez e Rodríguez Penas. (2ª Aut.- A Coruña). Correctos.
Goleadores:    1-0, min. 6: Tato aproveita un rechace a tiro propio para inaugurar o marcador. 2-0, min. 31: Apertura de Rancaño sobre Uru que profundiza ata a liña de fondo e sirve ao segundo pao, onde Neucha empalma para superar a Tino. 3-0, min. 34: pase entre liñas de Adrián sobre Tato que penetra na área, cede atrás a David Blanco e este fusila a pracer. 4-0, min. 66: despexe defectuoso do porteiro visitante que aproveita David Blanco. 5-0, min. 69: internada de Adrián por banda dereita que finaliza con centro ao segundo pao e cabezazo maxistral de Neucha.
Comentario: Saiu o Malpica enchufadísimo, en busca dunha victoria ante a súa afección. As ocasións de gol sucedéronse prácticamente dende o primeiro minuto. Destacando, unha gran internada de David Blanco por banda dereita que remata con un centro envenenado, que se termina marchando moi cerca da escuadra rival (min. 4), Uru desborda por velocidad en banda esquerda e sirve ao segundo pao para Neucha, quen envía fóra tras un remate de cabeza en plancha (min. 12), Neucha envía fóra dende dentro da área tras recibir un pase de Tato que o deixa só para o remate (min. 24) e dous centros de Charro na segunda parte, que non acertan a materializar Uru e Neucha, respectivamente.
Pola súa banda, o Laro simplemente gozou duns 15 minutos de dominio na primeira parte, con tres xogadas destacables: unha falta con moito perigo que Suso ten que despexar cos puños (min. 16), unha internada por banda esquerda que remata con centro e impecable volea, que Suso é quen de repeler a corner (min. 20) e xa co tempo cumplido, Corradi roubaría un balón á defensa malpicán, pero Víctor (recién incorporado ao terreo de xogo) desbarataría o man a man, nunha gran intervención.
Con esta victoria o Malpica encadena unha serie de bos resultados que o aúpan a 4ª posición. Esperemos que se poida manter o bo nivel de xogo a pesar da dificultade dos próximos enfrontamentos.

jueves, 18 de octubre de 2012

Ag. Estudiantil 1-2 S.C.D. Malpica


Agrupación Estudiantil: Vicente; Aldrey (Collíns, min. 75), Mamadou (Colón, min. 46), Chechu, David, Peiteado, Diego (Robín, min. 64), Bandeira (Omar, min. 70), Jomis, Franqueiro, Capís.      
SCD Malpica: Suso; David Castro, Juanjo Rabuñal, Víctor, Marcos Amado, Andrés, Mario Casal, Rancaño (Alemán, min. 80), David Blanco (Uru, min. 73), Cheo (Charlie, min. 85), Tato (Adrián, min. 66).  
Árbitro: David Rosende Porto (1ª Aut.-Santiago). Correcta arbitraxe en liñas xerais, aínda que se tragou dous posibles penaltis: un a prol do Malpica sobre David Blanco cando se dispuña a encarar portería contraria e outro para o equipo local de Víctor sobre Jomis, por unha entrada a destempo. En cambio, acertou nos dous penaltis sinalados.
Asistentes:  Rivas Rodríguez e Santos Romero. Actuación aceptable, aínda que se botou en falta a súa colaboración co arbitro nalgunha xogada na que se atopaban mellor colocados que o colexiado.       
Goleadores: 0-1, min.10: saque de banda de Juanjo Rabuñal sobre a área pequena que despexa un defensor. O rexeite empálmao Andrés sin deixar caer o balón e este entra rozando o pao dereito do meta local. 0-2, m. 11: saque de portería de Suso, que peina Mario no centro do campo. David Blanco anticípase ao seu par para cruzar de primeiras, tamén coa cabeza, á espalda dos dous centrais. Ahí aparece Tato para salvar a saída do porteiro cruzando o balón coa punteira. 1-2, m. 90+3: Nun dos múltiples balóns colgados do equipo local, o esférico cae sobre a man de David Castro cando se dispoñía a controlalo. O lanzamento da pena máxima foi executada por Colón, que enganou perfectamente a Suso.  
Comentario: A SCD Malpica chegaba cun once inicial lixeiramente diferente do que viña amosando nas xornadas anteriores. Non obstante comezou o partido coas ideas moi claras do que debía facer nun campo que non se prestaba para o xogo combinativo. Co equipo moi ben armado dende atrás e buscando a presión en canto tiña ocasión, para dificultar a saída rival dende atrás. Esto fixo que nos primeiros 45 minutos o Malpica fora o claro dominador, e que a Ag. Estudiantil case non pisase a área de Suso.
Xa na segunda parte, e co resultado a favor, os locais empezaron a asediar o marco visitante sobre todo con xogo directo, pero Suso mostrouse moi seguro en toda a tarde. Aínda así a SCD tería a posibilidade de ampliar o marcador mediante un penalti sinalado no min. 74 sobre Uru, pero Vicente detivo o lanzamento de Rancaño. A Ag. Estudiantil reduciría distancias xa sin tempo para máis, polo que non se chegou a temer polos 3 puntos. 

lunes, 1 de octubre de 2012

FLAVIA S. D. 0 - 2 S. C. D. MALPICA


FLAVIA SD: Diego; Carlos, Tevi (Abel min. 80), Poto, Alfonso, Chava, Roi (Kevin min. 56), Rubén(Cristian min 27), Tris, Manu (Samuel min. 61), Rubi.        
SCD MALPICA: Suso; Adrián, Mario Casal, Marcos Amado, Andrés (Ismael min. 80), Alemán, Rancaño, Neucha (David Castro min. 82), Cheo, Tato (Martín Uruguaio min. 74), Charro (Marco min. 89).  
Árbitro: Miguel Ángel Castro.- (1ª Aut.-Santiago). Moi boa arbitraxe.
Asistentes:     Sres: Queija Pérez e Martínez Sequedo.-        
Goleadores: 0-1 no min. 50: pase en longo de Tato sobre Charro, o porteiro sae mal ó intentar despexar  quedándolle o balón a Charro nos pés, o cal dispara a pracer para facer o 0-1;  0-2  no min. 90: asistencia de Adrián sobre o desmarque de Cheo, este último centra introducindo o balón na porteria o defensa local ó intentar ceder o balón ó porteiro co peito. 
Comentario:  Partido moi disputado no campo do Flavia, de grandes dimensións e baixo un sol abrasador. Este feito sen duda afectou ó espectáculo que ofreceron ambos conxuntos pois o partido foi bastante lento, cun equipo local tocando con pasividade no seu campo pero sen apenas crear ocasións de gol en todo o partido. De feito, non se contabilizaron tiros á portería por parte do Flavia. Pola contra, o Malpica, consciente das condicións nas que se disputaba o partido e dos erros cometidos en partidos anteriores, limitouse a practicar un xogo de contención, presionando ben sempre que o equipo local intentaba rebasar o medio campo. Froito deste traballo chegou o primeiro gol que, tras un roubo de Mario Casal e cesión a Tato, este envía en longo para que Charro suba o 1-0 ó marcador. A partires de ahí, o equipo local tentou xogar cun pouco máis de présa pero sen resultado, xa que os continuos balóns en longo que envíaban eran neutralizados sen problema pola defensa malpicán. Xa co partido case finalizado, a xogada entre Adrián e Cheo terminou por finiquitar un partido nun campo difícil e ante rival duro, sobre todo verbalmente, pois algún xogador local de lengua non andaba nada mal.