martes, 23 de octubre de 2012

S.C.D. Malpica 5-0 C.F. Laro


SCD Malpica: Suso (Víctor Martínez, min. 72); David Castro, Uru (Marco, min. 66), Juanjo Rabuñal (Alemán, min. 59), Víctor, Mario Casal, Neucha, Rancaño (Ismael, min. 70), David Blanco, Tato (Charro, min. 70), Adrián.
CF Laro: Tino; Novoa, Galego (Borja, min. 67), Reboredo, Sánchez, Charly, Dani, Ibi, Rucho, Zobra (Corradi, min. 72), Diego (Lamela, min. 72).
Árbitro: Patiño García (1ª Aut.- A Coruña). Regular. Seguiu as accións de cerca, pero cortou en demasía o xogo e non pitou un claro penalti sobre David Blanco cando encaraba ao porteiro rival Tino.
Asistentes: Cavado Rodríguez e Rodríguez Penas. (2ª Aut.- A Coruña). Correctos.
Goleadores:    1-0, min. 6: Tato aproveita un rechace a tiro propio para inaugurar o marcador. 2-0, min. 31: Apertura de Rancaño sobre Uru que profundiza ata a liña de fondo e sirve ao segundo pao, onde Neucha empalma para superar a Tino. 3-0, min. 34: pase entre liñas de Adrián sobre Tato que penetra na área, cede atrás a David Blanco e este fusila a pracer. 4-0, min. 66: despexe defectuoso do porteiro visitante que aproveita David Blanco. 5-0, min. 69: internada de Adrián por banda dereita que finaliza con centro ao segundo pao e cabezazo maxistral de Neucha.
Comentario: Saiu o Malpica enchufadísimo, en busca dunha victoria ante a súa afección. As ocasións de gol sucedéronse prácticamente dende o primeiro minuto. Destacando, unha gran internada de David Blanco por banda dereita que remata con un centro envenenado, que se termina marchando moi cerca da escuadra rival (min. 4), Uru desborda por velocidad en banda esquerda e sirve ao segundo pao para Neucha, quen envía fóra tras un remate de cabeza en plancha (min. 12), Neucha envía fóra dende dentro da área tras recibir un pase de Tato que o deixa só para o remate (min. 24) e dous centros de Charro na segunda parte, que non acertan a materializar Uru e Neucha, respectivamente.
Pola súa banda, o Laro simplemente gozou duns 15 minutos de dominio na primeira parte, con tres xogadas destacables: unha falta con moito perigo que Suso ten que despexar cos puños (min. 16), unha internada por banda esquerda que remata con centro e impecable volea, que Suso é quen de repeler a corner (min. 20) e xa co tempo cumplido, Corradi roubaría un balón á defensa malpicán, pero Víctor (recién incorporado ao terreo de xogo) desbarataría o man a man, nunha gran intervención.
Con esta victoria o Malpica encadena unha serie de bos resultados que o aúpan a 4ª posición. Esperemos que se poida manter o bo nivel de xogo a pesar da dificultade dos próximos enfrontamentos.

0 comentarios:

Publicar un comentario