SCD Malpica: Suso; David Castro, Uru, Víctor, Juanjo
Rabuñal, Alemán, Neucha (Charro, min. 81), Cheo (Adrián, min. 67),
David Blanco (Marco, min. 87), Tato (Ismael, min. 74), Mario Casal.
Noia CF: Toledo; Mario,
Juanjo, Luís Transbach, Pose (Hugo, min. 78), Josiño, Tarelo (Jorge, min. 54),
Banana, Óliver (Ciño, min. 78), Chispa, Joseiño (Adrián, min. 81).
Árbitro: Zas
Vázquez.- (1ª Aut.- A Coruña). Boa actuación, excepto por algún leve erro que
non influiu para nada no resultado final.
Asistentes: Paz Rodríguez e Pichel Castro (Auxiliar
e 2ª Aut.-A Coruña). Correctos, aínda que tampouco tiveron xogadas de demasiada
dificultade.
Goleadores: 1-0, m. 22: falta directa moi próxima ó
vértide esquerdo da área do Noia, que materializa Cheo de forma maxistral. 2-0,
m. 31: falta similar á anterior, pero desta volta escorada hacia o lado
dereito. Neucha coa súa habilidade habitual lanza un forte disparo que supera a
barreira e se cola pegadiña ao pao.
Comentario: A Pedra Queimada acollía o enfrontamento entre dous dos gallitos da clasificación cunha das mellores entradas do que levamos de campionado (unhas 200 persoas). Con este gran ambiente, o Malpica volveu a saír unha semana máis moi forte dende os primeiros minutos, ante un rival moi compacto que facía moi complicada a elaboración
do característico xogo de toque que gusta aos de David Baña. Malia todo, as
ocasións máis importantes da primeira metade (aínda que poucas) foron para o equipo local, sobre
todo en rápidas transicións cando se recuperaba o balón, gracias a boa presión
que se exerciu durante practicamente todo o encontro. Xa no minuto 3, Tato
recibía en profundidade de Alemán, e metía un pase entre liñas ao que non chega
David Blanco por centímetros, cando encaraba xa ao meta Toledo. 15 minutos máis
tarde, Neucha recibe de Mario Casal e lanza un trallazo que sae rozando o pao.
Pola súa banda, o Noia dispuxo dunha única ocasión clara nestos primeiros 45
minutos. Un pase en longo que non acerta a despexar a defensa malpicán chega
aos pes do dianteiro noiés, que se planta ante Suso, pero o seu intento de
vaselina vaise fóra por pouco.
Xa
na segunda metade, e co 2-0 a favor, o Malpica dedicaríase máis a controlar o
partido e o Noia seguiría sin crear demasiado perigo. Tan solo se contabilizou un
disparo raso de Josiño, que detivo Suso sin demasiados problemas. O resto, foron multitude
de lanzamentos dende longa distancia, que non foron entre os tres paos.
Por parte do Malpica, cabe resaltar outras dúas ocasións: David Blanco sae como
unha bala despois de interceptar un pase da defensa rival, pero o seu disparo deteno Toledo, e un
lanzamento de Isma tras unha serie de combinacións con Adrián, que despexa o
meta visitante, non sin problemas.
Con
esta nova victoria o Malpica aúpase á 3ª posición da tabla, a 3 puntos do líder
da categoría e a 2 do propio Noia, que marcha segundo da competición.
0 comentarios:
Publicar un comentario