FLAVIA SD: Diego; Carlos, Tevi (Abel min. 80), Poto, Alfonso, Chava, Roi (Kevin min. 56), Rubén(Cristian min 27), Tris, Manu (Samuel min. 61), Rubi.
SCD MALPICA: Suso; Adrián, Mario Casal, Marcos Amado, Andrés (Ismael min. 80), Alemán, Rancaño, Neucha (David Castro min. 82), Cheo, Tato (Martín Uruguaio min. 74), Charro (Marco min. 89).
Árbitro: Miguel Ángel Castro.- (1ª Aut.-Santiago). Moi boa arbitraxe.
Asistentes: Sres: Queija Pérez e Martínez Sequedo.-
Goleadores: 0-1 no min . 50: pase en longo de Tato sobre Charro, o porteiro sae mal ó intentar despexar quedándolle o balón a Charro nos pés, o cal dispara a pracer para facer o 0-1; 0-2 no min . 90: asistencia de Adrián sobre o desmarque de Cheo, este último centra introducindo o balón na porteria o defensa local ó intentar ceder o balón ó porteiro co peito.
Comentario: Partido moi disputado no campo do Flavia, de grandes dimensións e baixo un sol abrasador. Este feito sen duda afectou ó espectáculo que ofreceron ambos conxuntos pois o partido foi bastante lento, cun equipo local tocando con pasividade no seu campo pero sen apenas crear ocasións de gol en todo o partido. De feito, non se contabilizaron tiros á portería por parte do Flavia. Pola contra, o Malpica, consciente das condicións nas que se disputaba o partido e dos erros cometidos en partidos anteriores, limitouse a practicar un xogo de contención, presionando ben sempre que o equipo local intentaba rebasar o medio campo. Froito deste traballo chegou o primeiro gol que, tras un roubo de Mario Casal e cesión a Tato, este envía en longo para que Charro suba o 1-0 ó marcador. A partires de ahí, o equipo local tentou xogar cun pouco máis de présa pero sen resultado, xa que os continuos balóns en longo que envíaban eran neutralizados sen problema pola defensa malpicán. Xa co partido case finalizado, a xogada entre Adrián e Cheo terminou por finiquitar un partido nun campo difícil e ante rival duro, sobre todo verbalmente, pois algún xogador local de lengua non andaba nada mal.
0 comentarios:
Publicar un comentario